Ceibe 2013

Page 1

Revista Escolar do CEIP “A Lama” - ANO XXVII- Nº 28 | Curso Escolar 2012/2013

www.orecantodeleo.org


C

omo cada ano, dende hai 27 nin máis nin menos, a Revista Escolar CEIBE sae á rúa para recoller dun xeito ou doutro aquelas inquedanzas dunha Comunidade Escolar, a de A Lama, que quere seguir apostando pola innovación e por ofrecerlle aos seus alumnos os mellores medios ao seu alcance. Xa o pasado curso tomaramos a decisión de nos pasar a unha edición integramente dixital, e por primeira vez en 26 anos, CEIBE non se imprimiu. Este é o 2º ano da “Era Dixital” e se cabe, cobra máis sentido logo de traballar no PDI as “Enerxías Sostibles”. Está entre as nosas intencións facer unha revista que nos permita chegar máis aló das nosas páxinas, por iso contarás este ano con máis vídeos, imaxes e presentacións incluídas neste disco, ou os enlaces a contidos aloxados na rede.

LIMIAR

Moitas serían as persoas que durante estes anos deixaron a súa pegada nestas páxinas. A algunhas coñecémolas, de outras oímos falar, e seguro que haberá algunhas das que nunca tivemos novas, pero a todas elas moitas grazas polo traballo ben feito; cada unha cos seus medios e no seu tempo... Agardamos que vos guste, e que nos acheguedes calquera suxestión que consideres oportuna. Para iso está a vosa disposición o enderezo electrónico: correo@orecantodeleo.org


SUMARIO 4

O RECANTO DE LEO

Laboratorio da Comunicación | Recollida do Premio “Boas Prácticas en Bibliotecas Escolares” | Selo Boas PrácTICas 2.0 do Ministerio de Educación | Novo recanto na Biblioteca: “creARTE”

10

A ESCALEIRA

18

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO - ENERXÍAS SOSTIBLES

32

EXCURSIÓN A CANTABRIA

36

LETRAS GALEGAS

38

OUTROS TRABALLOS...

“Nós tamén creamos”, 2º Concurso de Curtas de Animación organizado pola Secretaría Xeral e Política Lingüística, a editorial OQO e a CRTVG | Entrevista e concerto de Güintervan.

Fase de motivación, saídas, consulta con expertos, procura e tratamento da información, exposición do aprendido...

Samaín e Magosto | Nadal | Día da Paz | Entroido | Día da muller traballadora...

Este ano homenaxeamos a... Roberto Vidal Bolaño.


O RECANTO DE LEO LABORATORIO DA COMUNICACIÓN

U

n dos obxectivos prioritarios que nos propuxemos o ano pasado foi o de dar ao que viñamos chamando Laboratorio da Comunicación, unha localización estable na nosa es-

cola.

Vendo o traballo que se estaba a desenvolver (presentacións para o PDI, curtas de animación, vídeos, revista escolar, Blog...), sabiamos que este esforzo pagaría a pena, e que a nosa aposta debía xirar cara aí.

Hai tempo que temos claro que a Biblioteca ten que ser o motor da Alfabetización Informacional e Mediática, e despois dos primeiros pasos andados, xa lle tocaba a quenda a este espazo.

O Laboratorio da Comunicación é un auténtico estudio audiovisual, que conta cos elementos tecnolóxicos, mobiliario e espazo precisos para outorgar ás nosas producións un acabado máis que digno.

4 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013]


finición, xa que esta iniciativa é unha aposta pola innovación educativa, e pola creación de lugares de aprendizaxe alternativos ás aulas máis convencionais. MEDIOS DOS QUE DISPOÑEMOS Ademais dun amplo espazo de traballo facilmente adaptable ás necesidades da produción, o Laboratorio conta cunha cabina insonorizada para a gravación de audio. Fronte a esta sitúase a mesa de edición, que conta cun ordenador, monitores de audio e consola de mesturas. Outros elementos cos que se dotou foron os focos e fondos de estudio, os soportes multifuncionais, a cámara de fotos dixital, un calibrador de pantalla, un micrófono e caixa de conexións, un amplificador para os monitores da cabina de son, auriculares e unha caixa forte para gardar os materiais. Tamén conta cun recanto confortable para agardar o momento de gravar ou poder xuntarse varias persoas para manter unha xuntanza de traballo.

«NOVOS ESPAZOS EDUCATIVOS PARA USOS NON TRADICIONAIS» Así foi como bautizou un bo amigo de O Recanto de Leo ao laboratorio, logo dunha visita ao colexio para ver a evolución do novo espazo. E pensamos que non pode estar máis acertada a de-

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013] 5


RECOLLIDA DO PREMIO DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN BIBLIOTECA NACIONAL

E

n decembro, máis dun ano despoi térnolo concedido, o Ministerio Educación convocounos á Bibliot Nacional de España, en Madrid pa entrega dos premios do Concurso Nacio de Boas Prácticas na Dinamización e In vación das Bibliotecas Escolares.

Nun acto sinxelo, pero moi emotivo, rec mos de mans de Clara Torres (mestra xub da do CRA de Tui, gañadores da edición 2010) o diploma que así o acredita.

A pesar do tempo transcorrido a emoción moi grande e ata aló se desprazou o Equ Directivo xunto cos Coordinadores deste xecto.

Presentes estaban tamén o Conselleiro Educación e o Director Xeral de Centros e cursos Humanos que acompañaban a tód centros galegos que nesta ocasión fora distinguidos.

“Outros traballos que se fixeron para a construción deste espazo foron a substitución do falso teito por pranchas de lá de roca, o pulido do chan, a colocación dunha porta de seguridade, a instalación de lámpadas de baixo consumo e led, o pintado con cores neutras que non afecten á imaxe...” 6 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013]

Por seren os primeiros na nosa categoría vemos o gran pracer de representar aos mais premiados cunhas verbas que pode refrescar no Blog:

http://www.orecantodeleo.org/2012/12/ esta-con-nos.html


NA

is de o de teca ara a onal nno-

cibibilan do

n foi uipo Pro-

“Non era un fin, pero foi o principio de tantos outros proxectos...”

o de e Redolos amos

a, tideedes

/xa-

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013] 7


SELO BOAS PRÁCTICAS 2.0 MINISTERIO DE EDUCACIÓN

O

Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF), organismo do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, reparou no blog da nosa biblioteca e outorgounos a distinción “Buenas PrácTICas 2.0”, coa que destacan aquelas iniciativas que impulsan a extensión e o uso didáctico das Tecnoloxías da Información e a Comunicación como medio didáctico. http://recursostic.educacion.es/ buenaspracticas20/web/primaria/1165-qorecanto-de-leoq-blog-de-biblioteca-escolar? lang=es

creARTE!

Trátase dun portal moi interesante no que os profesores podemos atopar numerosas experiencias e recursos en tódolos ámbitos educativos.

A Biblioteca conta dende o mes de outubro cun novo espazo pensado para que o noso alumnado poda experimentar coa súa creatividade.

“Buenas PrácTICas 2.0 es la red colaborativa del profesorado de la Escuela del s. XXI”

8 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013]

NOVO RECANTO NA BIBLIOTECA

O recanto creARTE danos a posibilidade de probar tamén coa autoxestión, xa que os nosos nenos, acompañados dos voluntarios da biblioteca, son os que empregan o espazo de xeito practicamente autónomo.


As posibilidades son moitas: ilustración, cómic, poesía, narración... Este espazo foi dos máis concorridos durante todo o curso e é o favorito do alumnado de Educación Infantil, que fai uso diario das mesas, rotuladores, ceras, folios, lapis...

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013] 9


mezar a produción: escoller a historia, traballar as personaxes, adaptar o guión, preparación dos decorados, creación das personaxes...

A ESCALEIRA “NÓS TAMÉN CREAMOS” - a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan o 2º concurso de curtas de animación, en colaboración con OQOeditora e a CRTVG.

C

oma o pasado curso a proposta consistía en adaptar un conto escollido de entre 15 seleccionados pola editorial OQO e rodalo coa técnica de “Stop Motion”.

Xa contabamos coa experiencia do curso anterior, e a ocasión perfecta para estrear o recente Laboratorio da Comunicación. Durante 4 semanas estivemos facendo os preparativos para co10 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013]


REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013] 11


Logo viñeron 2 semanas intensas nas que se tomaron as fotos, se montaron as secuencias, graváronse as voces... “A Escaleira” é o título orixinal do conto de Beatriz Montero, que está ilustrado por Raul Nieto Guridi. “Conta a historia dunha serie de persoas que van facer o reparto e se atopan con que ninguén lles abre a porta. Cansos de esperar van deixando as mercancías na alfombra da entrada...” 12 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013]


Para a banda sonora contamos coa colaboración de Güintervan, grupo vinculado a nosa escola a través de Iker alumno de Infantil, xa que seu pai Isaac é un dos compoñentes. Nas seguintes páxina poderás ler a entrevista que lle fixeron os alumnos de 6º curso. Reproducir “A Escaleira” (*Poderás acceder tamén a este e outros vídeos explorando as carpetas deste DVD)

“A ESCALEIRA” Adaptación cinematográfica do libro “A ESCALEIRA” de OQOeditora Texto de Beatriz Montero Ilustracións de Raul Nieto Guridi

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013] 13


De onde ven o nome do grupo? E que estamos un pouco tolos, xa se mostra na música que facemos... realmente o correcto sería Winterband, para os que saben inglés isto sería a banda de inverno, pero nos lle demos unha reviravolta e quedou e Güintervan. Sería unha especie de “spaninglis”. Cantos anos levades tocando xuntos? Como grupo levamos 4 anos. Como músicos moito máis tempo.

GÜINTERVAN ENTREVISTAMOS A… ISAAC VAN GÜINTER Texto: Alumnos de 6º curso

C

omo un dos obxectivos que temos sempre presente é implicar o máximo que podamos ás familias, neste traballo de animación acorréusenos que podiamos pedir a música a aqueles pais ou nais dos nosos alumnos que sabemos que teñen moita experiencia neste eido. Este ano pedímoslla a Güintervan, onde Isaac (pai do noso alumno Iker) toca a guitarra e o bouzouki. Os alumnos de sexto prepararon esta entrevista para que saibamos un pouco máis deles.

14 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013]


En Quempallou, Macfeck... poderiamos dicir que entre 10 ou 15 anos. Preséntanos á banda? Quen son e de onde veñen? Harry é un inglés que tropezou ca nosa terra e empezou tocando aquí con Beladona, xa fai moitos anos. É un virtuoso do violín e tamén da gaita galega. Gulín ten predilección pola opera, o cal se transmite na nosa música, o que lle da unha cor moi especial. Tamén é multi-instrumentista: piano, percusións, corda en xeral... Un bo abano de instrumentos, vamos! Roi é un rapaz de Sárdoma que empezou con percusión tradicional galega e continuou coa batería e outras percusións facendo Jazz, música latina... Eu son amante de toda a música, e gústame gozala en tódolos seus aspectos, por iso tamén son técnico de son. Quen compón a vosa música? Todos un pouco. Cada un aporta o seu graíño. Bebemos moito da música tradicional de calquera lugar. Sobre todo de melodías do leste e galegas que é o que temos máis a man. Que tipo de música facedes? Como dicía o “profe” Marcos, música ecléptica describe ben o noso estilo. Gústanos facer música para

que a xente baile e goce, o cal é moi importante. Que foi o que vos animou a prestar a vosa música para a nosa curtametraxe “A Escaleira”? Porque nos parece moi ben que se conte con xente que se ten ao redor para facer calquera tipo de traballo. Gustouvos o resultado? Moitísimo. Unha boa obra mestra... Cantos discos tendes e como se titulan? Con esta banda levamos dous. O primeiro titúlase Mundo Loco e o segundo Psico pano Vos leva moito tempo gravar un disco? Non, ou si... O que é a gravación leva pouco porque gravamos todos xuntos. Pero isto implica que as cancións van super preparadas para non cometer erros durante a gravación, o cal é sempre bastante complicado.

A páxina web do grupo é: www.guintervan.com

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013] 15


Cantos concertos levades con Güintervan?

Tiveches ou tes máis grupos?

Uns cantos... ao redor de 100 ao mellor?

Si. The splinks, Macfeck, Quempallou, Matina, O son do ... todos eles de estilo folk.

A que idade empezaches na música? Sobre os 15 anos, un pouco tarde, pero non demasiado Que instrumentos tocas? Pois toco a guitarra o bouzouki e tamén a arpa, aínda que este último téñoo un pouco esquecido.

16 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013]

Que tal foi a experiencia de tocar no CEIP “A Lama” o outro día? Moi boa, e incrible ver aos nenos escoitando música... e que o transmiten todo!!! Queres comentarlle algo máis aos nosos lectores? Que disfruten ca música...que dan experiencias e sentimentos que outras cousas non dan.


O

16 de maio tocou no cole a banda Güintervan. Viñeron porque lle puxeran a música á curta “A Escaleira”, que fixeron os nenos de infantil e os de 1º de primaria.

Para min a canción máis bonita foi “Palabras a voar”. Roi é o batería, Isaac toca a guitarra e o bouzouki, Harry toca o violín e a gaita búlgara e Iván canta e toca o contrabaixo. O pai de Iker é Isaac e o pai de Felix é Harry. Tamén había un técnico que é o dos tres ollos. Tiña unha lanterna na cabeza e unha mesa chea de cables. Estivemos toda a tarde alí, escoitando as cancións. Tamén lle pedimos autógrafos. A firma máis chula é a de Roi, o batería. O bouzouki paréceseme moito ao ukelele. Roi tiña como un colgante que tamén sona. Iván presentou a todos os da banda. O contrabaixo dicían que era o avó do violín. Veu xente de fóra. O profe Rafa e a profe Cris sacaban fotos. A curta estivo moi bonita. O carteiro petaba no 3º piso pero non abrían, así que lle deixou a carta ao lado da porta e pasou o mesmo coas botas. Cando a nena chegou co pan abriulle o seu avó, que acababa de espertar. Paola, 3º de Primaria

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013] 17


PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO OUTRO XEITO DE ACHEGARSE AS COMPETENCIAS BÁSICAS A PARTIR DUN TRABALLO DE DOCUMENTACIÓN QUE CONTA COMO CENTRO DE RECURSOS A BIBLIOTECA ESCOLAR

D

ende que no curso escolar 2009/2010 entraramos no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares de Galicia (PLAMBE), e para organizármonos un grupo de profesores da escola se xuntara en Grupo de Traballo, vimos desenvolvendo anualmente un Proxecto Documental Integrado que implica a tódalas aulas do centro. Nesa actividade de formación foi onde nos achegamos á esta metodoloxía, visitando as bibliotecas escolares de centros que nese momento eran referencia no só en Galicia, senón no resto do país. A nosa particularidade foi ligalo ao “Proxecto Voz Natura”, no que levabamos anos participando, e a temática proposta por eles a que adoptamos para a nosa investigación. O importante no é tanto o tema, senón adquirir unhas competencias recollidas no currículo, e facelo dun xeito dinámico, atractivo, cons18 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013]


trutivo, multimedia e interdisciplinar. Este proxecto do que agora vos presentamos algúns traballos é o terceiro que desenvolvemos na nosa escola, pero de seguro que non será o último. Haberá que incluír cambios, correccións e algunha innovación, pero en esencia será o motor do traballo para a Alfabetización Informacional e Mediática que tan bos froitos está a traer.

Unha das primeiras tarefas que teñen que organizar os profesores é a selección de documentos sobre a temática escollida. Deben estar en soportes variados (libros, CD, DVD...), e colócanse nun centro de interese que nós chamamos “Columna do PDI”, no que pasan todo o tempo para que estean localizados e o nosos alumnos cheguen facilmente a eles.

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013] 19


ENERXÍAS SOSTIBLES 2012 FOI DECLARADO POLAS NACIÓNS UNIDAS “ANO INTERNACIONAL DAS ENERXÍAS SOSTIBLES PARA TODOS”

S

e pasado curso traballáramos “Os Bosques”, e o anterior “A Auga”, este ano tocoulle a quenda ás “Enerxías Sostibles”. Nuns primeiros momentos o reto semellaba complicado, xa que o tema parecía máis sinxelo de traballar en cursos posteriores, pero axiña empezaron a saír as ideas e o tema principal concretouse por ciclos do seguinte xeito: ▪

“A casa sostible” e a “Enerxía Eólica” en Infantil.

“Enerxía Solar” en 1º ciclo.

“Como aforrar enerxía” en 2º ciclo.

“Sistemas sostibles de produción enerxética” en 3º ciclo.

20 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013]

Sabela 5º


FASE DE MOTIVACIÓN O 27 de Novembro realizamos unha visita a Ourense, a un lugar chamado “As Corcerizas”. Aínda era moi cedo, case non había luz, cando montamos no autobús. Eu, coma sempre me mareo nas viaxes longas, senteime diante, na primeira fila. Tardamos un bo cacho en chegar ata o lugar, e durante toda a viaxe pouco puidemos ver dado que o día estaba chuvioso. Cando chegamos coñecemos aos monitores: Raquel, Rebeca, Marcos e Lucas. Puxéronnos un vídeo e explicáronnos moitas cousas sobre as enerxías sostibles. Despois fixemos tres grupos e a min tocoume con Rebeca. O que primeiro vimos foi unha maneira de construción con materiais ecolóxicos que se chama bioconstrución. Despois explicáronnos o funcionamento das diferentes enerxías renovables e ensináronnos as placas solares, un pequeno aeroxerador, unha turbina hidráulica, unha caldeira de pellets, etc. Pola tarde comezou a nevar, entón xogamos todos xuntos ao pano pero en vez de desafiar con números, fixémolo coas enerxías renovables. Ao terminar de xogar deixáronnos ir para fóra a xogar coa neve ata que foi a hora de volver para a casa. Creo que o que máis nos gustou foi atopar neve e poder xogar con ela xa que, no noso pobo, non a vemos case nunca. Doume conta de que mentres xogabamos coa neve non notei o moito frío que facía, eu creo que era da ilusión! Marcela 5º REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013] 21


PROCURA E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN É nesta segunda parte do desenvolvemento do proxecto na que o alumnado inviste máis tempo; achegándose aos documentos da Biblioteca, navegando por internet ou escoitando as explicacións dos expertos que fomos visitar ou viñeron á nosa escola. Logo desa procura chega o momento de recoller a

22 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013]

información e darlle un tratamento, ben sexa a modo de informe, presentación, vídeo, dossier, creación literaria, mural, maqueta, museo... É o momento de empregar a creatividade para deixar patente o que se vai aprendendo, e durante o proceso o alumnado estará acompañado polos profesores que os coordinarán.


“O NOSO AMIGO PIF” PIF chegou á Terra dende un planeta moi afastado. Mentres voaba na nave viu un montón de luces de todas as cores. Cando aterrou, decatouse que o noso planeta estaba triste porque gastamos demasiado desa cousa que chamamos “ENERXÍA”.

Pif quixo axudarnos e deunos algúns consellos que podíamos seguir. Apagar as luces, a tele e a consola cando non se usen, iso é aforrar. Cerrar ben a billa tamén é aforrar. Se usamos a luz do sol aforramos enerxía: pero ten que ser de día!

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013] 23


Para curar a Terra hai que aforrar enerxía! DEBEMOS GASTAR MOI POUQUIÑO, SÓ AQUELA QUE NECESITEMOS. 2º de Primaria

Un lema que adorna a parede do corredor de 2º ciclo di algo moi importante:

“A Enerxía que menos contamina é a que non se consume” 24 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013]


VISÍTANNOS EXPERTOS... É moi importante que aprendamos a procurar información en soportes diversos (papel, electrónico, local en rede...), pero tamén que a información nos chegue de fontes orais. Aproveitando a visita a A Lama de Rubén, padriño dunha alumna, tivemos un encontro moi interesante no que aclaramos moitas dúbidas e aprendemos algún dato sorprendente. COMO SE INSTALA UN AEROXERADOR? O día 3 de abril veu ao noso colexio Rubén, un home que axuda a construír aeroxeradores e traballa no seu mantemento. Explicounos as partes do muíño, para que serven e que producen. Para explicalo axudouse dun vídeo onde nos contaban como se constrúen, como xiran as aspas, que fan cando teñen unha avaría... Tamén nos dixo que poden chegar a medir uns 100 metros de altura pero habitualmente miden 55, 46 ou 80 metros. Na parte de arriba colócanse as aspas e un piloto cunha luz vermella que serve para advertir aos avións de que están aí. O que máis nos sorprendeu foi que para colocar o aeroxerador necesítase facer unha base de 100 metros cadrados de formigón e cando colocan o primeiro tramo do muíño volven a cubrir todo coa terra que sacaron e plantan as árbores e plantas que habitaban alí. Sabela e Álex 5º

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013] 25


PRODUCIMOS MENSAXES MULTIMEDIA... O alumnado de Educación Infantil de 3 anos centrou a súa investigación na “Casa Sostible”, e entre outras cousas elaborou un spot publicitario no que se explica como hai que separar o lixo para favorecer a súa reciclaxe. Presentación do seu traballo Previamente elaboraron a mascota do seu PDI que bautizaron como: “Monstruito”. (Clic para ver o vídeo) 26 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013]


ELABORAMOS INFORMES... Un xeito de recoller a información é a elaboración de pequenos informes nos que a partir de ilustracións e textos breves, os nenos nos contan todo o que van “colleitando” durante a fase de Procura e Tratamento da Información. (Clic na portada do libro para abrilo)

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013] 27


28 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013]


AS ENERXÍAS RENOVABLES: A enerxía eólica Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil traballamos durante este curso escolar 2012-2013 arredor da enerxía eólica, e relacionado con esta elaboramos dous pequenos proxectos. O primeiro deles que leva por título “A Enerxía Eólica”; fixémolo xunto cos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil. Nel aprendemos moitísimas cousas: - Como se produce a enerxía eólica. - Para qué serviu na antigüidade e agora na actualidade. - Os aeroxeneradores e as súas partes. - Os parques eólicos da Lama. - O tamaño dos aeroxeneradores. - Os aeroxeneradores no mar. - Cómo aforrar enerxía . - O aproveitamento do vento. - Animais curiosos: a fisalia. O outro proxecto foi “As aventuras de Don Quixote e os muíños de vento”. Eran moitas as cousas que queríamos saber e comezamos a investigar sobre: - O escritor do libro do Quixote. - Os personaxes principais. - Algunhas das aventuras do libro. - Lugar onde ocorren ditas aventuras… Centramos a nosa atención na historia de Don Quixote e os muiños de vento e establecemos comparacións entre os muíños da Mancha e os aeroxeneradores da Lama: - Para qué serven. - As súas partes. - Elaboración dun muíño da Mancha, dun marcapáxinas aeroxenerador e dun móbil. - Interrpretamos a canción de Sancho-Quixote. Como remate ao noso proxecto entre todos fixemos un muíño pan. Estamos todos moi contentos de ter aprendido tantas cousas. Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013] 29


E TAMÉN HAI TEMPO PARA XOGAR... En 6º de Ed. Infantil estiveron traballando a Enerxía Eólica a través dos piratas, xa que os seus barcos movíanse grazas a forza do vento. Durante o curso coidaron, coma eles, unha mascota da familia dos loros: unha Cotorra Ninfa. Para a presentación das súas conclusións preparáronnos un xogo ao que podedes acceder facendo clic aquí.

30 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013]


“Aprender non ten por que ser aburrido, non si...?” REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013] 31


EXCURSIÓN A CANTABRIA DESPEDÍMONOS DO COLE...

O

martes 4 de xuño comezou o noso primeiro día da excursión a Cantabria. PRIMEIRO DÍA

Chegamos moi cedo ao colexio, metemos as maletas no autobús e despedímonos dos nosos pais. A primeira parada foi na Reigosa porque alí nos esperaban os alumnos de quinto e sexto que tamén ían vir con nós. Polo camiño fixemos varias paradas: primeiro a almorzar nunha área de servizo en Lugo, despois visitamos a fermosa “Praia das Catedrais”. Por sorte a marea estaba baixa e puidemos xogar e sacar fotos. A seguinte parada xa foi para comer en Xixón e pouco despois xa estabamos en Cantabria. Paramos un

32 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013]


anaco en Comillas e demos un paseo pero como estabamos cansos xa fomos para o albergue a deixar as maletas e despois fomos cear ao restaurante no que cearíamos tódolos días. SEGUNDO DÍA Este día pasámolo fenomenal! Pola mañá fomos ao Parque Natural de Cabárceno. Alí visitamos os distintos animais e unha guía íanos explicando. Unha vez finalizado o percorrido fomos a un taller de dromedarios e tamén gozamos dun fantástico espectáculo de leóns mariños que saltaban, aplaudían, saudaban ao público...

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013] 33


Este día comemos de pícnic e déronnos un tempo para comprar regalos. Despois fomos ver un espectáculo de aves rapaces, foi moi divertido porque as aves pasaban case tocándonos e para acabar visitamos o reptilario onde había moitas serpes. Pola tarde paramos en Santillana del Mar e demos un paseo por Santander. TERCEIRO DÍA Este día foi o máis emocionante de todos. Fomos aos Picos de Europa e montamos no teleférico! Alí podíase ver o mundo dende arriba. Había neve e xogamos con ela; foi xenial! Despois de comer fomos visitar as Covas do Soplao. Para entrar tivemos que montar nun tren, e recorremos o interior da cova onde había estalagmitas e estalactitas moi bonitas. Todo aquilo era chulísimo e gustounos moito a todos. Despois tocaba cear e ir a durmir para o albergue. CUARTO DÍA O último día foi o máis duro de todos porque pasamos moito tempo no autobús. Pola mañá, despois do almorzo, xa saímos cara León; comemos nun restaurante de alí e despois visitamos a Catedral. A continuación xa nos metemos no autobús porque nos quedaban horas para chegar á casa, e Manolo, o condutor, púxonos dúas películas para que se nos fixera máis amena a viaxe. Cando chegamos á Reigosa despedímonos dos nosos compañeiros e ao cabo dun ratiño xa estabamos na Lama onde nos esperaban os nosos familiares. Foi unha excursión xenial e inesquecible, coñecemos moitos sitios e fixemos novos amigos! Alumnos de 5º de primaria

34 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013]


REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013] 35


DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O

17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano programamos as actividades para a véspera.

A figura homenaxeada foi Roberto Vidal Bolaño. Nas aulas traballaron a efeméride e a biografía do autor, e prepararon murais que engalanan os corredores. Logo, pola tarde tivemos un acto festivo, coa actuación do grupo folk Güintervan e a estrea da curta de animación “A Escaleira”. 36 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013]


DÍA DAS LETRAS GALEGAS - ROBERTO VIDAL BOLAÑO O día das Letras Galegas celébrase o día 17 de maio. O primeiro ano que se celebrou foi en 1963, con motivo de celebrar o centenario da publicación de “Cantares Galegos” de Rosalía de Castro, Á que se lle dedicou a homenaxe de dito ano. Neste día lémbrase a escritores galegos. Para poder dedicarllo a algún escritor, ten que levar morto dez anos e que fora un importante autor na literatura galega. Este ano homenaxéase a Roberto Vidal Bolaño. Roberto Vidal Bolaño naceu(1950) e morreu (2002) en Santiago de Compostela. As súas actividades xiraron principalmente en torno ao teatro. A súa andaina no teatro comezou cando formou parte do grupo de teatro “Grupo Antroido”. Foi un gran escritor galego porque escribiu guións para teatro, cine e televisión en galego, tamén participou en algunhas das súas obras e foi director de teatro. Ademais, Roberto fixo unha serie de televisión. Algunhas das súas pezas máis coñecidas son “A burla do galo”, “Animaliños”, “Bailádela da morte ditosa”, “Días sen groria”, “Doentes”, “Mar revolto”, “Rastros” e a serie de televisión “Mareas vivas”. Inma 6º

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013] 37


OUTROS TRABALLOS... Os nenos e nenas de 4º de primaria presentaron para a revista outros traballos dos que vos amosamos unha mostra. É moi interesante a correspondencia que mantiveron durante estes dous anos con nenos de “A Reigosa”, que culminou cunhas sesións de vídeo_conferencia.

38 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013]


ESTA REVISTA ESCOLAR “CEIBE” EDITOUNA O ´ LINGUISTICA ¨´ EQUIPO DE DINAMIZACION DO CEIP “A LAMA” COORDINADOR Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez MEMBROS DO EQUIPO 2012/2013 Ed. Infantil | Cristina Campos Pérez, Marta Tamaño Rubianes e Fátima Soto Domínguez 1º Ciclo | Teresa Couto Paz, Irian Blanco Babarro e Mercedes Lorenzo Baqueiro 2º Ciclo | Javier Fernández Granja e Manuel Viéitez de la Fuente 3º Ciclo | Marcos Neira Cabado DESEÑO, TEXTOS, MAQUETACIÓN e NAVEGACIÓN Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez Cristina Campos Pérez FOTOGRAFÍA Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez Cristina Campos Pérez Marcos Neira Cabado VÍDEOS Cristina Campos Pérez Marta Tamaño Rubianes Tania Rivas García Marcos Neira Cabado Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez Teresa Couto Paz Global Energy Services PDFs Marta Tamaño Cristina Campos

´ LABORATORIO DA COMUNICACION

CEIP “A LAMA” - www.orecantodeleo.org

PREZI Tania Rivas Cristina Campos TRABALLOS ESCOLARES Alumnos de Infantil e Primaria do CEIP “A LAMA”

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2013] 39


Aqueles marabillosos anos...


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.