2013 urtekaria

Page 113

24-2-2013. Recital-homenaxe a Kontxa Murgia. J.A.Irigaray, Xosé Estévez, Arantza Lete, Jexux Aranburu eta Arkaitz Miner. Oiartzun. Udaletxeko Areto Nagusia. A mañá do día seguinte, 24 de febreiro, amenceu fosca e a neve encetou a branquexar o val, que semellaba unha cunca mol peneirada por unha sutil saba de alburea. Emporiso, á hora da ofrenda, os deuses do tempo compadecéronse e déronnos un respiro. Os txistularis de Oiartzun e o grupo de gaiteiros Novas Fontes amenizaron o ar da praza de San Estevo prá doarlle ledicia á xornada. Ás doce, seguindo o reloxo da torre da Igrexa, e como compre á consabida puntualidade vasca, encetou o rito da ofrenda floral en honra de Concha Murguía Egaña. A comitiva dirixiuse dende a praza deica a Biblioteca e Casa de Cultura, fogar onde naceu a homenaxeada o 29 de xaneiro de 1806. Alí falaron o Concelleiro de Cultura, Asier Legorburu, e o historiador e membro do Fato Daniel Castelao, Xosé Estévez. O primeiro glosou a personalidade do fillo de Concha Murguía, Manuel M. Murguía. Salientou, sen ollar ningún papel e con unha erudición que deixou pampos ós presentes, o seu labor como historiador, teórico do nacionalismo galego e primeiro presidente, deténdose no feito de que o amor a Galicia o aprendese da súa nai, pois ela proviña dunha Terra “onde nin se temía nin se mentía”. Xosé Estévez, pola súa banda, dedicou a súa peroración á figura de Rosalía de Castro e destacou a efeméride que esta ano se conmemora, o 150 aniversario da edición en Vigo do seu libro, Cantares Gallegos, obra impulsora do Rexurdimento de cultura galega. Rematou a súa intervención ca lectura deste poema da súa autoría en éuscaro e galego, titulado Aberria (A Patria).

ABERRIA Egunsentiaren argia da, Urkabeko haritzetan dirdiraz. Eguerdiaren zohardura da, Kirogako mahatsondoak eztituz. Ilunabarraren itzala da, Arkaleko tontorrak gaindituz. Ilargi argitasunaren adatsa da, Sil ibaiaren ispiluan orraztuz. Jaizkibelen iparhaizea da, Oiartzungo harana bahetuz. Finisterren itsatsoa da, Itsaslabarreko harrien kontra borrokatuz. Donibaneko sutzarra da, Donestebe enparatzan dantzan. Rogueirako argiune da, maiteminduen liturgiak ospatzen. Beloagako gaztelua da, arrano inperialen hegaldiak begiztazen. Matria galegua eta euskal fratiaren arteko da, anaitasunaren ihintza aihentatzen. Printzesa, Aldiña, zeu zara, bekokian izarra eta mokoan abestia edertuz. Xosé Estévez. Oiartzun, Otsaila, 23, 2013, Kontxa Murgiari omenaldia.

Após do Agur Jauna, interpretado polos txistularis, e o canto do himno galego, a cargo dos gaiteiros e de tódolos/as presentes, o Concello agasallou á concorrencia con un gorenteiro refrixerio. Así transcorreu a homenaxe a Concha Murguía, unha esgrevia oiartzuarra. Fíxonos ós galegos o impagable galano dun fillo, que nos deu conciencia de nós e sementou no suco da nosa memoria o sentido de nación soberana, libre para decidir o seu destino. Xosé Estévez.

KU LTU RA

Outra novidade inesperada doóunola Arkaitz Miner ao regalarnos co canto musicado do poema de Joseba Sarrionandia Ez diren gauzak (As cousas que non son) para rematar o recital, que, ó meu humilde entender, resultou dunha grande calidade e cheo de un sentimento tan intenso que un coitelo ben afiado sería incapaz de cortar o cendal da emoción no ar. Os presentes ficaron gratamente sorprendidos e desfacíanse en sinceros eloxios encol do visto e acontecido.

111


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
2013 urtekaria by Oiartzungo Udala - Issuu