MOCHILAS VIAXEIRAS 2010-11
QUERIDAS FAMILIAS: Un curso máis empezamos unha nova andaina na biblioteca da Caracola Tola e desexamos compartir con vós moitas lecturas; por iso comezaremos proximamente a actividade de “Lecturas para compartir”, onde poderemos deixar os libros que nos queiramos a outras persoas e nós levaremos prestados os que nos interesen. As vosas opinións son moi importantes para poder mellorar a actividade por iso convocámosvos a unha reunión o vindeiro luns, 18 de outubro ás 17 horas para tratar aspectos relacionados con este tema.