De excursión polo monte

Page 1


Había unha vez un Castelo moi vello, de altas torres, coas paredes medio desfeitas. Tiña un lago ao seu redor e unha ponte levadiza moi alta. As ventás, cos cristais rotos. No seu interior, polos corredores, había moitas armaduras vellas e enfurruxadas. As teas de araña unían unha armadura con outra e arañas negras e peludas saían polo furado dos ollos dos cascos. Polas paredes había cadros colgados con retratos das persoas


que viviran no Castelo antiguamente. Os ollos deses retratos parecía que te miraban, que te seguían a onde ti te movías.

A poucos quilómetros do Castelo había un pobo cunha escola na que estudaban moitos nenos.


Un día de outono, as profes de Infantil, 1º e 2º, levaron de excursión aos nenos para apañar castañas, cogomelos e follas secas. Estaban todos moi contentos alborotando o bosque coas súas conversas.


Despois de estar un anaco apañando, a Pedro, Marta e Xaime entráronlles ganas de ir ó baño. - Profe, queremos ir ao baño! - Vale. Apartádevos un pouco e ide detrás dos arbustos, esperamos por vós! Pero os nenos perdéronse polo bosque e non atoparon ao seu grupo de compañeiros. Despois dun tempo, a profe chamounos. - Pedroooooooo,Martaaaaaaa,Xaimeeeeee eee! Onde estadeeeeeeeeees? Ninguén contestaba. Os demais nenos, preocupados preguntaron ás profes: - Onde están? E as profes tranquilizáronnos e seguiron buscando. Pasaban as horas e achegábase a


noite. Entón decidiron que unha volvería ó pobo co grupo e a outro buscaría aos nenos perdidos. Xaime, Marta e Pedro estaban asustados porque viña a noite e chegaba o frío e a

escuridade. Camiñaron en busca dun refuxio e atoparon o Castelo.


Intentaron entrar pola porta principal, pero estaba fechada, entón puxéronse a buscar arredor dos muros e atoparon un furado, pero como non cabían de pé, tiveron que entrar a gatas. Xaime, que era o maior, decidiu ir diante. A medida que avanzaban, as teas de araña enredábanse no seu pelo e atopaban ósos de esqueletos humanos. Estaban mortiños de medo. Máis adiante, divisaron unha luz suave e escoitaron pasos sobre follas secas que saoban enriba das súas cabezas e unhas risas agudas…


Cando estaban saíndo do túnel, apreciaron unhas sombras terroríficas e seguían soando as risas agudas que metían moito medo.

Eran uns gatos que estaban pelexando coas ratas e o que eles confundiron con risas, eran os gatos miañando e as ratas chiando. Os máis pequenos asustáronse moito.Xaime, o maior, tratou de tranquilizalos, aínda que el támén estaba asustado. - Non teñades medo. Non pasa nada. Tranquilos


Para despistalos, díxolles que era hora de comer os bocatas que tiñan nas mochilas. Mentras comían, segúian paseando polos corredores buscando novas salas.

Foi así como se atoparon cunha vella biblioteca chea de libros e cunha lareira….que estaba encendida.Nun principio estrañáronse...Como podía haber lume se alí non había ninguén?


Xaime quitoulle importancia e foi coller un libro de contos para que os seus compañeiros quedaran durmindo. En canto adormeceron, foi buscar unha manta para tapalos e entrou nunha habitación. Dirixiuse á cama na que había un montón de mantas. Colleu unha e nese momento notou que algo se movía e oíu un ronquido moi forte. Pegou un brinco e un berro terrible e caeu desmaiado no chan.Resultou que con tanto barullo, espertou un vello vagabundo que durmía, como todos os días, debaixo do lote de mantas. O vello colleu a Xaime, e deitouno na cama, cando


Xaime volveu en si preguntoulle que pasaba e que facía alí. Cando todo se aclarou, o vagavundo díxolle a Xaime que en canto se fixera de día, que os acompañaría á entrada do pobo cunha condición: que non dixeran a ninguén que el vivía alí e que se volvían visítalo que lle trouxeran unha tortilla ou un pouco de caldo. En canto abreu o día, o vagabundo cumpriu coa súa palabra e os nenos chegaron á escola e para anunciar a súa chegada, metéronlle un susto aos seus amigos berrando “auuuuuuuuuuuuuuu!”. Todos se alegraron moito do reencontro e celebraron que estiveran ben.

Fin Alumndo 6ºA E.P. CEIP Os Muíños Novembro 2016


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.