Page 1

LUZ Eu son da clase dos poetas descoñecidos e ignorados para os que nunca se fixeron premios nin nunca son publicados Son a poeta de aqueles que loitan por saír de escravos Son a poeta de aqueles aos que todo lles foi negado Eu son a poeta de aqueles que sobreviven do emprestado a poeta analfabeta a poeta dos desherdados Eu son a poeta de aqueles aos que todo lles foi negado Son a poeta de aqueles que loitan por saír de escravos Eu son a poeta de aqueles que sobreviven do emprestado para os que non se fixeron premios nin nunca son publicados Son a poeta de aqueles que loitan por saír de escravos son a poeta de aqueles aos que todo lles foi negado Quero sangrar as feridas para liberar as miñas arterias non quero facerme escrava da ponzoñosa das xenreiras quero sentir como penetran polos ríos das miñas teas o vivificante arrecendo das vosas primaveras Abrazarei a miña morte sen remordementos eu trouxen a vida e nada dela levo. LUZ FANDIÑO


POEMA PERDIDO NUNHA BOTELLA para o océano ti eras só un neno de fanequeiras vermellas que a area enterraba, un brazo fortemente prendido da miña saia morada teño medo dos bichos, mami, dos bichiños do mar e con forza de xigante collíaste da tea. só así deixabas que o mar che lambese, sen avanzar, as pernas, cravados ti e eu fronte a liña pola que a tarde escapaba. mollándose o rodo da saia coas puntas do mar ti … acordaste diso? eras só un neno ao abrigo do monte de mallou os dous éramos pequeniños, coma as caramuxas, no areal deitado un dedo de brisa percorrendo as nosas costas peiteando as herbas de namorar no lombo da praia e esas outras prantas, mami, esas que son como rabiños de coello son, si. son. e cando se moven así é porque os coellos están contentos están lémbralo? eu escribira fronte ao mar estás aquí neste poema, ves? e mamá tamén e o mar e os bichiños do mar? tamén, e os rabiños de coello todos aquí, dentro deste poema, nesta botella, aquí metidos, construíndo un recordo deste día bótala ao mar, meu amor? pero calabas, agarrado á saia que a brisa preñaba. e a onde iremos? a onde o mar nos leve e habemos de volver? pois, non sabemos e ti estarás comigo? ata o último verso MARÍA LADO Oso, mamá, si?


HAS DE CANTAR MENIÑA. Has de cantar, que che hei de dar zonchos; has de cantar, que che hei de dar moitos. Has de cantar, meniña gaiteira, has de cantar, que me morro de pena. Canta, meniña, na beira da fonte; canta, dareiche boliños do pote. Canta, meniña, con brando compás, dareiche unha proia da pedra do lar. Papiñas con leite tamén che darei; sopiñas con viño, torrexas con mel. Patacas asadas con sal e vinagre, que saben a noces, ¡que ricas que saben!


¡Que feira, rapaza, si cantas faremos...! Festiña por fóra, festiña por dentro. Canta si queres, rapaza do demo; canta si queres, dareiche un mantelo. Canta si queres, na lengua que eu falo; dareiche un mantelo, dareiche un refaixo. Co son da gaitiña, co son da pandeira, che pido que cantes, rapaza morena. Co son da gaitiña, co son do tambor, che pido que cantes, meniña, por Dios.» ROSALÍA DE CASTRO Cantares Gallegos


ENVELLECER

Mira os avós. Antes eran máis grandes, máis altos, máis anchos... pero devecen coma as follas sen zume. Aseguran que o tempo é o único culpable, un furtivo que chega cos dentes afiados a cravárselles no rostro mentres dormen mentres botan farangullas ás pombas dos xardíns ou xogan coma nenos. A miúdo falan de vidas que pasaron e argallan historias, ao quentaren as mans sobre a seda dos lumes. Os avós envellecen devagar, pero ninguén pode arrincarlles o sorriso, porque gardan o segredo do futuro, máis alá dos seus ollos pequenos. ANA MARÍA FERNÁNDEZ Amar e outros verbos


AMÉ. VOLÉ. VOLABA

Amé. Volé. Volaba. Amé volé a lo loco a lo difícil a rozar con otras alas. No aterricé, me caí. No pasó nada pero me quedé coja del ala, impedida para seguir, mutilada. Ahora, sola, piso tierra,

piso playa, piso firme las baldosas de mi casa y es difícil que del suelo yo me caiga. Ya no vuelo. =

¡Qué bien se vive en soledad sin nadie! ¡Y qué mal se vive también así sin alguien! GLORIA FUERTES Geografía humana y otros poemas


NIÑO BABOSA Van a dar las nueve, al cole que llueve. Y de nueve a diez, la clase de inglés. De diez a las once, toca Edad de Bronce.

Vuelvo del recreo: ¡examen sorpresa!, sin darme ni cuenta, ya sobre la mesa.

Nos vamos a casa, ¡esto es una estafa! De tantas tareas me siento piltrafa.

Y haz los deberes, y el do-re-mi-fa deporte y repaso, ¿terminamos ya?


Estoy muy cansado, se ha hecho de noche, del agotamiento me duermo en el coche.

Llego que me arrastro como una babosa: ¿me quieren matar? ¿por qué tanta cosa? MAR BENEGAS A lo bestia


MATRIARCAS Comezan as historias con homes encumados, rematan sempre todas con mulleres que os salvaron da morte do intelecto, insectos que os picaron de turbias lendas vellas que non queren nin lembrar. E nós pouquiño a pouco ímonos situando, construíndo barricadas no país dos alalás. Nós en corpo e alma, nós mercando calma, nós cousa por cousa sen podernos despistar. Nós aleitadoras, nós conquistadoras, brillantes activistas da vida cotiá. E nós que resistimos a séculos de forza, e nós as matriarcas do país dun tal Breogán. Comezan as historias con home encumados, rematan sempre todas con mulleres que os salvaron da morte do intelecto, insectos que os picaron, de turbias lendas vellas que non queren nin lembrar. Nós aleitadoras, nós conquistadoras, brillantes activistas da vida cotiá. E nós que resistimos a séculos de forza, e nós as matriarcas do país dun tal Breogán. GUADI GALEGO


NUNCA MASCOTAS Podedes chamarnos animais, nunca mascotas. Faremos compañía se nos peta.

A maior parte do tempo preferimos estar lonxe de vós, por se acaso.

Desconfiamos, non por maldade, por experiencia.

A soidade é a mellor conselleira.

Perdoade se vos ofende a nosa resistencia.

Preferimos liberdade a subsistencia.

Somos mamíferos, rumiantes, réptiles, anfibios, insectos, peixes, feras, e moitos outros nomes. Catalogádenos.


Chamádenos como queirades. Chamádenos submisos, perigosos, domésticos, salvaxes. Chamádenos en masculino, neutro ou feminino (se é que nos tedes medo de verdade). Chamádenos para que acudamos, berrade para que saiamos fóra. Chamádenos animais. Nunca mascotas.

PAULA CARBALLEIRA Nunca mascotas


LIMIAR Se eu achase a palabra donda, escintilante, tan lene coma o peito da andoriña, tan rexa como a face da verdade…

Se eu achase a palabra de lume, de auga, de aire, de terra aloumiñada pola brisa que arrola cada tarde…

Se eu achase a palabra limpa, espida, que cabe no efémero latexo dun salouco e abrangue a eternidade…

Se eu achase a palabra de amor que iluminase esta esfera que treme estarrecida na sombra e na soidade…

Se eu achase a palabra eu pintaría o planeta de paz e liberdade.

MARÍA VICTORIA MORENO Elexías de luz


O fin do mundo Comeza no mesmo instante Que vimos á luz. -----------------------------

Que idea más peregrina Ten a xente Do que unha non é. --------------------------------

Hai que agardar que se peche A porta do medo Para logo poder estrelar os beizos Contra unha rosa roxa. ------------------------------------

A lúa semella un peixe Escorregando pola superficie Das ondas pálidas E invisibles da noite.

MARÍA DO CARME KRUCKENBERG Poemas sen resposta


NAI Tiña unha fita roxa no cabelo. lembro todas as flores dos meus vasos de nena. Tiña bicos a tarde, qué tesouro, e bulía en buratos para dentro dos teus ollos. A tarde tiña ás de paxaro, quentiño, quentiño, as túas mans, riscadas do traballo, calaban moitas veces para carexarme miúdo... Eran días sen medo ós corvos sobre a testa porque todo era estrela. Logo, qué logo, houbo voar de follas, nomes, xentes. Abrin portas, pecheinas; non se acouga con tanta multitude; corrín a ser muller. E na tola carreira, perdín a fita roxa que me chamaba nena. Debeu levala o vento co froito dos anos,meus anos... ¿Pra qué terían ás de paxaro os dedos que niñaban limpezas no cabelo? Nai onte laveiche os ollos. E na palma mollada repousaron aquelas tardes, a fita dunha vida mellor. Ollos da miña nai. Cobizos de lareira sempre ao fogo. ¡Seica os ventos vos perden ou vos choran!... Sen eles, a miña historia non ten ollos. XOHANA TORRES Do sulco

Poemas clube  
Poemas clube  
Advertisement