María Corredoira

(Re)coñecer?
(Re)presentar?
(Re)distribuír? Rede Museística Provincial
(Re)coñecer?
(Re)presentar?
(Re)distribuír? Rede Museística Provincial
María Carme Corredoira Ruíz de Baro (A Coruña, 18 de maio de 1893-17 de novembro de 1970)
Con enderezo familiar na rúa coruñesa de san Andrés, procede dun fogar con inquedanzas artísticas polo que, animada pola nai, iniciou a súa formación na súa cidade natal con Enrique Laboret, dentro da tradición figurativa. Continúa estudos a partir de 1914 en Madrid, donde se relaciona con artistas e mestres como Eduardo Chicharro, José María López Mezquita e Joaquín Sorolla. Volve a Coruña, en 1916, donde desenvolve a súa pintura dun xeito moi persoal dentro da corrente realista, facendo exposicións que obtiveron o inicial recoñecemento de público e crítica entre 1923 e 1926.
As primeiras incursións na pintura centráronse no retrato con modelos da súa contorna familiar e social, tamén se adentrará no bodegón, no retrato, na paisaxe e na pintura de xénero. Xa con 16 anos obtivo a Medalla de Ouro na Exposición Rexional de Galicia de Santiago en 1909,
continuando con moito éxito en diversos certames nos que participa como a Internacional de Belas Artes de Bos Aires en 1911, a Exposición de Arte Gallego celebrada no Centro Gallego de Madrid en 1912, etc.
A bibliografía reitera o dato da súa participación na Exposición de Arte Galego de Ferrol coa obra Interior de los Capuchinos , porque nese momento, en 1922, o afamado pintor Sotomayor loubou esa pintura indicándolle que seguira ese camiño.
En 1925 fai en Coruña a súa primeira exposición individual. En 1926, concedéronlle a medalla de ouro na Exposición Rexional de Santiago.
En 1924 foi nomeada socia de mérito da Asociación de Pintura e Escultura de Madrid e en 1928 membro do Seminario de Estudos Galegos, pero trala II República prodúcese un cambio na súa vida e obra. Así, despois da Guerra civil case abandona a súa produción aínda que continúa dando clases.
Nos anos 30 foi nomeada membro da Asociación de Artistas coruñesa (1936) e da Asociación española de pintores e escultores. Daquela, exerce xa a cátedra de debuxo artístico na Escola de Artes e Oficios de A Coruña.
En 1938 ingresa como membro de número (101) na Academia de Belas Artes de A Coruña xunto con María Dolores Díaz Baliño sendo as primeiras mulleres académicas nesta institución en oitenta e nove anos de existencia pública.
A pesar de expoñer en varios países (Arxentina, Uruguai, Cuba, México e Gran Bretaña), fixo poucas mostras individuais. A produción conservada non é moi extensa e pode atoparse ademais do Museo Provincial de Lugo, no Museo Municipal Quiñones de León en Vigo, en Colección de Arte Afundación, Museo de Belas Artes de Coruña ou en coleccións particulares. Un dos obxectivos desta exposición é precisamente divulgar as catro obras que o MPL conserva desta artista porque son moi representativas da súa evolución creativa desde a copia de cadros emblemáticos na súa etapa de formación ou unha escena de xénero, ata os retratos e os interiores conventuais que tanto a definen. Tamén destacamos a exposición que realizou en Lugo no Palacio Provincial en 1945 e a documentación conservada a tal efecto no arquivo do MPL, xunto con outras novidades absolutamente inéditas.
Ambiente de paz. Ca. 1940
Óleo/lenzo. 151 x 100 cm
Doazón.
Busto de muller
Óleo/lenzo. 44,5 x 34 cm.
Doazón.
Historiograficamente tamén se vincula coa Xeración de 1916, sendo moi recoñecida nos anos vinte, case retirada no último terzo da súa vida, e esquecida trala súa morte.
Catro anos antes do seu falecemento participou na derradeira exposición colectiva na Coruña en 1966. A finais do século XX practicamente esmoreceu a súa pegada, a pesar de certa presenza en museos galegos, a súa visibilización social será reclamada no século XXI a partir de estudos de xénero e mostras temporais de mulleres artistas colectivas ou individuais, como a presente organizada no MPL.
O seu nome artístico oscilou entre María Corredoira e Carme Corredoira, incorporando o y grego no apelido a partir de 1920, ao igual que o seu primo Xesús Corredoyra. A partir dos anos 40, asinará como María del Carmen Corredoyra.
Como colofón, na mostra sinalamos principalmente a pintura de María Corredoira, pero tamén a súa faceta docente e poeta, o estudo de xénero, e, sobre todo, o seu activismo social dada a pioneira incorporación desta muller en asociacións de artistas e institucións como o Seminario de Estudos Galegos (1929), que este ano cumpre o centenario da súa fundación, e a Real Academia Galega de Belas Artes (desde 1938). ABG.
• Barreiro, A. (1917). Del Arte Gallego Exposición Regional -1917 (Bocetos de crítica). La Coruña.
• Bugallal y Marchesi, J. L. (1970). Revista Abrente. Doña María del Carmen Corredoyra y Ruiz de Baro (1893-1970) V. 2, pp. 133-137.
• Catálogo da Exposición: A Arte Inexistente. As Artistas Galegas do Século XX. (1995). Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela.
• Catálogo da exposición. Colección Caixa-Vigo. (1993). Pintura. Escultura. Dibujo. V. I y IV, Caixa Vigo, Vigo. p. 44,94.
• Carballo Calero, M.V. (1969). Catálogo de pintura del Museo Provincial de Lugo, Lugo.
• Garrido Moreno, A. (1999). María del Carmen Corredoira. En A. Pulido Novoa (dir.) Artistas Galegos Pintores. V, Regionalismo III. Nova Galicia Edicións, Vigo. pp. 58-59
• Gran Enciclopedia Gallega (1974). V. 7. Gijón: Silverio Cañada.
• Ilarri Gimeno, A. (1978). Catálogo del Pazo Museo Quiñones de León. Ayuntamiento, Vigo.
• López Vázquez, J.M. (1988). El arte contemporáneo. En Enciclopedia temática de Galicia. Arte. Nauta, Barcelona. pp. 211-212
• Mon, F. (1974). Corredoira y Ruiz de Baro, en R. Otero Pedrayo (dir). Gran Enciclopedia Gallega, T. VII, Santiago de Compostela. p. 170
• Pablos Holgado, F. (1981). Plástica Gallega. Caixa-Vigo, Vigo. pp. 138-139
• Pablos Holgado, F. e Ilari Junquera, M. L. (1995). Colección de Arte Galega. Museo Quiñones de León, Vigo. pp. 100-101.
• Ortega Romero, Mª S. (1992). Dos pintoras miembros de la Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario. Santiago de Compostela. pp. 373-382
• Un siglo de pintura gallega 1880-1980
Museo Nacional de Bellas Artes, Buenos Aires. pp. 74-75.
• https://dbe.rah.es/biografias/32509/maria-del-carmen-corredoira-y-ruiz-de-baro Beatriz de San Ildefonso Rodríguez (consultado 28/02/2023)
• https://www.afundacion.org/es/coleccion/autor/corredoira_y_ruiz_maria_carmen (consultado 20/02/2023)
Aurelia Balseiro e Encarna Lago
ORGANIZACIÓN
Museo Provincial de Lugo
Rede Museística Provincial. Área de Cultura
Vicepresidencia da Deputación de Lugo
COLABORACIÓN
Blanca Besteiro García (Dpto. Restauración do MPL)
María Quiroga Figueroa (Dpto. Belas Artes do MPL)
Begoña Fernández García (Arquivo do MPL)
MONTAXE
Matías Linares (Responsable coordinador de montaxe de exposicións da RMP) coa colaboración de Manuel Fernández
SEGURO
Artai-Helvetia
AGRADECEMENTOS
Real Academia Galega de Belas Artes
Museo de Belas Artes de Coruña
IEG Padre Sarmiento-CSIC
Colección de Arte Afundación
Museo municipal de Vigo "Quiñones de León"
Artemanz Espacio de Arte
Jesús López-Domínguez