Brigantium7

Page 140

R. FÁBREGAS VALCARCE e F. DE LA FUENTE ANDRÉS

o trazado do anel perimetral somentes se interrumpía na cuadrícula J-9, a consecuencia da zanxa de violación descrita máis arriba (v. cap. 111.1), polo cal foi moi sinxela a restitución do seu perfil, empregando as mesmas pedras existentes nas inmediacións (Fig. 24-0). A coraza superficial xa se tiña definido durante a excavación como unha estru'ctura discontínua, afectada ademáis polas violacións e a repoboación forestal. De cara á sua restitución o primeiro paso foi recoloca-Ias suas pedras nas zonas afectadas polos cortes estratigráficos, así como pola zanxa de violación no sextor NE (Fig. 24-8 e O). Outro problema radicaba nunha pequena zona do sector SE (I/J-3/4) na que a coraza se estructuraba a base de pequenas pedras tomadas con barro, que se atopaba en mal estado por mor da cuberta vexetal, facendo preciso restaurala co mesmo tipo de elementos (Fig. 24-C). Oerradeiramente, foi necesario efectuar un tratamento do perímetro exterior da cámara, que fora afectado pola excavación ata a rocha nai. O desnivel existente entre a cota culminante do túmulo e os chantos in situ pero fragmentados (n. o 4-6), aconsellou salva-lo gradiente con tres escalóns sucesivos, sinalizando con liñas de mirto, posibilitando a visión da anta. Revalorización do conxunto De cara a acadar unha rentabilidade didáctica dos resultados das excavacións, in situ, ó tempo que se garanta a conservación do xacemento, levamos a cabo unha serie de traballos que permitisen a visita e circulación arredor e sobor do túmulo. Reserváronse uns espacios para circulación, precisamente sobre os testigos da excavación e no perímetro da cámara, zonas de paso que van sinalizadas mediantes setos de mirto (Lám. XIX). Igualmente no lado Oeste da mámoa, o seu perímetro foi delimitado por outro seto de mirto. Toda esta laboura debía ser completada, evidentemente, co correspondente desemolo dun sistema informativo, tendente a potencia-lo carácter didáctico da visita ó xacemento, traballo que agora agardamos se poda acometer polos organismos competentes. Ademáis, esta intervención de consolidación está pensada cun criterio de continuidade, máxime cando se está a empregar materiais naturais como a terra, a herba ou o mirto, que esixen unha sinxela pero periódica actividade de mantenemento. Os criterios básicos, pois, teñen sido o respeto ós elementos orixinarios, a perfecta diferenciación dos de nova implantación, a procura da integración e nunca da reinvención e, en todo caso, a reversibilidade de toda a intervención (Lám. XX). Como fondo desta cuestión subxace o problema da conservación do Patrimonio Arqueolóxico, como parte integrante do máis amplo patrimonio cultural, problema tratado en varias convencións internacionais (26), así como reflexado xa na nosa recente lexislación (27). Pero, ademáis, como profesionais somos conscentes da especial indefensión dos xacementos arqueolóxicos, unha vez excavados; é xa un tópico que toda excavación comporta unha destrucción. Emporiso coidamos que éstes deben ser especialmente protexidos despois do proceso de excavación, tentando sempre que sexa posible a restitución dos elementos afectados a consecuencia daquel, así como das estructuras susceptibles de reintegración cos mesmos elementos orixinais atopados. Igualmente coidamos que o arqueólogo debe dar alternativas axeitadas a cada caso. Non cabe dúbida que este patrimonio que nos foi legado, non pode poñerse en perigo ca mera excusa da investigación: unha vez efectuada ésta, o xacemento pode recuperar o seu equilibrio natural, para que aterra

(26) (27)

134

Convenio Europeo para a protección do Patrimonio Arqueolóxico (Consello de Europa) Londres 1969. Ratificado por España en 1975. Este texto é desenrolo do Convenio Cultural Europeo de París, 1954; Convención sobor da protección do Patrimonio Mundial cultural e natural, UNESCO, 1972. Lei 16/85 do Patrimonio Histórico Espafíol, Tít. V., Do Patrimonio Arqueo/6xico.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.