Brigantium13

Page 233

Entre a cidade e a aldea: estudio arqueohistórico dos 'aglomerados secundarios" romanos en Calicia

curso medio-alto do Támega, constituíndo prácticamente o centro xeográfico dunha comarca -val ou tara de Monterrei- moi ben definida tanto física como históricamente. Esta privilexiada ubicación non sería sen embargo razón de abondo para explica-lo xurdimento do núcleo romano se non fose porque tamén funciona como importante enclave de comunicacións terrestres [Fig. 71]. Verín sitúase, en efecto, sobre o trazado dunha importante vía secundaria da rede oficial (ChavesOurense por Xinzo), precisamente na inflexión que nesta ruta se produce cara o NE no punto de paso obrigado que implica o cruzamento do Támega. Tradicionalmente coñecida como "vía do Támega" no seu primeiro tramo (FERNÁNDEZ COSTAS/FUENTES CANAL 1926; TABOADA CHIVITE 1945), o seu trazado non ofrece dúbidas entre Chaves e Verín -marxe leste do río coincidindo grosso modo coa actual estrada C-532-, bolizada por numerosos miliarios 481 . Unha vez atinxido Verín -posibles miliarios da Pza. da Estrela e indeterminado- e franqueado o Támega -miliario ilexible do barrio de San Lázaro-, a calzada continuaría aproximadamente polo percorrido da actual estrada N-550 ata Xinzo, balizada igualmente de abondosos miliarios 482 , cruzando a

481 Son éstes o de Sta. Marta (Vila Frade, Chaves) adicado a Carino (CIL 11 4795; AFFE 405), o ilexible -¿Constantino?- de Tarnaguelos en Verín (IRG IV 49; AFFE 400) e o tamén ilexible do barrio de O Perú a pouco máis de 1 km. ó sur de Verín (TABOADA CHIVITE 1945,126; 1966-68, 192). Outros dous miliarios -o anepígrafo de Rabal (AFFE 545) e o de Delmácio atopado en San Cibrao (AFFE 424)-, malia teren aparecido do outro lado do río (concello de Oimbra), pala súa proximidade-2 kms. o primeiro e 750 mts. o segundo- quizais deban ser considerados aínda como pertencentes á esta mesma ruta. 482 Pazos (Verín): catro miliarios reutilizados como marcos divisorios entre Verín e Monterrei, ún de Claudia 11 en ''As Lagoas" -entre Vilaza e Queizás a 150 mts. do río BúballVilaza(RIVAS FERNÁNDEZ/VEGA PATO 1977, 69-72; AFFE 431), dous anepígrafos (un deles dubidoso) en "Os Padrós" -entre Pazos e Albarellos a carón mesmo da estrada N-550(RIVAS FERNÁNDEZ/VEGA PATO 1977, 72-73; AFFE 426), e outro ilexible e dubidoso en "Seixo Blanco" a 750 mts. Ó norte dos anteriores (RIVAS FERNÁNDEZ/VEGA PATO 1977,73). Rebordondo (Cualedro): ún de Constantino en "Os Mallos" (IRG IV 42; AFFE 423) e outro ilexible (IRG IV 50; AFFE 430). Alto das Estivadas (Cualedro): referencia de varios miliarios nas memorias da viaxe realizada por Cornide en 1765 (RIVAS FERNÁNDEZ/VEGA PATO 1977, 69-70). Pardieiros (Trasmiras): anepígrafo e dubidoso (AFFE 425).

233

vía XVIII á altura de Sandiás para despois dirixirse a Ourense vía Allariz e Taboadela. Optamos por esta proposta de trazado por se-la máis lóxica e mellor probada, malia que a presencia dalgúns outros miliarios na rexión semella suxeri-la existencia doutras ligazóns alternativas entre Chaves e Xinzo (RODRÍGUEZ COLMENERO 1977, 65-69, RIVAS FERNÁNDEZ 1972, 158-165; RIVAS FERNÁNDEZ/VEGA PATO 1977,70). As rutas máis verosímiles a partir de Chaves son a de Calvao (Chaves) -dubidoso miliario anepígrafo (AFFE 433)-, Videferre (Oimbra), A Madalena (Monterrei), Lucenza (Cualedro) -dubidoso miliario anepígrafo de Sta. Marta (AFFE 403bis)-, Gudín (Baltar), Seoane de Oleiros (Xinzo) -miliario de Xuliano (AFFE 403)-, Moreiras (Xinzo) e finalmente o propio Xinzo, ou ben a dun ascenso desde Chaves pola banda occidental do T ámega -miliario anepígrafo de Rabal (AFFE 545), de Delmacio en San Cibrao (AFFE 424) e de Claudio II entre Queizás e Vilaza (AFFE 431)- ata enlazar coa nosa proposta de trazado á altura de Albarellos. Interpretámolos como "atallos" complementarios á ruta principal, probablemente tardíos; supoñen en efecto un camiño máis rápido e directo para aqueles que desde Chaves se dirixan a Xinzo, Ourense ou Lugo, evitando así o innecesario rodeo que implica o paso por Verín. De Verín partirían asemade outros camiños menores da rede comarcal, conferíndolle así non só un papel de mero lugar de paso senón tamén unha certa importancia como pequeno nó viario. O máis claro partiría cara Ó norte polo alto val do Támega -vía Castrelo do Val e Laza- continuando polo curso alto do Arnoia ata enlazar coa vía XVIII á altura de Baños de Molgas, testemuñado por alomenos dous miliarios 483 ; trátase obviamente da metade setentrional da chamada "vía do T ámega" (FERNÁNDEZ COSTAS/FUENTES CANAL

Xinzo de Limia: ún de Galerio (AFFE 421) e outro de Maximino e Máximo (CIL 11 4853; IRG IV 32; AFFE 422) atopado en "un lugar al N de Xinzo de Limia". 483 Miliario de Caro aparecido no muiño da Veiga, en Vilela -a pouco máis de 2 kms. ó norte de Verín- (IRG IV 40; AFFE 398) e miliario anepígrafo de Alberguería (AFFE 543) en Vilar de Barrio.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.