http://digital.csic.es/handle/10261/51493 Programa- reunión científica
Resumo A reunión científica “Do obradoiro ó corpo: o metal como expresión de poder na protohistoria doNoroeste” é unha iniciativa do proxecto de investigación do mesmo título, financiado polo Programa de Promoción Xeral da Investigación da Xunta de Galicia. Este proxecto, liderado polo Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, conta coa participación de nove investigadores pertencentes ó CSIC, a Universidade de Durham e a Universidade de Coimbra. O obxectivo desta reunión é presentar á comunidade científica, e a todo o público interesado, o traballo realizado ata a data, situándoo no contexto de discusión máis amplo que proporcionan varios participantes convidados.
Información adicional Se desexa ampliar a información sobre este evento, pode contactar ó Dr. Xosé‐Lois Armada, organizador do mesmo, a través do correo electrónico xose‐lois.armada@incipit.csic.es