Observa-Acción IES A Cachada, curso 2022/23

Page 1

“Observa Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2022/23 e 2023/24 no IES A Cachada.

I. Introdución

II. Formación e innovación nos últimos anos.

III. Xustificación para o curso 2022/2023

1. Motivación para participar

2. Xustificación da elección de polo menos unha das liñas de traballo do plan anual.

3 Contexto educativo

4. Participación en actividades de divulgación (xornadas ou encontros) organizadas pola Rede de Formación do profesorado ou outras entidades, nas que se dean a coñecer as boas prácticas educativas ou de innovación levadas a cabo no centro

IV. Experiencias, premios e participación en proxectos institucionais

Anexo: Participantes.

1. Equipos directivos.

2. Docentes: Especialidade e materias impartidas no presente curso

3 Porcentaxe de participación do claustro no proxecto

Proxecto Observa Acción IES A Cachada, Boiro Curso 2022/23
Índice
1

O IES A Cachada é un instituto de ESO de Boiro con 398 alumnas e alumnos. Temos unha longa tradición no traballo en proxectos orientados á renovación pedagóxica e á integración de contidos baixo unha perspectiva STE(A)M Deste enfoque dan conta os recoñecementos que levamos nas áreas de innovación lingüística (premios Proxecta), científico-técnica (premios en Robótica, canguros e olimpíadas matemáticas), artística (premios audiovisuais), didáctica (premio Innovagal 22 e EducaCompostela 22), e a nosa participación en proxectos comunitarios (festival de cine Olloboi, Espazo-Familias, colaboración anual co Centro de Día).

Forma parte da nosa filosofía intercambiar coñecemento e achegármonos a outras prácticas educativas: participamos en dinámicas de plurilingüismo (accedemos en varias ocasións ó plan PIALE), fixemos job-shadowing de prácticas innovadoras a través dun Erasmus KA101 ("Profesorado competente desde a perspectiva STEM", coordinado polo CAFI, no que analizamos aulas de Italia, Bruxelas, Finlandia e Irlanda, e de resultas de cuxo traballo obtivemos un selo de calidade na European Schoolnet-); coordinamos un Erasmus KA102 baseado no activismo climático desde a investigación e comunicación científica (“Green new school”). Xa participamos no programa Observa_Acción (cursos 2017/18 e 2018/19): foi unha experiencia excelentemente valorada pola nosa comunidade educativa e gustaríanos repetila.

II Formación e innovación nos últimos anos Consecución de obxectivos, implicación do claustro, avaliación do proceso realizado a nivel de centro

No afán de intentar que a comunidade educativa se implique o máximo, intentamos desenvolver proxectos interdisciplinares o máis vivos e actualizados posible en cada curso Estes proxectos son coordinados e avaliados polos departamentos de Extraescolares, EDL, Orientación e Biblioteca.

Dadas as limitacións de espazo, non cabe unha descrición exaustiva de cada programa na redacción deste proxecto Pode comprobarse na documentación achegada á Administración que en cada liña foron conseguidos os obxectivos e fíxose a correspondente avaliación por parte do Claustro e Consello Escolar, obtendo sempre unha retroalimentación moi positiva.

Mostra da calidade e repercusión dos produtos elaborados en cada proxecto son os recoñecementos, premios e mencións en prensa que fomos conseguindo ó longo dos anos, e dos que facemos escolma no apartado IV.

Proxecto Observa Acción IES A Cachada, Boiro Curso 2022/23
I. Introdución
2

2022/ 23 Unha liña: Actualización Dixital en ferramentas TAC e avaliación por competencias

2021/ 22 Cinco liñas: - Ecolingüismo

- Sostibilidade

- Biblioteca

- Plan Dixital

- Convivencia

2020/ 21 Dúas liñas: - STEM - Convivencia

2019/ 20 Dúas liñas: - STEM - Convivencia

- CP Innova

- CP Inclúe Innovación en Dinamización Lingüística Sección Francés

Plurilingüismo

Si

- CP Innova

- CP Inclúe

Innovación en Dinamización Lingüística

Plurilingüe + Seccións Francés

Si

-

- Excelencia

- Convive

- Excelencia

- Convive

- Quérote+

- Apúntome a non beber

Plurilingüe + Seccións Francés

Plurilingüe + Seccións Francés

- KA101 Erasmus STEM (partic )

KA102-Green New School (organiz )

2018/ 19 Grupo Traballo e Seminario - Excelencia

- Convive

2017/ 18 Grupo Traballo e Seminario - Excelencia

- Convive - TÍCaras

- Faite eco do lóxico

- Deporte na Cachada

- Apúntome a non beber

- Quérote+

Plurilingüe + Seccións Francés

- KA101 Erasmus STEM (participación)

-

2016/ 17 Grupo Traballo e Seminario - Excelencia - Convive

2015/ 16

-

Mirando polo camiño Seccións Inglés e Francés

- Convive - Aprendo programando - Meteoescolas

- Excelencia

- Erasmus Tell me about famous people (participación)

Proxecto Observa Acción
A Cachada, Boiro Curso 2022/23
IES
PFPP Contr.-Prog. Plan Proxecta Linguas PLAMBE Erasmus
Seccións Inglés e Francés 3

III. Xustificación para o curso 2022/2023

III.1. Motivación para participar: Intereses, obxectivos e necesidades para realizar a observación de aulas e para a observación entre membros dos equipos directivos (Fases 2, 3 e 4).

Cando participamos no Observa_Acción a primeira vez elaboramos unha serie de rúbricas que nos resultaron de gran utilidade para autoavaliar a nosa práctica docente Froito daquel traballo iniciamos dous Erasmus e comezamos a traballar no Club de Ciencia e Espazo Maker, proxectos que se manteñen a día de hoxe Tamén consolidamos dinámicas de traballo virtual a través de Google Classroom, onde mercamos suscrición á suite educativa.

Pasaron cinco anos, e neles houbo un cambio lexislativo significativo e unha pandemia. Sentimos que é momento de volver facer esa autoavaliación e de actualizar a nosa práctica docente de acordo coas novas contornas virtuais e as iniciativas oficiais remozadas (Polos Creativos, novos Contrato Programa…)

Unha óptica que no 2017 non contemplabamos era a da Arquitectura Pedagóxica, e a pandemia veu dar un mazazo neses alicerces. En calquera caso, xa nas observacións de entón fomos quen de entender a importancia que teñen os espazos físicos sobre a docencia, e hoxe sabemos que un punto débil no IES A Cachada é que hai insuficientes áreas de convivencia cubertas, que carecemos de aula de usos múltiples, e que non temos un espazo maker-STEAM adecuado Como resolven estas deficiencias noutros centros?

Como Equipo Directivo interésanos ver prácticas educativas baseadas en espazos e agrupamentos flexibles (xa está acontecendo en institutos galegos como o IES Valadares, Vigo). No IES A Cachada temos un gran potencial humano grazas a dinámicas de traballo consolidadas (obradoiros extraescolares, proxectos interdisciplinares, Biblioteca, espazo-familias), e gustaríanos ver proxectos nos que dar cumprimento a ese potencial

Por último, toda a comunidade educativa está inmersa nun proceso de concienciación ambiental, e reducir o consumo de enerxía é un dos nosos obxectivos. Como Equipos Directivos interésanos ver que dinámicas de aforro se practican noutros centros.

Dado que na nosa organización curricular se contempla o traballo en equipo vía apoio na aula e outras prácticas interpares, acolleríamonos á opción de poder saltar a fase 1 se fose posible

Proxecto Observa Acción IES A Cachada, Boiro Curso 2022/23
4

III.2.

Xustifación da elección de polo menos unha das liñas de traballo do plan anual

1. Competencia dixital: Analizar a competencia dixital dos diferentes sectores da comunidade educativa.

● Xustificación: actualmente o noso instituto comeza un PFPP de formación para indagar en estratexias de aprendizaxe coas TACs e integración nas contornas virtuais de aprendizaxe virtual O noso foi un instituto que en pandemia funcionou moi ben porque toda a comunidade estabamos traballando con Google Classroom. O paso á aula virtual de Moodle levanta recelos e precisamos observar o xeito en que outros centros a manexan para atopar prácticas atractivas (alén do estritamente necesario). É un dos obxectivos do noso Plan Dixital de centro

● Proposta de cambios ou melloras concretas:

○ Analizar e mellorar o PersonalLearningEnvironmentda escola e o Portfolio de Competencia Dixital do profesorado

○ Consolidar dinámicas de traballo por proxectos baixo a perspectiva STE(A)M.

○ Visibilizar e reducir a fenda de xénero nas iniciativas científico-técnicas.

○ Analizar a pertinencia da transición a Abalar

○ Preparar ó alumnado para os novos roles profesionais (ver informe FEUGA 2020/30).

○ Revisión e dinamización do programa de Polos Creativos/Espazo maker Temos un proxecto consolidado que actualmente está parado por renovación do cadro claustral

2. Competencia didáctica: Deseño e desenvolvemento dos novos currículos conforme os principios do Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA).

● Xustificación: no curso 2019/20, comezamos formar parte do PLAMBE para revitalizar e redirixir a traxectoria da biblioteca escolar, dispoñendo de recursos e formación. A integración no PLAMBE supuxo un punto de inflexión na xestión e dinamización da mesma. Valoramos o traballo feito pero queremos seguir mellorando e aprendendo dos centros que son referencia neste eido e que conseguen vertebrar distintos proxectos interdisciplinares centrifugando novas metodoloxías educativas. A adquisición de competencias debe ser un piar fundamental da práctica educativa e da integración do alumnado na súa diversidade

● Proposta de cambios ou melloras concretas:

○ Consolidar a aprendizaxe por proxectos.

○ Implentar con exemplos concretos o traballo interdisciplinar dende as diferentes materias.

Proxecto Observa Acción IES A Cachada, Boiro Curso 2022/23
5

○ Dotar de ferramentas e recursos á biblioteca escolar para fomentar prácticas educativas innovadoras.

○ Estender o traballo colaborativo

○ Habilitar máis espazos dinámicos de aprendizaxe (este curso renovamos e cambiamos a distribución do mobiliario da biblioteca escolar).

○ Avanzar na consolidación da biblioteca como laboratorio de aprendizaxes.

○ Mellorar a integración do alumnado en canto a espazos e recursos presentes no centro

○ Seguir traballando na liña de mediación escolar e titorías entre iguais (inclusión e convivencia).

3 Competencia en Innovación e investigación.

● Xustificación: do contexto da covid xurde o Plan de Arquitectura Pedagóxica desenvolvido pola Consellería de Educación, no que se enmarcan as propostas de mellora para o noso centro relativas ao espazo educativo, ás súas instalacións e equipamentos. Por outra banda, o cambio climático é unha realidade cada vez máis presente no noso día a día e, neste sentido, faise constar a relevancia de levar a cabo estratexias de desenvolvemento sostible que impliquen e sensibilicen, á súa vez, á comunidade educativa.

● Proposta de cambios ou melloras concretas:

○ Dotar o centro dunha pasarela exterior (porche cuberto) que garanta un tránsito entre os distintos espazos do recinto escolar resgardado das inclemencias climatolóxicas.

○ Acondicionar un espazo (de nova creación ou ben a partir da remodelación dos existentes) como sala polivalente ou de usos múltiples que cubra a necesidade dun salón de actos no centro (na actualidade non conta con el), que poida acoller a toda a comunidade educativa cando sexa preciso e permita o desenvolvemento de actividades extracurriculares e interdisciplinares.

○ Procurar a eficiencia nas instalacións, levando a cabo traballos de conservación e mantemento da cuberta e das baixantes de pluviais.

○ Facer do noso instituto un axente de cambio na contorna, tomando como exemplo arquitectónico o noso módulo de bioconstrución e como exemplo de traballo o noso modelo cooperativo, interdisciplinar, plural e comprometido Módulo de bioconstrución a escala real (3m x 2m), a nosa “Casiña dos Maios”.

○ Analizar e deseñar estratexias de combate ante as consecuencias medioambientais, sociais, culturais e económicas da globalización.

○ Crear proxectos de tipo handsone prototipado nos que se aplique o aprendido nas aulas e viceversa: extraer conclusións teóricas a partir de proxectos de

Proxecto Observa Acción IES A Cachada, Boiro Curso 2022/23
6

metodoloxía manipulativa.

○ Coñecer e establecer contacto con outros Clubs de Ciencia, indagando na posibilidade de crear unha rede intercentros.

5 Competencia comunicativa.

● Xustificación: somos un centro inmerso en programas plurilingües desde o curso 2010 Participamos en tres Erasmus e varios intercambios escolares con centros da Bretaña Francesa; temos Seccións bilingües en inglés e francés e estamos inmersos na aprobación dun proxecto de Tratamento Integrado de Linguas (TIL).

● Proposta de cambios ou melloras concretas:

○ Elaborar e poñer en práctica o TIL.

○ Abrir a optativa de Lingua portuguesa o curso que vén e, en xeral, reforzar os valores da lusofonía no centro

○ Mellorar o nivel de competencia oral a través do podcasting.

○ Erasmus KA1: solicitude.

III 3 Contexto educativo

Como indicamos anteriormente, o centro está inmerso nun PFPP centrado en actualización dixital do profesorado e avaliación por competencias empregando ferramentas TAC Foi un dos obxectivos acordados no curso pasado trala creación do Plan Dixital, no que este ano estamos traballando un equipo interdisciplinar

Estamos dentro do programa Polos Creativos, se ben a renovación case total do noso cadro de Claustro ten as actividades moi ralentizadas.

Como en cursos anteriores, os proxectos interdisciplinares canalízanse a través de dous contratos programa. O máis relacionado con esta solicitude é o CP Innova, no que traballamos nas seguintes liñas:

● EduExcelencia: que solicitamos para desenvolver o noso STARgal, unha celebración STEAM das Letras Galegas que leva celebrándose 6 anos no centro e que implica a todo o alumnado Foi premiado en diversas iniciativas oficiais: Innovación en Dinamización

Lingüística, EducaCompostela…

● EduSostibilidade: plan no que traballamos a conciencia medioambiental no centro Cabe salientar que un dos proxectos ambientais, concretamente o BoiHaus (sobre Bioarquitectura e patrimonio local) vén de acadar o 1º premio Educacompostela, aínda por fallarse

Proxecto Observa Acción IES A Cachada, Boiro Curso 2022/23
7

Outras formas de traballar a interdisciplinariedade son o PLAMBE e os Proxectas. Este ano fomos un dos 20 institutos aceptados no Proxecta de Innovación en Dinamización Lingüística. Trataremos a temática dos incendios forestais.

III 4 Participación en actividades de divulgación (xornadas ou encontros) organizadas pola Rede de Formación do profesorado ou outras entidades, nas que se dean a coñecer as boas prácticas educativas ou de innovación levadas a cabo no centro

Todos e cada un dos nosos proxectos teñen reflexo nas nosas redes sociais: Youtube, Facebook, Twitter, Instagram, TikTok, etc A web do centro está sempre actualizada no tocante a estas propostas. Todo o anterior nutre a presencia social do centro na comunidade, e fainos dispoñibles a calquera actividade de divulgación á que nos convoquen.

Temos colaborado na revista educativa EDUGA e en blogs de educación como o European Schoolnet, explicando a natureza dos proxectos STEM

A profesora Ana Moreiras participou en charlas de divulgación de diferentes recoñecementos ou actividades:

● Educacompostela 2017 polo proxecto STARgal (audiovisual e robótica).

● PIALE 2019, charlas formativas para novos participantes.

● Xornadas LGTx15 para normalización da lingua galega.

Proxecto Observa Acción IES A Cachada, Boiro Curso 2022/23
8

IV Experiencias, premios e participación en proxectos institucionais

A continuación facemos unha listaxe dos últimos cursos, con enlace ás referencias pertinentes.

● Curso 2021/22

○ 2º Premio INNOVAGAL de compromiso coa innovación educativa (por STARgal)

○ 1º Premio OUFF Escola

● Curso 2019/20

○ 1º Premio Senda dos Faros, curta "Sálvora".

○ Finalista da convocatoria Lingua Rodada coa curta Sabela

● Curso 2017/18

○ 3º Premio Proxecta á Innovación Educativa

○ 1º premio certame curtas Alberte Romero, con "Máis che vale non ser ti". Finalistas con "Ruta Translatio".

● Curso 2016/17

○ 1º Premio EducaCompostela (por STARgal.)

○ Premio Olloboi ó mellor guión ("MIA").

○ Participación no EpDLab ("Educación para o desenvolvemento", aprobado para 5 centros educativos, e conducido por Agareso e Gingko)

● Curso 2015/16

○ 1º premio de Innovación en Dinamización Lingüística (por STARgal-Teatro),

○ Participación con stand propio no XII Encontro de Embarcacións Tradicionais, coa instalación AquaeCultura (aplicacións App Inventor, curtas, instalación con lixo, instalación didáctica en tanque de auga).

○ Premio Olloboi ó mellor guión ("Máis che vale non ser ti").

○ Finalistas nas Olimpíada Matemática Galega

○ Recoñecemento a Boas prácticas educativas en Eduga por Fasquía do Proxecta Fotografía en Curso

○ 1º premio de Robótica Igaciencia.

● Curso 2014/15

○ 1º premio Recíclate con Sogama

○ Finalistas na Olimpíada Matemática Galega

○ 1º premio concurso Robótica Igaciencia

● Curso 2013/14

○ Premio Olloboi Peleón ("DesPrestige, DesEducacción").

○ Mellores clasificados en Canguro Matemático España e EsTalMat

○ 1º premio Robótica Igaciencia.

Proxecto Observa Acción IES A Cachada, Boiro Curso 2022/23
9

● Curso 2012/13

○ Recoñecemento a Boas prácticas educativas en Eduga por Amores Prohibidos 2.0, un proxecto transmedia dirixido pola compañía de teatro Chévere

○ Premio GSD Innova por Encontros multiculturais IES A Cachada - ONGD ConTacto (blog, vídeo, link da Consellería).

○ Premios CreArte de alfabetización audiovisual por Amores Prohibidos.

○ 3º premio de Robótica Igaciencia.

● Curso 2011/12

○ Campus vivencial sostible Eduemprende: unha formación experiencial sobre o mundo empresarial dirixido a estudaantes. Proxecto desenvolvido desde a Consellería de Economía e Industria a través do BIC Galicia.

Proxecto Observa Acción IES A Cachada, Boiro Curso 2022/23
10

Anexo: Participantes

1. Equipos directivos.

Cargo Nome e apelidos Materias DNI

Directora Luisa Rodríguez Queiruga Lengua Castelá 4º ESO

Secretaria Digna Vidal Lampón Física e Química 3º e 4º ESO

2. Docentes: Especialidade e materias impartidas no presente curso

76967254P

76777612R

Nome e apelidos Especialidade Materias DNI

Ana Fernández Moreiras Tecnoloxía Tecnoloxía 1º ESO Ed. Dixital 3º ESO TIC 4º ESO

Flor Domínguez Martínez Tecnoloxía Tecnoloxía 1º ESO Tecnoloxía 2º ESO Tecnoloxía 4º ESO

Gloria Santos Molinos Bioloxía e Xeoloxía Bioloxía e Xeoloxía (+1h Libre Disposicón) 1º ESO Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO Cultura Científica 4º ESO

Alba Pérez Argibay Xeografía e Historia Cultura Clásica 3º ESO Cultura Clásica 4º ESO Xeografía e Historia 4º ESO

Carmen Rodríguez Varela Galego Galego 1º ESO Galego 4º ESO

Iria Brandariz Otero Matemáticas Matemáticas 1º ESO Matemáticas 4º ESO

Margarita Chamorro Lengua Española Lengua Castelá 2° ESO

3 Porcentaxe de participación do claustro no proxecto: 22.5%

77596594E

33282107A

53481403D

35483363K

33262143A

46908722S

76816503E

Curso 2022/23
Proxecto Observa Acción IES A Cachada, Boiro
11

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Observa-Acción IES A Cachada, curso 2022/23 by Ana moreiras - Issuu