Caderno Formación Profesional Básica 2016

Page 1

A FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

2016 IES A SARDIÑEIRA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Mónica Diz Besada


Departamento de Orientación do IES A Sardiñeira__Mónica Diz Besada

QUE É A FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA? Unha parte das ensinanzas da Formación Profesional do sistema educativo que incluirá unidades de competencia de nivel 1 dun perfil profesional. CANTO DURA UN CICLO DE FP BÁSICA? Un total de 2000 horas repartidas en 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual poderán durar ata 3 cursos. QUE TITULACIÓN SE ACADA E QUE SAÍDAS TEN? Ao rematar obtense o título profesional básico. Inclúen ao menos unha cualificación profesional básica completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Co título de FP Básica poderase acceder a :  Ciclos de FP de Grao Medio (no perfil de cada título indícase os ciclos con preferencia de acceso).  Proba de avaliación final de ESO para obter o título de Graduado en Secundaria, pola opción de ensinanzas académicas ou aplicadas.  Inserción no mercado laboral de xeito cualificado. O título de FP Básica ten os mesmos efectos laborais que o título de ESO e capacita para levar a cabo funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.  Certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional da mesma familia profesional (Existen 5 niveis de cualificación profesional). CALES SON OS REQUISITOS PARA ACCEDER A UN CICLO DE FP BÁSICA: Hai que cumprir todos os seguintes requisitos: - Cumprir os 15 ou 16 anos no ano de comezo do programa. - Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso. - Ser proposto/a polo equipo docente. - Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais. De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:   

Que teñan 17 anos e non estivesen escolarizadas no curso escolar anterior, ou que teñan 18 ou 19 anos, ou que fagan 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo. Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos. Estas persoas deberán presentar a solicitude de admisión nos prazos establecidos para a oferta obrigatoria e, de existir máis solicitudes que prazas, asignaranse as prazas seguindo o criterio de menor a maior idade.

O ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS (NEE) Poderá:  Solicitar flexibilización modular: Temporalización distinta ou cursar o ciclo de xeito fragmentado.  Cursar programas específicos adaptados ás súas necesidades. 2


Departamento de Orientación do IES A Sardiñeira__Mónica Diz Besada

QUE TIPO DE MÓDULOS SE ESTUDAN NA FP BÁSICA? - Módulos asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. - Módulos asociados a bloques comúns:  Módulo de comunicación e Sociedade I e II (Lingua Galega, Lingua Castelá, Inglés e Ciencias Sociais)  Módulo de Ciencias Aplicadas I e II (Matemáticas e Ciencias Aplicadas ao contexto persoal e ao campo profesional)  Módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT)  Titoría semanal.

TITORÍA SEMANAL: Cada grupo contará cun titor/a e cunha hora de titoría semanal onde se traballarán os seguintes temas: - Técnicas de estudo - Resolución de conflitos - Autoestima e responsabilidade - Habilidades comunicativas - Traballo en grupo - Orientación académica e profesional

Poderase organizar a docencia de cada ciclo formativo de forma compartida entre dous centros, de maneira que os módulos asociados a unidades de competencia se impartan nun centro, que será o centro de referencia, e o resto dos módulos noutro centro, que será o centro asociado. O alumnado pertencerá, para os efectos académicos e administrativos, ao centro de referencia.

  

-

A AVALIACIÓN: Poderase permanecer cursando o ciclo durante catro anos. Poderase repetir unha soa vez cada un dos cursos. Para promocionar haberá que superar todos os módulos ou cando os módulos profesionais asociados a unidades de competencia pendentes non superen o 20 % do horario semanal, con todo, deberá matricularse dos módulos profesionais pendentes de primeiro curso. A avaliación realizarase por módulos e haberá duas convocatorias anuais para a superación dos módulos.

3


Departamento de Orientación do IES A Sardiñeira__Mónica Diz Besada

QUE HAI QUE FACER PARA MATRICULARSE? Ao inicio do mes de setembro hai que preguntar nun centro de secundaria ou consultar no portal educativo edu.xunta.es/fp as datas exactas de cada curso académico. Os prazos do curso pasado (2015/2016) foron os que se sinalan a continuación:

PRAZOS DO CURSO PASADO     

Presentación de solicitudes: Do 1 ao 10 de setembro ata as 13´00h. Entrega do consentimento dos pais de incorporación a FP Básica no centro de orixe (anexo IV): antes do 9 de setembro. Publicación da listaxe de admitidos: 11 de setembro Prazo de reclamación contra as listaxes ante a dirección do centro: 14 e 15 de setembro Matrícula: Entre o 11 e o 18 de setembro.

LUGAR DE SOLICITUDE O alumno ou a alumna que fosen propostos/as para realizar un ciclo de formación profesional básicaque deberán unha únicaNo solicitude de admisión e matrícula, Nos centros ofertenpresentar ciclos de FP Básica. caso de que a docencia do ciclo se na secretaría do centro en que pretendan ser admitidos/as en primeira opción. organice en dous centros, a solicitude deberá entregarse no centro onde se No caso de queosa módulos docenciaasociados do ciclo sea organice centros, de xeito que nun centro impartan unidadesen dedous competencia. se impartan os módulos asociados a unidades de competencia e o resto dos módulos noutro centro, a solicitude deberá presentarse no centro onde se impartan os módulos asociados a unidades de competencia.

DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE:

(Pide a documentación no teu centro)      

Anexo I: Impreso de solicitude asinado polo solicitante ou polos titores legais no caso de ser menor de idade. Anexo II: Consello orientador asinado polo titor, orientador e Director do centro de orixe. Anexo III: Consentimento asinado polo pai/ nai / titor/a legal do alumno para cursar estas ensinanzas (entrégase no centro de orixe) Anexo IV: Comunicación de incorporación á FP Básica de que foi proposto polo equipo docente, asinada polo Director do centro de orixe. Certificado de discapacidade (se procede). Copia DNI ou NIE, en caso de non dar consentimento para comprobación de datos.

 4


Departamento de Orientación do IES A Sardiñeira__Mónica Diz Besada

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PLAZAS

 

 

Nº de prazas por ciclo: 20, das cales 2 serán reservadas para o alumnos que teñan recoñecida unha discapacidade. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de existir maior número delas que de postos escolares dispoñibles, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade: - Alumnado que cursase 2º de ESO. - Alumnado que cursase 3º de ESO. - Alumnado que cursase 4º de ESO. Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade. En caso de empate entre varias persoas solicitantes por un mesmo posto escolar e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza de formación. Se logo de aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o procedemento e o resultado do sorteo que anualmente realiza a consellería con competencias en educación para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. Resultado do sorteo 2016: - Letras primeiro apelido: ¨H¨ e ¨C¨ - Letras segundo apelido: ¨E¨ e ¨A¨

5


Departamento de Orientación do IES A Sardiñeira__Mónica Diz Besada

21 PERFILES PROFESIONAIS Administración e xestión: CBADG01 - Servizos administrativos Agraria: CBAGA01 - Agroxardinaría e composicións florais CBAGA02 - Actividades agropecuarias CBAGA03 - Aproveitamentos forestais Artes gráficas: CBARG01 - Artes gráficas Comercio e márketing: CBCOM01 - Servizos comerciais Electricidade e electrónica: CBELE01 - Electricidade e electrónica Edificación e obra civil: CBEOC01 - Reforma e mantemento de edificios Fabricación mecánica: CBFME01 - Fabricación e montaxe Hostalaría e turismo: CBHOT01 - Cociña e restauración CBHOT02 - Aloxamento e lavandaría Informática e comunicacións: CBIFC01 - Informática e comunicacións CBIFC02 - Informática de oficina Imaxe persoal: CBIMP01 - Peiteado e estética Industrias alimentarias: CBINA01 - Industrias alimentarias Madeira, moble e cortiza: CBMAM01 - Carpintaría e moble Marítimo-pesqueiras: CBMAP01 - Actividades marítimo-pesqueiras Téxtil, confección e pel: CBTCP01 - Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel CBTCP02 - Tapizaría e cortinaxe Transporte e mantemento de vehículos: CBTMV01 - Mantemento de vehículos Vidro e cerámica: CBVIC01 - Vidraría e olaría

6


Departamento de Orientación do IES A Sardiñeira__Mónica Diz Besada

Na zona de A Coruña Curso 15/16

OFERTA DE CICLOS DE FP BÁSICA NA ZONA DE A CORUÑA CONCELLO

CÓDIGO DO CENTRO

CENTRO

CÓDIGO DO CICLO

PERFIL PROFESIONAL

Nª PRAZAS

A CORUÑA

15004204

IES Calvo Sotelo

15005269 15005397

IES Urbano Lugrís IES Fernando Wirtz Suárez CIFP Someso

CBARG01 CBMAM01 CBFME01 CBELE01 CBIFC01

Artes Gráficas Carpintaría e moble Fabricación e montaxe Electricidade e electrónica Informática e comunicacións Fabricación e Montaxe Centro asociado -15027770 IES A Sardiñeira Mantenemento de vehículos Centro asociado –15027770 IES A Sardiñeira Peiteado e estética Centro asociado - 15005579 IES Plurilingüe Elviña Aloxamento e lavandaría Centro asociado - 15005269 IES Urbano Lugrís Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel Centro asociado - 15005269 IES Urbano Lugrís Servizos Comerciais

20 20 20 20 20

Informática e comunicacións Servizos administrativos Servizos administrativos

20

15024513

CBFME01

CBTMV01

CBIMP01

150278997

CIFP Paseo das Pontes

CBHOT02

CBTCP01

15004794 15004356

15004782

15005385

CPR Fogar de Santa Margarita CPR Nebrija Torre de Hércules CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha CEE María Mariño

CBCOM01 CBIFC01 CBADG01 CBADG01

CBARG50

CBAGA51

CULLEREDO

OLEIROS

15005749

15027228

IES Universidade Laboral

IES María Casares

CBMAP01 CBELE01 CBFME01 CBELE01

PFB Reprografía (Programa adaptado para alumnos con NEE) PFB Xardinaría e viveirismo (Programa adaptado para alumnos con NEE) Actividades marítimo pesqueiras Electricidade e electrónica Fabricación e montaxe Electricidade e electrónica

20

20

40

20

20

20

20 20

20 20 20 20

7


Departamento de Orientación do IES A Sardiñeira__Mónica Diz Besada

CONTIDOS DOS PERFILES DE FP BÁSICA OFERTADOS NA ZONA DE A CORUÑA 1. Actividades marítimo pesqueiras: Que se aprende a facer? Realizar actividades básicas de navegación e pesca, e de servizo na sala máquinas de buques de pesca, operando coa calidade indicada, observando as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? A bordo de buques de pesca e auxiliares de acuicultura. Que ocupacións desempeñan? Mariñeiro/a de máquinas; mariñeiro/a de ponte; mariñeiro/a de pesca; mariscador/ora a flote. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Horas Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Mantemento de equipamentos auxiliares en barcos de pesca 267 Mantemento de motores en barcos de pesca 204 Seguridade e primeiros auxilios en barcos de pesca 58 Actividades en cubertas de barcos de pesca 135 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Formación en centros de traballo 320 Pesca con artes de enmalle e marisqueo 135 Pesca con palangre, arrastre e cerco 141 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. Que título se obtén? Título profesional básico en Actividades marítimo-pesqueiras. A que outros estudos se pode acceder? Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: - Edificación e obra civil - Electricidade e electrónica - Enerxía e auga - Fabricación mecánica - Industrias extractivas - Informática e comunicacións - Instalación e mantemento - Madeira, moble e cortiza - Marítimo-pesqueira - Química - Transporte e mantemento de vehículos 8


Departamento de Orientación do IES A Sardiñeira__Mónica Diz Besada

2. Aloxamento e lavandería: Que se aprende a facer? Realizar con autonomía a limpeza e posta a punto das habitacións en aloxamentos turísticos ou doutra índole, e das súas áreas comúns, coidando o bo estado das instalacións e da moblaxe, así como realizar as operacións de clasificación, lavado e limpeza de artigos téxtiles en instalacións industriais, asistindo nos procesos de servizo e atención á clientela, seguindo os protocolos de calidade establecidos, cumprindo as normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? Actividade habitualmente por conta allea en hoteis ou outro tipo de aloxamentos turísticos, e en residencias escolares, de maiores, sanitarias, etc., así como en empresas de servizos de atención a colectividades, e en lavandarías industriais e de proximidade. Que ocupacións desempeñan? Camareiro/a de pisos, en establecementos de aloxamento turístico, en calquera tipoloxía, modalidade ou categoría; valet ou mozo/a de habitacións; auxiliar de pisos e limpeza; auxiliar de lavandaría e lenzaría en establecementos de aloxamento; operador/ora de máquinas lavadoras e secadoras de pezas; operador/ora de máquinas e equipamentos de pasada do ferro a pezas. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Horas Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Lavado e secado de roupa 117 Materiais e produtos téxtiles 88 Pasada do ferro e embolsamento de roupa 116 Posta a punto de habitacións e zonas comúns en aloxamento 208 Atención á clientela 58 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Formación en centros de traballo 320 Lavandaría e mantemento de lenzaría no aloxamento 263 Preparación e montaxe de materiais para colectividades e catering 90 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. Que título se obtén? Título profesional básico en Aloxamento e lavandaría. A que outros estudos se pode acceder? Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: - Hostalaría e turismo - Imaxe persoal - Industrias alimentarias

9


Departamento de Orientación do IES A Sardiñeira__Mónica Diz Besada

3. Arranxos e reparación de artigos textiles e de pel: Que se aprende a facer? Realizar operacións de arranxo, adaptación e mantemento de pezas de vestir, roupa de fogar e complementos de decoración e de pel, ademais da reparación de calzado e marroquinaría, así como a realización de actividades complementarias de gornicionaría e, de ser o caso, de duplicación de chaves, en comercios de proximidade ou en instalacións industriais, conseguindo produtos en condicións estética e acabados, operando coa calidade indicada requirida, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? Actividades de xeito autónomo ou por conta allea en pequenas empresas ou talleres artesáns dedicados á reparación de calzado e marroquinaría, así como en talleres de confección e arranxo de pezas de vestir, roupa de fogar, complementos de decoración téxtiles e de pel, ou en pequenas empresas que realicen arranxos neste tipo de artigos tanto a comercios de moda como a clientela final. Que ocupacións desempeñan? Zapateiro/a reparador/ora de calzado; axudante de reparación de calzado; reparador/ora de artigos de marroquinaría; axudante de marroquinaría; gornecioneiro/a; marroquineiro/a artesanal; costureiro/a á man ou con máquina doméstica; costureiro zurcidor/ora; modista de arranxos e composturas; operario/a de confección; operario/a de modistaría. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Horas Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Confección de artigos téxtiles para decoración 204 Reparación de artigos de marroquinaría e creación de pequenos artigos 175 de Reparación de calzado e actividades complementarias 150 Arranxos e adaptacións en pezas de vestir e roupa de fogar 265 Atención á clientela 58 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Formación en centros de traballo 320 Materiais e produtos téxtiles 88 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. Que título se obtén? Profesional básico en Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel. A que outros estudos se pode acceder? Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: - Administración e xestión - Artes gráficas - Comercio e márketing - Téxtil, confección e pel - Vidro e cerámica 10


Departamento de Orientación do IES A Sardiñeira__Mónica Diz Besada

4. Artes Gráficas: Que se aprende a facer? Realizar traballos de reprografía e operacións básicas de apoio á produción, a manipulación e a finalización de produtos gráficos, con autonomía, responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas ambientais e de seguridade e hixiene no traballo vixentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? Actividades por conta allea en departamentos de preimpresión, impresión, encadernación, manipulacións e transformacións en pequenas, medianas ou grandes industrias gráficas con niveis organizativos e tecnolóxicos moi diversos. Ademais, poden exercer a súa actividade por conta propia en pequenas empresas de reprografía, ou por conta allea en empresas de artes gráficas, de multiservizos gráficos e de comunicación gráfica e visual, así como en departamentos específicos de reprografía de calquera tipo de organización. Intégrase xeralmente nun equipo de traballo, onde desempeña as súas funcións seguindo instrucións recibidas e baixo a supervisión directa dunha persoa responsable. Que ocupacións desempeñan? Operario/a de reprografía; operario/a de acabamentos de reprografía; auxiliar técnico/a de máquinas e equipamentos de produción gráfica; auxiliar de taller en industrias gráficas; axudante de máquinas e equipamentos de produción gráfica; auxiliar de máquinas e equipamentos de produción gráfica; operario/a de manipulacións de papel, cartón e outros materiais; operario/a de oficios auxiliares de papel, cartón e outros materiais; manipulador/ora de produtos de xigantografía; peón da industria gráfica. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Horas Acabamentos en reprografía e finalización de produtos gráficos 177 Atención á clientela 58 Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Informática básica aplicada en industrias gráficas 117 Traballos de reprografía 177 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Formación en centros de traballo 320 Manipulacións en industrias gráficas 164 Operacións de almacén en industrias gráficas 90 Operacións de produción gráfica 157 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. Que título se obtén? Título profesional básico en Artes Gráficas. A que outros estudos se pode acceder? Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: - Administración e xestión - Téxtil, confección e pel - Artes gráficas - Vidro e cerámica - Comercio e márketing 11


Departamento de Orientación do IES A Sardiñeira__Mónica Diz Besada

5. Carpintaría e moble: Que se aprende a facer? Realizar operacións básicas de fabricación, instalación e montaxe de elementos de carpintaría e moble, mecanizando madeira e derivados, acondicionando superficies, aplicando produtos de acabamento e auxiliando nos procesos de tapizado, colaborando na elaboración de produtos coa estética e os acabamentos requiridos, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? En pequenas, medianas e grandes empresas, por conta allea ou propia, dedicadas á fabricación e á instalación de elementos de carpintaría e moble, así como á aplicación de produtos de acabamento e tapizado de mobles en xeral. Que ocupacións desempeñan? Montador/ora de produtos de ebanistaría en xeral; montador/ora de mobles de madeira ou similares; montador/ora produtos de madeira excepto ebanistaría; montador/ora de envases e embalaxes de madeira e similares; acabador/ora de mobles de madeira; acoitelador/ora e vernizador/ora de parqué; vernizador/ora e lacador/ora de artesanía de madeira; vernizador/ora e lacador/ora de mobles de madeira; operador/ora de tren de acabamento de mobles; embalador/ora, empaquetador/ora e etiquetador/ora á man; peón da industria da madeira e da cortiza; tapiceiro/a de mobles. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Horas Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Instalación de elementos de carpintaría e moble 160 Materiais e produtos téxtiles 88 Operacións básicas de mecanizado de madeira e derivados 281 Acabamentos básicos da madeira 180 Atención á clientela 58 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Formación en centros de traballo 320 Tapizado de mobles 173 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. Que título se obtén? Título profesional básico en Carpintaría e moble. A que outros estudos se pode acceder? Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: - Instalación e mantemento - Edificación e obra civil - Madeira, moble e cortiza - Electricidade e electrónica - Marítimo-pesqueira - Fabricación mecánica - Transporte e mantemento de - Informática e comunicacións vehículos

12


Departamento de Orientación do IES A Sardiñeira__Mónica Diz Besada

6. Electricidade e electrónica: Que se aprende a facer? Realizar operacións auxiliares na montaxe e no mantemento de elementos e equipamentos eléctricos e electrónicos, así como en instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións para edificios e conxuntos de edificios, aplicando as técnicas requiridas, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? Actividades por conta allea en empresas de montaxe e mantemento de instalacións electrotécnicas de edificios, vivendas, oficinas, locais comerciais e industriais, con supervisión de nivel superior e baixo a regulación do Regulamento Electrotécnico de baixa Tensión e da Normativa das Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións. Que ocupacións desempeñan? Operario/a de instalacións eléctricas de baixa tensión; axudante de montador/ora de antenas receptoras de televisión e satélites; axudante de instalador/ora e reparador/ora de equipamentos telefónicos e telegráficos; axudante de instalador/ora de equipamentos e sistemas de comunicación; axudante de instalador/ora reparador/ora de instalacións telefónicas; peón da industria de produción e distribución de enerxía eléctrica; axudante de montador/ora de sistemas microinformáticos; operador/ora de ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos; auxiliar de mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos; probador/ora axustador/ora de placas e equipamentos eléctricos e electrónicos; montador/ora de compoñentes en placas de circuíto impreso. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Horas Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Equipamentos eléctricos e electrónicos 233 Instalacións eléctricas e domóticas 296 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Formación en centros de traballo 320 Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos 206 Instalacións de telecomunicacións 205 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. Que título se obtén? Título profesional básico en Electricidade e electrónica. Criterios de preferencia para a admisión a ciclos formativos de grao medio Este título outorga preferencia para a admisión, en caso de concorrencia competitiva, a todos os títulos de grao medio das familias profesionais de: - Edificación e obra civil - Madeira, moble e cortiza - Electricidade e electrónica - Marítimo-pesqueira - Enerxía e auga - Química - Fabricación mecánica - Transporte e mantemento de - Industrias extractivas vehículos - Informática e comunicacións - Instalación e mantemento 13


Departamento de Orientación do IES A Sardiñeira__Mónica Diz Besada

7. Fabricación e montaxe: Que se aprende a facer? Realizar operacións básicas de mecanizado e montaxe para a fabricación mecánica con materiais férricos, non férricos e tecnoplásticos, así como para a instalación e o mantemento de elementos de redes de fontanaría, calefacción e climatización, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? Actividade por conta allea en grandes, medianas e pequenas empresas dedicadas á fabricación e á montaxe de produtos mecánicos e electromecánicos, así como á montaxe e ao mantemento de instalacións de fontanaría, calefacción e climatización. Que ocupacións desempeñan? Peón de industrias manufactureiras; auxiliar de procesos automatizados; fontaneiro/a; montador/ora de equipamentos de calefacción; mantedor/ora de equipamentos de calefacción; montador/ora de equipamentos de climatización; mantedor/ora de equipamentos de climatización; instalador/ora de redes de subministración e distribución de auga. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Horas Carpintaría de aluminio e PVC 175 Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Operacións básicas de fabricación 179 Soldadura e carpintaría metálica 175 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Fontanaría e calefacción básica 157 Formación en centros de traballo 320 Montaxe de equipamentos de climatización 97 Redes de evacuación 157 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. Que título se obtén? Título profesional básico en Fabricación e montaxe. A que outros estudos se pode acceder? Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: - Instalación e mantemento - Edificación e obra civil - Madeira, moble e cortiza - Electricidade e electrónica - Marítimo-pesqueira - Enerxía e auga - Química - Fabricación mecánica - Transporte e mantemento de - Industrias extractivas vehículos - Informática e comunicacións

14


Departamento de Orientación do IES A Sardiñeira__Mónica Diz Besada

8. Informática e comunicacións: Que se aprende a facer? Realizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, periféricos e redes de comunicación de datos, así como de equipamentos eléctricos e electrónicos, operando coa calidade indicada e actuando en condicións de seguridade e de protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? Actividades por conta allea en empresas dedicadas á comercialización, a montaxe, o mantemento e a reparación de sistemas microinformáticos e de equipamentos eléctricos ou electrónicos, así como en empresas que utilicen sistemas informáticos, para a súa xestión. Que ocupacións desempeñan? Axudante de montador/ora de antenas receptoras de televisión e satélite; axudante de instalador/ora e reparador/ora de equipamentos telefónicos e telegráficos; axudante de instalador/ora de equipamentos e sistemas de comunicación; axudante de instalador/ora e reparador/ora de instalacións telefónicas; axudante de montador/ora de sistemas microinformáticos; axudante de mantemento de sistemas informáticos; axudante de instalador/ora de sistemas informáticos; axudante de instalador/ora de sistemas para transmisión de datos; operador/ora de ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos; auxiliar de mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos; probador/ora axustador/ora de placas e equipamentos eléctricos e electrónicos; montador/ora de compoñentes en placas de circuíto impreso. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Horas Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Equipamentos eléctricos e electrónicos 233 Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos 296 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Formación en centros de traballo 320 Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos 206 Operacións auxiliares para a configuración e a explotación 205 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. Que título se obtén? Título profesional básico en Informática e comunicacións. A que outros estudos se pode acceder? Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber áis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: - Edificación e obra civil - Instalación e mantemento - Electricidade e electrónica - Madeira, moble e cortiza - Enerxía e auga - Marítimo-pesqueira - Fabricación mecánica - Química - Industrias extractivas - Transporte e mantemento - Informática e comunicacións de vehículos 15


Departamento de Orientación do IES A Sardiñeira__Mónica Diz Besada

9. Mantemento de vehículos: Que se aprende a facer? Realizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, periféricos e redes de comunicación de datos, así como de equipamentos eléctricos e electrónicos, operando coa calidade indicada e actuando en condicións de seguridade e de protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? Actividades por conta allea en empresas dedicadas á comercialización, a montaxe, o mantemento e a reparación de sistemas microinformáticos e de equipamentos eléctricos ou electrónicos, así como en empresas que utilicen sistemas informáticos, para a súa xestión. Que ocupacións desempeñan? Axudante de montador/ora de antenas receptoras de televisión e satélite; axudante de instalador/ora e reparador/ora de equipamentos telefónicos e telegráficos; axudante de instalador/ora de equipamentos e sistemas de comunicación; axudante de instalador/ora e reparador/ora de instalacións telefónicas; axudante de montador/ora de sistemas microinformáticos; axudante de mantemento de sistemas informáticos; axudante de instalador/ora de sistemas informáticos; axudante de instalador/ora de sistemas para transmisión de datos; operador/ora de ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos; auxiliar de mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos; probador/ora axustador/ora de placas e equipamentos eléctricos e electrónicos; montador/ora de compoñentes en placas de circuíto impreso. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Horas Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Equipamentos eléctricos e electrónicos 233 Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos 296 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Formación en centros de traballo 320 Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos 206 Operacións auxiliares para a configuración e a explotación 205 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. Que título se obtén? Título profesional básico en Informática e comunicacións. A que outros estudos se pode acceder? Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: - Edificación e obra civil - Instalación e mantemento - Electricidade e electrónica - Madeira, moble e cortiza - Enerxía e auga - Marítimo-pesqueira - Fabricación mecánica - Química - Industrias extractivas - Transporte e mantemento de - Informática e comunicacións vehículos 16


Departamento de Orientación do IES A Sardiñeira__Mónica Diz Besada

10. Peiteado e estética: Que se aprende a facer? Aplicar técnicas de limpeza e cambios de forma e cor do cabelo, así como técnicas básicas de maquillaxe, depilación, manicura e pedicura, atendendo á clientela e preparando os equipamentos, os materiais e as aéreas de traballo con responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? Actividades por conta allea en salóns de peiteado e de beleza, en salas de peiteado e/ou estética, en ximnasios ou centros de beleza de hoteis, residencias de persoas maiores, hospitais e balnearios, baixo a supervisión de persoal técnico responsables. Tamén poden realizar de xeito autónomo servizos básicos de peiteado, manicura e pedicura, depilación e maquillaxe. Que ocupacións desempeñan? Auxiliar de peiteado; axudante de manicura e pedicura; axudante de maquillaxe; auxiliar de depilación. Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Cambio de cor do cabelo Ciencias aplicadas I Comunicación e sociedade I Depilación mecánica e descoloración da peluxe superflua Lavado e cambios de forma do cabelo Preparación do contorno profesional Atención á clientela Ciencias aplicadas II Coidados estéticos básicos de uñas Comunicación e sociedade II Formación en centros de traballo Maquillaxe

Horas 150 175 206 117 175 87 58 162 135 135 320 218

Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. Que título se obtén? Título profesional básico en Peiteado e estética. A que outros estudos se pode acceder? Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: - Hostalaría e turismo - Imaxe persoal - Industrias alimentarias

17


Departamento de Orientación do IES A Sardiñeira__Mónica Diz Besada

11. Servizos administrativos: Que se aprende a facer? Realizar tarefas administrativas e de xestión básicas, con autonomía, responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas ambientais, de seguridade e de hixiene no traballo, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? En centros, oficinas, despachos e departamentos administrativos ou comerciais de calquera tipo de empresa ou entidade de carácter privado ou público, en todos os sectores produtivos.. Que ocupacións se desempeñan? Auxiliar de oficina; auxiliar de servizos xerais; auxiliar de arquivo; ordenanza; auxiliar de información; telefonista en servizos centrais de información; clasificador/ora e/ou repartidor/ora de correspondencia; gravador/ora-verificador/ora de datos; auxiliar de dixitalización; operador/ora documental; auxiliar de venda; auxiliar de dependente de comercio; operador/ora de cobramento ou caixeiro/a. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Arquivamento e comunicación 146 Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Técnicas administrativas básicas 179 Tratamento informático de datos 204 Aplicacións básicas de ofimática 240 Atención á clientela 58 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Formación en centros de traballo 320 Preparación de pedidos e venda de produtos 113 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Horas

Que título se obtén? Título profesional básico en Servizos administrativos. A que outros estudos se pode acceder? Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: - Administración e xestión - Artes gráficas - Comercio e márketing - Téxtil, confección e pel - Vidro e cerámica

18


Departamento de Orientación do IES A Sardiñeira__Mónica Diz Besada

12. Servizos comerciais: Que se aprende a facer? Realizar operacións auxiliares de comercialización, merchandising e almacenaxe de produtos e mercadorías, así como as operacións relacionadas de tratamento de datos, seguindo protocolos establecidos, criterios comerciais e de imaxe, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental correspondentes, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? Actividades por conta allea en empresas de distribución comercial, tanto por xunto (centrais de compras, mercados centrais de abastos, “cash and carry”, etc.), como retallistas (tendas, supermercados, hipermercados e grandes superficies comerciais), en centros de distribución comercial e en departamentos comerciais e almacéns de empresas doutros sectores produtivos. Que ocupacións desempeñan? Auxiliar de dependente de comercio; auxiliar de animación do punto de venda; auxiliar de venda; auxiliar de promoción de vendas; empregado/a de reposición; operador/ora de cobramento ou caixeiro/a; operario/a de pedidos; operador/ora de carreta de recepción e expedición; contador/ora de recepción e expedición; operario/a de loxística; auxiliar de información. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Operacións auxiliares de almacenaxe 146 Técnicas básicas de merchandising 179 Tratamento informático de datos 204 Aplicacións básicas de ofimática 240 Atención á clientela 58 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Formación en centros de traballo 320 Preparación de pedidos e venda de produtos 113 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Horas

Que título se obtén? Título profesional básico en Servizos comerciais. A que outros estudos se pode acceder? Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de:  Administración e xestión  Artes gráficas  Comercio e márketing  Téxtil, confección e pel  Vidro e cerámica

19


MÁIS INFORMACIÓN EN:

www.edu.xunta.es/fp/fpbasica

IES A SARDIÑEIRA

Avenida da Sardiñeira, 41. 15008 A Coruña Tel: 981247316 Email: ies.sardineira@edu.xunta.es Blog de Orientación: http://monicadizorienta.blogspot.com


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.