Moemia febreiro 134

Page 5

5

NOTICIEIRO

Axuda á mobilidade con Neurorobots O proxecto Hyper iniciouse en 2009 e ten como data fin o ano 2014. Está centrado no desenvolvemento de tecnoloxías que permitan mellorar as terapias de rehabilitación de pacientes con distintos transtornos neurolóxicos, lesionados medulares, accidentes cerebrovasculares etc. Este proxecto conta coa colaboración do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo, Fatronik-Tecnalia, as universidades de Zaragoza, Rei Juan Carlos e Carlos lll de Madrid, e o Instituto de Biotecnoloxía de Cataluña (IBEC), Cidetc e Vicomtech. O xefe da unidade de Biomecánica e Axudas Técnicas do Hospital, Angel Gil, e o coordinador do proxecto e membro do Consello Superior de Investigacións Científicas ( CSIC ), José Luis Pons, manifestan que este proxecto se centra en mellorar a marcha, a capacidade de camiñar, o equilibrio e a mobilidade dos membros inferiores dos pacientes. Espérase que no ano 2014 se realicen os axustes dos dispositivos con persoas. Realizaranse probas piloto de curta duración nas que participarán cinco pacientes en cada unha das actividades a realizar. Segundo declarou Gil, o obxectivo deste proxecto é dobre, xa que por un lado, pretenden mellorar os procedementos actuais de rehabilitación, e nalgún caso compensar tarefas que a persoa non pode realizar. José M. Ulla

Polo menos un 23% por cento de persoas sen fogar ten discapacidade O Director Xeral de Políticas de Apoio á Discapacidade, Ignacio Tremiño; a directora de Formación Emprego e Proxectos de Fundación ONCE, Sabina Lobato e o director do RAIS Funcación, José Manuel Caballol, presentaron recentemente o estudo "Discapacidade no ámbito da exclusión social", elaborado por por RAIS Fundación. Este estudo desprende que polo menos un 23% das persoas sen fogar teñen unha discapacidade, esta cifra supón un incremento cinco veces máis que a poboación en xeral na mesma franxa de idade. Por outra parte, tan só o 12% delas teñen o certificado que o acredita, esta situación fai máis complicado o acceso a prestacións sociais e ao emprego protexido. Ignacio Tremiño, manifestou a necesidade de que a Administración vaia da man das ONG á hora de traballar coas persoas sen fogar con discapacidade, xa que esta colaboración é necesaria para obter resultados satisfactorios. Óscar López, vicepresidente de RAIS Fundación, asegura que nunha sociedade moderna non se pode permitir que a discapacidade supoña un gravame da situación social destas persoas. Sabina Lobato, directora de Formación, Emprego e Proxectos de Fundación ONCE, afirma que dados os datos que se obtiveron neste estudo, é necesario actuar co fin de mellorar os servizos e intensificar a colaboración entre entidades expertas para mellorar esta situación. Juan García


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.