Moemia febreiro 134

Page 1


Edita: COGAMI - CRD-FINGOI Lugo.

Índice

Consejo de Dirección: Directora: Rosa M. Pías Salgado Coordinadora: Purificación Salvador Rebolo Maquetación: Enrique Sanmartín Redactores de sección: Juan Antonio García

O Artigo

3

4

O Noticiero

5

9

Deportes

10

11

Carteleira

12

13

Recuncho Literario

14 14

Poesía

15 15

Enlaces de interese

15 15

José Manuel Ramil José Luis Vázquez Luis Fernández Trinidad Enrique Sanmartín Ana Varela Jose Rodiño Roberto Camba Manuel Paz Francisco Gullón Ricardo Lamazares Nieves Gayoso Antonio Fernández Ana Cristina Piñeiro Manuel Rosón Óscar Vigo Jose Luis López José Carlos Vázquez Luis Alberto García Ramón Veiga Miguel Regueiro Arturo Fojón Francisco J. Solana Gustavo Latorre Manuel Álvarez José Manuel Ulla Juan Antonio Jiménez Ana Novo Colaboración Externa: José Ángel Vázquez

Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas con Revista mensual gratuíta realizada grandes en el Programa de Formación Ocupacional para personas con discapacidades discapacidad física gravemente afectadas. COGAMI - CRD-FINGOI Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas con COGAMI CRD-FINGOI discapacidad física gravemente afectadas. COGAMI - CRD-FINGOI


3

ARTIGO

COGAMI iniciou durante o mes de febreiro cursos de formación profesional en Ourense, Ferrol, Xove (Lugo) e Santiago Estes cursos está financiados pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo no marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).

Nas instalacións de COGAMI en Ourense (Rúa da Farixa, Finca Sevilla), impartese un curso de 250 horas de Xestión de Stocks, Almacén e Control de Caixa. O alumnado formado por 15 persoas con discapacidade (8 homes e 7 mulleres) proceden dos concellos de Ourense, Barbadás, A Peroxa, Allariz e O Carballiño. Os contidos que se imparten son de atención ao cliente, informática, almacén, prevención de riscos laborais e manexo de carretilla.

Da mesma temática é o que se imparte en Ferrol, no centro que COGAMI ten nesa cidade, na Rúa Sánchez Calviño, e no que se forman 15 persoas con discapacidade (12 homes e 3 mulleres), procedentes dos concellos de Ferrol, Narón, Neda e Pontedeume.

Un grupo de 8 persoas con discapacidade , todos eles homes, iniciaron nas instalacións do CRD que ten a Asociación A Mariña-COGAMI en Palmeiro-Xove (Lugo), un curso de formación profesional de 250 horas de Traballador de espazos naturais. Os contidos a impartir abarcan temáticas sobre a preparación do terreo, implantación de elementos vexetais, labores de mantemento de xardíns, céspedes e plantas de interior.

En Santiago, nas dependencias de COGAMI, na Rúa Modesto Brocos, 10 homes e 5 mulleres fórmanse ao longo de 144 horas en Xestión Contable. Estas persoas proceden dos concellos de Santiago, Ames, Padrón, Ordes, Vedra, Oroso, Trazo e Negreira.

Ana Cristina

PROGRAMA OPERATIVO FSE - GALICIA 2007 - 2013 Curso cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar-Secretaría Xeral de Política Social e impartido por COGAMI a persoas con discapacidade


4

ARTIGO

29 persoas do programa integrado de emprego que desenvolve COGAMI logran traballar antes de que finalice dito programa A través deste programa que leva por nome `Inclusión das persoas con discapacidade no mercado laboral de Galicia 2013-2014´ o 49% dos participantes lograron a inserción laboral. Outras 14 persoas están arestora realizando prácticas en empresas. A Consellería de Traballo e Benestar subvenciona o programa integrado no que participan 60 persoas con discapacidade de Galicia. O programa integrado que desenvolve COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) iniciou en outubro de 2013 co fin de darlle unha oportunidade laboral a un total de 60 persoas con discapacidade ou incapacidade laboral recoñecida procedentes de toda Galicia e con problemas para acceder ao emprego, ben por carecer de formación, polo feito de residir no rural e/ou tamén pola condición de ser muller e ter discapacidade. Durante este ano, o 49% das persoas que forman parte do denominado programa de `Inclusión das persoas con discapacidade no mercado laboral de Galicia 2013-2014´ logrou atopar un emprego antes da finalización do mesmo, que ten continuidade de un ano, co que finalizaría no mes de outubro. Ademais, outras 14 persoas que están dentro do programa arestora están realizando as prácticas profesionais en empresas, o que supón unha taxa do 23%. Este programa, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, desenvólvese na comunidade con persoas usuarias procedentes das sete oficinas que ten operativas COGAMI nas cidades, participando 8 persoas de Santiago, Lugo e Pontevedra e 9 persoas en A Coruña, Ferrol, Vigo e Ourense. En cada unha das oficinas hai unha persoa técnica de inserción laboral que é a encargada de guiar ás persoas, de ofrecerlles pautas, formación, coñecementos, desenvolver actividades e, por conseguinte, dotar ás persoas integrantes do programa de aptitudes fortalecidas de cara ao emprego. Todas as persoas que pasan a formar parte do programa integrado reciben información, orientación e asesoramento laboral, ademais de formación en técnicas de busca de emprego que engloba temáticas dende a elaboración dun curriculum vitae ata clases de informática básica, de utilización de redes sociais e ferramentas 2.0 cara o emprego, nocións básicas sobre como presentarse a unha entrevista de traballo ou mesmo a prospección de empresas e seminarios sobre cultura emprendedora. COGAMI quere estar á vangarda na atención ao seu colectivo e, por iso, facilítalles ás persoas que forman parte do programa integrado a oportunidade de elaborar un videocurriculum, unha carta de presentación que vai permitir que o empresariado poida apreciar as capacidades das persoas, como se desenvolve cando se expresa, sendo esta unha información complementaria ao curriculum tradicional. A deste ano é a décima edición deste programa de inserción que desenvolve COGAMI. A finalidade desta iniciativa laboral é a de diminuír a alta taxa de desemprego que se dá dentro do colectivo das persoas con discapacidade que, segundo a Base de Datos Estatal de las Persoas con Discapacidade, a taxa de paro foi do 33,1% en 2012, 8,1 puntos superior á poboación sen discapacidade no Estado español. Nieves Gayoso


5

NOTICIEIRO

Axuda á mobilidade con Neurorobots O proxecto Hyper iniciouse en 2009 e ten como data fin o ano 2014. Está centrado no desenvolvemento de tecnoloxías que permitan mellorar as terapias de rehabilitación de pacientes con distintos transtornos neurolóxicos, lesionados medulares, accidentes cerebrovasculares etc. Este proxecto conta coa colaboración do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo, Fatronik-Tecnalia, as universidades de Zaragoza, Rei Juan Carlos e Carlos lll de Madrid, e o Instituto de Biotecnoloxía de Cataluña (IBEC), Cidetc e Vicomtech. O xefe da unidade de Biomecánica e Axudas Técnicas do Hospital, Angel Gil, e o coordinador do proxecto e membro do Consello Superior de Investigacións Científicas ( CSIC ), José Luis Pons, manifestan que este proxecto se centra en mellorar a marcha, a capacidade de camiñar, o equilibrio e a mobilidade dos membros inferiores dos pacientes. Espérase que no ano 2014 se realicen os axustes dos dispositivos con persoas. Realizaranse probas piloto de curta duración nas que participarán cinco pacientes en cada unha das actividades a realizar. Segundo declarou Gil, o obxectivo deste proxecto é dobre, xa que por un lado, pretenden mellorar os procedementos actuais de rehabilitación, e nalgún caso compensar tarefas que a persoa non pode realizar. José M. Ulla

Polo menos un 23% por cento de persoas sen fogar ten discapacidade O Director Xeral de Políticas de Apoio á Discapacidade, Ignacio Tremiño; a directora de Formación Emprego e Proxectos de Fundación ONCE, Sabina Lobato e o director do RAIS Funcación, José Manuel Caballol, presentaron recentemente o estudo "Discapacidade no ámbito da exclusión social", elaborado por por RAIS Fundación. Este estudo desprende que polo menos un 23% das persoas sen fogar teñen unha discapacidade, esta cifra supón un incremento cinco veces máis que a poboación en xeral na mesma franxa de idade. Por outra parte, tan só o 12% delas teñen o certificado que o acredita, esta situación fai máis complicado o acceso a prestacións sociais e ao emprego protexido. Ignacio Tremiño, manifestou a necesidade de que a Administración vaia da man das ONG á hora de traballar coas persoas sen fogar con discapacidade, xa que esta colaboración é necesaria para obter resultados satisfactorios. Óscar López, vicepresidente de RAIS Fundación, asegura que nunha sociedade moderna non se pode permitir que a discapacidade supoña un gravame da situación social destas persoas. Sabina Lobato, directora de Formación, Emprego e Proxectos de Fundación ONCE, afirma que dados os datos que se obtiveron neste estudo, é necesario actuar co fin de mellorar os servizos e intensificar a colaboración entre entidades expertas para mellorar esta situación. Juan García


6

NOTICIEIRO

Accesibilidade universal e deseño para todos Recentemente asinouse un acordo de colaboración no que interviñeron o presidente do CERMI, Luis Cayo Pérez Bueno, e o conselleiro delegado de Fundosa Accesibilidad, Severino Rodríguez. Vía Libre, empresa experta en accesibilidade universal e deseño para todos do Grupo Fundosa e o CERMI colaborarán como resultado deste acordo na promoción da accesibilidade universal e o deseño para todos, co obxectivo de eliminar as barreiras de todo tipo que afecten ás persoas con discapacidade. Neste acordo, con vixencia ata decembro de 2015, Fundosa Accesibilidad adquire a condición de "Entidade Asesora do CERMI en materia de Accesibilidade Universal", 'polo que esta se compromete a asesorar cando se precise en materia de accesibilidade universal, deseño para todos e eliminación de barreiras de todo tipo. En canto ao CERMI, este comprométese a permitir o libre uso e promoción pública. Por outro lado dará a coñecer, recomendará e ofrecerá os servizos ofertados en materia de accesibilidade universal, deseño para todos e eliminación de barreiras de todo tipo. Como consecuencia da firma deste convenio ambas as dúas entidades consolidan o seu compromiso de traballar pola mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade e as súas familias e con iso lograr o recoñecemento dos seus dereitos e a plena cidadanía en igualdade de oportunidades que o resto. Manuel Paz

Asistencia sexual a persoas con discapacidade Aínda que existe certa unanimidade en torno á conveniencia de que as persoas con discapacidade poidan satisfacer as súas necesidades sexuais, permanecen aínda moitas trabas, tanto de tipo mental como moral, para que se poña en práctica este dereito do mencionado colectivo. Tan só en Suiza existe lexislación respecto diso, o que indica claramente a complexidade do tema. O Goberno Español desde a Dirección Xeral de Políticas de Discapacidade do Ministerio de Sanidade están informados do que sucede no resto de Europa, pero explican que é un tema a estudar sendo un asunto complexo, en canto ao goberno da Generalitat de Cataluña; Comunidade Autónoma na que de forma privada estanse dando os primeiros pasos para dar saída ás mencionadas necesidades, non existen medidas pola vía instucional.

Concretamente existe en Barcelona unha asociación sen ánimo de lucro, Tandem Team, asociación que pretende facer posible o feito de que as persoas con discapacidade que o desexen poidan ter unha vida na que as relacións sexuais non sexan unha utopía, o lema desta asociación é, cando unha persoa se expresa sexualmente ten mellor calidade de vida. Así se puxo en marcha o primeiro protocolo para a promoción e facilitación da asistencia sexual para persoas con diversidade funcional. O obxectivo de Tandem Intimity, o nome que recibe o protocolo, é servir de ponte entre as persoas que queren recibir e ofrecer asistencia sexual. Baséanse nunha selección personalizada de usuarios e asistentes, aos que poñen en contacto e logo chegan aos acordos que eles decidan.

O protocolo ensaiouse cun programa piloto de quince probas de asistencia sexual na que participaron once usuarios. A asociación descarta establecer relacións que tan só teñan en conta a cuestión económica, aínda que poidan existir acordos deste tipo a nivel particular. Tandem Team, conta con seis mulleres e oito homes, son persoas do ámbito social, que traballaron a diversidad funcional, que fan deporte adaptado, enfermeiras que teñen unha sensibilidade especial. Segundo a asociación, a figura do asistente sexual é máis un asistente na diversidad, un terapeuta. Para Leire López, directora executiva de Vosseler Avogados, o bufete que axudou a Tandem Team ha constituír se, os fins son claros no obxecto social da asociación. Francisco Gullón


7

NOTICIEIRO

O “Plan Adapta” posibilita probar vehículos adaptados antes da súa compra Presentouse recientemente o Plan Adapta, programa pionero no que participan Fundación ONCE e Ford. O obxectivo deste plan é que as persoas con discapacidad poidan probar un vehículo adaptado antes de compralo. Este plan percorrerá nos próximos seis meses quince cidades, posibilitando que as persoas que necesiten un vehículo adaptado poidan probalo.

Os vehículos que forman parte da caravana do Plan Adapta contan con distintas adaptacións o que posibilita que poidan ser efectivos para o 80% das persoas con discapacidade. Doutra banda, Ford España e Fundación ONCE, asinaron un convenio de colaboración que recolle a promoción da investigación para mellorar deste xeito a accesibilidade universal no acceso das persoas con discapacidade no transporte, así mesmo a seguridade dos vehículos para este colectivo, organizando e executando as accións necesarias para conseguir a igualdade de oportunidades de todas as persoas no que ao transporte privado se refire. Así mesmo estas entidades traballarán no deseño de procesos que faciliten a compra de vehículos adaptados como tamén nos servizos gestionados e producidos por Ford. Luis A. García

Tenerife destino accesible de calidade Tenerife é un referente en turismo para as persoas con discapacidade, xa que nun mesmo territorio ten a posibilidade de gozar do mar e a montaña. Así o afirma a ONG belga U-Turn, que realizou turismo cun grupo composto con persoas con diferentes discapacidades físicas. Este grupo puido vivir experiencias moi variadas como a de subir ao Teide no Teleférico e con iso poder gozar da subida ao pico máis alto de España. O responsable da ONG U-Turn, é Glenn Crynen, asociación que fomenta que as persoas con discapacidade non se queden en casa, senón que traten de traspasar as súas propias fronteiras e que co apoio necesario poidan viaxar. Esta asociación que xa realizou numerosas viaxes por diferentes destinos como Marruecos e Nicaragua, incide en que ningún destes destinos ofrece as vantaxes que se poden atopar na illa, xa que, nos seus oito días de estancia na mesma, puideron gozar de numerosas actividades na natureza, percorrer entornos espectaculares, e practicar deporte, como o kayak e participar noutras actividades como o avistamento de cetáceos. Manuel Roson


8

NOTICIEIRO

O CERMI pide ao Goberno garantir a continuidade dos servizos sociais para persoas con discapacidade O CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade) solicitiu ao goberno español garantir os dereitos das persoas con discapacidade no que se refire á organización e financiación dos servicios sociais. A aprobación no Parlamento Europeo da nova lei sobre contratación pública, admite a especificidade dos servicios sociais e o papel que estes desenvolveran na vida dos colectivos máis vulnerables, incluíndo as persoas con discapacidade. Se concede por parte da directiva dos Estados membros a libertade de prestar os servicios sociais por sí mesmos ou mediante disposicións que non impliquen a firma de contratos públicos, como por exemplo a través da financiación destes servizos ou a concesión de licencias ou autorizacións aos operadores económicos que cumpran as condicións fixadas anteriormente polo órgano de contratación , sen límites ou cotas. E por elo que as autoridades públicas non están obligadas a externalizar a provisión dos servizos sociais e teñen a posibilidade de establecer formas de cooperación a parte da contratación pública. As modalidades de relación alternativa son máis adecuadas, en ocasións, para organizar servizos sociais co fin de garantir o apoio as persoas con discapacidade ao largo do ciclo vital, que están centrados nos seus proxectos persoais. E por elo que o CERMI, reclama, que os procedementos de contratación garantan a continuidade e a sostibilidade dos servizos que ofertan unha rede de apoio destinada ás persoas con discapacidade e as súas familias. José Luis Vázquez

Primeira norma europea de accesibilidade ás Tecnoloxías da Información e Comunicación Foi aprobada a primeira norma europea de accesibilidade para

No que se refire ás web,

produtos e servizos de Tecnoloxías da

establécense unhas directrices de

Información e Comunicación (TIC), na

accesibilidade de contidos web

que participaron os organismos

WCAG 2.0, desenvolvidas por

europeos de Normalización CEN

W3C, que doutra banda, están na

(Comité Europeo de Normalización),

liña coas que se recollen na norma

Cenelec (Comité Europeo de

española UNE 139803.

Normalización Electrotécnica) y ETSI (Instituto Europeo de Normalización

A citada norma será adoptada en

das Telecomunicacións).

breve ao catálogo español como UNE-EN 301 549 por parte de

Esta norma é a EN 301 549 e establece os requisitos funcionais co fin de garantir que os produtos e servizos TIC sexan accesibles para todas as persoas.

AENOR, que é a entidade responsable do desenvolvemento das normas técnicas en España.

Doutra banda, estase desenvolvendo unha ferramenta informática “online” que facilitará a elaboración de listas a medida dos requisitos aplicables, en función dos requisitos funcionais necesarios e aprobáronse tres informes técnicos que complementan a norma EN 301 549; ART 101 550, TR 101 551, TR 101 552.

J. Carlos Vázquez


9

NOTICIEIRO

COGAMI organizou diversas charlas de prevención de lesións medulares en diferentes centros de esino O obxectivo das charlas é concienciar á mocidade da importancia da prevención de situacións de risco para evitar as lesións medulares.

O pasado 5 de febreiro, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) impartiu no CEIP Santo Tomé de Carballo do concello de Taboada (Lugo), dúas charlas de sensibilización sobre a prevención de lesións medulares. Dirixidas ao alumnado da ESO, estas charlas impartíronse, durante 50 minutos, pola Traballadora Social de COGAMI en Lugo, Sabela López Vázquez e polo voluntario Salvador López Arias, persoa con unha discapacidade sobrevida.

Na mesma data, tamén se impartiu no IES número 1 de O Carballiño, unha charla de sensibilización sobre a prevención de lesións medulares. Dirixida ao alumnado de 3º curso da ESO, esta charla foi impartida, durante 50 minutos, pola Traballadora Social da Federación Discafis-COGAMI de Ourense, Montse Vázquez, quen foi acompañada dun voluntario, Daniel Fernández, que contou a súa propia experiencia vivida con 18 anos, cando un condutor borracho o atropelou cando conducía a súa motocicleta, ocasionándolle longas estadías en centros hospitalarios e a ter que camiñar cunha prótese.

O pasado, 13 de febreiro, tamén se impartiu no IES Don Bosco de Vigo, dúas charlas de sensibilización sobre a prevención de lesións medulares. Dirixida ao alumnado de 1º e 2º da ESO, a primeira charla, e a alumnado de 3º e 4º da ESO, a segunda, estas charlas foron impartidas, durante 50 minutos, pola orientadora laboral de COGAMI en Vigo, Mercedes Rodríguez, quen foi acompañada dun voluntario, Ramón Rodríguez, que contou a súa propia experiencia vivida dende que tivo unha lesión medular por un sinistro de motocicleta.

Temas como a descrición das secuelas da lesión, como asumir e superar ditas secuelas, a descrición de barreiras arquitectónicas e sociais,... foron tratadas coa finalidade de lograr que os rapaces e rapazas se decaten da importancia que ten a prevención para evitar situacións de risco que poden derivar en lesións graves. Con estas charlas inténtase contribuír á paulatina redución dos índices de discapacidade adquirida na poboación en xeral, e entre a mocidade en particular. É unha actividade que desenvolve COGAMI e que está orientada cara a colexios, institutos, centros universitarios e centros laborais co obxectivo de concienciar aos grupos de risco –mocidade, deportistas, profesionais- sobre as situacións de perigo máis evidentes como poden ser os accidentes domésticos, as caídas, os mergullos en zonas perigosas e concienciar tamén sobre os hábitos de prevención. Alejandro Carballeira


10

DEPORTES

Nace un novo deporte en España: O "Quad Rugby"

A Federación Española de Deportes para Persoas conDiscapacidade Física (FEDDF) deu o seu consentimento á modificación dos seus estatutos a través da Comisión Directiva do Consello Superior de Deporte, para crear unha nova modalidade deportiva, "Quad Rugby" ou rugby en cadeira de rodas. Esta nova modalidade, abre as portas para practicar un novo deporte para persoas con discapacidade física. Na actualidade xa existen equipos desta modalidade deportiva nas comunidades de Cataluña e Madrid. O "Quad Rugby" ou rugby en cadeira de rodas é un deporte de equipo mixto para atletas tetrapléxicos másculinos e femininos. Un deporte único creado que combina elementos de rugby, baloncesto e balonmán. Os xogadores compiten en equipos de catro para levar a bóla a través da liña de gol do equipo contrario. O contacto entre as cadeiras de rodas permítese, e de feito é unha parte integral deste deporte, os xogadores usan as súas cadeiras para bloquear e manter o opoñente. O equipo da Fundación do Lesionado Medular foi o primeiro que se creou para o desenvolvemento desta modalidade deportiva no noso país e está composto por doce persoas con tetraplexia, sendo un deporte mixto, de feito dous dos seus compoñentes do equipo son mulleres. A primeira vez que se pudo ver este deporte nuns Xogos Paralímpicos foi en Atlanta 1996, ainda que só a modo de exhibición. En Sidney 2000,xa se disputou como evento con medallas. José M. Ramil


11

DEPORTES

Grandes pilotos de motos, co deporte para persoas con discapacidade O Centro de Alto Rendemento de Catalunya en Sant Cugat del Vallés (Barcelona), acolleu o acordo entre La Fundación Isidre Esteve e a Fundación Repsol para a promoción do Centro Deportivo Puente que dirixe o piloto de raids en España. Para a presentación do acordo acompañárono nada menos que cinco campións que reúnen 21 títulos mundiais: Marc Márquez (MotoGP), Álex Crivillé (500cc), Carlos Checa (superbikes), Toni Bou (trial) e Takahisa Fujinami (trial). Todos eles participaron con Esteve nun adestramento Isidre Esteve adaptado, este acompañouse cunha demostración Piloto y Presidente de la Fundación Isidre Esteve das tarefas que realizan na Fundación nun programa que dirixe e coordina Lidia Guerrero, fisioterapeuta e compañeira do piloto. Esteve indicou que o obxectivo deste proxecto é traballar nun centro deportivo con material básico e persoal formado, onde as persoas cunha lesión medular ou outra discapacidade poidan acudir durante o tempo necesario para aprender a traballar nun ximnasio convencional coas adaptacións específicas necesarias, ou mesmo no seu propio fogar con material máis sinxelo. Por outro lado manifestou sentirse moi satisfeito co acordo coa Fundación Repsol para promover este proxecto en España. Para este proxecto cóntase cunha sede en Barcelona, e Vigo e estase a traballar para abrir outra en Madrid. Marc Márquez, a quen une unha especial amizade con Esteve, manifestou a súa alegría ao sentir que a súa presenza poida facer feliz aos participantes e que estes se impliquen e se esforcen máis cando os teñen diante. Ao mesmo tempo destacou a importancia destes proxectos porque abren a porta ao exercicio físico a persoas que, ata agora, a tiñan pechada. O Palau Sant Jordi foi o escenario do Superprestixio Dirt Track Barcelona, organizado por Jaime Alguersuari, presidente de RPM Racin. Da recadación deste evento doáronse cinco euros por cada entrada vendida á Fundación Isidre Esteve. Alguersuari que interviu nesta inciativa, llo pediu Marc Márquez,e aceptou dende o primeiro momento. Comenta ademais o seu desexo de repetir esta iniciativa en decembro e espera poder seguir colaborando con proxectos como os de Isidre. Estas axudas conseguidas servirán para cubrir os gastos do persoal, e equipamento axeitado do centro que este proxecto ten en Barcelona, durante o ano 2014. Ademais búscase consolidar o programa en Vigo e Madrid. Javier Inclán, director da área institucional da Fundación Repsol, comentou respecto ao acordo que este é un proxecto que sensibiliza a sociedade e ten ademais o convencemento de que todas as persoas con discapacidade poden integrarse totalmente por medio do deporte e destacou a labor de Isidre como embaixador deste proxecto co fin de explicar as próximas xeracións como superar as barreiras físicas e psicolóxicas. Oscar Vigo


12

CARTELEIRA

CAPITÁN AMÉRICA: EL SOLDADO DE INVIERNO Argumento: Cóntanos como Steve Rogers, alias o Capitán América, vive tranquilamente en Washington, D.C. intentando adaptarse ao mundo moderno. Pero cando atacan a un colega de S.H.I.E.L.D., Steve vese implicado nunha trama de intrigas que ameaza con poñer en perigo ao mundo. O Capitán América une forzas coa Viuda Negra e loita por sacar á luz unha conspiración cada vez maior mentres fai fronte a asasinos profesionais enviados para silencialo. Cando por fin revélase a magnitude da malvada trama, o Capitán América e a Viuda Negra van contar coa axuda dun novo aliado, o Halcón. Pero deberán enfrontarse a un inimigo inesperado e extraordinario: o Soldado de Inverno.

Ficha Técnica Director: Anthony Russo, Joe Russo Reparto: Scarlett Johansson, Chris Evans, Hayley Atwell, Samuel L. Jackson, Cobbie Smulders, Robert Redford, Emily Vancamp, Sebastian Stan, Anthony Mackie, Toby Jones, Frank Grillo Arturo Fojón

DALLAS BUYERS CLUB Argumento: Fillo de Texas, Ron Woodroof é un electricista e cowboy de rodeo. En 1985, está metido nun estilo de vida temerario, que non se reformula. De súpeto, Ron é diagnosticado como seropositivo e dánselle 30 días de vida. Con todo non acepta a pena de morte. O seu curso intensivo de investigación revela a falta de tratamentos aprobados e medicamentos nos EE.UU., así que Ron cruza a fronteira a México. Alí, pescuda sobre tratamentos alternativos e comeza a facer contrabando cos Estados Unidos, desafiando á comunidade médica e científica incluíndo ao seu médico, a Dr. Eva. Un estraño na comunidade gay, Ron atopa un improbable aliado noutro paciente con SIDA, Rayón, un transexual que comparte o desexo de Ron pola vida. Rayón tamén comparte o espírito emprendedor de Ron: tratando de evitar sancións do goberno contra a venda de medicamentos e suplementos, establecen un "club de compradores", onde xente seropositiva paga cotas mensuales para acceder aos recentemente adquiridos suministros. No profundo do corazón de Texas, o caracter pionero Ron sae á luz. Cunha crecente comunidade de amigos e clientes, Ron loita pola dignidade, a educación, e a aceptación. Nos anos seguintes ao seu diagnóstico, o loitador solitario vive a vida como nunca.

Ficha Técnica Director: Jean-Marc Vallée Reparto: Matthew McConaughey, Jared Leto, Jennifer Garner, Denis O'Hare, Michael O'Neill, Dallas Roberts, Griffin Dunne, Kevin Rankin

Ana Novo

El PROTECTOR Argumento: : O Protector, trata sobre o ex policía de narcóticos Phil Broker, un home de familia que decide pasar desapercibido xunto á súa filla, mudándose a unha localidade remota e aparentemente apracible para escapar do seu turbulento pasado. Con todo, o mundo de Broker convértese en todo menos tranquilo cando descobre que o pequeno pobo esconde un trasfondo de violencia e drogas. Pronto un capo sociópata, Gator Bodine pon en risco a Broker e a súa filla, obrigándolle a entrar en acción de novo para salvar á súa familia e ao pobo.

Ficha Técnica Director: Gary Fleder Reparto: Jason Statham, James Franco, Kate Bosworth, Winona Ryder, Frank Grillo, Izabela Vidovic, Rachelle Lefevre, Clancy Brown, Omar Benson Miller Pruitt Taylor Vince Luis Fernández


13

CARTELEIRA

JIMMY P. Argumento: Ao final da Segunda Guerra Mundial, Jimmy Picard, un indio Blackfoot que combateu en Francia, é ingresado no hospital militar de Topeka, en Kansas, un establecemento especializado nas enfermidades do cerebro. Jimmy Picard sofre de varios trastornos: vértigo, ceguera temporal, perda de audición... Sen causas fisiológicas, o diagnostico que se impón é a esquizofrenia. A dirección do hospital decide con todo, pedir a opinión a un etnólogo e psicoanalista francés, especialista en culturas amerindias, Georges Devereux.

Ficha Técnica Director: Arnaud Desplechin Reparto: Benicio Del Toro, Mathieu Amalric, Gina McKee, Joseph Cross, Misty Upham Alejandro Carballeira

NON-STOP Argumento: : Bill Marks, é un veterano axente do servizo aéreo dos Marshals xa un tanto queimado tanto co mundo como coa súa profesión: El non considera o seu cometido como un deber co que salvagardar vidas, senón como un simple traballo de escritorio... pero no ceo. Con todo, o voo de hoxe non será unha viaxe de rutina. Pronto na viaxe transatlántica desde Nova York a Londres recibe unha serie de misteriosas mensaxes de texto ordenándolle de que inste ao goberno a facer unha transferencia de 150 millóns de dólares a unha conta secreta, ou un pasaxeiro morrerá cada 20 minutos. O que segue é un tenso xogo o gato e o ratón desenvolvido a 40.000 pés de altura e coa vida de 200 pasaxeiros colgando dun fío. 'Non-Stop' non é só unha película de acción, é unha ráfaga de adrenalina, suspense e emoción.

Ficha Técnica Director: Jaume Collet –Serra Reparto: Julianne Moore, Liam Neeson, Anson Mount, Bar Paly, Corey Stoll, Scoot Mcnairy, Jon Abrahams, Linus Roache, Jason Butler Harner, Nate Parker, Omar Metwally, Lupita Nyong'o Ricardo Lamazares

STRETC Argumento: O condutor dunha limusina descobre que lle basta con levar a un cliente máis para liquidar unha débeda importante. Recolle a un multimillonario con gustos algo anormales e promete satisfacer os seus desexos por raros que sexan con tal de gañarse unha boa propina. A medida que pasan as horas e a noite faise cada vez máis rara, o chofer vese envolvido en situacións moi perigosas e empeza a preguntarse si o rariño do asento de atrás quizá sexa o seu último cliente.

Ficha Técnica Director: Joe Carnahan Reparto: Chris Pine, Jessica Alba, Brooklyn Decker, Patrick Wilson, James Badge, Dale, Ed Helms, Ray Liotta, Shaun Toub, David Hasselhoff Fran Solana


14

RINCÓN LITERARIO

Blindar o Social Nestes tempos de crise e recortes, fálase moito da necesidade de acabar co estado de benestar. De que é este o que sangra a economía. Ou de que, se seguimos nesta liña, nunca sairemos da crise. Unha crise creada e alimentada pola macroeconomía, polos grandes magnates do capital que gustan de ter nas súas mans millóns de vidas que levan pola corda. Son os mesmos que se lavan a cara en obras benéficas que en nada axudan aos que menos teñen, e que só serven para dar un novo impulso ao seu plan de promoción persoal. Quen defende a fin do estado de benestar, debería mirar un pouco para abaixo e ver os millóns de vidas que non dan satisfeito as súas necesidades máis básicas; mentres eles dan cumprimento a estúpidos antollos que teñen custos astronómicos, ao tempo que tiran pedras contra o tellado do benestar do que depende a vida de xente común que pouco ou nada lles importa. Débese dicir alto e claro, que a posta en marcha do estado de benestar xerou empregos que ata agora non existían. Grazas á Lei de Dependencia, moitas persoas pódense permitir coidar dos seus sen perder a súa propia vida, é dicir, cotizando pola súa labor. Tamén, grazas a esta lei, moitas persoas accederon a un emprego remunerado e moitas outras temos o acceso á liberdade que levábamos anos agardando. Unha liberdade que, por exemplo, nos amplía horizontes laborais. No momento que teñamos un acceso real ao emprego, tamén contribuiremos ao mantemento desde estado. De feito, contribuír é o noso gran obxectivo vital, só necesitamos una oportunidade. Desde xeito, o Estado sería o principal beneficiario das prestacións dadas, que regresarían ás súas arcas en forma de capital humano. Se nós accedemos a un emprego digno e xustamente remunerado, isto repercutirá positivamente nas condicións económicas e laborais dos nosos coidadores familiares ou asistentes persoais. Co corresponde incremento da calidade de vida para nós, para os asistentes e para os respectivos núcleos familiares. Quixera que os grandes analistas económicos e macroeconómico me dixeran canto vale una vida, ou mellor! Canto vale un proxecto vital. Tamén quixera que me dixeran que é a economía sen o capital humano. Que valor lles dan eles ás ilusión dunha persoa. Que significa para eles o benestar. Que parte de benestar están dispostos a sacrificar a prol da superación da crise. Ou como facer un modelo sostible no que todos teñamos una vida plena e digna. Hai dúas formas de saír da crise, unha favorecendo aos de sempre e castigando a aqueles que non buscamos esta situación. Neste modelo acábase o benestar e empeza a marxinación a todo aquel que é distinto ao establecido. E o resultado é unha sociedade hipócrita que non ve máis que un modelo de persoa estándar, favorecendo a satisfacción da súas absurdas necesidades. Pero hai outro modelo de xente humilde que quere traballar para vivir, para medrar e ser feliz e que concibe o traballo como unha autorrealización persoal. Esta xente necesita apoio, o respaldo dun estado forte que vele polo equilibrio entre os que máis teñen e os que máis necesitan, un estado que converta en oportunidades de emprego aquelas actividades destinadas á promoción da vida plena dos máis desfavorecidos. Este estado pode existir se nos comprometemos con el e somos capaces de construílo xuntos. Pero para iso é imprescindible apostar por un país no que todos teñan a oportunidade de chegar, é dicir, o apoio necesario para acceder a satisfacción das súas necesidades de autorrealización en igualdade de condicións. Esta igualdade require un amparo constante da persoa do seu goberno. Xa que, como quedou demostrado, a igualdade de oportunidades no punto de partida é unha falacia. Iago Santalla Ex-usuario Aula de NN.TT. COGAMI CRD- Fingoi ( Lugo)


15

POESÍA

Sonos rotos No boulevar dos sonos rotos, vive unha fermosa muller de cabelos louros e ollos marróns escuros, da cal estou profundamente namorado, pero os meus sonos están completamente rotos a causa de que ela ten outro home e iso non me deixa vivir.

Enrique Sanmartín

EN INTERNET - Blog DISINCREIBLES de Fingoi: http://www.disincreibles blogspot.com - Proyecto Retadis: http://www.retadis.es - Polibea Turismo: http://www.polibea.com e-mail: polibea@polibea.com - Federación Española De Ortesistas Protesistas (FEDOP): http://www.fedop.org e-mail: fedop@infonegocio.com - Canal Discapacidade: http://www.risolidaria.org - Información Discapacidade: http://www.discapnet.es - Portal Solidario: http://www.portalsolidario.net - Blog Amica: http://www.sotileision.blogspot.com - Cogami: http://www.cogami.es - Cocemfe: http://www.cocemfe.es - Cermi: http://www.cermi.es - Sin Barreras: http://www.telepolis.com/comunidades/sinbarreras/ - Socialia: http://www.socialia.org (Único portal gallego dirigido específicamente al 3° sector.) - Lugo Accesible: http://www.lugoaccesible.net - Voluntariado Galego: http://www.voluntariadogalego.org/web/


PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013 COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR- SECRETARIA XERAL DE POLITICA SOCIAL E IMPARTIDO POR COGAMI A PERSOAS CON DISCAPACIDADE


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.