maria milagros pato

Page 23

PRACTICUM DO MESTRADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA, BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL E ENSINANZA DE IDIOMAS

1. Participar na elaboración do proxecto curricular de etapa. 2. Elaborar o programa anual destas actividades para o que se terán en conta as propostas dos departamentos, do profesorado, do alumnado e dos pais e nais e as orientacións do claustro e Comisión de Coordinación Pedagóxica. 3. Programar

cada

unha

das

actividades

especificando

obxectivos,

responsables, momento e lugar de realización, repercusións económicas e forma de participación do alumnado. 4. Proporcionar ó alumnado a información relativa ás actividades do departamento. 5. Promover e coordina-las actividades culturais e deportivas en colaboración co claustro, a comisión de coordinación pedagóxica, os departamentos, a xunta de delegados de alumnos e a asociación de pais. 6. Coordinar a organización das viaxes de estudios, os intercambios escolares e calquera tipo de viaxes que se realicen cos alumnos. 7. Distribuír os recursos económicos destinados para o efecto, procedentes de aportacións de institucións, asociacións ou do propio centro, logo da aprobación polo Consello Escolar. 8. Organizar a utilización da biblioteca do instituto. 9. Elaborar unha memoria final do curso coa avaliación das actividades realizadas que se incluirá na memoria do centro. 10. Presentarlle propostas ó equipo directivo para a relación e intercambio de actividades cos centros do seu contorno.

2.1.7.2.3 Os Departamentos didácticos. Vinte e un son os departamentos didácticos existentes neste centro docente. Os departamentos didácticos son os órganos básicos encargados de organizar e desenvolve-las ensinanzas propias das áreas, materias ou módulos profesionais correspondentes, e as actividades que se lles encomenden, dentro do ámbito das súas competencias. Os departamentos didácticos compóñense por tódolos profesores que imparten o ensino propio das áreas, materias ou módulos profesionais asignados ó departamento. → Son funcións dos departamentos: María de los Milagros Pato González

23


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.