Plantillalibrospaz 3

Page 1

Reflexionando sobre o Día da Paz no club de lectura “Gozando no Laxeiro” O día 30 de xaneiro celebrouse en todo o planeta o Día da Paz. Aínda que non debería ser necesario lembrar os valores que esta representa, por desgraza a experiencia nos obriga a ter que dedicarlle canto menos un día. Nós dedicamos varias sesións do noso club de lectura a ler álbums ilustrados que tratan de dar a coñecer os actos irracionais da violencia. Coñecemento necesario para avanzarmos no sendeiro dunha educación non violenta e de resolución pacífica dos conflitos. Eliximos este formato, en que texto e ilustración comparten a tarefa de contar, polo seu carácter evocador. Conta a mitoloxía que a voz e a imaxe "E se as historias para nenos fosen se namoraron de forma irremediable, tal como nos ensi- de lectura obrigatoria para os adulnan Eco e Narciso. Pois iso mesmo representan os libros tos? ilustrados que ides coñecer nesta presentación. Seriamos realmente capaces de En cada sesión un alumno leu un álbum ao resto dos compañeiros para despois facer unha reflexión sobre as cuestións que xurdían ao redor da lectura.

aprender o que, dende hai tempo, vimos ensinando?"

tanto

José Saramago


Fume de Antón Fortes con ilustracións de Joanna Concejo Quixemos conmemorar as vítimas do holocausto nazi (27 de xaneiro) coa lectura de varios álbum desta temática. Con Fume iniciamos esta actividade da man de Miguel que nos presentou a historia ilustrada dunha familia que vive a creba que representa a vida nos campos de exterminio nazi a través da visión dun neno. Este personaxe anónimo, adáptase ás condicións duras do campo de concentración: fame, frío, enfermidade, violencia, morte...Unha conmovedora historia que non deixou indiferente a ninguén.


A historia de Erika de Ruth Vander Zee e ilustracións de Roberto Innocenti A dor pola perda, a dor por ser orfa nun universo de violencia, a dor pola invención dun pasado que lle roubaron... A historia de Erika é esa historia de dor. Como dixo Anabel este libro relata a “historia dunha superación”, dunha nena que se salva de morrer nas cámaras de gas porque os seus pais toman a decisión de lanzala á vida dende o tren que os levaba a eles á morte. Entender as razóns que levan ao ser humano a cometer esas barbaridades expresa a necesidade de crear, de escribir, de explicar, para que o futuro non as repita.


Guernica de Heliane Bernard con ilustracións de Olivier Charpentier A voz de Marcos guiounos polo sendeiro da senrazón e da barbarie que representou o bombardeo de Guernica, no que se segou a vida de centos de vítimas inocentes, todas civís. Picasso soubo representar a violencia irracional deste acto, e a súa imaxinación ideou símbolos para significar o que aconteceu en Guernica e realizar así unha poderosa chamada de atención que aínda perdura coma un berro pola paz, pola necesidade de resolver os conflitos de forma pacífica. De aí que a pomba sexa hoxe o símbolo da Paz.


Rosa Blanca Texto de Christophe Gallaz e ilustracións de Roberto Innocenti. Rosa Blanca, a protagonista do libro presentado por María, representa a xenerosidade extrema como forma de entender as relacións humanas. Extrema porque foi capaz de intervir nunha realidade próxima e inxusta, primeiro levando, ás agachadas, alimentos a un campo de concentración, para acabar por dar o único que lle pertencía. O nome, Rosa Blanca, homenaxea o grupo de resistencia alemán, que levaba o mesmo nome , en contra dos nazis e da solución final, o exterminio de xudeus nos campos de concentración.


Porque a memoria dos nosos actos, da nosa historia é a semente do futuro achegádevos a estes relatos, que ilustran, en esencia, cal é o Camiño da Paz


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.