Cuatrocorazones

Page 1

LECTURA EXPRESIVA DE CUATRO CORAZONES CON FRENO Y MARCHA ATRÁS

Durante varias sesións, no noso club fixemos unha lectura dramatizada dun clásico do noso teatro: Cuatro corazones con freno y marcha atrás de Enrique Jardiel Poncela. O noso obxectivo principal era o goce da obra , pero tamén lle demos importancia a facer a lectura cunha velocidade adecuada, coa correspondente entoación; cun volume apropiado, con seguridade e sen vacilacións. Intentamos reproducir coas nosas voces as emocións ( tenrura, paixón, ironía, medo…) que se reflectían no texto. A continuación, vimos varias escenas da obra no mítico Estudio1 de RTE e comparamos co que imaxinamos durante lectura. Todos coincidimos en que resultou divertido interpretar aos distintos personaxes, aínda que non todos tiñan a mesma opinión noutros aspectos: Anabel destacou: “Gustoume bastante porque ten partes nas que rin moito e nas que me divertín coas distintas situacións humorísticas. Destacaría o humor, a fantasía e a intriga por ver como acaba tan disparatada historia.”


Miguel comentou “a facilidade de lectura e como se vai desenvolvendo a trama a partir da invención dun xarope que facía aos principais personaxes inmortais ou despois, doutro que provocaba ir rexuvenecendo a medida que pasa o tempo.” A Javier non lle gustou moito porque aparecen bastantes personaxes e os libros de teatro non están entre os seus preferidos. A Isaias gustoulle porque “engancha e sempre tes ganas de saber o que pasa a continuación. O personaxe que máis lle chamou a atención foi o salvaxe que apareceu na illa deserta e resultou ser o marido desaparecido de Hortensia” Para Verónica non pasou a ser un dos seus libros preferidos, pero invita a todos a lelo. “É unha obra que vai avanzando a medida das ocorrencias dos personaxes, ás veces, disparatadas e humorísticas.” A María pareceulle un libro divertido, aínda que, nalgún momento, complicado. O tema principal é a desexada xuventude dos protagonistas para poder resolver problemas económicos e sentimentais. A Alejandro pareceulle unha comedia interesante. Destaca ao personaxe do doutor Bremón, xa que ten unha gran personalidade e os seus descubrimentos serán importantes para o desenvolvemento da historia. Todos os personaxes principais vense afectados polas accións de Bremón. A Adrián gustoulle máis ao principio, despois foi perdendo interese segundo avanzaba a obra.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.