Charetas 2012

Page 94

que se ve a televisión deben ser de convivencia familiar, por esa razón debería estar situada en lugares de uso común da vivenda como é o salón. Cando estamos vendo algún programa podemos facer comentarios sobre o mesmo e as familias serán coñecedoras do tipo de programas que lles gustan aos seus nenos e nenas. Asemade o ter a tele para toda a familia obrigará a falar e negociar sobre cal programa ver e así aprender a convivir e a ter en conta aos demais. 2- Que consellos darías sobre a utilización destes medios?

Todos estes medios son bos, se se usan adecuadamente. No caso do ordenador hai que recoñecer que é un medio moi útil para aprender e para traballar. Con respecto ao acceso a internet hai que ter en conta algúns aspectos: - Internet é un medio de información moi amplo, moi necesario na sociedade actual e moi agradable para dar resposta ás nosas inquedanzas. - Internet é un medio de comunicación persoal e de masas. Como medio de comunicación persoal ten o perigo de permitir a comunicación con persoas descoñecidas, que non podemos ver, nin sabemos nada delas e que polo tanto poden enganarnos facilmente e poden facernos crer que son completamente diferentes. Na adolescencia e xa na preadolescencia poden engaiolar a rapaces e rapazas con serio perigo para as súas vidas. Como medio de comunicación social é aínda máis perigoso, xa que existen na actualidade abundantes redes sociais que son creadas cuns fins concretos e coñecen os recursos para facer caer á maioría dos participantes nas mesmas. Dende algúns nos que se establecen relacións para compartir fotos de abusos a menores ou a mulleres ata outras nas que corren perigo os rapaces ou rapazas e as súas familias. Hoxe en día as redes sociais son un perigo moi grande en internet polo que é necesario que os pais coñezan as páxinas que os seus nenos e nenas visitan. Entón, como resume, ordenador si, sempre que non cree dependencia e que non se utilice de maneira perigosa. En relación co teléfono móbil está claro que non é unha necesidade para nenos e nenas destas idades, pero tamén temos que recoñecer que é unha moda social; eu diría que na mesma situación están nenos e nenas e avós e avoas, pero aínda así penso que deben darse unhas pautas para o bo uso do mesmo. Por exemplo, no aspecto económico, o neno ou a nena teñen que ser responsables do gasto, polo tanto non poden usalo sen necesidade e incluso deberían de ter que aforrar dos seus aguinaldos para recargalos, facéndose así conscientes da necesidade de aforrar e de non poder malgastar de calquera maneira. En relación coa vídeo consola hai que recoñecer que con algúns xogos desenvólvese a intelixencia e a creatividade, practícase buscando estratexias para resolver as diferentes situacións, aumentan a agudeza visual e mental e na maioría dos xogos non se resolven de forma mecánica senón que hai que pensar. O perigo deste aparello está no tempo que se lle dedique e no tipo de xogos. Non pode crear dependencia, non pode impedir outras actividades, a vídeo consola ten que ser utilizada como tempo de lecer, e hai que saber elixir ben os xogos adecuados á idade do neno ou nena e coidar que non teñan contidos violentos, sexistas, etc que xa ven exposto na parte exterior dos mesmos. Temos que recoñecer que estamos na etapa do uso das tecnoloxías e é labor das familias coñecer e comprender a realidade que nos tocou vivir, porque só así podemos axudar aos nosos nenos e nenas a comprendela e a vivila da mellor maneira posible, utilizando as novas tecnoloxías como un medio máis de aprendizaxe e comunicación, como medios de enriquecemento persoal en adquisición de coñecementos, en autonomía, en habilidades persoais e sociais, e como medio que lles axude a vivir en harmonía consigo mesmo, cos demais e coa natureza. Alumnado de 6ºA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.