Charetas 2012

Page 1


ÍNDICE Editorial.

2

Letras Galegas 2012 (5ºB e 6ºA).

3

Refraneiro do ano (3ºA).

6

As Nosas Charetas.

10

Os nosos poemas “O Soño que se coou na realidade” EDNL - Libros viaxeiros Os nosos murais Campo de papoulas (1ºA).

20

Así somos os nen@s de 3 anos.

22

Chegou a primavera á clase de 4 anos.

24

Decímoslle adeus á Educación Infantil.

26

As aventuras do monstruo vermello (2ºA e 2ºB). 28 English corner.

32

Anécdotas musicais.

33

Adiviñas (1ºB).

34

Cousas de animais (3ºB).

36

Refráns, ditos e cantigas (4ºA e 4ºB).

38

Os novos medios entre o alumnado (6ºA).

42

Novas de Vilalba (5ºA e 6ºB).

44

APA.

48

IMAXES DA PORTADA (WEBGRAFÍA): http://derechoeducacionm.blogspot.com http://conocetuentorno.blogspot.com http://mvillard.wordpress.com http://como.hacer.wikia.com http://juntadeandalucia.es



17 de maio – Día das Letras Galegas O día das Letras Galegas é unha celebración da Real Academia Galega para homenaxear ás persoas que destacaron pola creación literaria en galego ou pola defensa do noso idioma. É condición esencial que faga dez anos dende o seu pasamento.

Elexiuse a data do 17 de maio porque ese día do 1863 publicouse en Vigo o primeiro exemplar de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

Neste ano 2012 o autor homenaxeado é Valentín Paz Andrade “empresario, economista, ensaísta, poeta, xurista, xornalista e político”.

Alumnado de 5ºB


Valentín Paz Andrade naceu o 23 de abril de 1898 na parroquia de Lérez, en Pontevedra. Fillo de Francisco Paz e Matilde Andrade tivo tres irmàs: Matilde, Carmen e Castora que morreu moi nova. Valentín, con oito anos, quedou orfo de nai, aspecto que o marcou moito para a súa vida. A súa primeira mestra foi Dolores Cimadevila, casada co seu tío Xoán Bautista Andrade, poeta e xornalista, un home fundamental na vida de Valentín, el sería o seu “primeiro mestre”. Fixo os estudos primarios no colexio Balmes de Pontevedra e de segunda ensinanza no instituto desta cidade. Nesta época coñece a Castelao e iníciase no xornalismo da man do seu tío. En 1817, e despois de moitas dúbidas, decide estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Nestes anos fai amizade co escultor Asorey, con Camilo Díaz Baliño, Antón Villar Ponte, Lois Porteiro, Losada Diéguez, Rafael Dieste, Xoán V. Viqueira, etc. En maio de 1921 remata a carreira coa máxima nota e aos poucos días comeza a exercer en Pontevedra. Chámano a filas para participar na fronte de África e esta experiencia marca fondamente a Paz Andrade. Cando volve repatriado ten que pasar algún tempo no Hospital Militar de Coruña por serios problemas de saúde. Na ditadura de Primo de Rivera non adoptou unha actitude sumisa e tivo que pasar quince días na cadea en Vigo ao non pagar dúas multas por dous artigos seus nos que defendía o ferrocarril dende Galicia á fronteira francesa. En 1927 a súa vida dá un xiro cara ao mar colaborando e despois dirixindo Industrias Pesqueiras ata o seu pasamento. Foi durante moitos anos asesor xurídico dos armadores e con motivo da folga dos mariñeiros de 1932, o 3 de xaneiro sofre un atentado en Vigo no que recibe varios balazos e dos que se recuperou rapidamente. En 1934 foi nomeado secretario do Partido Galeguista. Tralo alzamento do 18 de xullo de 1936 a súa vida complícase sendo desterrado primeiro a Verín e ao seguinte a Requeixo de Queixa, un lugar pequeno en plena serra, preto de Zamora, onde pasou fame e frío, e máis tarde a Badaxoz. A tristura do desterro levouno a escribir poesía, na que puxo moito sentimento. Nestes anos coñeceu a Pilar Rodríguez Prada, coa que casou o 8 de decembro de 1938 na Capela do Santo Cristo de Ourense e deste matrimonio naceu Alfonso, o seu único fillo. Durante moitos anos estivo centrado en toda a problemática existente ao redor das industrias pesqueiras, propiciando a creación da conserveira Pescanova. No Nadal de 1961 sofre un grave accidente de tráfico fronte á súa casa de Lérez que o mantería apartado da súa actividade e despois marcha ao que sería e seu fogar definitivo pretiño da praia de Samil. Fai varios viaxes a Arxentina, Cuba, México... por mor da súa preocupación polas industrias pesqueiras. Tamén viaxou á costa de Sudáfrica na procura de novos caladoiros e en 1970 volve a ter un problema de saúde do que logra recuperarse. En 1964 ingresa na Real Academia Galega e no 1985 ingresa como académico de número na Academia Galega das Ciencias. Tras loitar varios meses cunha doenza cardiovascular, Valentín Paz Andrade faleceu nunha clínica en Vigo o 19 de maio de 1987 e foi enterrado no panteón familiar do cemiterio de Lérez na súa Pontevedra natal, envolto na bandeira galega polo seu expreso desexo. Alumnado de 5ºB


Valentín Paz Andrade foi un escritor polifacético, pois, ademais de poesía e narrativa, escribiu ensaios literarios e históricos, mostrando a súa preocupación polo progreso de Galicia, así como tamén redactou diversas obras especializadas en temas pesqueiros. Polo seu labor, tanto xornalístico como literario, foi galardoado en varias ocasións: recibiu o Pedrón de Ouro en 1975 e o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo en 1986, entre outros. Entre as súas obras, podemos destacar: A) Ensaio literario, histórico e económico -Galicia como tarea. Obra na que expón as claves económicas e sociais da nosa terra. Según Méndez Ferrín, é “o gran manifesto político e económico do nacionalismo progresista” -La anunciación de Valle Inclán. -La marginación de Galicia. Obra na que aborda os problemas sociais da nosa terra: a marxinación e o porvir do galego, a marxinación da España atlántica, a problemática do aforro galego,… B) Temática pesqueira -Sistema económico de la pesca en Galicia -El capital como factor del desarrollo de Galicia -Los derechos sobre el espacio marítimo -Principios de economía pesquera C) Poesía -Pranto matricial. Elexía dedicada á morte de Castelao -Canto do pobo disperso -Sementeira do vento. Libro de poemas escritos “nos desterros dentro e fóra de Galicia, e nas miñas residencias americanas” -Cen chaves de sombra. Poemario dedicado a Ramón Otero Pedrayo despois da súa morte. D) Ensaio -Castelao na luz e na sombra. Biografía de Castelao -Galiza lavra a súa imagen. Conxunto de textos de temática variada, e onde segue a defender a irmandade do galego e o portugués. -A galecidade na obra de Guimarães Rosa. Obra sobre este autor brasileiro e a súa relación literaria co galego. -La marginación del idioma. Obra na que, botando man de mapas e táboas de falantes, reivindica a unidade do galego e o portugués. Alumnado de 6ºA


Alumnos/as 3º A

o Marzo, marzolo, trobón e raiolo. o Marzo, marzola, trobón e raiola. o Marzo ventoso e abril chuvioso Xaneiro ou temperado, Traen afrío maio florido e fermoso. pásao abrigado. o Marzo, marzán, Cando en xaneiro bebes, pola mañá de rosa en agosto haicara neves. pola tarde cara de can. Auga de xaneiro, cada gota vale diñeiro.

En xaneiro, sete capelos e un sombreiro. En xaneiro, planta o teu alleiro. O sol de xaneiro sempre tras do outeiro. Xaneiro quente, o diaño trae no ventre. Xaneiro, xeeiro. En xaneiro non metes obreiro non polo día senón pola pedra que está moi fría. En xaneiro, vaite ó teu leiro, se o ves verdeguear, ponte a chorar, se o ves terrear, ponte a cantar.

• O sol de febreiro non da meda nin palleiro. • Abrígate en febreiro

con dúas capas e un sombreiro. No mes de febreiro, mete o obreiro. A neve febreiriña, pícaa a galiña. Neve febreiriña, tarde vén e logo camiña. Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira. Cando non chove en febreiro, nin bo prado nin bo palleiro. • En febreiro mete o obreiro, antes na sebe que na parede. • A xeada de febreiro mata a vaca e mailo leiro. • Febreiriño curto, cos teus días vinteoito, se non fora por marzo, que che quitou tres ou catro, non quedaba can nin gato. • • • • •

Marzo, marzolo, trobón e raiolo. Marzo, marzola, trobón e raiola. Marzo, marzal, o que non empeza ben, remata mal. En marzo podar e cavar, se é que queres colleitar. Entre marzo e abril sae o cuco do cubil. Marzo ventoso e abril chuvioso traen a maio florido e fermoso. o Marzo, marzán, pola mañá cara de rosa pola tarde cara de can.

o o o o o o


-

A auga de abril enche o carro e o carril. Seméntesme tarde ou cedo ata o mes de abril non me verás o pelo. Cando abril recacha aínda a vella queima a racha. Abril frío e fornos quentes alegría para os meus dentes. Abril que non chove, deixa ó labrego pobre. Abril que por mal quere vir nin as portas deixa abrir. Ano ruín, cando chove moito en xaneiro e neva en abril.

En san Xoán a sardiña molla o pan. Polo san Pedro rega por medo. Bo tempo en xuño, verán seguro. En san Xoán as nove con día dan. No mes de san Xoán máis queixo que pan.

Nen maio sen trebóns nen home sen calzóns. Maio, maión, maión, moitas flores e trebóns. Ata o corenta de maio non quites o saio. No mes de maio aínda a vella queima o tallo. Maio chuvioso, verán caluroso.


O que non aproveita xullo para se bañar é que ten medo do río ou do mar. Polo san Xoán sécalle a primeira raíz ao pan, polo Santiago sécalle a do medio e pola santa Mariña, bótalle a fouciña. Polo san Xoán sécalle a primeira raíz ao pan, polo san Pedro sécalle a do medio e pola santa Isabel, a do caravel. Pola santa Mariña, pousa a sacha e colle a fouciña. Xullo andando, millo arreando. Xullo quente, millo valente. Xullo arder, patacas coller. En xullo normal, seca todo manantial. Polo Santiago, cegoñas e polos a xeirar polos agros. Polo Santiago, non hai mal cabalo.

• • • • • • •

o o o o o

En agosto corre o sol coma o lóstrego. O can en agosto ao seu dono volve o rostro. A chuvia de agosto non é chuvia , é mel e mosto. A chuvia en agosto non trae bo magosto. A sombra de agosto é o sol de setembro. Agosto ardenteiro herba no palleiro. Agosto pasou e mallou quen mallou.

Setembro ou leva as pontes ou seca as fontes. En setembro arden os montes e secan as fontes. En setembro colle o viño e non durmas no camino. Setembro asegura o que agosto madura. A castaña quere en agosto arder e en setembro beber.


Polas san Lucas, suca boi suca e polo san Simón suca varón que pasa sazón. Outubro quente, inverno detente. Outono quente, inverno doente. Flores en outono, fame en ano novo. Outubro chuvioso, inverno copioso. Se as patacas non colles en outono has pasar máis fame que un mono. En outubro non molesta o lume. Outono chegar, porco cebar. En outono come a carne o seu dono, A horta no outono mantén ao seu dono. Bo outono, ledicia do dono. Outono, outonán mes das san Lucas e máis do san Froilán.

• • • • • •

Ditoso mes que comeza en Santos, media con san Alberte e remata con san Andrés. Do vinte de novembro endiante o inverno xa é constante. O verán de san Martiño son tres días e un pouquiño. Polo san Miguel están as uvas coma o mel. San Migueliño das uvas maduras canto me tardas e pouco me duras.

No mes de Nadal, gárdate a carón do lar. Frío en Nadal, calor desde san Xoán. Nadal mollado, xaneiro xeado. Cando o Nadal nada, sinal de boa anada. Polo Nadal cada ovella no seu curral. Nadal ventoso, xaneiro ventoso.


AS NOSAS CHARETAS

Alumnos/as de 4ยบ



Era unha vez un colexio nunha vila sen demasiados habitantes. Un día, sen vir a conto, apareceu un vidro no chan, con sangue. Ao recreo seguinte, as canastras estaban rotas, tamén con manchas de sangue. Un día despois, empezaron a faltar nenos; o primeiro día un, o segundo dous, o terceiro tres … Pouco tempo despois, un día cando xa finalizara a clase e o conserxe estaba a varrer, atopouse cun home vestido de negro, que levaba posta unha máscara con forma de caaveira e portaba un trofeo coa beira manchada de sangue. Na xornada seguinte, apareceu o consexe morto, pendurado do encerado da aula de 6ºA, no primeiro andar. Paula acordou sobresaltada e pensou para si: menos mal, só era un pesadelo. Soou o despertador; tíñase que erguer. Non tardou moito tempo en se asear, pois tiña que ir ao colexio a andar. Esa mañá contoulle ás súas amigas o que soñara, ao que elas responderon: -Debíchelo pasar moi mal -Non me gustaría que pasase iso, imaxinades ao consexe pendurado do encerado? -Xa, responderon as tres amigas a coro Nese momento tocou o timbre; era a hora de subir para a clase. Pasou a mañá, de asignatura en asignatura, ata que volveu a tocar o timbre para baixar ao recreo. Ao saír ao patio, un neno berrou: mirade, aquí hai un vidro manchado de sangue! As catro amigas exclamaron abraiadas: igual que no soño! -A ver, ímonos calmar; só é unha coincidencia e namais que unha coincidencia, dixo Paula tentando transmitir unha tranquilidade que ela non sentía. -Iso espero, dixo Irene, a súa mellor amiga. Ao recreo seguinte, ao saír ao patio, as catro amigas dixeron: hoxe hai que correr, porque nos toca no patio de atrás e temos que coller un bo balón e unha canastra. -Vamos, dixo Irene. Ao chegar ao patio de atrás, todas levaron unha sorpresa; as canastras estaban rotas e manchadas de sangue, igual que no soño de Paula. Pero, ademais, todas as pelotas estaban picadas. -Ben, no meu soño as pelotas non estaban picadas, dixo Paula, mentres se ollaban unhas a outras cavilando nas coincidencias. Non bromees, o paso que falta é o do conserxe que aparece pendurado no encerado da nosa clase, respostoulle Nerea con xesto de preocupación. -Non, aínda queda o dos nenos; temos que impedir que maten ou secuestren a seis nenos, puntualizou Lucía, a de máis recente chegada ao grupo, procedente de Lugo. Como o imos impedir, se nen siquera sabemos quen son! Dixo Nerea. -Paula, ti non soñaches nada máis?, preguntou Irene. -Non, nada máis, só un soño onde aparecían seis nenos da clase. Primeiro aparecía David, despois Alex e Aarón; a continuación , Carlos, Alfredo e Samuel. -Humm… Xa sei, é a orde en que desaparecerán os nenos! , sentenciou Nerea poñendo cara de detective que acaba de descubrir a clave dun asunto. O primeiro día, un, David; o segundo dia, dous, Alex e Aarón; o terceiro día, tres, Carlos, Alfredo e Samuel.


Nese intre achegouse ao grupo das nenas outro de nenos entre os que estaban os seis implicados no soño. Elas decidiron confesarlles toda a historia do soño e as súas sospeitas. Pensaron que o mellor era que aqueles días quedasen os nenos cada un nunha casa diferente da súa habitual. Así o fixeron. Á xornada seguinte, nada de novo. E nos dous días seguintes, tampouco; ninguén faltaba, ninguén morrera, nada mudara. Aínda lles faltaba por solucionar o do conserxe. -O último paso é o do conserxe, dixo Paula. -Ben, a min o consexe non me cae alá moi ben, dixo Irene. -Nin ao que peor che caia do mundo lle desexas a morte, respostoulle Paula. -É certo, se o podemos impedir, que nada nos deteña. Estades de acordo? -Estamos, exclamaron todas a coro. Pensaron que a única maneira de interceptar o destino do conserxe era impedir que quedase só no centro despois da clase, porque se fose así, o seu final podía ser fatal. Na hora do recreo foron á conserxería; o consexe estaba a facer fotocopias. Todas á vez, dixéronlle: Non podes quedar non colexio despois das cinco, se quedas acabarás pendurado do encerado da nosa clase. -Mellor, menos traballo para min, dixo el todo tranquilo. -E tamén tés que impedir que quede alguén, engadiron as nenas. -Iso non o podo facer. Tedes que falar co director. -As rapazas cruzaron o patio até a dirección. Alí estaba o director. Contáronlle a historia e suplicáronlle que avisase ás señoras da limpeza para que non viñesen traballar esa tarde. O director contestoulles que estaba de acordo e púxose a xestionar o asunto, por se acaso. Así, ao día seguinte, no encerado non había ninguén pendurado e todo seguía normal. Instaláronse unha novas canastras e todos esqueceron todo. Todos menos Paula. Sara Leal

David Cazón


Traballo do E.D.N.L, en colaboración co PROFESORADO E ALUMNADO do C.E.I.P. Manuel Mato Vizoso de Vilalba (Lugo). Este curso académico, desexamos dar a coñecer á comunidade educativa o traballo que estamos a facer cada curso e especialmente o levado a cabo o pasado curso promovido dende o equipo de dinamización, aínda que xa sabemos que moitos e moitas estades a seguir as nosas andainas a través da páxina web do cole: www.edu.xunta.es/centros/ceipmatovizoso. Así, propuxemos a elaboración duns libros viaxeiros sobre persoeiros importantes nados en Vilalba. Primeiro para coñecer a súa realidade inmediata e saber a quen estaban adicados algún dos centros educativos da vila. Así os rapaces e rapazas traballaron e coñeceron as figuras de Manuel Mato Vizoso (historiador, cronista, escritor, membro da Real Academia Galega e fundador de “El Eco de Villalba”), Antonio Insua Bermúdez (pintor), Santiago Basanta Silva (avogado, político), xa que dan nome a tres centros públicos de ensino de Vilalba, • Instituto de Educación Secundaria “Santiago Basanta Silva”. • C.E.I.P. “Antonio Insua Bermúdez”. • C.E.I.P. “Manuel Mato Vizoso”.

Por último, achegáronse á figura de Agustín Fernández Paz, escritor chairego, como exemplo do mundo da cultura. Actualmente estamos a traballar na vida e obra de MANUEL MARIA, un poeta da Terra Chá. Agardamos poder ensinarvos en breve o resultado do noso traballo. A continuación podedes ver unha mostra do traballo realizado que se atopa exposto na biblioteca do noso centro.


LIBRO VIAXEIRO DE SANTIAGO BASANTA SILVA


LIBRO VIAXEIRO DE ANTONIO INSUA BERMUDEZ


LIBRO VIAXEIRO DE MANUEL MATO VIZOSO


LIBRO VIAXEIRO DE AGUSTÍN FDZ. PAZ

O equipo de DNL.


Os nosos murais


Mirade que orgullosos estamos co noso

“Campo de papoulas” papoulas”

A través da obra de Monet, aprendemos moitas cousas sobre a pintura de paisaxes e flores que realizaban, hai máis de 140 anos, un grupiño de pintores pertencentes ao Impresionismo. Pero … que é iso do Impresionismo ? Veredes, foi unha nova forma de pintar que surxiu en Francia a finais do S. XIX no que se lle daba moita importancia á pintura ao aire libre, á cor, á luz, ás pinceladas grosas …


Agora estamos no ano 2012, as formas de pintar e os materiais evolucionaron moitísimo. Velaí tedes unha mostra do que se pode facer co ordenador na pizarra dixital. Non nos manchamos nadiña ! Pero se nos virades cando pintamos o da clase … Para nós foi: IMPRESIONANTE ! Nenos e nenas de 1 º A


ASÍ SOMOS @S NEN@S DE TRES ANOS










Conto viaxeiro realizado polo alumnado de 2º de primaria: Santiago, Brais G., Lucía, Ana, Rafa, Pedro, Adrián, Martín, Alex, Tati, Noa, Brais P., Teo, Estrella, Sabela, Xesús, Pablo, Rachel, Paula, Manuel, Mario, Rubén A, Rubén F.,Juanjo e David.


The seasons

Spring is coming...

Spring

Alumnado de 1ยบ Summer

Autumn

Winter

At Christmas Time...


ANÉCDOTAS MUSICAIS OÍDOS AMENAZADOS POR… BACH Cando Bach traballaba en Arnstadt, en 1705, un membro do Consello da cidade dixo: “ Se Bach segue tocando deste xeito, ficaremos sen órgano en dous anos, ou a maior parte da congregación quedará xorda”.

COMO SE COMPÓN UNHA SINFONÍA? En certa ocasión, un rapaz músico preguntou a Mozart como se debía facer para compoñer unha sinfonía. Mozart respondeulle: -

Ti es moi novo. Comeza por escribir unha canción.

-

Pero mestre – dixo o rapaz-, vostede compoñía sinfonías cando só tiña dez anos.

-

Si, facíao, pero nunca preguntei a ninguén como facelo –respondeu Mozart.

O ÚLTIMO GALO Cando Schubert acadou a adolescencia e lle mudou a voz, viuse obrigado a deixar de cantar no coro do seminario onde estudaba. Korbell, o mestre de canto do centro, apuntou nunha das súas partituras: “ Franz Schubert soltou un galo por última vez, 26 de xuño de 1812”.

NINGUÉN DEBERÍA ESCRIBIR MÚSICA COMA ESTA Berlioz lembraba nas súas “Memorias”(1865) a reacción de Jean François Le Sueur despois de escoitar a “Quinta sinfonía” de Beethoven: “ Buf! Déixenme saír; necesito aire. É incríbel! Marabilloso! Alteroume e desconcertoume tanto que cando quixen poñer o chapeu non atopaba a cabeza… Ninguén debería escribir música coma esta”.

O PEQUEÑO CHOPIN E AS PUNTILLAS Chopin debutou como pianista en Varsovia aos oito anos de idade. Para ese primeiro concerto, a súa nai vestiuno cun traxe no que destacaba un adorno de puntillas. O concerto foi todo un éxito e Chopin díxolle a súa nai: “Todo cho debo a ti, mamá. De seguro que foron as puntillas o que tanto lles gustou”.

O MÁIS GRANDE DOS COMPOSITORES Nunha cea celebrada en Berlin en honor a Brahms, o anfitrión propuxo un brinde: “Polo máis grande dos compositores”. Brahms ergueuse de súpeto e, levantando a súa copa, dixo: “Por Mozart”. Estas anécdotas foron sacadas do libro: Historias curiosas de la música, de Lawrence Lindt. 2004, Ediciones Robinbook, s.l., Barcelona.


Adiviñas 1ºB









Un dos temas que tratamos este ano na clase de matemáticas foi o cálculo de porcentaxes. E aproveitamos unha actividade relacionada para facer e darvos a coñecer unha sondaxe sobre a implantación e uso dos novos medios entre o alumnado do noso centro. Tomamos como mostra só o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º nivel, un total de 146 alumnos, aos que lles fixemos as seguintes preguntas: 1- Cantos tedes ordenador?

2- Cantos tedes tlfno. móbil?

Non

Si

3- Cántos tedes videoconsola?

4- Cantos tedes tele na habitación?

Non

Si

Deseguido propuxémoslle á Xefa de Estudos, Mª Carmen Burgo, que nos respostase a unhas preguntas e nos dese a súa opinión sobre os resultados obtidos. 1- Que aspectos positivos e negativos destacarías dos resultados? A verdade é que non me sorprenderon os resultados da enquisa. Ten aspectos moi positivos como indicadora de que a situación económica das familias é media, con capacidade para a adquisición de novas tecnoloxías así como o interese polo acceso ás mesmas xa que son un medio de información e comunicación moi importante e que debemos saber empregar. Tamén se nota a influencia das modas que marca a sociedade como é o caso do móbil. Como aspecto negativo eu anotaría o da tele na habitación. Penso que os tempos de lecer nos


que se ve a televisión deben ser de convivencia familiar, por esa razón debería estar situada en lugares de uso común da vivenda como é o salón. Cando estamos vendo algún programa podemos facer comentarios sobre o mesmo e as familias serán coñecedoras do tipo de programas que lles gustan aos seus nenos e nenas. Asemade o ter a tele para toda a familia obrigará a falar e negociar sobre cal programa ver e así aprender a convivir e a ter en conta aos demais. 2- Que consellos darías sobre a utilización destes medios? Todos estes medios son bos, se se usan adecuadamente. No caso do ordenador hai que recoñecer que é un medio moi útil para aprender e para traballar. Con respecto ao acceso a internet hai que ter en conta algúns aspectos: - Internet é un medio de información moi amplo, moi necesario na sociedade actual e moi agradable para dar resposta ás nosas inquedanzas. - Internet é un medio de comunicación persoal e de masas. Como medio de comunicación persoal ten o perigo de permitir a comunicación con persoas descoñecidas, que non podemos ver, nin sabemos nada delas e que polo tanto poden enganarnos facilmente e poden facernos crer que son completamente diferentes. Na adolescencia e xa na preadolescencia poden engaiolar a rapaces e rapazas con serio perigo para as súas vidas. Como medio de comunicación social é aínda máis perigoso, xa que existen na actualidade abundantes redes sociais que son creadas cuns fins concretos e coñecen os recursos para facer caer á maioría dos participantes nas mesmas. Dende algúns nos que se establecen relacións para compartir fotos de abusos a menores ou a mulleres ata outras nas que corren perigo os rapaces ou rapazas e as súas familias. Hoxe en día as redes sociais son un perigo moi grande en internet polo que é necesario que os pais coñezan as páxinas que os seus nenos e nenas visitan. Entón, como resume, ordenador si, sempre que non cree dependencia e que non se utilice de maneira perigosa. En relación co teléfono móbil está claro que non é unha necesidade para nenos e nenas destas idades, pero tamén temos que recoñecer que é unha moda social; eu diría que na mesma situación están nenos e nenas e avós e avoas, pero aínda así penso que deben darse unhas pautas para o bo uso do mesmo. Por exemplo, no aspecto económico, o neno ou a nena teñen que ser responsables do gasto, polo tanto non poden usalo sen necesidade e incluso deberían de ter que aforrar dos seus aguinaldos para recargalos, facéndose así conscientes da necesidade de aforrar e de non poder malgastar de calquera maneira. En relación coa vídeo consola hai que recoñecer que con algúns xogos desenvólvese a intelixencia e a creatividade, practícase buscando estratexias para resolver as diferentes situacións, aumentan a agudeza visual e mental e na maioría dos xogos non se resolven de forma mecánica senón que hai que pensar. O perigo deste aparello está no tempo que se lle dedique e no tipo de xogos. Non pode crear dependencia, non pode impedir outras actividades, a vídeo consola ten que ser utilizada como tempo de lecer, e hai que saber elixir ben os xogos adecuados á idade do neno ou nena e coidar que non teñan contidos violentos, sexistas, etc que xa ven exposto na parte exterior dos mesmos. Temos que recoñecer que estamos na etapa do uso das tecnoloxías e é labor das familias coñecer e comprender a realidade que nos tocou vivir, porque só así podemos axudar aos nosos nenos e nenas a comprendela e a vivila da mellor maneira posible, utilizando as novas tecnoloxías como un medio máis de aprendizaxe e comunicación, como medios de enriquecemento persoal en adquisición de coñecementos, en autonomía, en habilidades persoais e sociais, e como medio que lles axude a vivir en harmonía consigo mesmo, cos demais e coa natureza. Alumnado de 6ºA






ASOCIACION DE PAIS DE ALUMNOS COLEXIO DE EDUCACION INFANTIL E PRIMARIA MANUEL MATO VIZOSO DE VILALBA (LUGO)

Neste ano escolar, as actividades extraescolares da A.P.A. foron reducidas debido ao descenso de alumnos inscritos en relación aos anos anteriores, quedando da seguinte forma a distribución dos cursos: Piscina…………. 31 alumnos/as, en catro grupos de 45m. de clases semanais. Informática…….. 16 alumnos/as, nun só grupo de 60m. de duración unha vez á semana. Son socios desta A.P.A. neste presente ano escolar 70 familias. Dende estas liñas, a Directiva da A.P.A. quere agradecer tanto á Dirección do Centro como ó claustro de profesores e a todo o personal do Centro a súa colaboración e apoio para o normal desenvolvemento desta Asociación. Lembramos a todos os pais e nais dos alumnos/as deste Centro a importancia da colaboración coas A.P.A.S., xa que o noso traballo repercute directamente nos nosos fillos/as e na súa educación. O noso esforzo é conxunto, cantos máis sexamos, acadaremos maiores logros e maiores apoios.

XOGA COA A.P.A.




ÍNDICE Editorial.

2

Refraneiro do ano (3ºA).

6

Letras Galegas 2012 (5ºB e 6ºA). As Nosas Charetas.

Os nosos poemas

3

10

“O Soño que se coou na realidade” EDNL - Libros viaxeiros Os nosos murais

Campo de papoulas (1ºA).

20

Chegou a primavera á clase de 4 anos.

24

Así somos os nen@s de 3 anos.

Decímoslle adeus á Educación Infantil.

22

26

As aventuras do monstruo vermello (2ºA e 2ºB). 28 English corner.

32

Anécdotas musicais.

33

Cousas de animais (3ºB).

36

Adiviñas (1ºB).

Refráns, ditos e cantigas (4ºA e 4ºB).

34

38

Os novos medios entre o alumnado (6ºA).

42

APA.

48

Novas de Vilalba (5ºA e 6ºB).

IMAXES DA PORTADA (WEBGRAFÍA): http://derechoeducacionm.blogspot.com http://conocetuentorno.blogspot.com http://mvillard.wordpress.com http://como.hacer.wikia.com http://juntadeandalucia.es

44



17 de maio – Día das Letras Galegas O día das Letras Galegas é unha celebración da Real Academia Galega para homenaxear ás persoas que destacaron pola creación literaria en galego ou pola defensa do noso idioma. É condición esencial que faga dez anos dende o seu pasamento. Elexiuse a data do 17 de maio porque ese día do 1863 publicouse en Vigo o primeiro exemplar de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

Neste ano 2012 o autor homenaxeado é Valentín Paz Andrade “empresario, economista, ensaísta, poeta, xurista, xornalista e político”.

Alumnado de 5ºB


Valentín Paz Andrade naceu o 23 de abril de 1898 na parroquia de Lérez, en Pontevedra. Fillo de Francisco Paz e Matilde Andrade tivo tres irmàs: Matilde, Carmen e Castora que morreu moi nova. Valentín, con oito anos, quedou orfo de nai, aspecto que o marcou moito para a súa vida. A súa primeira mestra foi Dolores Cimadevila, casada co seu tío Xoán Bautista Andrade, poeta e xornalista, un home fundamental na vida de Valentín, el sería o seu “primeiro mestre”. Fixo os estudos primarios no colexio Balmes de Pontevedra e de segunda ensinanza no instituto desta cidade. Nesta época coñece a Castelao e iníciase no xornalismo da man do seu tío. En 1817, e despois de moitas dúbidas, decide estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Nestes anos fai amizade co escultor Asorey, con Camilo Díaz Baliño, Antón Villar Ponte, Lois Porteiro, Losada Diéguez, Rafael Dieste, Xoán V. Viqueira, etc. En maio de 1921 remata a carreira coa máxima nota e aos poucos días comeza a exercer en Pontevedra. Chámano a filas para participar na fronte de África e esta experiencia marca fondamente a Paz Andrade. Cando volve repatriado ten que pasar algún tempo no Hospital Militar de Coruña por serios problemas de saúde. Na ditadura de Primo de Rivera non adoptou unha actitude sumisa e tivo que pasar quince días na cadea en Vigo ao non pagar dúas multas por dous artigos seus nos que defendía o ferrocarril dende Galicia á fronteira francesa. En 1927 a súa vida dá un xiro cara ao mar colaborando e despois dirixindo Industrias Pesqueiras ata o seu pasamento. Foi durante moitos anos asesor xurídico dos armadores e con motivo da folga dos mariñeiros de 1932, o 3 de xaneiro sofre un atentado en Vigo no que recibe varios balazos e dos que se recuperou rapidamente. En 1934 foi nomeado secretario do Partido Galeguista. Tralo alzamento do 18 de xullo de 1936 a súa vida complícase sendo desterrado primeiro a Verín e ao seguinte a Requeixo de Queixa, un lugar pequeno en plena serra, preto de Zamora, onde pasou fame e frío, e máis tarde a Badaxoz. A tristura do desterro levouno a escribir poesía, na que puxo moito sentimento. Nestes anos coñeceu a Pilar Rodríguez Prada, coa que casou o 8 de decembro de 1938 na Capela do Santo Cristo de Ourense e deste matrimonio naceu Alfonso, o seu único fillo. Durante moitos anos estivo centrado en toda a problemática existente ao redor das industrias pesqueiras, propiciando a creación da conserveira Pescanova. No Nadal de 1961 sofre un grave accidente de tráfico fronte á súa casa de Lérez que o mantería apartado da súa actividade e despois marcha ao que sería e seu fogar definitivo pretiño da praia de Samil. Fai varios viaxes a Arxentina, Cuba, México... por mor da súa preocupación polas industrias pesqueiras. Tamén viaxou á costa de Sudáfrica na procura de novos caladoiros e en 1970 volve a ter un problema de saúde do que logra recuperarse. En 1964 ingresa na Real Academia Galega e no 1985 ingresa como académico de número na Academia Galega das Ciencias. Tras loitar varios meses cunha doenza cardiovascular, Valentín Paz Andrade faleceu nunha clínica en Vigo o 19 de maio de 1987 e foi enterrado no panteón familiar do cemiterio de Lérez na súa Pontevedra natal, envolto na bandeira galega polo seu expreso desexo. Alumnado de 5ºB


Valentín Paz Andrade foi un escritor

polifacético, pois, ademais de poesía e narrativa, escribiu ensaios literarios e históricos, mostrando a súa preocupación polo progreso de Galicia, así como tamén redactou diversas obras especializadas en temas pesqueiros. Polo seu labor, tanto xornalístico como literario, foi galardoado en varias ocasións: recibiu o Pedrón de Ouro en 1975 e o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo en 1986, entre outros. Entre as súas obras, podemos destacar:

A) Ensaio literario, histórico e económico -Galicia como tarea. Obra na que expón as claves económicas e sociais da nosa terra. Según Méndez Ferrín, é “o gran manifesto político e económico do nacionalismo progresista” -La anunciación de Valle Inclán. -La marginación de Galicia. Obra na que aborda os problemas sociais da nosa terra: a marxinación e o porvir do galego, a marxinación da España atlántica, a problemática do aforro galego,… B) Temática pesqueira -Sistema económico de la pesca en Galicia -El capital como factor del desarrollo de Galicia -Los derechos sobre el espacio marítimo -Principios de economía pesquera C) Poesía

D) Ensaio

-Pranto matricial. Elexía dedicada á morte de Castelao -Canto do pobo disperso -Sementeira do vento. Libro de poemas escritos “nos desterros dentro e fóra de Galicia, e nas miñas residencias americanas” -Cen chaves de sombra. Poemario dedicado a Ramón Otero Pedrayo despois da súa morte. -Castelao na luz e na sombra. Biografía de Castelao -Galiza lavra a súa imagen. Conxunto de textos de temática variada, e onde segue a defender a irmandade do galego e o portugués. -A galecidade na obra de Guimarães Rosa. Obra sobre este autor brasileiro e a súa relación literaria co galego. -La marginación del idioma. Obra na que, botando man de mapas e táboas de falantes, reivindica a unidade do galego e o portugués. Alumnado de 6ºA


Alumnos/as 3º A

o Marzo, marzolo, trobón e raiolo. o Marzo, marzola, trobón e raiola. o Marzo ventoso e abril chuvioso Xaneiro ou temperado, Traen afrío maio florido e fermoso. pásao abrigado. o Marzo, marzán, Cando en xaneiro bebes, pola mañá de rosa en agosto haicara neves. pola tarde cara de can. Auga de xaneiro, cada gota vale diñeiro.

En xaneiro, sete capelos e un sombreiro. En xaneiro, planta o teu alleiro. O sol de xaneiro sempre tras do outeiro. Xaneiro quente, o diaño trae no ventre. Xaneiro, xeeiro. En xaneiro non metes obreiro non polo día senón pola pedra que está moi fría. En xaneiro, vaite ó teu leiro, se o ves verdeguear, ponte a chorar, se o ves terrear, ponte a cantar.

• O sol de febreiro non da meda nin palleiro. • Abrígate en febreiro

con dúas capas e un sombreiro. No mes de febreiro, mete o obreiro. A neve febreiriña, pícaa a galiña. Neve febreiriña, tarde vén e logo camiña. Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira. Cando non chove en febreiro, nin bo prado nin bo palleiro. • En febreiro mete o obreiro, antes na sebe que na parede. • A xeada de febreiro mata a vaca e mailo leiro. • Febreiriño curto, cos teus días vinteoito, se non fora por marzo, que che quitou tres ou catro, non quedaba can nin gato. • • • • •

Marzo, marzolo, trobón e raiolo. Marzo, marzola, trobón e raiola. Marzo, marzal, o que non empeza ben, remata mal. En marzo podar e cavar, se é que queres colleitar. Entre marzo e abril sae o cuco do cubil. Marzo ventoso e abril chuvioso traen a maio florido e fermoso. o Marzo, marzán, pola mañá cara de rosa pola tarde cara de can.

o o o o o o


-

A auga de abril enche o carro e o carril. Seméntesme tarde ou cedo ata o mes de abril non me verás o pelo. Cando abril recacha aínda a vella queima a racha. Abril frío e fornos quentes alegría para os meus dentes. Abril que non chove, deixa ó labrego pobre. Abril que por mal quere vir nin as portas deixa abrir. Ano ruín, cando chove moito en xaneiro e neva en abril.

En san Xoán a sardiña molla o pan. Polo san Pedro rega por medo. Bo tempo en xuño, verán seguro. En san Xoán as nove con día dan. No mes de san Xoán máis queixo que pan.

Nen maio sen trebóns nen home sen calzóns. Maio, maión, maión, moitas flores e trebóns. Ata o corenta de maio non quites o saio. No mes de maio aínda a vella queima o tallo. Maio chuvioso, verán caluroso.


O que non aproveita xullo para se bañar é que ten medo do río ou do mar. Polo san Xoán sécalle a primeira raíz ao pan, polo Santiago sécalle a do medio e pola santa Mariña, bótalle a fouciña. Polo san Xoán sécalle a primeira raíz ao pan, polo san Pedro sécalle a do medio e pola santa Isabel, a do caravel. Pola santa Mariña, pousa a sacha e colle a fouciña. Xullo andando, millo arreando. Xullo quente, millo valente. Xullo arder, patacas coller. En xullo normal, seca todo manantial. Polo Santiago, cegoñas e polos a xeirar polos agros. Polo Santiago, non hai mal cabalo.

• • • • • • •

o o o o o

En agosto corre o sol coma o lóstrego. O can en agosto ao seu dono volve o rostro. A chuvia de agosto non é chuvia , é mel e mosto. A chuvia en agosto non trae bo magosto. A sombra de agosto é o sol de setembro. Agosto ardenteiro herba no palleiro. Agosto pasou e mallou quen mallou.

Setembro ou leva as pontes ou seca as fontes. En setembro arden os montes e secan as fontes. En setembro colle o viño e non durmas no camino. Setembro asegura o que agosto madura. A castaña quere en agosto arder e en setembro beber.


Polas san Lucas, suca boi suca e polo san Simón suca varón que pasa sazón. Outubro quente, inverno detente. Outono quente, inverno doente. Flores en outono, fame en ano novo. Outubro chuvioso, inverno copioso. Se as patacas non colles en outono has pasar máis fame que un mono. En outubro non molesta o lume. Outono chegar, porco cebar. En outono come a carne o seu dono, A horta no outono mantén ao seu dono. Bo outono, ledicia do dono. Outono, outonán mes das san Lucas e máis do san Froilán.

• • • • • •

Ditoso mes que comeza en Santos, media con san Alberte e remata con san Andrés. Do vinte de novembro endiante o inverno xa é constante. O verán de san Martiño son tres días e un pouquiño. Polo san Miguel están as uvas coma o mel. San Migueliño das uvas maduras canto me tardas e pouco me duras.

No mes de Nadal, gárdate a carón do lar. Frío en Nadal, calor desde san Xoán. Nadal mollado, xaneiro xeado. Cando o Nadal nada, sinal de boa anada. Polo Nadal cada ovella no seu curral. Nadal ventoso, xaneiro ventoso.


AS NOSAS CHARETAS

Alumnos/as de 4ยบ



Era unha vez un colexio nunha vila sen demasiados habitantes. Un día, sen vir a conto, apareceu un vidro no chan, con sangue. Ao recreo seguinte, as canastras estaban rotas, tamén con manchas de sangue. Un día despois, empezaron a faltar nenos; o primeiro día un, o segundo dous, o terceiro tres … Pouco tempo despois, un día cando xa finalizara a clase e o conserxe estaba a varrer, atopouse cun home vestido de negro, que levaba posta unha máscara con forma de caaveira e portaba un trofeo coa beira manchada de sangue. Na xornada seguinte, apareceu o consexe morto, pendurado do encerado da aula de 6ºA, no primeiro andar. Paula acordou sobresaltada e pensou para si: menos mal, só era un pesadelo. Soou o despertador; tíñase que erguer. Non tardou moito tempo en se asear, pois tiña que ir ao colexio a andar. Esa mañá contoulle ás súas amigas o que soñara, ao que elas responderon: -Debíchelo pasar moi mal -Non me gustaría que pasase iso, imaxinades ao consexe pendurado do encerado? -Xa, responderon as tres amigas a coro Nese momento tocou o timbre; era a hora de subir para a clase. Pasou a mañá, de asignatura en asignatura, ata que volveu a tocar o timbre para baixar ao recreo. Ao saír ao patio, un neno berrou: mirade, aquí hai un vidro manchado de sangue! As catro amigas exclamaron abraiadas: igual que no soño! -A ver, ímonos calmar; só é unha coincidencia e namais que unha coincidencia, dixo Paula tentando transmitir unha tranquilidade que ela non sentía. -Iso espero, dixo Irene, a súa mellor amiga. Ao recreo seguinte, ao saír ao patio, as catro amigas dixeron: hoxe hai que correr, porque nos toca no patio de atrás e temos que coller un bo balón e unha canastra. -Vamos, dixo Irene. Ao chegar ao patio de atrás, todas levaron unha sorpresa; as canastras estaban rotas e manchadas de sangue, igual que no soño de Paula. Pero, ademais, todas as pelotas estaban picadas. -Ben, no meu soño as pelotas non estaban picadas, dixo Paula, mentres se ollaban unhas a outras cavilando nas coincidencias. Non bromees, o paso que falta é o do conserxe que aparece pendurado no encerado da nosa clase, respostoulle Nerea con xesto de preocupación. -Non, aínda queda o dos nenos; temos que impedir que maten ou secuestren a seis nenos, puntualizou Lucía, a de máis recente chegada ao grupo, procedente de Lugo. Como o imos impedir, se nen siquera sabemos quen son! Dixo Nerea. -Paula, ti non soñaches nada máis?, preguntou Irene. -Non, nada máis, só un soño onde aparecían seis nenos da clase. Primeiro aparecía David, despois Alex e Aarón; a continuación , Carlos, Alfredo e Samuel. -Humm… Xa sei, é a orde en que desaparecerán os nenos! , sentenciou Nerea poñendo cara de detective que acaba de descubrir a clave dun asunto. O primeiro día, un, David; o segundo dia, dous, Alex e Aarón; o terceiro día, tres, Carlos, Alfredo e Samuel.


Nese intre achegouse ao grupo das nenas outro de nenos entre os que estaban os seis implicados no soño. Elas decidiron confesarlles toda a historia do soño e as súas sospeitas. Pensaron que o mellor era que aqueles días quedasen os nenos cada un nunha casa diferente da súa habitual. Así o fixeron. Á xornada seguinte, nada de novo. E nos dous días seguintes, tampouco; ninguén faltaba, ninguén morrera, nada mudara. Aínda lles faltaba por solucionar o do conserxe. -O último paso é o do conserxe, dixo Paula. -Ben, a min o consexe non me cae alá moi ben, dixo Irene. -Nin ao que peor che caia do mundo lle desexas a morte, respostoulle Paula. -É certo, se o podemos impedir, que nada nos deteña. Estades de acordo? -Estamos, exclamaron todas a coro. Pensaron que a única maneira de interceptar o destino do conserxe era impedir que quedase só no centro despois da clase, porque se fose así, o seu final podía ser fatal. Na hora do recreo foron á conserxería; o consexe estaba a facer fotocopias. Todas á vez, dixéronlle: Non podes quedar non colexio despois das cinco, se quedas acabarás pendurado do encerado da nosa clase. -Mellor, menos traballo para min, dixo el todo tranquilo. -E tamén tés que impedir que quede alguén, engadiron as nenas. -Iso non o podo facer. Tedes que falar co director. -As rapazas cruzaron o patio até a dirección. Alí estaba o director. Contáronlle a historia e suplicáronlle que avisase ás señoras da limpeza para que non viñesen traballar esa tarde. O director contestoulles que estaba de acordo e púxose a xestionar o asunto, por se acaso. Así, ao día seguinte, no encerado non había ninguén pendurado e todo seguía normal. Instaláronse unha novas canastras e todos esqueceron todo. Todos menos Paula. Sara Leal

David Cazón


Traballo do E.D.N.L, en colaboración co PROFESORADO E ALUMNADO do C.E.I.P. Manuel Mato Vizoso de Vilalba (Lugo). Este curso académico, desexamos dar a coñecer á comunidade educativa o traballo que estamos a facer cada curso e especialmente o levado a cabo o pasado curso promovido dende o equipo de dinamización, aínda que xa sabemos que moitos e moitas estades a seguir as nosas andainas a través da páxina web do cole: www.edu.xunta.es/centros/ceipmatovizoso. Así, propuxemos a elaboración duns libros viaxeiros sobre persoeiros importantes nados en Vilalba. Primeiro para coñecer a súa realidade inmediata e saber a quen estaban adicados algún dos centros educativos da vila. Así os rapaces e rapazas traballaron e coñeceron as figuras de Manuel Mato Vizoso (historiador, cronista, escritor, membro da Real Academia Galega e fundador de “El Eco de Villalba”), Antonio Insua Bermúdez (pintor), Santiago Basanta Silva (avogado, político), xa que dan nome a tres centros públicos de ensino de Vilalba, • Instituto de Educación Secundaria “Santiago Basanta Silva”. • C.E.I.P. “Antonio Insua Bermúdez”. • C.E.I.P. “Manuel Mato Vizoso”.

Por último, achegáronse á figura de Agustín Fernández Paz, escritor chairego, como exemplo do mundo da cultura. Actualmente estamos a traballar na vida e obra de MANUEL MARIA, un poeta da Terra Chá. Agardamos poder ensinarvos en breve o resultado do noso traballo. A continuación podedes ver unha mostra do traballo realizado que se atopa exposto na biblioteca do noso centro.


LIBRO VIAXEIRO DE SANTIAGO BASANTA SILVA


LIBRO VIAXEIRO DE ANTONIO INSUA BERMUDEZ


LIBRO VIAXEIRO DE MANUEL MATO VIZOSO


LIBRO VIAXEIRO DE AGUSTÍN FDZ. PAZ

O equipo de DNL.


Os nosos murais


Mirade que orgullosos estamos co noso

“Campo de papoulas”

A través da obra de Monet, aprendemos moitas cousas sobre a pintura de paisaxes e flores que realizaban, hai máis de 140 anos, un grupiño de pintores pertencentes ao Impresionismo. Pero … que é iso do Impresionismo ? Veredes, foi unha nova forma de pintar que surxiu en Francia a finais do S. XIX no que se lle daba moita importancia á pintura ao aire libre, á cor, á luz, ás pinceladas grosas …


Agora estamos no ano 2012, as formas de pintar e os materiais evolucionaron moitísimo. Velaí tedes unha mostra do que se pode facer co ordenador na pizarra dixital. Non nos manchamos nadiña ! Pero se nos virades cando pintamos o da clase … Para nós foi: IMPRESIONANTE ! Nenos e nenas de 1 º A


ASÍ SOMOS @S NEN@S DE TRES ANOS










Conto viaxeiro realizado polo alumnado de 2º de primaria: Santiago, Brais G., Lucía, Ana, Rafa, Pedro, Adrián, Martín, Alex, Tati, Noa, Brais P., Teo, Estrella, Sabela, Xesús, Pablo, Rachel, Paula, Manuel, Mario, Rubén A, Rubén F.,Juanjo e David.


The seasons

Spring is coming...

Spring

Alumnado de 1ยบ Summer

Autumn

Winter

At Christmas Time...


ANÉCDOTAS MUSICAIS OÍDOS AMENAZADOS POR… BACH Cando Bach traballaba en Arnstadt, en 1705, un membro do Consello da cidade dixo: “ Se Bach segue tocando deste xeito, ficaremos sen órgano en dous anos, ou a maior parte da congregación quedará xorda”.

COMO SE COMPÓN UNHA SINFONÍA? En certa ocasión, un rapaz músico preguntou a Mozart como se debía facer para compoñer unha sinfonía. Mozart respondeulle: -

Ti es moi novo. Comeza por escribir unha canción.

-

Pero mestre – dixo o rapaz-, vostede compoñía sinfonías cando só tiña dez anos.

-

Si, facíao, pero nunca preguntei a ninguén como facelo –respondeu Mozart.

O ÚLTIMO GALO Cando Schubert acadou a adolescencia e lle mudou a voz, viuse obrigado a deixar de cantar no coro do seminario onde estudaba. Korbell, o mestre de canto do centro, apuntou nunha das súas partituras: “ Franz Schubert soltou un galo por última vez, 26 de xuño de 1812”.

NINGUÉN DEBERÍA ESCRIBIR MÚSICA COMA ESTA Berlioz lembraba nas súas “Memorias”(1865) a reacción de Jean François Le Sueur despois de escoitar a “Quinta sinfonía” de Beethoven: “ Buf! Déixenme saír; necesito aire. É incríbel! Marabilloso! Alteroume e desconcertoume tanto que cando quixen poñer o chapeu non atopaba a cabeza… Ninguén debería escribir música coma esta”.

O PEQUEÑO CHOPIN E AS PUNTILLAS Chopin debutou como pianista en Varsovia aos oito anos de idade. Para ese primeiro concerto, a súa nai vestiuno cun traxe no que destacaba un adorno de puntillas. O concerto foi todo un éxito e Chopin díxolle a súa nai: “Todo cho debo a ti, mamá. De seguro que foron as puntillas o que tanto lles gustou”.

O MÁIS GRANDE DOS COMPOSITORES Nunha cea celebrada en Berlin en honor a Brahms, o anfitrión propuxo un brinde: “Polo máis grande dos compositores”. Brahms ergueuse de súpeto e, levantando a súa copa, dixo: “Por Mozart”. Estas anécdotas foron sacadas do libro: Historias curiosas de la música, de Lawrence Lindt. 2004, Ediciones Robinbook, s.l., Barcelona.


Adiviñas 1ºB









Un dos temas que tratamos este ano na clase de matemáticas foi o cálculo de porcentaxes. E aproveitamos unha actividade relacionada para facer e darvos a coñecer unha sondaxe sobre a implantación e uso dos novos medios entre o alumnado do noso centro. Tomamos como mostra só o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º nivel, un total de 146 alumnos, aos que lles fixemos as seguintes preguntas: 1- Cantos tedes ordenador?

2- Cantos tedes tlfno. móbil?

Non

Si

3- Cántos tedes videoconsola?

4- Cantos tedes tele na habitación?

Non

Si

Deseguido propuxémoslle á Xefa de Estudos, Mª Carmen Burgo, que nos respostase a unhas preguntas e nos dese a súa opinión sobre os resultados obtidos. 1- Que aspectos positivos e negativos destacarías dos resultados?

A verdade é que non me sorprenderon os resultados da enquisa. Ten aspectos moi positivos como indicadora de que a situación económica das familias é media, con capacidade para a adquisición de novas tecnoloxías así como o interese polo acceso ás mesmas xa que son un medio de información e comunicación moi importante e que debemos saber empregar. Tamén se nota a influencia das modas que marca a sociedade como é o caso do móbil. Como aspecto negativo eu anotaría o da tele na habitación. Penso que os tempos de lecer nos


que se ve a televisión deben ser de convivencia familiar, por esa razón debería estar situada en lugares de uso común da vivenda como é o salón. Cando estamos vendo algún programa podemos facer comentarios sobre o mesmo e as familias serán coñecedoras do tipo de programas que lles gustan aos seus nenos e nenas. Asemade o ter a tele para toda a familia obrigará a falar e negociar sobre cal programa ver e así aprender a convivir e a ter en conta aos demais. 2- Que consellos darías sobre a utilización destes medios?

Todos estes medios son bos, se se usan adecuadamente. No caso do ordenador hai que recoñecer que é un medio moi útil para aprender e para traballar. Con respecto ao acceso a internet hai que ter en conta algúns aspectos: - Internet é un medio de información moi amplo, moi necesario na sociedade actual e moi agradable para dar resposta ás nosas inquedanzas. - Internet é un medio de comunicación persoal e de masas. Como medio de comunicación persoal ten o perigo de permitir a comunicación con persoas descoñecidas, que non podemos ver, nin sabemos nada delas e que polo tanto poden enganarnos facilmente e poden facernos crer que son completamente diferentes. Na adolescencia e xa na preadolescencia poden engaiolar a rapaces e rapazas con serio perigo para as súas vidas. Como medio de comunicación social é aínda máis perigoso, xa que existen na actualidade abundantes redes sociais que son creadas cuns fins concretos e coñecen os recursos para facer caer á maioría dos participantes nas mesmas. Dende algúns nos que se establecen relacións para compartir fotos de abusos a menores ou a mulleres ata outras nas que corren perigo os rapaces ou rapazas e as súas familias. Hoxe en día as redes sociais son un perigo moi grande en internet polo que é necesario que os pais coñezan as páxinas que os seus nenos e nenas visitan. Entón, como resume, ordenador si, sempre que non cree dependencia e que non se utilice de maneira perigosa. En relación co teléfono móbil está claro que non é unha necesidade para nenos e nenas destas idades, pero tamén temos que recoñecer que é unha moda social; eu diría que na mesma situación están nenos e nenas e avós e avoas, pero aínda así penso que deben darse unhas pautas para o bo uso do mesmo. Por exemplo, no aspecto económico, o neno ou a nena teñen que ser responsables do gasto, polo tanto non poden usalo sen necesidade e incluso deberían de ter que aforrar dos seus aguinaldos para recargalos, facéndose así conscientes da necesidade de aforrar e de non poder malgastar de calquera maneira. En relación coa vídeo consola hai que recoñecer que con algúns xogos desenvólvese a intelixencia e a creatividade, practícase buscando estratexias para resolver as diferentes situacións, aumentan a agudeza visual e mental e na maioría dos xogos non se resolven de forma mecánica senón que hai que pensar. O perigo deste aparello está no tempo que se lle dedique e no tipo de xogos. Non pode crear dependencia, non pode impedir outras actividades, a vídeo consola ten que ser utilizada como tempo de lecer, e hai que saber elixir ben os xogos adecuados á idade do neno ou nena e coidar que non teñan contidos violentos, sexistas, etc que xa ven exposto na parte exterior dos mesmos. Temos que recoñecer que estamos na etapa do uso das tecnoloxías e é labor das familias coñecer e comprender a realidade que nos tocou vivir, porque só así podemos axudar aos nosos nenos e nenas a comprendela e a vivila da mellor maneira posible, utilizando as novas tecnoloxías como un medio máis de aprendizaxe e comunicación, como medios de enriquecemento persoal en adquisición de coñecementos, en autonomía, en habilidades persoais e sociais, e como medio que lles axude a vivir en harmonía consigo mesmo, cos demais e coa natureza. Alumnado de 6ºA






ASOCIACION DE PAIS DE ALUMNOS COLEXIO DE EDUCACION INFANTIL E PRIMARIA MANUEL MATO VIZOSO DE VILALBA (LUGO) Neste ano escolar, as actividades extraescolares da A.P.A. foron reducidas debido ao descenso de alumnos inscritos en relación aos anos anteriores, quedando da seguinte forma a distribución dos cursos: Piscina…………. 31 alumnos/as, en catro grupos de 45m. de clases semanais. Informática…….. 16 alumnos/as, nun só grupo de 60m. de duración unha vez á semana. Son socios desta A.P.A. neste presente ano escolar 70 familias. Dende estas liñas, a Directiva da A.P.A. quere agradecer tanto á Dirección do Centro como ó claustro de profesores e a todo o personal do Centro a súa colaboración e apoio para o normal desenvolvemento desta Asociación. Lembramos a todos os pais e nais dos alumnos/as deste Centro a importancia da colaboración coas A.P.A.S., xa que o noso traballo repercute directamente nos nosos fillos/as e na súa educación. O noso esforzo é conxunto, cantos máis sexamos, acadaremos maiores logros e maiores apoios. XOGA COA A.P.A.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.