Memoria plan proxecta proxecto o mar

Page 1

Introducción PROXECTO O MAR A fundamentación do proxecto está baseado na localización do noso colexio, no ámbito dunha poboación costeira que ao longo da súa historia mantivo como actividade principal a pesca, un sector que constitúe o sinal de identidade de Celeiro. O porto de Celeiro é na actualidade pioneiro en todo o litoral español e un referente mundial na pesca. A actividade do porto abarca as principais artes da pesca (baixura, arrastre, palangre, gran altura, marisqueo), mariña mercante e conserva. Celeiro conta coas institucións e organismos representativos do mar: Confraría de Pescadores, Delegación de Pesca, Instituto Social da Mariña e Salvamento Marítimo, dotado cun dos dous heliportos de Galicia. O colexio dispón de accesibilidade a todo este mundo grazas á dispoñibilidade de profesionais das distintas actividades do mar. O Proxecto O MAR responde a que a escola tén como un dos obxectivos esenciais dar a coñecer o ámbito da comunidade educativa onde desenvolve a súa función. Obxectivos 1. Coñecer as posibilidades do mundo do mar: económica, medioambiental, turística, cultural… 2. Distinguir as distintas actividades propias dunha vila costeira. 3. Recoñecer os valores do mar como fonte de riqueza pesqueira e comercial, recursos biolóxicos e ruta de comunicación. 4. Familiarizarse co vocabulario básico do mundo do mar. 5. Promover a curiosidade polo noso contorno de litoral. 6. Fomentar o respecto a un hábitat mariño. 7. Concienciar da conservación dun ecosistema privilexiado. 8. Integrar na escola unha realidade identitaria do noso contorno e de Galicia. 9. Adquirir hábitos gastronómicos que recuperen o peixe como alimento esencial. 10. Recoñecer o mundo do mar como un valor cultural que aporta o léxico gremial da pesca, saberes de oficio e coñecemento do medio mariño. Organización En setembro de 2012 presentei ao claustro de profesores a iniciativa de levar a cabo PROXECTO O MAR. Expuxen o programa cos contidos, fundamentación, temporalización, secuenciación, actividades e obxectivos. Nomeado coordinador, programamos o ciclo do ano globalmente no marco do proxecto, cun seguimento en reunións quincenais. A involucración do profesorado dos distintos niveis foi esencial para desenvolver, ampliar e mellorar o programa inicial.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Memoria plan proxecta proxecto o mar by marta perez - Issuu