Texto 9 deportes olímpicos 4

Page 1

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” DEPORTES OLÍMPICOS (IV) Hóckey sobre herba Este xogo de equipo practícase sobre herba, sobre xeo ou nunha pista de cemento. Só a primeira modalidade é olímpica. Os xogadores, conforme unhas regras parecidas ás do fútbol, han de enviar un disco ou unha bóla, segundo a variante, á portaría contraria cunha especie de bastón curvo (“stick” en inglés). O territorio no que máis se desenvolveu este deporte foi o inglés, que o difundiu tamén polas súas colonias (India, Paquistán...) A pesar da súa popularidade, a súa presenza no programa olímpico non foi constante. Judo Este antigo sistema de loita xaponesa sen armas é hoxe un deporte baseado no emprego de chaves para inmobilizar o contrario ou para desequilibralo e facelo caer. Esta arte marcial orixinouse en Xapón a finais do S. XIX. Formou parte de varias edicións dos Xogos Olímpicos, non consecutivas. As mulleres comezaron a competir en 1992, en Barcelona. Os combates duran ata cinco minutos para os homes e catro para as mulleres. Pode rematar en calquera momento en caso de que un dos judokas consiga un “ippon”. Outras maneiras de puntuación son o “waza-ari”, que vale medio “ippon”, e o “yuko”, que vale aínda menos. Loita As variedades olímpicas son dúas: 1-Loita grecorromana. Xurdiu en Francia, no S. XIX, como unha técnica de combate desarrollada polo exército de Napoleón. Neste deporte de loita só se empregan técnicas por riba da cadeira, pois non

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16


PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” se poden utilizar as pernas para facer presas. Non existe a modalidade feminina. 2-Loita libre. Esta disciplina ten menos historia e popularidade que a anterior, aínda que é máis completa, e na que non hai restricións no emprego de calquera parte do corpo para derribar e inmobilizar ao adversario. Neste estilo si hai modalidade feminina. Natación Popularizouse como deporte a inicios do S. XIX, en Inglaterra. Está presente nos Xogos desde a primeira edición da era moderna, pero ata 1908 non se empezaron a utilizar as piscinas, polo que se disputaban en augas abertas. A natación é unha disciplina de velocidade, resistencia e forza. As probas divídense por distancia (50 m, 100 m, 200 m, 400 m, 800 m y 1500 m) e estilo (libre ou crowl, braza ou peito, costas e bolboreta).

Os e as participantes utilizan gafas especiais, gorro e traxes de baño específicos que reducen a resistencia da agua. A piscina ten 50 m. de lonxitude, 25 de ancho e 3 m. de profundidade. Natación sincronizada Popularizouse como deporte grazas ás presentacións de danza e ballets acuáticos que xurdiron a finais do S. XIX. É unha das dúas disciplinas que só disputan mulleres (a outra é a Ximnasia Rítmica). Ao son da música, dúos ou equipos de oito nadadoras fan presentacións curtas nas que se avalía a coreografía, dificultade, sincronismo e execución de movementos. BIBLIOGRAFÍA: -“Enciclopedia de los deportes”, Ed. sm. -http://www.rio2016.com/es/losjuegos/deportes/olimpicos

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16