Texto 8 deportes olímpicos 3

Page 1

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” DEPORTES OLÍMPICOS (III)

Esgrima Este deporte, que consiste en manexar a espada e outras armas brancas coma o sabre, é un dos catro deportes presentes nos Xogos Olímpicos desde 1896, os primeiros da Era Moderna. Aínda que existe hai moitos séculos, non se converteu en deporte ata os séculos XVII e XVIII, coa chegada do florete -unha espada cunha pelota na punta-, a máscara de protección para o rostro e as normas, que delimitaban a área de puntuación no corpo do adversario. As primeiras probas, só para homes, foron con florete e sabre, e a espada introduciuse catro anos despois. As mulleres comezaron a competir con florete en 1924, con espada en 1996, e a primeira edición de sabre feminino realizouse no 2004. Cada modalidade ten as súas regras. No florete, márcase un punto cando se toca o tronco do adversario. Na espada, pódese tocar coa punta calquera parte do corpo do adversario, mentras que co sabre só se pode tocar de cintura para arriba. As disputas poden ser individuais ou en equipos de tres competidores. Fútbol Neste deporte participan dous equipos de once xogadores cada un, que deben, sen valerse das mans e dos brazos, e utilizando os pés e a cabeza, introducir un balón na portaría contraria, salvando a oposición do outro equipo. O deporte máis popular do mundo ten a súa orixe na Antiga China, desde onde se difundiu por Oriente, Grecia e polo Imperio Romano. Sen embargo, as orixes do fútbol moderno están en Inglaterra, onde se popularizou despois de incluílo como actividade física en varias escolas.

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.