Texto 4 himno, xuramento, citius

Page 1

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” OUTROS SÍMBOLOS E EMBLEMAS OLÍMPICOS O Himno Olímpico É unha peza musical composta por Spyridon SAMARAS para un poema do grego Kostis PALAMAS. Cantouse por primeira vez o 25 de marzo (Día da Independencia de Grecia) de 1896, na cerimonia inaugural dos I Xogos Olímpicos da era moderna, celebrados no Estadio Panathinaiko de Atenas. Xerou tal entusiasmo entre os espectadores que foi repetido. En 1958 estableceuse como Himno Oficial do Comité Olímpico Internacional (COI). Ademais de cantarse en grego, tamén se entoou noutros idiomas, normalmente do país que acolle os Xogos Olímpicos (inglés, alemán, francés, italiano, xaponés, ruso..., e tamén en castelán). Esta é unha das moitas traducións que hai do Himno ao castelán.

Espíritu inmortal y ancestral, padre puro de lo bello, lo grandioso y lo verdadero, desciende, revélate y brilla en la gloria de tu propia tierra y cielo. En carrera, en lucha y en lanzamiento de peso, brilla el calor de la noble competición, corona la juventud con la rama imperecedera, y haz sus cuerpos fuertes y dignos. Valle, montañas y mares brillan contigo como un gran templo blanco y púrpura y que a este templo venga como peregrino, el inmortal y ancestral espíritu, de todas las gentes de la tierra.

O tenor madrileño PLÁCIDO DOMINGO cantou o Himno Olímpico na cerimonia de peche dos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992).

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16


PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” O Xuramento Olímpico É realizado por un atleta durante a cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos. O atleta, do equipo do país organizador, sostén por unha punta a bandeira olímpica, mentras le: “En nome de todos os competidores, prometo que participaremos nestes Xogos Olímpicos, cumprindo e respectando cos seus regulamentos, comprometéndonos a un deporte sen dopaxe e sen drogas, con verdadeiro espírito deportivo, pola gloria do deporte e o honor dos nosos equipos”. Este texto foi cambiando ao longo dos anos, dende a primeira vez que se pronunciou (Amberes, 1920). Así, en lugar de “prometo” dicíase “xuro”, e en vez de “equipo”, “país”. Por outra parte, a mención á “dopaxe” engadiuse nos Xogos Olímpicos de Sydney (2000). Á dereita, o deportista belga VICTOR BOIN, esgrimista e waterpolista que prestou o Xuramento Olímpico hai case cen anos. “Citius, altius, fortius” “Máis rápido, máis alto, máis forte”. Esta oración latina simboliza a ambición para superar aos rivais e a vontade do deportista para superarse a si mesmo. Este lema foi ideado por Didon, sacerdote amigo do barón Pierre de Coubertin.

BIBLIOGRAFÍA: GIFFORD, Clive: “La enciclopedia de los juegos olímpicos”, Ed. sm.

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16