Texto 3 chama olímpica

Page 1

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” A CHAMA OLÍMPICA A tradición da chama olímpica provén dos Xogos Olímpicos Antigos. Na antiga Grecia, unha chama eterna era colocada diante dos principais templos, e algo parecido sucedía en Olimpia, fronte ao templo de Zeus, entre outros. Desde o ano 1928, a chama ardeu de maneira continua no estadio durante a celebración dos xogos. Na cerimonia de apertura, un atleta realiza o xuramento olímpico en nome de todos os participantes, e promete respectar as regras e demostrar deportividade. En Berlín, no ano 1936, iníciase por primeira vez un percorrido para levar a chama desde Olimpia á sede dos Xogos. O percorrido do facho olímpico inicia co prendido da chama en Olimpia e finaliza co acendido do “pebetero” olímpico durante a cerimonia de apertura na cidade sede. Pebetero de Londres 2012

Acendido Trinta e seis meses antes da celebración dos Xogos Olímpicos, organízase unha cerimonia en Olimpia onde se acende a chama, momento a partir do cal comeza o percorrido do facho. A chama olímpica só pode ser acendida por medio de raios solares. Na antigüidade utilizaban os “skaphia”;

Antonio Rebollo, arqueiro paralímpico que acendeu o pebetero en Barcelona (1992)

actualmente emprégase o espello parabólico. Unha vez acendida, a chama colócase nunha urna para ser transportada ao estadio antiguo, onde se lle entrega ao primeiro portador. A partir de alí, o facho olímpico comeza o seu percorrido, que finalizará co acendido do pebetero olímpico durante a cerimonia de apertura.

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16


PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” Percorrido Normalmente consta de dúas partes: 1-De Olimpia ao antigo estadio Panathinaikó de Atenas. 2-De Atenas á cidade sede. O Comité Organizador selecciona as cidades, rexións, monumentos, etc., que visitará a chama por medio de diversos medios de transporte.

Facho olímpico de Londres 1948

Facho olímpico completando o percorrido en Azerbaiyán

Transporte Tradicionalmente, os percorridos olímpicos realizábanse a pé por atletas; co paso dos anos tamén se incluíron nenos/as, anciáns/ás e persoas con diversas discapacidades. Sen embargo, debido ás características das rexións polas que pasou o facho nalgunhas ocasións, fóronse empregando diferentes medios de transporte: en esquíes (en Noruega, en 1952); en motoneve e Ski-doo (no Círculo Polar Ártico, en 1988); en barco (en Londres, en 1948); en fragata (en Barcelona, en 1992). E incluso se viu sumerxida baixo a auga durante case 3 minutos! Ocorreu en Sidney (ano 2000), onde unha bióloga mariña se encargou de que a chama viaxara a través da Gran Barreira de Coral. Outros medios de transporte foron o avión, o paracaídas, o cabalo, o camelo, a canoa ou o tren.

BIBLIOGRAFÍA: GIFFORD, Clive: “La enciclopedia de los juegos olímpicos”, Ed. sm.

Unha remeira arxentina levou a chama olímpica polo Río da Prata.

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16