Heroeslatín lr

Page 1

HEROES


ORFEO


QUEN É? É un personaxe da mitoloxía grega, fillo de Apolo e de Calíope, musa da poesía e da música. Era un excelente músico e cando tocaba a súa lira, os homes reuníanse para oílo e facer descansar as súas almas. Así namorou á bela Eurídice e logrou durmir ao terrible Cérbero cando baixou ao inframundo a tentar resucitala.


O MITO DE EURÍDICE Algunhas versións contan que Eurídice, a namorada de Orfeo, morreu ao ser mordida por unha serpe mentres fuxía de Aristeo; outras, que o feito fatal ocorreu mentres paseaba con Orfeo. Nas beiras do río Estrimón, Orfeo lamentábase pola perda de Eurídice. Por esa razón, tocou cancións tan tristes que todas as ninfas choraron e aconselláronlle que descendese ao inframundo en busca da súa amada. Durante o camiño nas profundidades do inframundo, Orfeo tivo que superar moitos perigos; empregando a súa música, conseguiu pasar moitos contratempos e abrandar o corazón de Hades, que lle permitiu a Eurídice que volvese con Orfeo ao mundo dos vivos. Púxolles unha condición; el debía camiñar diante dela e non podía mirar atrás ata que alcanzasen o mundo superior e os raios de sol bañasen á muller. A pesar das súas ansias, Orfeo non volveu a cabeza en todo o traxecto. Chegaron á superficie e Orfeo volveu a cabeza para ver á súa amada; pero ela aínda non fora completamente bañada polo sol, e aínda tiña un pé no camiño do inframundo, así que desapareceu no aire, e esa vez para sempre.



PROMETEO


QUEN É? Segundo a mitoloxía grega é o fillo do titán Jápeto e de Clímene. Foi o gran benefactor da humanidade e o creador dos seres humanos.


MITO Conta a lenda que xa estaba o mundo creado pero faltaban criaturas que se encargasen del. Aí aparece Prometeo e decide crear unhos seres parecidos ós deuses. Para animar esta obra feita coas súas mans, pediu ás almas de todos as animais, calidades boas e malas, e encerrounas no peito das súas creacións. E así naceron os primeiros homes da Terra, que non tardaron en multiplicarse. Con todo, non sabían como facer uso das súas habilidades polo que Prometeo tivo que ensinarlles as fazañas dos humanos. Zeus viu como Prometeo intentaba enganar ós deuses coas ofrendas polo que lle prohibiu aos mortais o don do lume. Prometeo roubouno e para castigalo por iso, Zeus tentou vingarse da humanidade e despois de Prometeo que fixo que o encadeasen. O deus enviou unha aguia para que comese o fígado de Prometeo pero como era inmortal, o seu fígado volvía a rexenerarse cada noite, e o aguia volvía a comelo cada día. Este castigo había de durar para sempre, pero, Heracles liberouno disparándolle unha frecha a aguia.


S Í S I F O


QUEN É? Sísifo foi o fillo de Eolo e de Enareta, e marido de Mérope. Fundou Éfira (Corintio) e gobernouna. Sempre tivo fama de ser un home astuto, sabio e mentireiro, e construíu unha muralla na súa cidade para ter que obrigar a pagar aos viaxeiros que por alí pasaran. Ademais, asasinou viaxeiros e camiñantes para enriquecerse. Tamén foi un gran promotor da navegación e do comercio.


MITO Sísifo foi coñecido polo seu castigo eterno: Tánatos quería que Sísifo morrera , pero el negábase e capturou ao deus poñéndolle unhas cadeas. Cando chegou Hades, liberou ao seu compañeiro e levou a Sísifo ao inframundo. Sísifo dixéralle á súa esposa que, cando el morrera, non fixera nin cerimonias nin sacrificios. No inferno deulle as queixas a Hades da súa muller e pediulle subir á terra para castigala, alegando que non estaba cumprindo cos seus deberes. Unha vez fóra, negouse a entrar de novo, e varios anos despois, Hermes devolveuno ao seu lugar pola forza. No inframundo foi castigado: tería que empurrar unha pedra costa arriba ata o cume dunha montaña. Xusto antes de chegar ao cume, a pedra caía a rolos costa abaixo, e tiña que comezar de novo. Outras teorías din que Sísifo non foi castigado por iso, senón porque non quería morrer e nunca o faría (pero tampouco descansaría en paz), que revelara os secretos dos deuses aos mortais ou que fora castigado por asasinar aos viaxeiros.


T Á N T A L O


QUEN É? Tántalo era un dos fillos de Zeus e Pluto. Foi o pai de Pélope, Níobe e Bróteas, pero non se sabe con certeza quen foi a súa esposa: Dione, Euritemista, Eurianasa ou Clitia. Era un home rico, famoso e converteuse no o rei de Frigia e do monte Sípilo, en Asia Menor. Tivo unha relación moi próxima cos deuses, e ao final da súa vida pasou a ser un dos habitantes do Tártaro.


MITO Tántalo tiña moita relación cos deuses, e foi invitado por Zeus a comer na mesa do Olimpo. Pero Tántalo era un home moi vaidoso, e non soubo manter en segredo entre os mortais as conversas dos deuses. Rouboulles néctar e repartiuno entre os seus amigos, e escondeu un can de ouro que Pandáreo roubara aos deuses, negando a súa posesión. Faltoulle o respecto a Apolo, o deus do Sol, dicindo que era unha simple bóla de lume. Ademais, invitou aos deuses a un banquete no monte Sípilo, e cando xa non quedaba comida, colleu ao seu fillo Pélope, descortizouno e ofreceullo aos deuses. A única que comeu foi Démeter, que estaba afectada pola morte da súa filla. O resto dos deuses colleron os membros do rapaz e cocéronos, dándolle vida de novo. Substituíron o ombreiro que Démeter comera por un de marfil. Os deuses mandaron a Tántalo ao Tártaro cun castigo: debía permanecer nun lago coa auga á altura da barbela, baixo unha árbore con froitas. Desta forma, cada vez que intentara coller unha ou beber, retiraríanse do seu alcance. Ademais, unha rocha enorme estaba suspendida sobre a súa cabeza, ameazando con caer sobre el.


LAURA MÍGUEZ SÁNCHEZ. ROSALÍA RICO OTERO. 4º ESO - B


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.