Tema bloques dialectais

Page 1

BLOQUES E AREAS DIALECTAIS DA LINGUA GALEGA ( 2º BACH) Bloque Occidental Comprende as zonas occidentais da Coruña e Pontevedra. Distínguense tres áreas: bergantiñá, fisterrá e pontevedresa. As características do bloque son as seguintes: -

Gheada (ghato, amigho). Seseo implosivo (lus, des). Seseo explosivo nas zonas costeiras ( faser, vesiño). Terminación -AN(S) para os dous xéneros en formas como o irmán/ a irmán. Plural -NS: cans, avións. Pronome suxeito TI. Vogal temática -E- en formas como colleches en vez de colliches. Realización no ditongo –OI- (maioritario)/-UI- : moito- muito, troita-truita, loita-luita. Cheismo (na área de Fisterra) . Utilización do che tanto para OD coma OI: Vinche pola noite. Teísmo (na área pontevedresa) Utilización do TE tanto para o OD coma o OI: Colleute a bicicleta.

Bloque Central Está integrado por toda a Galicia Central: o nordeste e interior da Coruña , interior de Pontevedra e as provincias de Lugo e Ourense, agás a súa parte oriental. Consta de catro áreas: mindoniense, central de transición, lucu-auriense e oriental de transición. Trazos definitorios: -

Presenza de gheada na zona occidental e ausencia na oriental. Ausencia de seseo, agás o implosivo (lus, des) en case toda a provincia coruñesa. Terminación AO para o masculino e Á para o feminino: o irmao/ a irmá. Plural -S para os nomes acabados en N: cas, aviós. Pronome suxeito TI na parte occidental e TU na parte oriental. Vogal temática -I- en formas como colliches, partiches. Realización no ditongo -OI- : moito, troita,loita. Pronome persoal "il" en lugar de "el" e demostrativos "iste, ise" na área lucuauriense (centro e sur de Lugo e zona central de Ourense)

Bloque Oriental

Abrangue as zonas do galego exterior (occidente de Asturias, León e Zamora) e ademais, o falado ao leste de Lugo e Ourense. Está integrado por catro áreas: asturiana, ancaresa, oriental-central e zamorana. As características que o definen son as seguintes: -

Ausencia de gheada e de seseo. Terminación -IN por iño: camín, vecín Terminación AO para o masculino e Á para o feminino: o irmao/a irmá Plural -IS para os nomes acabados en -N: cais, aviois. Pronome suxeito TU. Formas verbais incrementadas co -n (cantein). Realización no ditongo -OI-/-UI-/ -U-: moito, truita, luta. Conservación do ditongo -UA- en cua, gua: cuatro, guardar. Formas como caxa, baxar... no canto de caixa, baixar Sufixo -IS na 2ª persoa do plural (cantais, cantabais) e -I para o imperativo: cantai, collei.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.