Issuu on Google+

Tarde de outono No patio do colexio


Eu sentín as follas, unha vaca, a Marga, a Víctor.

Sheila Alves Piñeiro


Sentín as árbores mover as follas, sentín unha vaca bruar, sentin as follas secas moverse, sentín pisadas. Sentín falar a Sheila. Sentín berrar. Acordeime dunha prima que ten un ano.

Antía Dobarro Sánchez


Sentín as follas movéndose, o aire e unha vaca bruar. Sentín caer as follas, os raios de sol e un can ladrar. Sentín as pisadas nas follas.

Cristian Rodríguez Taín


Hoxe sentín o outono sen follas nas árbores, os raios de sol, as follas, as pisadas, unha vaca bruando e o vento soprando. Sentín tamén a Sheila falando e acordeime de miña nai.

Vega Iglesias Simón


Sentín unha vaca, tamén o vento, e o ruído dunha máquina. Ás árbores cáenlle as follas. As follas poden ser castañas, amarelas, vermellas...

María Castro Dobarro


Sentín unha vaca, unha árbore, unha folla, unha motoserra, un pisotón, a herba, a Marga, a Víctor, a Sheila, a Dani, a Hugo, a Vega.

Víctor Vázquez Taboada


Sentin tres vacas bruando, sentín que as árbores necesitan auga, que caeran moitas follas. O campo está cheo de follas. Gustábame estar aí. Gustoume moito. E ao meu corazón gustoulle moito.

Mateo Antonio Malvar Gonçalves


Sentín o vento, o monte cheo de follas, as árbores coa cor dourada, vermella e amarela. Sentín as follas, o río cheo de follas, o cruxido das follas secas, os cogomelos e a auga do río empurrada polo vento.

Ainara Froiz Lois


Eu sentín os raios de sol. Eu sentín as follas. Eu sentín o silencio. Eu sentín o corazón. Eu sentín todos os corazóns. É moi bonito escribir. É moi bonito ler.

Verónica Servide Rebolo


As vacas brúan. As follas voan coma andoriñas. E as pólas das árbores, sen folla ningunha.

Jesús Rodríguez Rama


Sentín as follas, máis as árbores, unha vaca e pisadas. Sentín as follas, máis un can, as follas caendo e pisadas. Había algún ourizo.

Hugo Pereiro Chagartegui


Sentín unha vaca bruar, as follas caer, as follas tocar, as árbores espidas, os cans ladrar. E máis nada.

Daniel Quintana Cuñarro


As follas que se moven, as campás que sentín. as árbores que se moven, os raios de sol. Eu sentín que as árbores medraban.

Olaya Rodríguez Ramos


As follas, o sol as árbores... Falar. Bruar. Ssss... Gústame o outono. Gustaríame que medraran as árbores. Acordeime de miña avoa.

Laura Cacheda Fernández


Íker Taboada Rodríguez, que non puido estar, pero debuxou.


Tardes de outono