Itinerario da Memoria histórica de Lalín. República e Franquismo

Page 1

Itinerario da Memoria histórica de Lalín.

República e Franquismo

Itinerario da Memoria

histórica de Lalín.

República e Franquismo

Alba Payo Froiz (Coord.)

Agradecementos:

Manuel Igrexas (polo seu experto asesoramento como investigador da memoria histórica da comarca dezá).

Lara Rodríguez, Adriana Iglesias, Marta Otero e Uxía Nogueira (pola súa desprendida colaboración).

Dos textos: Alba Payo Froiz

Das fotos do itinerario: Marta Otero, Uxía Nogueira, Adriana Iglesias, Lara Rodríguez e Gabriel Castro

Idea e organización: Alba Payo Froiz

Coordinación: Alba Payo Froiz e Biblioteca

A actividade Itinerario da Memoria histórica de Lalín da República e Franquismo, realizouse por primeira vez no curso 2020-21, e foi agora neste curso que a profesora Alba Payo retomou o percorrido memorialista polo Lalín da República e o Franquismo, tendo como destinatario de novo o alumnado de 4º da ESO.

Da actividade xa dera conta a prensa en papel (La Voz de Galicia e Faro de Vigo) e a dixital (Dzdixital) no seu momento.

Así mesmo, o blog e o Facebook da biblioteca A Marela Tarabela informaron da devandita actividade desenvolvida no curso 2020-21 e xaora que a desenvolvida neste curso 2022-23.

Mais ficaba a edición do libro que sintetizase o desenvolvemento da mesma, tarefa que levamos a cabo nesta ocasión, e que agora presentamos, tanto en papel como en formato dixital.

Os ecos do pasado non só están nos libros de texto. Se apartamos a vista do móbil, descubriremos o devir da historia moi preto de cada un de nós. Atrás queda a Guerra Civil e unha Ditadura da que non queremos dar conta, en demasiadas ocasións, por incómoda. Mais a historia está aí para molestarnos, advertirnos e ensinarnos.

Nesta viaxe imos espertar a memoria de Lalín a través do nomenclátor das rúas, a simboloxía falanxista e os cambios funcionais de certos edificios con fortes connotacións históricas ou o seu derrubamento especulativo.

Este itinerario pretende evitar a desmemoria do próximo e ser unha homenaxe ás vítimas da Guerra Civil e da Ditadura.

O itinerario

1. CEIP Xesús Golmar

Na contorna do

no de Lalín e mestre

O colexio de educación infantil e primaria coñecido hai anos como Comarcal foi bautizado co nome do mestre represaliado durante a Guerra Civil, Xesús Golmar, a modo de homenaxe.

Nado en Santiso (Lalín) o 11 de setembro de 1908 e finado na mesma parroquia o 20 de xaneiro de 1962, foi mestre, xornalista e político, e o derradeiro alcalde

Xesús Golmar cando estudante en Lugo Primeiro número do periódico quincenal republicano Razón: periódico independiente (18 de xullo de 1933) e no que colaborou Xesús Golmar

Estudou o Bacharelato en Lugo e fíxose mestre na Normal de Santiago de Compostela Silvela (1931-33), Corvelle (1933-34) e Méixome (1934-36). Colaborou nos periódicos El Ideal Gallego, La Provincia, Eco de Galicia, Heraldo de Galicia, El Pueblo Gallego, Atrás, Vida Escolar, Faro Villalbés, Razón, A Nosa Terra e Escuela Vivida, nos cales escribiu artigos pedagóxicos e políticos.

En 1934 ingresou no Partido Galeguista, e converteuse ao ano seguinte en presidente do Grupo Galeguista de Lalín (1935-36). Logo da destitución de Manuel Ferreiro, foi nomeado alcalde de Lalín o 11 de abril de 1936. A raíz do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 dá instrucións para que a Garda Civil reparta as armas do cuartel entre os obreiros, pero o sarxento comandante négase alegando que só obedece ás autoridades militares. Foi destituído da alcaldía o 24 de xullo. Detido e xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 18 de novembro con José Crespo Torres e Miguel Lamas Iglesias, foi condenado a cadea perpetua e á inhabilitación absoluta para o maxisterio en aplicación da Lei de Responsabilidades Políticas (1939) que supuxo a depuración da administración pública e o funcionariado por cuestións ideolóxicas. Golmar vai estar preso primeiro en San Simón e logo na Prisión de San Cristovo (Pamplona), onde permaneceu ata 1941. En liberdade provisional, regresou a Santiso onde casou. Morreu sen ser rehabilitado como mestre

CEIP Xesús Golmar, último alcalde republica- represaliado

A fonte ten esculpido o xugo e as frechas, símbolo da Falanxe. Á dereita, detalle.

A Fonte de Lalín de Arriba, situada na contorna da Igrexa de San Martiño, dálle a benvida na capital dezá aos peregrinos que se achegan polo Camiño de Inverno. Na mesma, aínda se pode ver en releve na fachada da fonte o xugo e as frechas da Falanxe Española.

2. Fonte de Lalín de Arriba

O alcalde Ferreiro na compaña do ministro de Obras Públicas Rafael Guerra del Río e do ministro de Comunicacións José María Cid , xunto cunha autoridade militar pasando diante do antigo Casino, situado na entón rúa “Galán e García Hernández”, após “Calle General Franco” e hoxe Rúa Principal. Visita motivada pola paralización das obras do ferrocarril e as manifestación de apoio á súa finalización, caso da de Lalín que xuntou máis de 8.000 persoas.

A antedita rúa serve de homenaxe a Manuel Ferreiro Panadeiro, alcalde republicano de Lalín executado tras o Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.

Nado en Ludeiro (Soutolongo, Lalín) o 24 de xuño de 1903, foi un político republicano. Estudou no Seminario de Lugo e con 20 anos trasladouse a Madrid, onde obtivo o título de Bacharelato e comezou a carreira de Dereito. En Madrid entrou en contacto co movemento democrático e participou na oposición á ditadura de Primo de Rivera. En 1930 retornou a Lalín, onde formou xunto con outros mozos como Marcelino García, o Centro Republicano de Lalín, e editou o periódico Atrás.

Coa proclamación da Segunda República converteuse no primeiro alcalde lalinense elixido democraticamente (1931-1934) substituíndo a Bernardo Madriñán González, encabezando a lista da Federación Republicana Galega. Ferreiro comezou a desenvolver os ideais republicanos: democratización da administración municipal, preocupación polo ensino coa promoción de escolas, o impulso dun instituto de segunda ensinanza e a extensión

3. Rúa Alcalde Ferreiro
Na rúa Alcalde Ferreiro (alcalde republicano fusilado)

da cultura (destaca a concesión dunha bolsa de estudos a Laxeiro); atención ás infraestruturas rurais (camiños e fontes) e apoio ás reivindicacións dos obreiros da liña férrea en construción Ourense-Santiago. Ferreiro vai ser destituído polo gobernador civil en agosto de 1934 logo da vitoria das dereitas nas eleccións de novembro de 1933 sendo substituído Ricardo López do Partido Radical, que deixou a alcaldía a Domingo Pablo Palmaz a principios de xaneiro de 1936. O novo gobernador Civil en 1933 enviara unha comisión de inspección ao Concello de Lalín co obxecto de atopar irregularidades para poder xustificar a destitución de Ferreiro Panadeiro. Co triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro, Ferreiro volveu ocupar a alcaldía por un mes, para ser substituído por Xesús Golmar en abril de 1936 debido a un enfrontamento entre concelleiros republicanos. En 1935 Ferreiro ingresara no novo partido Izquierda Republicana, liderado por Manuel Azaña, presentándose ás eleccións coa Fronte Popular.

Ao producirse o golpe de estado do 18 de xullo, Ferreiro e os alcaldes de Silleda e Carbia acompañados de dirixentes políticos da Fronte Popular e líderes sindicais diríxense a Pontevedra onde se entrevistan co Gobernador Civil Gonzalo Acosta Pan. Ao regreso ordenan a requisa de armas e declaran unha folga xeral. Organízase, así, un intento de resistencia en Lalín enviando a Pontevedra unha columna de obreiros mobilizados polos sindicatos en apoio á República. Á cabeza vai o propio Ferreiro Panadeiro e os dirixentes obreiros José Crespo e José Fondevila. Ao seu paso por Silleda únenselle outros membros da FP en turismos e camionetas. Cando chegaron a Pontevedra xa estaba declarado o Estado de Guerra, en Galicia triunfara o Alzamento. Ao fracasar, Ferreiro, refúxiase en Compostela, onde permanece agochado ata que o deteñen nos primeiros días de agosto. Foi trasladado a Pontevedra, onde o xulgan en Consello de Guerra acusado de traizón o 21 de agosto co resultado de sentenza de pena de morte. Foi fusilado no quilómetro un da estrada a Campañó o 27 de agosto de 1936 ás 5:30 (“recibiendo el reo seis balazos de arma de fuego portátil en región lateral izquierda del tórax, todas ellas penetrantes”), segundo se le na súa Causa. Para o recoñecemento do seu cadáver obrigan a súa nai, Generosa, e a súa irmá María a presentarse no lugar dos feitos e xurar que o cadáver correspondía ao seu fillo e irmán, respectivamente, obrigándolles a soterrar o seu corpo no Cemiterio Municipal da capital, e só en 1941 permitirán trasladar o seu corpo ao cemiterio de Soutolongo.

Concelleiros mortos ou encarcerados na represión. Obsérvese que o concello de Lalín figura entre 2 e 3. https:// arquivos.depo.gal/xeracion-perdida

Manuel Ferreiro Panadeiro gl.wikipedia.org/wiki/ Nicho do alcalde Ferreiro

4. Calle José Antonio

Durante décadas a rúa renomeada hoxe en día como Monte Faro foi coñecida como José Antonio.

José Antonio Primo de Rivera era o líder de Falanxe, partido fascista que funda en 1933 homologábel ao PNF italiano ou o NASDP alemán, que ocupaba unha posición marxinal na política española. A Fronte Popular ilegaliza Falanxe logo da súa vitoria nas eleccións de febreiro de 1936 e José Antonio é detido xunto a outros dirixentes.

Na madrugada del 20 de novembro de 1936, no cárcere republicano de Alacante, José Antonio Primo de Rivera foi fusilado aos 33 anos tras un rápido proceso. Morto, nos primeiros meses da Guerra Civil, o líder falanxista será convertido polo réxime franquista en mártir da súa cruzada e no símbolo do seu programa ideolóxico.

A construción da sacralizada lenda de José Antonio tivo o seu momento máis representativo no solemne traslado a pé dos seus restos desde Alacante ata O Escorial, en novembro de 1939. Unha impresionante procesión conduciu o seu féretro a ombreiros de falanxistas durante día e noite, glorificándoo e converténdoo no principal obxecto de culto cívicorelixioso do réxime. Primeiro fora sepultado nunha fosa común nun cemiterio de Alacante, logo no Escorial e por último no “Valle de los Caídos”, para o 24 de abril de 2023 ser exhumado e levado ao cemiterio familiar.

Se ben os militantes de Falanxe non superaban os 6000 en toda España e non tiveron representación electoral de máis do 2%, en Lalín si se creou un núcleo falanxista ao igual que nas cidades galegas e nas vilas de maior tamaño. O número de militantes aumentou durante o período do franquismo nacional-sindicalista e en 1944 había en Lalín 644 militantes de FET-JONS e 131 adheridos.

Na que foi Calle José Antonio, hoxe Rúa Monte Faro José Antonio (gl.wikipedia.org/) Chegada dos restos de José Antonio ao “Valle de los Caídos” Rapaces da OJE diante do monumento a Loriga (1948)

A expresión «Caídos por Dios y por España» encabezaba as placas de homenaxe colocadas ao final da Guerra Civil, en miles de lugares seleccionados para cumprir funcións de «espazos da memoria» dos mortos no bando franquista. A maior parte das veces colocábanse nas igrexas principais de cada localidade (vinculación da Igrexa como lexitimista do novo réxime que nacía) recordando as vítimas do bando franquista na guerra. Baixo distintos símbolos, habitualmente unha cruz, o xugo e as frechas, incluían unha lista encabezada en todos os casos por José Antonio Primo de Rivera e continuada polos nomes dos mortos pertencentes ao “bando nacional” da localidade. As placas remataban cun marcial “Presentes!”.

A orixe da colocación destas placas conmemorativas dos “caídos” nas nosas igrexas foi o decreto da Jefatura del Estado de 16 de novembro de 1938 que proclamaba “día de loito” nacional o 20 de novembro de cada ano, en memoria do fusilamento de José Antonio Primo de Rivera nesa data de 1936. A lei establecía que “previo acordo coas autoridades eclesiásticas, nos muros de cada parroquia figurará unha inscrición que conteña os nomes dos seus Caídos, xa na presente Cruzada, xa vítimas da revolución marxista”.

Pola Lei de Memoria histórica de 2007 este tipo de vestixios da ditadura deben desaparecer da paisaxe urbana. Foi retirada en 2017 coa chegada do actual párroco, Marcos Torres.

Diante do lugar que ocupaba na nave lateral esquerda da Igrexa de Lalín a placa de “ Caídos por Dios y por España ”

Durante o franquismo foron varios os párrocos que se fixeron cargo da parroquia de Nosa Señora das Dores de Lalín. O cura a cargo da parroquia lalinense durante a República e o primeiro franquismo ata 1955 foi Don José María López Castro. Este foi substituído por Don Victoriano Sucasas que mantivo o nacionalcatolicismo ata finais do franquismo a pesar dos “cambios” a nivel económico dos anos 60. No ámbito político e moral o réxime mostrouse inmobilista e o párroco mantivo ata ben pasados os anos 70 a separación entre homes e mulleres dentro da igrexa e o uso do veo para as mulleres. En 1958 Don Victoriano encargoulle a Xesús Mato a dirección da emisora parroquial “La Voz de Deza”. A emisora instalouse nos baixos da casa reitoral, e estaba comunicada con liña directa coa igrexa parroquial. Retransmitía misas e rosarios, e tamén cumpría un labor informativo e de lecer entre os lalinenses. Ademais, cómpre destacar a emisión dos “Contos e cousas do tío Xanete” creados e presentados por Daniel González González, emitidos integramente en galego, feito inusual, xa que a lingua do Estado era o castelán estando prohibidas as demais linguas minoritarias ou minorizadas.

Retirada da Igrexa de Lalín da placa dos “Caídos por Dios y por España” Detalle da placa coa relación de “Caídos por Dios y por España”. Mozas lalinenses co veo nunha procesión. 1960 Mostra de nacionalcatolicismo coa garda civil desfilando na honra da Virxe das Dores, e a Falanxe cos mozos da OJE firmes ao seu paso. 1945

, homenaxea o derradeiro alcalde franquista que tivo Lalín, incum2009, foi médico e político, e alcal-

Militante de Falange dende 1935, combateu na guerra. Foi concelleiro de Lalín polo terzo de cabezas de familia dende 1947, deputado provincial na Deputación de Pontevedra e candidato a procurador en Cortes en setembro de 1971. Foi nomeado alcalde de Lalín polo Ministro da Gobernación en 1957, tomando posesión o 20 de xullo e permanecendo no cargo ata 1979 cando se celebraron as primeiras eleccións democráticas municipais ás que se presentou como concelleiro na candidatura de Coalición Democrática, que foi derrotada pola lista independente encabezada por Xosé Cuíña. Salienta así mesmo como impulsor da Feira do cocido de Lalín.

Durante o período da transición e mentres non se producen as primeiras eleccións municipais, Lalín recibe de paso en 1976 a visita do Rei Xoán Carlos I e a súa dona, a raíña Sofía. O novo Xefe de Estado é recibido polo aínda alcalde franquista, Luís González Taboada, sendo este o seu último acto oficial.

Luis González Taboada (derradeiro alcalde franquista) dándolle a benvida aos Reis de España. 1976 A Rúa A, logo dedicada a L.uis González Taboada, a principios dos 60

Durante a República, o Alcalde Manuel Ferreiro tenta de novo poñer en marcha a idea de construír un Instituto de Bacharelato para Lalín, e mesmo se chegan a convocar dúas prazas de profesores dende o Concello, pero aínda que oficialmente se concede en 1933, o cambio de goberno de novembro impide outra vez que se materialice. O edificio do Hospitalillo utilizouse como local para mitins e reunións políticas: alí celebrou a súa Asemblea Xeral o Partido Republicano Gallego en setembro de 1933, a homenaxe a Manuel Ferreiro en febreiro do 34, o primeiro mitin de Castelao logo do seu exilio en Estremadura en setembro de 1935 e o de Casares Quiroga en decembro do mesmo ano, e outros moitos. Tamén acolleu un dos cuartos do edificio o estudio de Laxeiro logo da súa volta de Madrid como pensionista en 1933.

Ao producirse o levantamento fascista do 18 de xullo, Falange incauta o edificio e convérteo no seu Cuartel. Foi usado tamén como cadea ante o precario cabemento da Prisión do Concello (tiña capacidade para 10 presos e chegou haber 70) para o gran número de detidos que se produciu despois da sublevación.

En 1939 Ramón Mª Aller obtivo permiso da Asociación Hijos de Lalín para instalar o “Colegio Sagrado Corazón” que funcionou neste edificio ata 1952.

O 1 de agosto de 1952 asínase un convenio entre os representantes de Hijos de Lalín e o alcalde Alfonso Garra polo que a Sociedade cede soar e edificio ao Estado para construír un instituto laboral de segunda ensinanza, e en consecuencia derrúbase o inmoble, construíndose sobre o predio do vello Hospitalillo un novo edificio que albergará o Instituto Laboral, que será inaugurado en 1959.

7. Hospitalillo (Hospital-Asilo, cuartel da Falange e cárcere no Golpe de Estado e Guerra civil, logo Colexio Sagrado Corazón, Instituto Laboral e de Bacharelato Aller Ulloa; e hoxe IES Laxeiro) Hospitalillo, nos anos 50, coas bandeiras da Falanxe, España e os requetés. Diante do IES Laxeiro, lugar que con anterioridade ocupaba o Hospitalillo

Enrique Vidal Abascal, nado en Oviedo por circunstancias derivadas de o pai ser destinado á capital asturiana pero lalinense de pro pois as súas raíces familiares estaban en Lalín, o 12 de outubro de 1908 e finado en Santiago de Compostela o 31 de outubro de 1994, foi un matemático, astrónomo e pintor galego. Fillo de Enrique Vidal Bobo e neto de Juan Vidal Lores, un dos dirixentes do Partido Demócrata-Progresista en 1880, que rematou como presidente do Centro Maurista de Lalín en 1917.

A súa tese foi dirixida por Ramón María Aller Ulloa e versaba sobre o cálculo da órbita de estrelas dobres. Inventou o orbigrafo, aparato que permite trazar no papel a curva que representa os ángulos de posición en función dous, das distancias, respectando a lei das áreas.

Foi membro do Grupo Lalín do Partido Galeguista que se formou en Lalín após a intensa campaña que fixeran Suárez Picallo, Alonso Ríos e Castelao, e no que ingresou en 1934 chegando a presidir o Grupo Galeguista de Lalín entre 1935 e 1936, do que van formar parte entre outros, ademais de Vidal Abascal, o último alcalde da República Xesús Golmar ou Laxeiro.

Autorretrato de Enrique Vidal Abascal

9. Casa da República.

A vivenda situada no número 4 da Avenida Buenos Aires, no barrio da Cacharela, foi Casa da República, pasando a ser coa sublevación a vivenda do Comandante Montero, experto na loita antiguerrilleira: “Del recórdase a súa rudeza, crueldade e a súa beatería. Marcou a lume ese período, e parte da historia política posterior desta comarca non se entende sen a súa sombra” (Manuel Igrexas en Nós Diario).

A Casa da República formalízase como tal a mediados de novembro de 1935, constituíndo a mesma un Centro social e de loita política.

Como primeiro presidente foi designado Marcelino García (representante de Izquierda Republicana), secretario Fernando Goyanes (polos galeguistas) e tesoureiro José Rodríguez (por Unión Republicana); integrándose como vogal José Fondevila (polos socialistas).

A Casa da República converteríase en centro cultural para conferencias, dispoñendo dunha biblioteca, e sendo inaugurada formalmente o 15 de decembro cunha conferencia de Hernán Poza Juncal, presidente do comité provincial de Unión Republicana, moi coñecido en Lalín, onde estivera varios anos á fronte da escola do Hospitalillo.

Marcelino García Villar, primeiro presidente da Casa da República de Lalín.

10. Casas baratas Leopoldo Sanmartín en Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán.

Á dereita, inauguración das vivendas sociais Leopoldo Sanmartín. 1958

Nos anos 50, España seguía aínda na longa posguerra, preside o Concello de Lalín Alfonso Garra Goyanes, nomeado pola autoridade provincial e obviamente adepto ao Movimiento Nacional. Estamos no período da autarquía económica: fame, miseria, estraperlo, racionamento... Isto provocara a paralización da construción residencial pola falta de capacidade adquisitiva da poboación. O sector privado ten que ser substituído polo público. A isto hai que sumar que os materiais de construción estaban sometidos á intervención económica. Isto fixo posíbel o xurdimento do mercado negro do cemento, ferro ou xeso, co cal se agravou o problema da construción durante a longa posguerra.

Aquí móstrase o rostro asistencial do Sindicato Vertical e das súas diferentes obras sindicais. Un dos seus obxectivos era o adoutrinamento daquelas masas a priori desafectas ou indiferentes. Este era un programa de integración social das masas ademais de reeducador e aculturador da ideoloxía franquista.

Nese momento edifícase o Grupo de Vivendas de Promoción Oficial (Grupo de vivendas sociais Loriga) no Barrio de Abaixo (1954) e Leopoldo Sanmartín (1957), no campo da feira. As coñecidas popularmente como “Casas Baratas” que acollerán a matrimonios novos das parroquias dos arredores que veñen a traballar a Lalín. Estas tratan de absorber a poboación froito do éxodo rural e erradicar ou evitar o chabolismo. Entregábanse en réxime de aluguer con opción final de compra. Normalmente eran vivendas de baixa calidade. Estas vivendas gozan dos beneficios do Decreto-Lei do 27 de novembro de 1953, e son de renda limitada (vivendas subvencionadas).

Lalín na posguerra ao igual que o resto do Estado sufriu a fame, mais ben a necesidade, o racionamento, as requisas, o estraperlo e unha forte represión. Galicia, vinculada á emigración, recibe axudas en forma de diñeiro, roupa... do que o pobo lalinense e beneficiario.

Malia estas circunstancias, nos anos 40, xorden iniciativas que axudan a levantar o ánimo da poboación lalinense. Un exemplo disto é a inauguración do Cine Lalín, popularmente coñecido como Cine Balado (pechado hai anos), que como tal nace após a Guerra Civil. O empresario Manuel Balado mercárallo a Leandro López del Rio, que o viña explotando so a denominación de Cinema Deza

O cine, sito na rúa Observatorio, tiña o portelo para a venda de entradas na rúa Joaquín Loriga, na fachada da vella Marquesina.

Para a decoración do cine, Laxeiro realiza entre 1940 e 1941 uns murais sobre cortiza. Estes murais desafortunadamente non se conservan xa que se destruíron nunha reforma posterior. Após este salientan a apertura do Cine Español

e o Cine Campos.

As salas de proxección reflectían a sociedade de clases da época segundo o prezo das butacas. Os prezos máis altos eran para as butacas preto da pantalla, logo estaría a clase media (moi reducida na posguerra) e o galiñeiro, na parte de arriba, onde se situaban os máis desfavorecidos economicamente e a rapazada e mocidade.

As películas de maior aceptación eran as do Oeste, o Gordo e o Fraco e Cantinflas, películas ás que a censura no poñía reparos.

11. Cine Lalín A rúa J. Loriga un día de feira (1963). A frecha indica o portelo para a venda de entradas do Cine Lalín

Famosa a foto realizada por Ramón Mª Aller Ulloa do SEG (Seminario de Estudos Galegos) en 1934, posando diante da súa casa co gallo do traballo de campo que estaban a desenvolver e que daría como resultado o volume Terra de Deza, que non chegaría a ser publicado ao desaparecer dito volume cando o golpe militar. Entre outros: Otero Pedrayo, Iglesias Vilarelle, Parga Pondal, Manuel Ferreiro Panadeiro, Fernández Osorio, Fernández Cochón, Vicente Risco, González García-Paz, Antón Taboada Roca, Paulino Pedret, Xesús Carro, Antón Fraguas, Xohán Ledo, Isla Couto, Ferreirós Espinosa, López Cuevillas e Ramos Colemán.

Por certo, o Seminario de Estudos Galegos no seu percorrido polas terras de Deza tivo como taxista a Secundino Pérez, o Mazaroco.

12. Museo Municipal Ramón Mª Aller Ulloa. Diante do Museo Ramón Mª Aller Ulloa Membros do SEG na xeira de 1934 polas Terra de Deza diante do taxi do Mazaroco (historiasdedeza.wordpress.com) Membros do SEG e veciños de Lalín ante a casa de don Ramón

13. Calle General Franco.

A Calle General Franco, antes Galán e García Hernández, cambiou o seu nome por Rúa Principal. A placa de mármore alusiva ao ditador, sita na fachada da casa de Alvarito, foi descolgada no 2005 polo Colectivo Amigos da República e membros do PSOE e o BNG a título persoal. Ese mesmo día, pola noite, un anónimo puxo un cartel co nome C/ General Franco, no lugar onde estaba a placa.

No entanto, sería a estrada de Monforte (hoxe rúa Monte Faro) a primeira rúa bautizada como General Franco, en concreto como Avenida del General Franco, mais dous meses despois cambiaríase a denominación General Franco para a que hoxe é Rúa Principal.

Pola Lei de Memoria histórica de 2007 este tipo de vestixios da ditadura deben desaparecer da paisaxe urbana.

Por certo, se o alumnado busca na casa de seguro que aínda atopará algunha bolsa de plástico dos vellos negocios desta rúa (Guerra, Brandido, Nistal ....) co enderezo rotulado de “Calle General Franco”.

Retirada da placa “Calle del General Franco” Placa co nome Calle General Franco que estaba situada na parte baixa da rúa (historiasdedeza.wordpress.com) A rúa General Franco en 1963, en domingo. Á esquerda a casa de Alvarito Na rúa Principal, diante da casa de Alvarito que lucía na fachada a placa “Calle del General Franco”

A Praza de Calvo Sotelo foi rebautizada como Praza da Torre pero é máis coñecida popularmente como Praza das Pipas

Calvo Sotelo nacido en Tui o 6 de maio de 1893 e finado en Madrid o 13 de xullo de 1936, foi un político e xurisconsulto dereitista, ministro de Facenda do Goberno do Estado entre 1925 e 1930 durante a Ditadura de Primo de Rivera. Destacou como líder monárquico a través do partido Renovación Española e estivo exiliado a principios da República, pero coa vitoria das dereitas en 1933 volve a España para ser deputado.

Calvo Sotelo sairá elixido deputado por Ourense nas eleccións de febreiro de 1936 baixo as siglas do Bloque Nacional.

O día 12 de xullo de 1936 un comando de extrema dereita asasinou ao tenente da Garda de Asalto e militante de esquerdas, José Castillo; como represalia, ao día seguinte, un grupo da Garda de Asalto asasinou ao deputado de dereitas José Calvo Sotelo. Foi a chispa que desencadeou a rebelión. O día 17 de xullo de 1936, as tropas do Protectorado Español en Marrocos subleváronse contra o Goberno da República, ao día seguinte fixérono na península. Era o comezo da Guerra Civil. Mais a conspiración militar xa se puxera en marcha após a vitoria nas eleccións da Fronte Popular.

Ao cabo, Calvo Sotelo converteríase en mártir do réxime franquista.

14. Praza de Calvo Sotelo. José Calvo Sotelo. gl.wikipedia.org/wiki/

15. Monumento a Joaquín Loriga.

Arriba, detalle do símbolo falanxista do xugo e as frechas nun dos cerres perimetrais do parque.

Á esquerda detalle da Alegoría da república

O monumento a Loriga é unha obra de Francisco Asorey que representa un avión cravado na terra en homenaxe ao accidente aéreo deste piloto que acabou coa súa vida.

O momumento representa na base unha alegoría da República Española fronte á República de Filipinas posto que foi inaugurado o 27 de agosto de 1933. A pesar de que todos os símbolos da República foron eliminados dos espazos públicos e privados, este permaneceu.

Por parte, se nos fixamos na varanda exterior que rodea o parque de Loriga, aínda podemos observar o símbolo falanxista do xugo e as frechas, o que se aprecia á esquerda, malia a súa erosión.

Monumento ao aviador Loriga, inaugurado en 1933

No Barrio de Abaixo unha placa lembra a construción das vivendas sociais, na que se pode ler a alusión á Delegación Nacional de Sindicatos, verticais. Estas placas tiñan a función de mostrar o que facía Franco polo pobo, neste caso o Instituto Nacional de Vivenda.

Con estas vivendas sociais, Falanxe pretendía plasmar as ideas da nova sociedade. A pesar desta lei as VPO foron escasas e non chegaban para cubrir a demanda de toda a poboación carente dun teito. Ata 1957 construíranse unhas 56.000 VPO, as popularmente Casas baratas.

16. Casas baratas do Barrio de Abaixo.

17. Antiga Casa do Concello.

A que durante moitos anos foi a Casa do Concello de Lalín, hoxe Biblioteca Municipal Benito Varela Jácome, foino tamén durante a II República.

Para simbolizar o triunfo da República, Ferreiro Panadeiro encargoulle ao seu amigo Laxeiro unha Alegoría da República para presidir o salón de sesións do Concello. Laxeiro pintou o cadro segundo os patróns clásicos: unha moza tocada cun gorro frixio e vestida cunha túnica branca que deixa un peito ao descuberto, na man dereita porta a bandeira tricolor e na esquerda sostén unha balanza, símbolo da xustiza; detrás o león, como símbolo de vixilancia e de combatividade e ao fondo un labrego arando e varias chemineas de fábrica en referencia ás actividades económicas como vehículo de progreso; o pintor engadiulle o escudo do concello de Lalín. Dende o verán de 1931 a imaxe estivo pendurada no salón do vello concello durante toda a etapa republicana.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 os falanxistas entraron no Concello e apoderáronse dos símbolos republicanos para queimalos nunha fogueira, entre eles o cadro de Laxeiro. Un dos participantes, e que despois foi alcalde franquista, Alfonso Garra, consciente do valor da pintura, salvouna da fogueira e gardouna na súa casa, onde permanece durante a ditadura e unha boa parte do actual réxime. Ata que en 1988 a Asociación Cultural o Naranxo iniciou unha campaña para solicitar dos herdeiros de Alfonso Garra a devolución do cadro ao seu lexítimo propietario, o Concello de Lalín. Actualmente esta obra está en mans do Concello de Lalín, no Museo Ramón María Aller Ulloa, mais non á vista da cidadanía, salvo cando as obras de Laxeiro están en exposición, daquela pódese contemplar o cadro no segundo andar do Museo.

Nos baixos do antigo concello estaba a prisión onde estiveron detidos algúns republicanos nos primeiros días logo do golpe de Estado. Debido ao gran número de detidos tívose que habilitar o “Hospitalillo” como prisión, edificio incautado por Falanxe.

A represión do bando sublevado caracterízase por ser sistemática e violenta e polo interese en crear un clima de terror institucionalizado. Os primeiros en sufrila foron as autoridades civís e militares vinculadas ao goberno da Fronte Popular. Co Golpe de Estado, os territorios nos que triunfou este, alcaldes e concelleiros foron obxecto de depuración. Xa sabemos o que pasou con Xesús Golmar e Ferreiro Panadeiro a isto podemos engadirlle a historia do concelleiro de IR Marcelino García que foi xulgado en Pontevedra e declarado en rebeldía, vivindo oculto ata pouco antes do 7 de novembro de 1970 (xa indultado) ano no que faleceu aos 66 anos, completamente cego.

O 27 de agosto, o día que fusilaron a Ferreiro Panadeiro, varios veciños da parroquia das Trabancas (Agolada), atopan un cadáver na cuneta da estrada de Lalín a Monterroso (N-640). Trátase dun home vestido cun mono, que ninguén pode identificar. Traen o corpo a Lalín para expoñelo publicamente fronte ao Concello. Máis tarde saberase a súa identidade: Luís González Yáñez, de 29 anos funcionario de Monforte, a quen os falanxistas viñeron asasinar lonxe da súa vila.

Era habitual que se paseasen vítimas lonxe dos lugares de orixe e mesmo falanxistas de fóra, o asasinato de Alberto Martínez Tiscar avogado pontevedrés foi levado a cabo entre outros por falanxistas lalinenses que o pasearon en Bueu, aparecendo o seu corpo onda o mar na zona de Beluso.

Por certo, que o título de “Hijo adoptivo de Lalín” para Franco, que databa do 9 de xaneiro de 1937, non lle foi retirado ata o 28 de abril de 2017, iso si, por unanimidade do pleno.

Alegoría da república de Laxeiro

18. O Pontillón, no que estaba o Cuartelillo da Brigadilla da Garda civil.

O Pontillón, na actual Travesía nº 1 da Ponte, detrás do edificio construído no lugar onde estaba o Cuartelillo da garda civil

Á esquerda sinalado cunha frecha o “Cuartelillo” da garda civil na posguerra

Na vivenda situada na intersección do camiño que conducía do Pontillón (actual Rúa da Ponte) ao Barrio de Abaixo estivo instalado o Sector Interprovincial da Garda Civil ao mando do Comandante Manuel Montero, que, como máxima autoridade, tiña como misión perseguir a guerrilla que entre 1947-1952 se instalou na zona.

No cuartel ou popularmente cuartelillo interrogábase e torturábase os detidos, algo que se facía de xeito habitual. Relatan os veciños que se oían berros de padecemento que saían do cuartelillo.

Dito cuartel ou cuartelillo foi coñecido popularmente como “A brigadilla”.

O Pontillón. Á esquerda sinalado cunha frecha o “Cuartelillo” da garda civil (circa 1960)

BIBLIOGRAFÍA:

ÁLVAREZ CASTRO, XOSÉ: Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939). Vigo: Xerais, 2013

AMOEDO LÓPEZ, Gonzalo: A memoria e o esquecemento. O franquismo na provincia de Pontevedra. Vigo: Xerais, 2010.

BARÁ, Luís: Non des a esquecemento. Gondomar: Instituto de Estudos Miñoráns, 2017.

COCHO, Federico: Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España: Vigo. Xerais, 2011.

FERNÁNDEZ, Carlos: El Alzamiento de 1936 en Galicia. Sada (A Coruña): Edicións do Castro. Sada, 1982.

FERNÁNDEZ PRIETO, Lourenzo e MIGUEZ MACHO, Antonio (eds.): Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo. Vigo: Galaxia, 2018.

FLORY, Jean: Galicia Bajo la bota de Franco. Santiago de Compostela: Alvarellos Editora, 2005.

GONZÁLEZ MONGE, Manuel: Os restos do franquismo en Galiza. Santiago de Compostela: Laiovento, 2020.

IGREXAS, MANUEL: Xesús Golmar. A Estrada: Edicións Fervenza, 2005.

LORENZO CALVIÑO, Perfecto: Os pasos pola vida dun comunista galego. Vigo: Ed. A Nosa Terra, 2009.

MORADIELLOS, Enrique: La España de Franco (1939-1975). Madrid: Editorial Síntesis, 2000.

PEREIRA GONZÁLEZ , Dionisio et al.: Os nomes do terror. Santiago de Compostela: Ed. Sermos Galiza, 2017.

PEREIRA MARTÍNEZ, Carlos: O que fixeron en Galicia, 1936. Vigo: Ed. A Nosa Terra. Vigo, 1998.

RAZÓN. PERIÓDICO INDEPENDIENTE Edición facsímile. Números 1 a 7. Lalín: Asociación Cultural O Naranxo. 1998.

SILVA, Emilio e MACÍAS, Santiago: Las fosas de Franco. Madrid: Ed. Temas de Hoy, 2003.

VILLARES, Ramón: Historia de Galicia. Parte II. A Coruña: Ed. La Voz de Galicia, 2020.

VVAA: A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria. Narón, decembro de 2003. Narón (A Coruña): Ed. Memoria Histórica Democrática, 2003. Páx. 517: Asasinados por pensar e desexar para todos un mundo mellor: A represión franquista na Comarca de Deza, Manuel Igrexas.

VVAA: Descubrindo. Anuario de Estudos de Investigación de Deza. Nº14. Lalín: Ed. SED.

VVAA: Historia da emigración pontevedresa en Buenos Aires. Pontevedra: Ed. Deputación de Pontevedra, 2012.

VVAA: Lalín, cen anos en fotos e Lalín, cen anos en fotos II. Lalín: Patronato Cultural de Lalín - Seminario de Estudos de Deza, 1999 e 2001.

Webgrafía:

https://www.nomesevoces.net/ ttps://arquivos.depo.gal/ (Memoria Histórica. Base de datos de concelleiros represaliados).

Aquel 18 de xullo, Manuel Igrexas, in historiasdedeza.wordpress.com/2016/07/18/aquel-18-de-xullo/ Vítimas da represión franquista en Lalín, Manuel Igrexas, in historiasdedeza.wordpress.com/2016/10/26/vitimas-darepresion-franquista-en-lalin/ e https://historiasdedeza.wordpress.com/category/manuel-ferreiro/ Franco, fillo adoptivo de Lalín, Manuel Igrexas, in historiasdedeza.wordpress.com/2016/08/02/franco-fillo-adoptivode-lalin/

Caídos por Dios y por España, Manuel Igrexas, in historiasdedeza.wordpress.com/2015/05/03/caidos-por-dios-y-por -espana/

Marcelino García, trinta anos fuxindo, Manuel Igrexas, in historiasdedeza.wordpress.com/2015/07/28/marcelinogarcia-30-anos-fuxindo/

Asasinados por pensar e desexar para todos un mundo mellor: A represión franquista na Comarca de Deza, Manuel Igrexas, in actas_i_congreso_memoria_historica_naron_2003_24.pdf

90 anos da República de Laxeiro, Manuel Igrexas, in historiasdedeza.wordpress.com/2021/04/21/90-anos-darepublica-de-laxeiro/

Enrique Vidal Abascal, presidente do Partido Galeguista de Lalín, Manuel Igrexas, in historiasdedeza.wordpress.com/2017/12/21/enrique-vidal-abascal-presidente-do-partido-galeguista-de-lalin/

Entrevista a Manuel Igrexas, in https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/subir-luns-guerrilla-deza-non-podeexplicar-minas-fontao/20211205190243133571.html

Cinema Deza, El primer cine de Lalín, Antonio Vidal, in historiadeza.wordpress.com/2022/10/10/cinema-deza-elprimer-cine-de-lalin/

La escuela del Hospitalillo de Lalín, Antonio Vidal, in historiadeza.wordpress.com/2020/11/09/la-escuela-delhospitalillo-de-lalin/

https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2006/08/27/manuel-ferreiro-o-primeiro-fusilado-18205998.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/lalin/2017/05/19/restos-placa-franquista-iglesia-lalin-depositaran-almacen -brigada-obras/0003_201705D19C3993.htm

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/57440-lalin-retira-placa-franquista-igrexa-parroquial-peticion-parroco

https://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Ferreiro_Panadeiro

https://gl.wikipedia.org/wiki/Xes%C3%BAs_Golmar

https://gl.wikipedia.org/wiki/Luis_Gonz%C3%A1lez_Taboada

https://gl.wikipedia.org/wiki/Enrique_Vidal_Abascal

https://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Montero_Galvache

https://gl.wikipedia.org/wiki/Jos%C3%A9_Calvo_Sotelo

Edición e Maquetaxe: Biblioteca Mario Pereira

IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín)

Xuño 2023

Biblioteca Mario Pereira do IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín)

Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.