Page 1

O Barbanza Edición Arousa Norte

Ribeira  A Pobra  Boiro  Rianxo

Número 6

Visita a nosa

WEB

obarbanza.gal

Novembro 19

Segundo un estudio científico

A COSTA DE BARBANZA, EN RISCO

Zonas potencialmente anegábeis

  Unha investigación publicada en outubro pola revista Nature Communications mostra con claridade de detalles a importante franxa costeira dos continentes que se vería anegada polo mar dentro de trinta anos. Segundo o estudio tódolos concellos do Barbanza veránse afectados cunha especial incidencia en Ribeira. Neste mapa pódense ver en vermello as zonas máis afectadas pola suba do mar. Máis información nas páxinas 4 e 5.

Diana Quer. Un crime cheo de horror Achegámonos ao proceso xudicial.

A policía de Rianxo estrea nova sede

12

O edificio aposta pola proximidade á cidadanía

Unha histórica institución docente

11

O Colexio A Milagrosa de Oleiros celebra os seus 90 anos

8


O Barbanza

3

Edición Arousa Norte

 ACTUALIDADE

Arousa Norte queda sen representación directa nas Cortes Xerais

O

  RESULTADOS DAS ELECCIÓNS XERAIS

RESULTADOS - CONGRESO RIBEIRA

RESULTADOS - SENADO

A POBRA DO CARAMIÑAL

Novembro 19 Votos

Novembro 19

Abril 19 %

SENADORES POR CONCELLO

VOTOS POR PARTIDO

VOTOS POR PARTIDO Partido

Podemos-EU, mentres que na Pobra do Caramiñal esta posición prodúcese á inversa. Por outra banda, en Ribeira a lista continúa con BNG, Vox e Podemos-EU. A pesar de que a actual primeira tenente de alcalde de Ribeira, María Sampedro, se presentaba como candidata número 6 do PP ao Congreso pola provincia da Coruña; mentres que Xosé Deira, ex-alcalde de Boiro, se postulaba como candidato do BNG ao Senado; a área de Arousa Norte quedou sen representación directa nas Cortes Xerais.

trintena. Podemos-EU rexistra unha baixada no número de papeletas, especialmente en Ribeira, Boiro e Rianxo. Ademais, o PP convértese na forza máis votada en Ribeira e Boiro, mentres que o PSOE gaña na Pobra do Caramiñal e Rianxo. No que respecta ao Senado, os candidatos máis votados foron os do PP e PSOE. Nos catro concellos, os seis primeiros postos están ocupados polos representantes destas dúas formacións, aínda que en distinta orde. En Boiro e Rianxo, a continuación aparecen BNG e

En canto ao Congreso, nos municipios constátase o incremento de Vox, así como a caída de Ciudadanos. Así mesmo, o BNG recupera máis dun cento de votos en tódolos concellos respecto a abril, exceptuando A Pobra, onde a cifra non chega á

s resultados electorais do 10 de novembro mudan significativamente o panorama político estatal respecto dos comicios celebrados o pasado 28 de abril, tanto no caso do Congreso coma do Senado.

Novembro 19

Votos

Partido

%

Votos

Abril 19 %

Votos

%

Partido

Nome

RIBEIRA

A POBRA

Votos

Votos

147

42

18,52% PP

4.241 33,08%

4.083 27,91%

-3,67% PSOE

1.552 29,38%

1.807 30,50%

PACMA

Adrián Abuín Pose

-4,23% PSOE

3.074 23,98%

3.663 25,04%

17,11% PP

1.421 26,90%

1.361 22,97%

PUM+J

Aitor Neira Villaverde

35

9

87,74% VOX

1.747 13,63%

1.062

-5,71% UP

985 18,65%

1.172 19,78%

PCTE

Alfonso Martínez Merlán

39

25

1.466

11,44%

2.118 14,48%

18,97% BNG

510

9,66%

481

8,12%

1.072

8,36%

61,33% VOX

410

7,76%

285

4,81%

662

5,19%

212

4,01%

616 10,40%

259

2,02%

-

-

95

1,80%

-

-

103

0,80%

197

1,35%

-56,04% PACMA

21

0,40%

54

0,91%

-29,63% PCOE

24

0,19%

39

0,27%

141,86% PCOE

18

0,34%

8

0,14%

-48,00% Recortes Cero

17

0,13%

37

0,25%

25,00% PCTG

8

0,15%

7

0,12%

-20,00% PCTG

15

0,12%

22

0,15%

7

0,13%

9

0,15%

11

0,09%

-

-

-

En Marea

-

-

66

1,11%

-

CxG

-

-

8

0,14%

-20,99% UP 35,55% BNG -64,21% C´s -

MÁS PAÍS

-40,74% PACMA

-

PUM+J

916

7,26% 6,26%

2.121 14,20%

-

En Marea

-

-

145

0,99%

-

CxG

-

-

46

0,30%

NOVEMBRO

ABRIL

-

MÁS PAÍS

-13,33% Recortes Cero

Abril 19 %

2.930 26,55% 3.046 27,60%

1.298 13,18%

1.813 16,43%

977

9,92%

492

5,00%

MÁS PAÍS

Novembro 19

2.746 27,89%

92,25% VOX -60,54% C`s

816

7,39%

569

5,16%

1.398 12,67%

184

1,87%

-

-

-24,19% PACMA

93

0,94%

137

1,24%

-37,21% PCOE

1.171

528

Partido

Votos

%

Votos

514

8,25%

334

4,87%

229

3,68%

572

8,34%

1,17%

-

-

0,74%

70

1,02%

0,27%

47

0,43%

39,13% PCOE

20

0,32%

16

0,23%

0,21%

12

0,11%

-18,75% PCTG

8

0,13%

11

0,16%

18,18% PCTG

-

-65,22%

-

En Marea

-

-

136

-

-

CxG

-

-

16

-

ABRIL

PUM+J

7

0,11%

-

-

Recortes Cero

5

0,08%

16

0,23%

-

En Marea

-

-

88

1,28%

-

CxG

-

-

16

0,23%

-

NOVEMBRO

PP PSOE UP BNG VOX C´s

29,65% PSOE

27,60%

27,89% PP

26,55%

13,18% UP 10,05% C´s

16,43% 26,55%

MÁS PAÍS

1,87% PACMA

12,67% 7,39% 5,16% 1,24% 1,23%

PSOE PP BNG UP VOX C´s MÁS PAÍS

PCTE C´s PSOE

Xosé Deira Triñanes

1.125

524

BOIRO

RIANXO

Votos

Votos

126

64

817

573

989

652

PACMA UP VOX

121

60

677

534

Juan Garcilaso de la Veja Muñoz

35

17

699

411 1.623

PP

Juan Manuel Juncal Rodríguez

2.781

C´s

Juan Ramón Hermida Fandiño

394

204

Julio Barros Casal

2.193

1.610

Laura Tato Fontaiña

1.389

1.061

PSOE BNG PACMA BNG PP

16,15% UP 13,21% BNG

16,57%

PSOE

8,25% C´s 3,68% VOX

8,34%

1,02%

Elena Martín Barvo Jesús Basterrechea López "Suso"

Recortes Cero José Manuel Valiño Vázquez

23,92%

1,28%

216 1.725

Carmen Armada Martínez

29,45%

4,87%

425 2.462

Cristina Laya Miguélez

26,75% PP

12,81%

Antonio Pablo Mosquera Aldecoa Antonio Vázquez Lorenzo

UP

C´s

ABRIL

PACMA

1.422

UP

28,63% PSOE

1,17% EN MAREA

4.139

6

46

0,11%

142

Verónica María Casal Míguez

23

73

-

1.509

393

42

-27,45% PACMA

12

2.844

Rogelio Santos Queiruga

Alfonso Martínez Merlán

879 12,81%

0,08%

Obdulia Taboadela Álvarez

17

1.137 16,57%

0,13%

1.486

Aitor Neira Villaverde

823 13,21%

8

630

4.474

PUM+J

1.006 16,15%

13

1.371

Miguel Lorenzo Torres

Adrián Abuín Pose

26,07% BNG

PUM+J

María Tereixa dos Anxos Novo Arrojo

PACMA

1.641 23,92%

-

225

Nome

1.666 26,75%

MÁS PAÍS

754

Partido

11,83% PP

-

78

María del Carmen Mahía Vázquez

%

2.020 29,45%

69,40% VOX

210

SENADORES POR CONCELLO

1.783 28,63%

-55,88% C´s

BNG

Manuela García López

Abril 19

-2,78% PSOE

-20,28% UP

PSOE PP

21

EN MAREA

Laura Tato Fontaiña

BNG

4,81%

27

9,92% BNG VOZ 5% VOX

1.471

MÁS PAÍS

90,91% Recortes Cero

NOVEMBRO

2.724

8,12% 1,11%

EN MAREA

RIANXO

990 10,05%

194

Julio Barros Casal

PSOE

1,8%

VOTOS POR PARTIDO

35,99% BNG

1.461

564

MÁS PAÍS

BOIRO

1,05% PSOE

4.287

1,35%

VOTOS POR PARTIDO

-19,78% UP

Juan Manuel Juncal Rodríguez Juan Ramón Hermida Fandiño

6,26%

2,02% PACMA

2.919 29,65%

PP C´s

10,4%

MÁS PAÍS

11,68% PP

14 288

19,78%

7,76% BNG 4,01% VOX

660

45

9,66% C´s

7,26%

40

944 1.333

18,65% UP

14,48%

141

Jesús Basterrechea López "Suso" Juan Garcilaso de la Veja Muñoz

VOX

BNG VOX C´s

14,50%

Elena Martín Barvo

Recortes Cero José Manuel Valiño Vázquez

PP

8,36% VOX 5,19% BNG

Votos

UP

BNG

11,44% UP

%

PACMA

22,97%

13,63% C´s

Votos

733 822

30,50%

UP BNG C´s

Partido

1.062 1.271

26,90% PP

25,04%

Novembro 19

Carmen Armada Martínez

29,38% PSOE

27,91%

23,98% PSOE

203 1.577

Cristina Laya Miguélez

PSOE PP UP

33,08% PP

625 2.974

UP

C´s

ABRIL

Antonio Pablo Mosquera Aldecoa Antonio Vázquez Lorenzo

UP

PACMA NOVEMBRO

PP PSOE VOX

-

-61,44% C´s

C´s PSOE

MÁS PAÍS PP BNG

Manuela García López

190

102

María del Carmen Mahía Vázquez

520

252

María Tereixa dos Anxos Novo Arrojo

1.517

1.201

Miguel Lorenzo Torres

2.928

1.684

Obdulia Taboadela Álvarez

2.325

1.662

Rogelio Santos Queiruga

254

89

Verónica María Casal Míguez

2.740

1.578

Xosé Deira Triñanes

1.838

1.090


4

Novembro 19

O Barbanza Edición Arousa Norte

 ACTUALIDADE    CAMBIO CLIMÁTICO

En 2050 Barbanza perdería parte da súa costa actual Puntos críticos nos catro concellos de Arousa Norte

O

que acontece en Venecia estes días, con subas do nivel mar cada vez máis fóra de control, as maiores dos últimos cincuenta anos, e coas medidas habituais de protección literalmente desbordadas (Venecia está preparada para asolagamentos, pero non para tal cantidade de auga salgada e tales riscos para o seu incalculábel patrimonio), debera facernos recapacitar seriamente sobre o que lles pode pasar a outras zonas sensíbeis do planeta. Barbanza é case unha illa e, como tal, ten contornas onde o equilibrio de forzas entre terra e mar é especialmente sutil e delicado. Abonda un pouco de presión por parte da auga, para que esta gañe a partida. Este problema, unha vez máis causado pola actividade do ser humano (e a incapacidade total dos gobernos para pórlle remedio ou tan sequera frealo), non é un simple problema temporal que se solucione por si só. Prevese que no mundo millóns de persoas perdan as súas propiedades e se vexan desprazadas pola suba da auga, alén dos incontábeis ecosistemas que se verán alterados ou literalmente desaparezan. O simple feito de saber que se perderán para sempre paraxes naturais que queremos, respectamos, coidamos e habitamos (as lagoas de Carregal e Vixán, o Vilar, a praia de Carragueiros, Coroso) é un berro de alarma en si mesmo. Mentres tanto, é difícil explicarse o porqué, o mundo perde esforzos en guerras económicas, xogos políticos absurdos e capítulos pro-Brexit sen conto. As primeiras voces de alarma xa xurdiron hai tempo, porque o cambio climático non é un fenómeno novo, é algo que levamos traballando denodadamente dende hai décadas. Porén, a situación de emerxencia non chega até agora, no intre no que comezamos a mollarnos, ou, mellor dito: o intre no que comezamos a ver como outros se enchoupan. Mesmo aquelas persoas e entidades que negan o problema e, polo tanto, limitan a capacidade de resposta. Entre estes atópanse os integran-

tes da sede do Goberno de Venecia, que xusto despois de rexeitar medidas para frear o quecemento da Terra (incentivos para substituír motores de autobuses e caldeiras de gasóleo por sistemas máis limpos, apoio ás enerxías renovábeis) viron como se inundaba o seu espazo de traballo, xusto dous minutos despois de rexeitar medidas ecolóxicas. Amais da situación pola que está a pasar Venecia, un aviso en toda regra, os pasados días publicáronse varios informes exhaustivos sobre a cuestión, especialmente ilustrativos. Por exemplo a investigación publicada en outubro pola revista Nature Communications que inclúe, entre outros recursos, un mapa interactivo que amosa de maneira nidia as áreas en risco en todo o planeta, incluídos o noso territorio. Podemos velo en https://coastal. climatecentral.org. Se ben o asolagamento das terras baixas de Barbanza non chegará até máis ou menos o 2050, o proceso irase deixando notar durante anos, mesmo dende xa. Segundo o estudo, todos os concellos veranse afectados, se ben semella que haberá unha especial incidencia en Ribeira, por ser o que ten máis praias e menos nivel medio de altura sobre o nivel do mar. A catástrofe en Ribeira cebarase especialmente co treito de mar comprendido entre O Touro e Corrubedo, abranguendo o litoral, os arquipélagos (Vionta e outras illas verán reducido o seu tamaño) e amplas áreas de nivel baixo (a contorna toda comprendida entre Castiñeiras e Aguiño e as zonas húmidas do complexo dunar de Olveira e Corrubedo, con especial inciden-

  O asolagamento das

terras baixas de Barbanza non chegará até máis ou menos o 2050, o proceso irase deixando notar durante anos.

cia na lagoa de Vixán e as terras circundantes). Se ben no informe dise que unha das consecuencias máis destacadas é que Aguiño e a súa contorna converterase nunha illa (ao entrar o mar dende Os Areeiros até as proximidades de Carreira e de alí á lagoa de Vixán) este punto está a ser desmentido por determinados investigadores (como por exemplo Alberto Martí, profesor de Xeografía Física da USC), que lembran a imposibilidade de que o mar poida chegar tan terra adentro). Estes son os principais puntos críticos de Ribeira: • Os Areeiros, entre Castiñeiras e Aguiño, e a praia de Castro-Catía. • Parque Natural de Corrubedo (a praia do Vilar cederían ante as augas, e todo o complexo húmido de Carregal, quedando só as dunas ao descuberto, a xeito de illa de area). • Praia de Coroso. Desaparecerá baixo as augas, xunto todo o seu importante conxunto fluvial. Polo que respecta á Pobra, este son os sitios de meirande impacto. • A praia do Areal e as terras que a circundan: unha lingua de anegamento (en vermello) até A Baiuca e as industriais lindeiras. No que atinxe a Boiro, a suba do mar afectará especialmente aos seguintes enclaves: • A praia de Barraña e o esteiro do río Coroño: un arco vermello que podería introducir o mar en zonas amplas dos bosques circundantes (os célebres piñeirais de Barraña) e das urbanizacións costeiras. • O extremo de Cabo de Cruz, O Chazo, converteríase (segundo o estudo) en illa, ao igual que Aguiño en Ribeira. Isto tamén está a ser desmentido polos investigadores, mesmo para o caso de que o quecemento global superase as previsións. En Rianxo, estas serían as zonas de meirande impacto: • A praia da Torre e parte do paseo marítimo que une este areal co centro de Rianxo. • A praia do Porrón veríase diminuída en tamaño, e boa parte da praia lindeira das Cunchas.

A franxa crítica que supostamente separaría Aguiño da península do Barbanza

As zonas potencialmente anegábeis da vila de Pobra do Caramiñal

A Pobra e Boiro verían desaparecer parte do seu litoral


O Barbanza Edición Arousa Norte

Alberto Martí Ezpeleta

-E

stamos nunha situación de emerxencia, pero estamos a tempo de detela ou paliala? - Son moitas as evidencias que demostran a súa existencia dende hai décadas. Unha delas é o intenso episodio da “acqua alta” que viviu Venecia, un fenómeno habitual todos os anos pero nesta ocasión foi inusualmente anómalo, acadando os 187 centímetros. Dende 1966, cando se acadaron os 194, non se producía un asolagamento tan intenso. A coincidencia da marea alta, con baixas presións e con ventos que empurran a auga da superficie mariña amoreándoa no interior da lagoa de Venecia son os responsábeis. O aumento do nivel de mares e océanos en todo planeta debido á fusión das masas de xeo así como o quecemento e o posterior incremento do volume de masas oceánicas constitúe un novo factor de risco para Venecia. O mesmo acontecerá con outros espazos costeiros sensíbeis debido á súa baixa altitude con respecto do mar, pois o seu ascenso lento pero continuado agravarase debido ás enchentes por augas mariñas e a erosión pola forte ondaxe. Estamos nunha situación de emerxencia en moitos destes espazos costeiros e o máis preocupante é que a tendencia vai continuar durante séculos. Isto poderá ser máis rápido ou non en función das medidas de mitigación que se tomen. Unha redución urxente das emisións de gases de efecto invernadoiro limitaría a magnitude dos cambios nos océanos e nas masas de xeo. - É certo que o nivel do mar leva subindo dende hai décadas aínda que non nos decataramos? - Si que é certo. Durante

5

Novembro 19

 PROFESOR DE XEOGRAFÍA FÍSICA DA USC

“Temos que reducir de maneira urxente as emisións”

o século XX a elevación do nivel do mar a escala mundial foi duns 15 centímetros, en torno a 1,5 mm cada ano, pero nas últimas décadas o ritmo de ascenso duplicouse (3,6 mm por ano) e non deixa de acelerarse, segundo se evidencia do recente informe do IPCC (The Intergovernmental Panel on Climate Change), sobre o estado do océano e a criosfera, no que participaron máis de 100 especialistas de 36 países. Na investigación aprobada en setembro afírmase que “o nivel do mar seguirá subindo durante séculos”, e que de aquí a 2100 podería chegar a rexistrar unha elevación de entre 30 e 60 centímetros, mesmo aínda que se logre unha redución drástica das emisións e o quecemento se mantén por debaixo dos 2ºC. Porén, se as emi-

sións seguen aumentando con forza, a suba do mar podería ser de entre 60 e 110 cm. - Está a península do Barbanza entre as zonas de Galicia onde máis se van deixar notar as consecuencias da subida do mar, e, dentro de Barbanza, que partes serían as máis críticas? - Antes de contestar, cómpre recordar que a investigación de Nature Communications é unha investigación alarmante. Nela dise que desaparecerían o castro de Baroña, as dunas de Corrubedo ou que Aguiño converteríase nunha illa. Para que isto sucedese terían que fundirse na súa totalidade os casquetes de xeo de Groenlandia e da Antártida, algo que non se producirá nin moito menos no século XXI.

Para poder coñecer os efectos que o ascenso do nivel do mar poida ter nas costas de Galicia e, máis concretamente no litoral da península do Barbanza, temos que ter en conta os resultados publicados polo IPCC, que como xa vimos prevén un aumento do nivel do mar a finais do século XXI entre 30 e 60 cms, podendo alcanzar os 110 cms no caso dun incremento intenso das emisións. Póndonos no peor suposto, o do ascenso de 110 cms, a península de Aguiño nunca se convertería nunha illa, pois as terras do interior alcanzan cotas de altitude entre 5 e 8 m. O castro de Baroña, situado sobre un saínte rochoso, atópase na súa maior parte por enriba dos 7 m sobre o nivel do mar, polo que non quedaría alagado e, iso si, poderíase ver afectado por episodios de forte ondada, pero nunca en perigo de desaparición. No caso do Parque Natural de Corrubedo, onde boa parte da súa superficie está composta por ambientes de carácter marítimofluvial, como marismas e lagoas, si que ese aumento de 60 ou de 110 cms a finais de século alterarían de forma intensa estes ecosistemas, facéndoos desaparecer na súa maior parte. No caso das dunas situadas en primeira liña sufrirían en maior medida a erosión da ondada en períodos de marea alta, o que podería dar lugar a un desmantelamento destas ou o seu desprazamento cara ao interior. Areais, praias, lagoas litorais, marismas e cordóns dunares son os ambientes máis vulnerables tanto no Barbanza como no resto de Galicia ante o ascenso do nivel do mar

Consulta a versión íntegra desta entrevista en obarbanza.gal.


O Barbanza

7

Edición Arousa Norte

 ACTUALIDADE

U

nha nova actuación no concello de Ribeira permitirá a implantación dunha senda peonil de 443 metros de longo e 2’5 de ancho entre punta do Laño e o peirao Fenicio, na parroquia de Aguiño, enlazando co camiño de 2.500 metros existente entre este último punto e Couso. Así, preténdese protexer o borde litoral nesta franxa ao tempo que se garante o libre acceso e uso público da costa e se potencia o seu emprego coma zona de recreo e benestar da poboación. Neste senso, a senda arranca en Transporto, na contorna do porto de Aguiño, permitindo recrearse na contemplación de notables elementos patrimoniais coma é o caso do peirao Fenicio que, segundo defenden algúns estudos, son os restos dun embarcadoiro construído polos fenicios para facer escala nas súas viaxes comerciais entre os séculos XII e VIII antes de Cristo, mentres que outras investigacións aseguran que son restos dunha fábrica de salgadura construída polos cataláns a mediados do século XIX. O itinerario peonil tamén permitirá contemplar os vestixios do antigo almacén de salgadura de A Covasa e ofrecerá unha panorámica da costa atlántica salpicada de illas coma Vionta, Sagres e Sálvora. O novo trazado adaptarase ao camiño xa existente actuando no mesmo en dous tramos diferenciados. Por unha banda, un primeiro treito de 300 metros de longo composto de 17 centímetros de zahorra natural ZA-0/32 e 8 centímetros de espesor na capa de coroación, con pavimento de xabre-cemento con árido de granulometría 0-5 da zona, impermeabilizado e estabilizado. E pola outra, un segundo tramo de 143 metros de lonxitude composto por 25 centímetros de zahorra natural ZA 0/32. Ademais, o pavimento estará delimitado lateralmente con bordillos de madeira de 25×10 centímetros e transversalmente cada 10 metros con bordillos das mesmas dimensións a efectos de conter mellor o pavimento contra a auga de escorrentía da chuvia. O orzamento desta intervención ascende a 74.614’76 euros e o seu prazo de execución son cinco meses. O 3 de decembro á medianoite estipulouse como data límite para concorrer ao concurso por parte das empresas interesadas.

Novembro 19

 RIBEIRA

Aguiño disporá dunha senda peonil entre punta do Laño e o peirao Fenicio   Preténdese

protexer o borde litoral ao tempo que se garante o libre acceso e uso público da costa e se potencia o seu emprego coma zona de recreo. Esta iniciativa enmárcase na EDUSI Máis Riveira Atlántica 2020, financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020 e adscríbese á liña de actuación deste plan denominada ‘Posta en Valor do Patrimonio Cultural e Natural e Turístico’ dentro do Obxectivo Temático 6 (Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos). Peirao Fenicio

  A senda arranca en Transporto, na

contorna do porto de Aguiño, permitindo recrearse na contemplación de notables elementos patrimoniais coma é o caso do peirao Fenicio.

  O itinerario peonil tamén permitirá

contemplar os vestixios do antigo almacén de salgadura de A Covasa e ofrecerá unha panorámica da costa atlántica.

Paseo pola praia de Pinisqueira en dirección a Couso


8

Novembro 19

O Barbanza

 ACTUALIDADE

Edición Arousa Norte

 COLEXIO A MILAGROSA

90 anos de historia docente O Colexio A Milagrosa de Oleiros achégase ao século de vida como referente educativo e solidario do Barbanza

E

ntrar no Colexio A Milagosa – Josefa Sobrido de Oleiros é entrar nun importante capítulo da historia docente de Barbanza e de boa parte de Galicia. É así por varios motivos: polos seus noventa anos de historia (case un século acubillando diferentes xeracións de escolares e nalgúns casos, ao longo do tempo, os integrantes dunha mesma familia), porque polas súas dependencias teñen pasado nenas e nenos dos nosos concellos, de Galicia enteira e mesmo doutras comunidades autónomas e porque o incansábel traballo dinamizador das Fillas da Caridade e do corpo docente ten xerado non pouca implicación social, formativa e relixiosa na súa contorna. O colexio naceu na recta final dos anos vinte do pasado século con vocación de axudar ás familias que o precisaban. Isto, malia os cambios experimentados polo tecido educativo e social galego (agora o colexio, que é concertado, non pode elixir as alumnas e alumnos que se matriculan cada ano), a vontade solidaria segue estando presente e segue a ser unha das principais motivacións da comunidade directiva e docente. Nada

máis comezar a nosa conversa con Sor Agustina Cerezal, directora titular do centro, quédanos claro que hai futuro para o espírito que alentou os primeiros pasos do centro en 1929 (a doazón dos terreos de Josefa Sobrido ás Fillas da Caridade de San Vicente de Paul; despois a construción do primeiro edificio nos terreos, un predio de pequenas dimensións que comezou a súa actividade dando acollida a nenas orfas e de familias con necesidades, do que xa non queda rastro material pero si, definitivamente, inmaterial). Este futuro está garantido tamén por unha capacidade de atraer alumnado de todo Barbanza (principalmente) que non semella verse diminuída polos procesos demográficos que atravesa a sociedade galega (a caída da natalidade). De feito, o colexio conta hoxe en día con máis de 300 nenas e nenos, unha cifra moi próxima ao que ten sido o pico de matriculacións no centro. A dirección está constituída por sete irmás da orde de San Vicente de Paul e por dúas ducias de docentes laicos. Respecto da formación en si mesma, achéganse aulas de Infantil (tres unidades), Primaria (seis unidades) e Educación Secundaria Obrigatoria (catro unidades). Polo que respecta ás instalacións, aparte das aulas e dos terreos de gran extensión nos que se empraza o colexio (que inclúe terras de labranza e amplos espazos abertos para o lecer), este dispón dun amplo patio exterior para os escolares de Primaria e ESO, un patio propio para Infantil, un polideportivo cuberto, un campo de fútbol exterior, aulas de informática e tecnoloxía, biblioteca, laboratorio, aula de música e zonas de lecer infantil, plástica, usos múltiples e fortalecemento educativo.

  O colexio conta hoxe en

día con máis de 300 nenas e nenos, unha cifra moi próxima ao que ten sido o pico de matriculacións no centro.


O Barbanza Edición Arousa Norte

9

Novembro 19

COLEXIO A MILAGROSA

Un pouco máis de historia

O

Colexio ten a súa orixe na fundación instituída en San Martiño de Oleiros por Josefa Sobrido en 1917. No seu testamento dispuxo a súa vontade de crear unha escola católica de nenas e que foran as Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl as que estiveran á fronte dela, sendo esta orde relixiosa unha das que en España se adicaban ao ensino naquel tempo, poñendo o foco “nos escolares das familias con menos recursos”, segundo explica a directora titular do centro, que salienta o feito de que a devandita fundación iniciase oficialmente a súa actividade o 29 de outubro de 1929, cando foi clasificada como benéficadocente por orde ministerial. Relativamente cedo, A Milagrosa de Oleiros pasou de ser unha institución pequena a converterse nun importante centro educativo e de dinamización cultural, social, relixiosa e divulgadora. En determinado momento da súa historia, mesmo funcionou como internado de nenas, rematando esta etapa da súa historia a mediados da década dos oitenta. “Moitas delas”, explícanos a directiva do colexio, “viñan de Asturias, León e doutras comunidades autónomas, das concas mineiras,

O recinto, ademais, tamén inclúe as vivendas das Irmás e unha ben coidada capela, recentemente remodelada e restaurada (as teitumes de madeira, os retablos), na que están soterrados o histórico político galego Antonio Romero Ortiz e a súa sobriña Josefa Sobrido, quen foi a responsábel da doazón, hai 90 anos, dos terreos ás Fillas da Caridade. “Se chegamos a este punto, logo de case un século de traxectoria educativa”, comenta Sor Agustina, “é polo importante traballo das persoas que traballaron aquí ao longo do tempo, que foron as grandes artífices da evolución do colexio e da incorporación de novos edificios e servizos, do seu mantemento ao longo das décadas e da adaptación das infraestruturas aos novos requirimentos e demandas educativas e da sociedade”. Segundo recalca, o que podemos ver hoxe en día do centro educativo de Oleiros “é obra integral das Irmás da Caridade”.

e pasaban entre nós boa parte do ano, pola imposibilidade, naqueles tempos, de viaxar con frecuencia aos seus lugares de residencia”. Ao longo das décadas, o centro docente foi evolucionando a medida que evolucionaba a sociedade galega, incorporando persoal educativo laico, incluíndo métodos de admisión de alumnado propio dos centros concertados e pasando de estar adscrito ás disposicións do Goberno central a atender as disposicións da Administración autonómica (Consellería de Educación). Malia o paso do tempo, as Fillas da Caridade queren salientar que houbo moitas cousas orixinarias que se manteñen vivas, por exemplo a vontade de axudar a quen o precisase: “Agora un colexio concertado non pode antepoñer, nas matrículas, as alumnas e alumnos con meirandes necesidades, pero continuamos tendo esta arela de axudar e contribuír ao ben común, dispoñendo o preciso para solucionar as carencias que poidan ter algúns escolares, ou tentando mellorar o día a día da veciñanza do colexio, axudando á xente maior da contorna, mesmo con visitas a domicilio, e traballando a nivel parroquial e relixioso coa nosa comunidade”.


10

Novembro 19

O Barbanza Edición Arousa Norte

ACTUALIDADE  A POBRA DO CARAMIÑAL

  O motivo desta

actuación radica principalmente en solucionar os problemas que se veñen producindo ao longo do tempo polas infiltracións de auga e a condensación.

A Pobra contará con melloras no polideportivo da rúa Venecia

O

polideportivo municipal situado na rúa Venecia convértese en obxecto dunha ampla intervención que abrangue diversos eidos, traducíndose en numerosas melloras para os usuarios desta instalación. Segundo explica o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, "vai cambiar a percepción xeral do polideportivo, tanto para os deportistas coma para os espectadores. Vai ser todo máis cómodo, máis moderno, máis hixiénico." O motivo desta actuación radica principalmente en solucionar os problemas que se veñen producindo ao longo do tempo polas infiltracións de auga e a condensación. No que respecta ao interior da edificación, figura a substitución de parte do illamento; a pavimentación dos chanzos; a reparación dunha greta formada na xunta de dilatación da cancha mediante o emprego dunha resina específica; o pintado dos vestiarios; a recomposición dunha fisura nos pasos pequenos; o cambio de tódalas luminarias por LED, traducíndose nun aforro considerable; a instalación dun tabique na entrada aos baños públicos para outorgar maior intimidade; e o amaño do

corredor inferior que separa as bancadas grandes da pista, así como a dotación a esta área dunha nova baranda, mentres que o resto de peches son lixados e pintados. Outras das medidas para a mellora desta instalación deportiva municipal pasa por facer os baños accesibles -remodelándoos un chisco-, colocación de ramplas e, unha vez rematen as obras, realización dun itinerario practicable. En relación á pista, Xosé Lois Piñeiro sinala que inicialmente se valorou renovala por completo, pero os técnicos de Deportes apuntaron que se encontraba en boas condicións, sendo preciso arranxar unicamente aquelas áreas danadas polas goteiras. En canto ao exterior, atópase a reparación da cuberta; a substitución das portas de fóra; mellorar esteticamente a fachada na rexión da entrada principal; e actuacións nas columnas deterioradas porque as armazóns de ferro oxidáronse, dilatando e provocando que escachase o formigón. Así, acométense melloras estruturais, estéticas e funcionais. O prazo de execución das obras comeza agora, paralizándose para a celebración do xantar de confra-

ternidade destinado a maiores de 60 anos, retomándose posteriormente para deterse novamente con motivo da cabalgata de Reis e volvendo a darlle continuidade a partir do 13 de xaneiro de maneira ininterrompida e aproximadamente ata principios do verán, momento no que se estima a finalización. A intervención está financiada pola remanente do ano 2017, o cal foi aprobado en pleno. O prezo de partida estableceuse en 314.398’78 euros, mentres que o de adxudicación foi de 231.617’58 euros, traducíndose nunha baixada que supera os 80.000 euros. En total presentáronse 13 ofertas, resultando mellor clasificada Construcciones Alea, S.L. Debido a estas obras, os clubs que desenvolven as súas actividades neste pavillón son traslados temporalmente á Tomada e a Bandaseca, exceptuando pilates que pasa a realizarse nun espazo alugado polo Concello. Preténdese así que as molestias sexan as mínimas posibles. Neste senso, o rexedor manifesta que se barallou a posibilidade de que se seguise practicando algún deporte, pero finalmente a idea foi descartada para garantir a seguridade dos usuarios.

Xosé Lois Piñeiro ALCALDE DA POBRA DO CARAMIÑAL

  Vai cambiar a

percepción xeral do polideportivo, tanto para os deportistas coma para os espectadores. Vai ser todo máis cómodo, máis moderno, máis hixiénico.

Ademais, o mandatario local anuncia que se sopesa a construción dun novo polideportivo, moderno e con tódolos servizos precisos, mais esta iniciativa queda á espera de acometer primeiramente outras medidas prioritarias.


11

O Barbanza

Novembro 19

 ACTUALIDADE

 RIANXO

Edición Arousa Norte

A Policía Local de Rianxo estrea sede

Axudas para as administracións afectadas polo lume de marzo

As novas dependencias de 201 m² destacan en utilidade, comodidade e sustentabilidade

U

R

ianxo acolleu este 26 de novembro a inauguración oficial da nova sede da Policía Local, na rúa Rosalía de Castro. Ao acto asistiron o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; o rexedor local Adolfo Muíños; a primeira tenente de alcalde, María del Carmen Figueira; o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil na Coruña, Francisco Javier Jambrina; e representantes da corporación municipal rianxeira; entre outros. Así, percorreron os 201 metros cadrados da nova sede, que acolle as novas e modernas dependencias nas que desenvolverán o seu traballo cotián os policías municipais do Concello de Rianxo. O edificio consta dun andar baixo, que se destinará a atención ao público, e un primeiro piso, restrinxido para o traballo dos axentes. O traslado a esta nova instalación está programado para o mes de xaneiro de 2020. Ademais, nas paredes colocáronse fotografías que fan unha pequena escolma da historia do corpo da Policía Local desde a súa creación.

No seu discurso inaugural, Valentín González Formoso destacou que o edificio, unha das 1.700 obras financiadas polo Plan Único nos 93 concellos coruñeses, supón “un exemplo máis da utilidade deste plan para mellorar as infraestruturas e os servizos municipais”. O rexedor Adolfo Muíños, agradeceu a presencia de Valentín Formoso e afirmou que “hai un antes e despois da implantación do Plan Único para os concellos”. Tamén aproveitou a ocasión para agradecer a asistencia do anterior xefe da Policía Local, quen vén de xubilarse e “que pelexou para ter unha sede digna”. Adolfo Muíños anunciou que se desenvolverán máis intervencións no municipio que contribúan a dignificar ou axudar ás mello-

ras dos servizos para a cidadanía de Rianxo, lembrando que as obras do arquivo municipal verán a luz ao longo do 2020. As obras de adaptación da sede, financiadas pola Deputación, incluíron traballos como a limpeza e revestimento exterior e interior da fachada; a renovación completa da carpintería exterior; a instalación dos sistemas de saneamento, electricidade, fontanería e telecomunicacións; a mellora da accesibilidade coa colocación dun ascensor para conectar as dúas plantas do edificio; a dotación de sistema antiincendios; e o sistema de calefacción que funciona con enerxía solar 100% sustentábel grazas a dous captadores solares de alto rendemento instalados na cuberta do edificio.

Unha imaxe de Nós TV dos montes devastados do concello rianxeiro

n dos grandes lumes forestais deste ano na nosa terra foi sen dúbida o lume de Rianxo do mes de marzo deste ano, do que aínda se aprecian (e apreciaranse) boa parte das súas consecuencias e que estivo a piques de chegar á propia vila logo do seu estarrecedor ronsel de destrución iniciado no límite con Dodro. En total, foron máis de 1.000 hectáreas calcinadas, boa parte das cales eran plantacións de eucalipto pero entre as que tamén se atopaban bosques autóctonos de valor incalculábel. Agora, nove meses despois, as administracións e entidades afectadas polo gran incendio de marzo xa poden solicitar as axudas para iniciar o proceso de recuperación e, tamén, a mobilización de recursos para contribuír a evitar que se repitan máis lumes. Así se fixo saber no Real Decreto aprobado polo Consello de Ministros do xoves, 31 de outubro, e publicado no BOE: un decreto que posibilita solicitar axudas por parte das administracións afec-

tadas polo incendio de Rianxo co “obxectivo de reparar os bens públicos prexudicados polo lume”. Este acordo amplía a cobertura do réxime de axudas do Real Decreto-lei 2/2019 aprobado en xaneiro de 2019 a outros feitos catastróficos sucedidos entre xaneiro de 2018 e marzo de 2019. O obxectivo é aplicar as medidas previstas naquel decreto a sucesos de características semellantes nas datas sinaladas. No dito Real Decreto, recóllense expresamente episodios rexistrados en diversos puntos da xeografía estatañl, localizados en Aragón -nas provincias de Huesca e Zaragoza-, Principado de Asturias, Cantabria, Galicia -no municipio de Rianxo-, Comunidade Valenciana -na provincia de Valencia- e Rexión de Murcia -no municipio de Los Alcázares. A través deste Real Decreto, as administracións afectadas poderán solicitar subvencións de ata o 50 por cento do custo dos proxectos directamente relacionados co sinistro que executen os concellos e a deputación provincial, comarca ou mancomunidades.


12

O Barbanza Edición Arousa Norte

Novembro 19

 ACTUALIDADE

 CASO DIANA QUER

Un crime marcado polo horror TEXTO. MARÍA JOSÉ RIVERO

N

o ano 2009, o director Peter Jackson achegaba á gran pantalla “The Lovely Bones”, a dramática historia de Susie Salmon, unha adolescente raptada, asasinada e enviada nunha caixa ás profundidades dun encoro para que o seu crime nunca se descubrira. No mes de novembro asistimos á recreación dun

deses capítulos da crónica negra que nunca desexamos abrir. Unha trama que semellaba sacada dun filme de terror, só que nesta ocasión foi moi real. O 22 de agosto de 2016, nunha noite de festa na Pobra do Caramiñal, unha rapaza volve cara o domicilio familiar. No traxecto de volta estaba agardando por ela o peor dos destinos. Un veciño da Pobra,

Xosé Enrique Abuín, alcumado “O Chicle”, abordouna polo camiño, meteuna no seu vehículo e rematou coa súa vida na nave rianxeira de Asados, lugar no que ocultou o seu corpo lastrado no fondo dun pozo durante un ano e catro meses. Tres anos e tres meses despois da desaparición da moza madrileña, uns pais e unha irmá, por fin acadan librar a cruzada da xustiza aínda

sendo coñecedores de que ningunha pena será capaz de restituir a dor que padecen. Abuín ía ser xulgado polos delictos de detención ilegal, asasinato aleivoso e agresión sexual. “Hoxe séntase no banquillo o mal”, eran as palabras de Juan Carlos Quer, o pai de Diana, na primeira vista do xuízo contra Xosé Enrique Abuín “O Chicle”, o verdugo que decidiu rematar coa vida da súa filla de 18 anos. Pediron como acusación particular a aplicación da Prisión Permanente Revisable, a maior condena imposta ata agora en España. Para o pai de Diana a única vía posible para afastar da sociedade a asasinos reincidentes. A acusación encargouse, ó longo de máis de dúas semanas de proceso, de demostrar como o acusado ocultou o que fixo, eliminou probas e procurou unha coartada. O maior inconveniente e argumento da defensa, a inexistencia de probas biolóxicas que acreditaran o móbil sexual do crime. A pesar de que o corpo da vítima non puido falar obxectivamente neste sentido, non tardamos en reconstruír o relato dos feitos dunha maneira ben diferente á que o autor confeso do crime espuxera na súa versión inicial. “Fun roubar gasoil de dous camións aparcados na rúa Venecia. Ó volver atopeime coa moza, fun cara ela para que non me delatara.

500 DÍAS DE INCERTIDUME 21 Ó 22 AGOSTO DE 2016 Desaparece Diana Quer ABRIL 2017

27 DE OUTUBRO DE 2016

NOVEMBRO DE 2016

DECEMBRO DE 2016

Aparece o móbil de Diana na Policía e Garda Civil síguenlle Primeira declaración do Chicle Ponte de Taragoña a pista ó Chicle XULLO 2017

Desbloqueo do móbil de Empresa especializada Diana. Confírmanse as descibra as "bolas de luz" dos coordenadas polas que pasou coches aque noite

AGOSTO 2017

25 DECEMBRO 2017

Reconstrucción da noite dos feitos un ano despois

Intento de secuestro frustrado en Boiro (caso Tania)

29 DE DECEMBRO 2017

30 DE DECEMBRO 2017

31 DE DECEMBRO 2017

MAIO 2018

Detención do Chicle

Interrogatorios e confesión do crime

Aparece o corpo de Diana na Nave de Asados

Proceso polo intento de rapto de Boiro

28 OUTUBRO 2019

11 NOVEMBRO 2019

26 NOVEMBRO 2019

Xuíxo polo caso Quer aprazado pola falla de xurado

Nova data do xuízo de Diana Quer. Constitución do xurado

Caso visto para sentenza

Durante o xuizo o Chicle estivo cabizbaixo e imperturbabel. Tamén cando amosaron as súas risas na reconstrucción do crime


O Barbanza Edición Arousa Norte

13

Novembro 19

CASO DIANA QUER

Amarreina polo pescozo coa man dereita sen controlar a forza que exercía. Cando me quixen decatar xa non respiraba” afirmou na súa declaración. Os máis próximos ó acusado (familiares e coñecidos) foron os primeiros en destapar a verdade sobre o acontecido. Os seus ex-cuñados relataron como lles pediu unha coartada, a ex-muller aclarou que o fixera todo el só e como ó día seguinte continuou coa súa vida normal. Un dos seus coñecidos máis próximos, Manuel Somoza, ó que a policía xa lle viña seguindo os pasos antes da aparición de Diana, revelou os comportamentos deste individuo, deixando claro como tiñan por costume acudir ás portas dos institutos a ver ás mozas e como “O Chicle” era insistente con elas. Ese mesmo día, dúas irmás de Boiro contaron como Abuín as abordara pola noite ó volver dunha saída nocturna, e que a unha das irmás lle insistiu varias veces que subira ó coche empregando a frase “rubia, ven aquí”. O testemuño aportado polos feirantes que esa noite tiñan as súas caravanas na rúa Venecia foi clave para desmontar novamente a versión do criminal. Ningún se percatou de que lle faltara combustible aquela noite. Como se dun thriller policíaco se tratara, fomos averiguando tódolos pasos técnicos, informe a informe, que axudaron a recompoñer un crebacabezas con minúsculas pezas, algunhas difíciles de encaixar. Así os informes de rastrexo dos datos telefónicos de vítima e acusado concretaron o percorrido coincidente dos dous terminais. A última posición do móbil da vítima foi captada ás 2:44h, no paseo do Areal en confluencia coa rúa Venecia. Nese intre o móbil de Diana comeza a emitir sinais erráticos, como se fora golpeado. O sinal do móbil da moza pérdese na Ponte de Taragoña, pero as antenas de telefonía revelan como o vehículo do Chicle accede á AG11 ás 2.52h e desvíase desta ruta na saída de Rianxo cara Asados ás 3.05h. Entre as 3.09 e as 4.09h non hai interacción no móbil do acusado. Segundo relataron os axentes, o Chicle permaneceu neste lugar coa súa vítima a lo menos unha hora.

A nave de Asados

O

lugar do crime foi descrito polos axentes implicados na investigación como un espazo no que é imposible moverse sen luz artificial. Un lugar que impresiona e polo que sería moi complicado camiñar cun corpo sen vida. Relatan como o Chicle os guía con coñecemento milimétrico das dimensións da nave ata o lugar do pozo, onde o acusado non quere achegarse porque di recoñecer a cara da rapaza na auga. Alí estaba Diana, lastrada no fondo con dous bloques de 18 quilos e un cable de rede que os unía suxeitando o corpo pola cintura e as axilas. No seu pelo apareceu sospeitosamente enganchada polo peche unha brida, a discutida arma homicida. O cadáver estaba arqueado e coas pernas estranamente abertas. Mergulladores especialistas en rescate acuático recoñeceron non ter atopado ningún corpo neste medio na posición na que apareceu o da moza. Somaente nun caso, un home amarrado a unha estacha, experimentara un espasmo por mor dunha situación traumática. Durante a reconstrución do momento no que o Chicle coloca o lastre escoitase na sala “Podría haber sido tu hija”. O xuíz expulsa da sala a Juan Carlos Quer, un home que ata ese momento asistira a tódalas sesións do proceso ollando como o asasino da súa filla ocultaba a cara trala pantalla dun ordenador. Asistimos a probas científicas que desde a entomoloxía deron explicación á posición do corpo de Diana no pozo e as ocasións nas que o seu asasino puido ter feito visitas clandestinas para asegurarse de que non ía ser descuberto. Os informes psicolóxicos destaparon a personalidade do acusado: un home pouco emotivo, con falla de empatía, indiferente, intolerante, que non experimenta sufrimento emocional na actualidade e non ten alteradas as súas capacidades psíquicas. Dúas autopsias e ata un teorema matemático non permitiron determinar científicamente se existiu agresión sexual. Escoitamos o que non queriamos escoitar e o xurado, persoas comúns, víronse na obriga de

Imaxe do pozo donde foi atopada Diana

observar o que nunca pensaron que terían que ver. Ó paso das sesións camiñabamos por esta película, que por desgraza non foi tal, tentando despexar as incógnitas que conducirían ó veredicto final. No alegato presentado o 25 de novembro de 2019, a fiscalía concluíu que o móbil do crime foi sexual e que a coartada do Chicle estaba preparada, acadando involucrar nela á súa familia. Engadiu que o modus operandi do individuo é común a outros casos polos que xa foi xulgado, con feitos probados, como o acontecido en Boiro no Nadal de 2017 con outra moza chamada Tania. Un crime no que, conclúe o Ministerio, concorren aleviosía, ensañamento e ocultación do delicto, os tres factores que determinan que se produciu un asasinato. O último día do proceso estivo reservado para a intervención final da defensa. A brillante avogada de oficio dun criminal que, recoñecendo que matou a Diana, cuestionou con destreza sobresaliente os feitos máis relevantes expostos ata aquel momento. Diana non fora esganada

por unha brida e non fora violada, non existían probas que o puideran demostrar. “O Chicle”, ese home sen nome nin apelidos que foi convertido nun monstruo, repetiu en máis dunha ocasión, cometeu un crime, pero, insistía a letrada en que neste caso había unha obsesión por incirminar ó acusado por unha violación e un asasinato. “A dor permanente non xustifica a prisión permanente” engadiu. Na súa exposición final, a fiscal do caso lembraba ese filme de Peter Jackson “The Lovely bones”, a historia ficticia de Susie Salmon e a dor perpetua dunha familia trala súa desaparición. Afastándonos de amarelismos nin mascaradas, detrás das contracrónicas e das dimensións mediáticas do caso, aquí non houbo actores nin actrices. Só un pai, unha nai e unha irmá que ó igual que Diana foron vítimas dunha traxedia e sofren o dano emocional irreparable da desaparición dun ser querido a destempo. O pasado 26 de novembro de 2019 o xuízo a Xosé Enrique Abuín, “O Chicle” quedaba visto para sentenza.


14

Novembro 19

O Barbanza Edición Arousa Norte

 ACTUALIDADE

 BOIRO

A excelencia volverá ter premio en Boiro A ABE convoca a terceira edición dos seus galardóns ás empresas locais

A

Asociación Boirense de Empresarios (ABE) vén de pór en marcha unha nova edición (a terceira) dos seus Premios á Excelencia Empresarial, uns galardóns dirixidos a recoñecer, reivindicar e mostrar ante o mundo o importante nivel de innovación e competitividade das firmas locais (en palabras da asociación, “son uns premios das socias e socios da ABE para as socias e socios da ABE”). A entrega dos galardóns será xoves 12 de decembro no salón de actos da entidade. Se ben estes re-

EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.: 981 530 268 - 608 240 160

O Barbanza

Edición Arousa Norte

coñecementos chegan agora á súa terceira convocatoria, responden a un obxectivo da ABE que vén de antigo, concretamente dende 1988 (a data na que comezou a súa andaina, oficialmente): a finalidade de apoiar e representar ao empresariado boirense, amais de promover e difundir a cultura emprendedora e a creación de emprego. “Con estes premios”, sinala a asociación, “queremos distinguir o labor daquelas empresas asociadas que co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza e xerar emprego na nosa te-

DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena

rra”. Amais, búscase tamén que os premios supoñan a meirande proxección posíbel para os destinatarios acerca da súa actividade de mercado, amplificando ao máximo a repercusión nos medios de prensa e na publicidade. Segundo engade a ABE, os galardóns terán ademais un significado especial, ao ser concedidos polas persoas que integran as fileiras da asociación (as distincións serán votadas única e exclusivamente polas socias e socios, unha vez que reciban o formulario de voto coas empresas e comercios membros en cada unha das modalidades) Esta III Edición dos Premios ABE á excelencia empresarial comprende dúas categorías ás que non poderán optar Farmacia Cimadevila, A Pousada da Galiza Imaxinaria, Baldani e La Doce por ser os gañadores das pasadas edicións (base 1.3 da normativa dos premios). As dúas categorías son: Mellor Comercio do Ano 2019 (participarán os comercios retallistas asociados) e Mellor Empresa do Ano 2019 (concorrerán o resto de socios da ABE que non estean emprazados na outra modalidade). Os premios teñen carácter honorífico facendo entrega dun galardón e non se contemplan premios en metálico.

Novidades co mercadiño (que volve á Constitución) e coa piscina (que renovará cuberta)

O

Concello de Boiro vai levar a cabo unha serie iniciativas relevantes nesta recta final de ano entre as que se inclúen o cambio de emprazamento do mercadiño semanal e, nun prazo de tempo algo máis longo, a renovación da cuberta da piscina. Respecto do mercadiño, volverá ter o seu punto de actividade na avenida da Constitución, onde estivo emprazado até o ano 2007. Segundo informou o Concello, tanto os feirantes como os comerciantes locais como os usuarios do mercadiño “levan anos demandando o cambio dos postos para o lugar no que estaban anteriormente”. A nova localización será no treito da referida vía comprendido entre a rúa Norberto Pijuan e a estrada de Abanqueiro. Segundo precisan, “nese treito non hai entradas de garaxes” e, deste xeito, non se inflúe no tráfico, xa que os vehículos poden desviarse pola avenida da Constitución desde o cruce da avenida de Barraña. O traslado faríase efectivo no mes de decembro. Por esta razón, retiráronse os camións que estacionaban na avenida da Constitución, entre a estrada de Abanqueiro e a rotonda de Espiñeira, e delimitáronse as prazas de aparcamento para os vehículos, co obxectivo de gañar ao redor de 80 novas prazas. Tamén está previsto incluír a zona azul gratuíta para garantir a rotación.

Ana Rial Maneiro redaccion@obarbanza.gal

PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal

MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán

CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal

FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa

A NOSA WEB www.obarbanza.gal REDES SOCIAIS: facebook.com/obarbanza www.instagram.com/o_barbanza/

Polo que atinxe á piscina, os traballos de mellora foron dados a coñecer polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, que sinalaron que a institución provincial investirá 67.768 euros, o 80% do total do orzamento das obras, mentres que o Concello de Boiro achegará o 20% restante con fondos propios. Esta actuación busca eliminar as filtracións de auga que existen na zona de acceso á piscina, “garantindo a seguridade dos usuarios da instalación”; e renovar os falsos teitos do acceso e do vaso da piscina, que “se atopan nunha situación importante de deterioro, con risco de desprendemento”. Para eliminar as filtracións de auga, executarase unha cuberta sobre unha estrutura auxiliar, cunha pendente que axude á eliminación da choiva. Logo, repoñeranse os illantes térmicos e procederase á substitución total do falso teito por un novo de láminas de aluminio. Tamén se renovará o falso teito da zona do vaso da piscina, de láminas de escaiola, por unha nova estrutura de láminas de aluminio lacado e estrutura de soporte de aluminio moito máis axeitado para a resistencia en ambientes de alta saturación de humidade -superior ao 75%- e alto contido en cloro. Amais, instalaranse luminarias no falso teito de tipo LED, o que axudará a mellorar a eficiencia enerxética do espazo.

whatsapp: 608 240 160 IMPRIME: PUBLICACIONES TAMEIGA, S.L. Número 6 (novembro 2019) Publicación periódica. Tirada: 7.000 exemplares Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256


O Barbanza Edición Arousa Norte

 ACTUALIDADE

Arousa Norte, un destino para a observación das aves O turismo ornitolóxico atesoura un amplo potencial para a protección do medio

15

Novembro 19

 AROUSA NORTE

A ría de Arousa A súa orixe

Hai máis de 10.000 anos, o desxeo dos casquetes polares orixinou o asolagamento dun val fluvial de escasa profundidade. Era a orixe da ría de Arousa. As cunchas e as áreas acumuláronse durante milenios formando diferentes praias, entre elas a que daría lugar á duna máis alta de todo o norte ibérico, a duna móbil do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Como colofón, unha illa, a do Grove, conectouse por unha barra de area, hai uns poucos séculos, co continente, dando lugar a unha extensa enseada de pouca profundidade, O Vao.

Na actualidade

Ambientes terrestres e mariños fusiónanse aquí creando hábitats de enorme riqueza. Un total de 17 municipios forman o xeodestino Rías Baixas-Ría de Arousa: O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Cambados, Ribadumia, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Catoira,Valga, Pontecesures, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, a maior parte deles bañados polo mar. O afloramento de augas frías profundas ricas en nutrientes, debido a que os ventos do nordeste desprazan as augas superficiais, constitúe unha das causas principais da gran produtividade do mar neste costa. Produtividade que atrae a unha interesante variedade de aves mariñas, o que unido á gran diversidade de medios naturais terrestres e costeiros, converten esta comarca nun excelente lugar para a observación de aves.

P

or que nos gustan as aves? A resposta é sinxela e á súa vez tan variada como poden selo as múltiples combinacións das cores das súas plumaxes. Fascinan polo seu colorido, polos curiosos comportamentos, por deleitarnos cos seus cantos, porque se detectan facilmente e simplemente porque sentimos unha gran satisfacción ao velas voar en liberdade. Proba desta admiración é que cada día a observación de aves gaña adeptos por todo o mundo. Algúns ornitólogos percorren o planeta para desfrutar da observación dos paxaros e, grazas a Internet, comparten información e tamén a través de asociación como a Sociedade Galega de Ornitoloxía (www. sgosgo.org) e a Sociedad Española de Ornitología (www.seo.org). Un dos lugares de visita sumamente recomendable para observar aves o constitúe o destino Rías Baixas-Ría de Arousa, localizado entre as provincias de A Coruña e Pontevedra. Neste territorio poden observarse máis de 400 especies diferentes. Hai que recordar que o benestar destes animais é e ten que ser unha prioridade, polo que nunca debemos molestalas mentres

Figuras de protección

  Un dos lugares de visita

sumamente recomendable para observar aves o constitúe o destino Rías Baixas- Ría de Arousa, localizado entre as provincias de A Coruña e Pontevedra. as observamos. Por exemplo, non debemos aproximarnos de máis coa escusa de velas máis de preto ou para conseguir a mellor fotografía e cómpre que teñamos especial coidado na época de cría e coas aves que chegan exhaustas de voar durante a migración.

Co fin de preservar e conservar o gran valor natural deste territorio creáronse sete espazos naturais protexidos: parte dun Parque Nacional, un Parque Natural, tres Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) e dúas Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA), que forman parte da Rede Natura 2000, todos eles declarados ademais Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN). Son os seguintes: • A totalidade do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán. Tamén como LIC Complexo húmido de Corrubedo e ZEPA Complexo litoral de Corrubedo. • As illas de Cortegada no interior e Sálvora na boca da ría forman parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. • O LIC Complexo Ons - O Grove. • O LIC Sistema fluvial Ulla - Deza. • A ZEPA Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira.


Profile for marcusfernandez

O Barbanza 6  

Número de novembro da revista O Barbanza - Edición Arousa Norte.

O Barbanza 6  

Número de novembro da revista O Barbanza - Edición Arousa Norte.

Advertisement