O Barbanza 47

Page 1

Letras Galegas 2023

obarbanza @obarbanzagal @o_barbanza 608 240 160 O Barbanza Maio 23 Número 47 Repaso de proxectos Os nosos peixes e mariscos tamén fan O Camiño Os concellos non quixeron rematar a lexislatura sen un repunte final de actividade 3/10 25 A campaña Galicia sabe amar percorre 260 concellos dende marzo A nosa web: obarbanza.gal
Eleccións municipais do 28 de maio A comarca será un fervedoiro de actividades na semana do 17 A xente do Barbanza elixe gobernos entre múltiples incógnitas
M 28 MUNICIPAIS 2023 ELECCIÓNS Francisco Fernández del Riego Ribeira Outes Noia Rianxo Lousame Porto do Son A Pobra Boiro Dodro
Especial
DL: C 684-2023

Baixo a bandeira da sustentabilidade

Ribeira achegou este mes de maio importantes novidades no ámbito da sustentabilidade. Por unha banda, o Concello confirmou que vai recibir de Europa 1 millón de euros para mellorar a accesibilidade nas Abesadas, nos Mosqueiros e na Ameixida, que serán contornas máis limpas en materia de gases contaminantes. Ademais, o complexo deportivo da Fieiteira, a UAD e o Auditorio serán referentes en enerxías sustentábeis coa instalación de cadanseus conxuntos de placas solares.

Polo que se refire ao primeiro dos proxectos, o Concello recibirá do Goberno (Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana) un total de 1.072.119,63 euros procedentes dos fondos Next Generation para implantar no municipio zonas de baixas emisións e cunha óptima mobilidade. Dunha parte, outórganse 875.012,02 euros para a mellora da seguridade e a accesibilidade no entorno escolar do barrio de Abesadas; e, ademais, concédense outros 122.727,27 para a mellora da seguridade e accesibi-

lidade nos Mosqueiros e 74.380,17 euros para unha actuación similar na Ameixida. Cómpre lembrar que tamén o Plan de Turismo Sustentábel prevé actuar nestes dous últimos puntos, no entorno da estrada DP-7307.

O obxectivo do referido programa reside en contribuír a mitigar as

Sae a licitación a Escola de Deportes Náuticos en Aguiño

Logo de que Portos ratificase a concesión dunha parcela de 1.117 metros cadrados no porto de Aguiño, o Concello sacou a licitación a finais de abril a construción da Escola de Deportes Náuticos, cuxo orzamento ascende a 1.210.000 euros. De acordo co proxecto, elaborado por

Oxil, con sede en Corrubedo, o centro terá unha superficie útil de 1.065 metros cadrados, repartidos en dous andares, deixando o resto de espazo para permitir manobras, prazas de aparcamento e futuros crecementos. O andar baixo contará cun espazo para o almacenamento de embarca-

emisións contaminantes e de gases de efecto invernadoiro, mellorar a calidade de vida e facilitar o desenvolvemento dunha mobilidade activa. No respecta ao proxecto enerxético, a Administración local recibirá 157.950 euros de fondos europeos Next Generation que permitirán a

instalación de plantas de enerxía fotovoltaica en tres instalacións municipais: o edificio da UAD, o Complexo da Fieiteira e o novo Auditorio. A acción está enmarcada no Plan de Transición Enerxética Municipal, adscrito á súa vez ao plan de acción da Axenda Urbana de Ribeira Atlántica (que, aprobado por todos os grupos da Corporación no pasado de decembro, marca a folla de ruta do Concello ata o ano 2030). Os importes das axudas son de 74.925 euros para a Fieiteira e o Auditorio e de 8.100 euros para a sede da UAD, que foi recentemente remodelada, recibindo unha nova cuberta e unha nova envolvente térmica. A potencia de instalación é de 99.900 kW nos dous primeiros inmóbeis e de 10.800 kW no último.

A instalación destas plantas fotovoltaicas súmanse á que se colocou na EDAR de Couso a principios do ano pasado e a que está prevista para a Casa Consistorial dentro das obras de rehabilitación financiadas con fondos Next Generation dentro do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP) lanzado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

cións, así como á entrada ao club de remo, emprazando no mesmo o hall, o foso de remo e a recepción. Na planta primeira disporase un salón multiusos, despacho, baño adaptado, ascensor, vestiarios, ximnasio, zona fitness e cardio.

O prazo previsto de execución ascende a 16 meses. As empresas interesadas dispoñen ata o 24 de maio á medianoite para presentar as súas ofertas a través do SILEX.

Aguiño contará cunha

Escola Infantil Municipal

AConsellería de Política

Social da Xunta de Galicia vén de confirmar ao Concello os fondos para a creación na parroquia de Aguiño dunha Escola Infantil Municipal, a segunda do municipio despois da que existe no barrio de Cubeliños. Esta gardería contará cun total de 41 prazas, das cales 8 corresponderán a un tramo de idade de entre 0 e 1 ano; 13, de 1 a 2 anos; e 10, de 2 a 3 anos. O investimento previsto polo Concello ascende a algo máis de 240.000 euros. Dende o Consistorio traballan xa en atopar localizacoión para o novo servizo, barallándose dous posíbeis emprazamentos.

3 Maio 23 O Barbanza Ribeira  ACTUALIDADE 
O Concello de Ribeira habilitará tres contornas de baixas emisións e plantas fotovoltaicas na Fieiteira, no Auditorio e na UAD

ACTUALIDADE  A Pobra do Caramiñal

Educación ambiental para a cidadanía do mañá

A

OConcello da Pobra do Caramiñal anunciou a ampliación do servizo da separación na orixe. Fíxoo cun punto limpo móbil nas escolas que complementa o itinerante polo rural e o punto limpo situado no Polígono da Tomada. A concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo, explicou o pasado xoves 4 de maio que esta acción dirixida á rapazada busca concienciar sobre o respecto pola natureza dende idades temperás e que, deste xeito, o exercicio de reflexión se estenda aos núcleos familiares.

Esta nova prestación consiste nun remolque con nove espazos independentes para o depósito de residuos de pequeno formato: tóner e cartuchos de tinta, CD/DVD, pequenos xoguetes de

plástico, lámpadas, tubos fluorescentes, aparellos electrónicos, pilas e baterías, aerosois e pequenos electrodomésticos.

Manuel Martínez Rodiño doa unha maqueta da Villa Eugenia ao Museo Valle-Inclán

OMuseo Valle-Inclán da Pobra conta dende o 27 de abril coa maqueta a escala de Villa Eugenia, unha das tres residencias familiares do célebre literato na localidade.

As mans de Manuel Martínez Rodiño están detrás da reprodución desta vivenda na cal o escritor concibiu libros como La rosa de papel, La cabeza del Bautista, Retablo de la avaricia, la lujuria y la muerte, Tirano Banderas ou Luces de bohemia. Acompañado de seu sobriño Rafael Pérez, quen o axuda

no proceso creativo, e de súa neta Paloma Fontán, o propio maquetista efectuou a entrega ao alcalde, Xosé Lois Piñeiro; á concelleira da Cultura, Patricia Lojo; e ao director da institución museística, Antonio González. Esta nova peza instalarase en vindeiras datas no Auditorio do Museo Valle-Inclán para, proximamente, colocala no interior do propio Museo xunto coas reproducións da Torre de Bermúdez e do Pazo da Mercé, as outras dúas residencias de Valle na Pobra.

semana de cada mes), CEP Pilar Maestú Sierra (segunda semana), Monte Carmelo (terceira semana) e inmediacións do CAD (cuarta semana). Ademais, permanecerá neste último espazo en períodos vacacionais.

A este respecto, a técnica municipal do Medio Ambiente, Beatriz González, engade que así tamén pode facer uso del a veciñanza do núcleo urbano.

O servizo estreouse e presentouse no CEP Salustiano Rey Eiras. O director deste centro de ensinanza, José Delgado, ratificou á concelleira o apoio da comunidade educativa que representa a este tipo de iniciativas que encaixan nos numerosos proxectos medioambientais nos cales participa o colexio.

O investimento destinado a este punto limpo móbil ascende aos 8.566’80 euros, IVE incluído, a cargo das arcas municipais.

Botan a andar os Camiños Escolares Seguros

No terceiro trimestre do actual curso entrarán en funcionamento os Camiños Escolares Seguros en dous centros educativos do núcleo urbano. Deseñouse desta maneira un itinerario que parte da praza Alcalde Segundo Durán, para seguir por rúas peonís ata o inicio da rúa Venecia, onde se bifurca para se dirixir ao CEP Salustiano Rey Eiras e ao IES da Pobra do Caramiñal a carón da estrada. Tamén se procedeu coa colocación de sinalización horizontal e

vertical. En canto a esta última, o camiño que leva ao centro da primaria conta co distintivo dun lapis, mentres que o da secundaria consiste nunha mochila.

O concelleiro da Mobilidade, Xabier Santos, xunto coa súa homóloga dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, e a xefa de estudos do referido centro educativo da primaria, Daniela Martínez, explica que o obxectivo é “recuperar a tradición de camiñar xuntas e xuntos á escola dunha maneira segura”. Deste

xeito, o proxecto iníciase con dous tramos que se ampliarán a un terceiro no vindeiro ano académico. A iniciativa, que incluíu un exhaustivo estudo previo para determinar a súa viabilidade, contará co apoio de voluntariado, ademais de establecementos hostaleiros e comerciais colaboradores por se a rapazada se perde ou se sente indisposta durante o traxecto. Ao abeiro deste proxecto impartiranse charlas e repartiranse chuvasqueiros e material informativo.

4 Maio 23 O Barbanza
Pobra reforza a separación na orixe cun punto limpo móbil nas escolas
As rutas e as súas frecuencias distribúense da seguinte maneira: CEP Salustiano Rey Eiras (primeira

Seguridade e accesibilidade

O

Concello de Boiro anuncia melloras en Espiñeira e acomete a posta a punto de estradas en Cabo de Cruz e Goiáns

Este mes de maio é un mes intenso de proxectos e obras no termo boirense. En primeiro lugar, o Concello confirmou que a Consellería de Economía achegou unha subvención destinada á habilitación e mellora do Parque Empresarial de Espiñeira. O importe concedido vaise destinar aos proxectos de mellora da infraestrutura viaria e da iluminación pública. Por unha banda, recíbese un importe de 65.767,50 euros para levar a cabo o Proxecto de mellora da infraestrutura viaria no Parque Empresarial, co que se vai levar a cabo a mellora da rede de estradas no interior do complexo e, para iso, realizarase o pavimentado con formigón de 1.665 metros cadrados de beirarrúas. Por outra banda, concedeuse un importe de 47.796,62 euros para o Proxecto de mellora da iluminación pública. Con este proxecto preténdese a substitución das luminarias de alumeado e o seu cambio a LED co obxectivo de unificar a iluminación do polígono e lograr unha maior eficiencia enerxética.

A maiores, o Concello puxo o foco na actual execución de dous importantes proxectos

en Cabo de Cruz e máis en Goiáns. O primeiro focalízase no treito de vía que vai

Homenaxe a Ramón Martinez López no aniversario do seu nacemento

Osalón de plenos da Casa

Consistorial de Boiro acolleu o pasado martes 4 de abril, data do aniversario do nacemento de Ramón Martínez López, un acto en homenaxe á súa figura. Na xornada participaron o alcalde José Ramón Romero, a concelleira de Memoria Histórica, Dores Torrado; a presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada; e o biógrafo de Martínez López, Amancio Liñares, entre outros representantes da cultura e da política. “Ramón Martínez López foi un referente do galeguismo e un boirense que debe ser recordado e homenaxeado”, afirmou o alcalde, durante o acto

Máis subvencións (para o Pazo de Goiáns, os camiños da Cachada e o turismo)

de Curbera a Mavi, onde se están a levar a cabo traballos para mellorar e reparar a pavimentación (cun importe de 61.545,45 euros e financiados pola Deputación da Coruña mediante o Plan Único Concellos (POS+ 2022) para facilitar o tránsito rodado de vehículos, así como a accesibilidade da veciñanza.

No que respecta ao proxecto de Ponte Goiáns, as obras en curso consisten na reparación e dotación de beirarrúas no treito da AC-305 correspondente ao dito lugar. As actuacións están financiadas pola Deputación mediante o Plan Único Concellos (POS+2022). Contémplase dúas actuacións a realizar en ambas beiras da estrada. Por unha banda dáse continuidade á beirarrúa do lado sur da vía, un tramo de 172 metros no lugar de Ponte Goiáns. Pola outra, con estas actuacións estase a restaurar un treito de beirarrúa que dá servizo peonil na AC-305 ao seu paso polo municipio. En concreto, mellorarase un tramo de 1,06 km que transcorre no lugar de Ponte Goiáns e “que se atopa en estado de deterioro”, explicou o Concello.

O Concello recibiu da Axencia Galega de Turismo unha subvención para actuacións de embelecemento do litoral convocadas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationUE. A subvención recibida consta de tres liñas distintas. A primeira delas de transición verde ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio de espazos singulares da costa, dun importe de 80.000 euros, para a recuperación dos xardíns do Pazo de Goiáns.

A segunda das liñas concorridas é a de transición dixital dos recursos con potencial turístico no litoral. O proxecto presentado para esta liña é o desenvolvemento de códigos QR en recursos turísticos, para o que se recibe un importe de 6.534 euros.

A terceira das liñas desta subvención está enmarcada na transición accesíbel e inclusiva para un turismo máis competitivo. A proposta presentada e que se dota de financiamento mediante a achega de 50.000 euros é a da mellora de camiños existentes no parque da Cachada para favorecer a accesibilidade ao recurso turístico.

en recoñecemento no que tamén participou a filla de Martínez López, Maribel Martínez.

Este acto en homenaxe forma parte dos actos que o Concello de Boiro leva a cabo neste ano para a conmemorar o centenario do Seminario de Estudos Galegos.

Ademais, descubriuse unha placa no lugar no que naceu Ramón Martínez López, na zona de Cimadevila, no marco dun programa de actividades que se desenvolveron para poñer en valor o barrio. “Boiro ten memoria, ten historia e ten a Ramón Martínez López”, afirmou a concelleira de Memoria Histórica, Dores Torrado.

5 Maio 23 O Barbanza Boiro  ACTUALIDADE 

Rianxo

cos maiores

Arrinca un plan piloto para crear unha residencia pública comarcal en Rianxiño

ADeputación da Coruña impulsou un plan piloto para crear unha rede de residencias públicas para maiores de ámbito comarcal. Serán, segundo informou a entidade provincial a través do seu presidente, Valentín González Formoso, “residencias de pequeno tamaño e máis proximidade, con capacidade para unhas 50 persoas, coas que pretendemos mellorar o benestar e evitar o desarraigo e a soidade non desexada dos maiores, que moitas veces vense na obriga de ir a residencias moi lonxe do seu fogar”. Os primeiros centros emprazaranse nas Pontes, Rianxo e Ordes, segundo se recolle no protocolo acabado de asinar polo presidente e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso; o vicepresidente, Xosé Regueira; a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños e a concelleira de Política Social de Ordes, Susana García.

Formoso explicou que estes tres primeiros centros suporán un investimento de 6 millóns de euros e crearán 188 empregos. Os centros serán de titularidade e xestión pública, "un modelo alternativo ao da Xunta

Vía libre á base anti-incendios do Parque Empresarial

asumirá cunha partida orzamentaria de 6 millóns de euros a execución das obras e posteriormente a xestión dos centros.

O alcalde rianxeiro, Adolfo Muíños, mostrou a súa satisfacción “porque finalmente se concrete deste xeito o traballo destes anos en prol dun servizo básico hoxe como é unha residencia pública, que se poderá instalar no noso concello con ese carácter comarcal”. E engadiu: “Valoro tamén positivamente que sexa a Deputación quen se implique na xestión futura deste equipamento, garantindo o seu desenvolvemento e funcionamento e aposte por manter como pública a residencia, tanto nas persoas que a atenderán como na cobertura das prazas. Fago fincapé tamén no carácter plural da escolla dos concellos, no que debería ser o normal na instalación de servizos”.

de Galicia”, afirmou, subliñando o seu agradecemento á colaboración dos concellos de Rianxo, Ordes e As Pontes, que se encargarán de ceder os terreos e redactar os proxectos, mentres que a Deputación da Coruña

e construtivamente falando) no Parque Empresarial de Rianxo, en parte “polos materiais empregados e en parte por minimizar o impacto da edificación prevendo futuras ampliacións”, explicou o Concello, engadindo que do que se trata é de” xerar un contedor de servizos de protección forestal, que poda funcionar como nodo de todos os axentes participantes neste labor, favorecendo a conciliación entre descanso e traballo dos brigadistas, pero sen esquecer a integración nunha contorna tan sensíbel”.

O Concello, para materializar este proxecto, cederá unha parcela urbanizábel na zona de Rianxiño, a carón do Instituto de Secundaria e, tal como se estipula no proxecto, recibirá unha cantidade duns 300.000 euros para licitar publicamente un concurso de redacción do proxecto. Tras iso será a propia Deputación quen licite as obras, constrúa e xestione a residencia.

Chega a feira Rianxo Gaming Experience

O8 de xullo, no Campo de Arriba (praza Castelao) vaise celebrar a Rianxo Gaming

Axunta de Goberno do Concello de Rianxo deu vía libre á solicitude presentada pola Axencia Galega da Industria Forestal da Xunta de Galicia, na que se solicitaba licenza municipal para as obras contidas no Proxecto Básico e de Execución de Base Integrada de Unidades Operativas (BUO) de Rianxo. Como lembraremos, este proxecto vaise desenvolver nunha parcela de equipos no Parque Empresarial cedida polo Concello de

Rianxo a Medio Rural e implicará a construción dunha base contra incendios forestais permanente no que é a primeira base operativa na comarca.

O proxecto presenta un orzamento de 441.391,55 euros un prazo de execución de seis meses. Entre os obxectivos deste equipamento inclúese o de converterse nun espazo adicado á defensa do monte, pero tamén nunha contorna referencial (medioambiental

O Concello apunta que para reducir ao mínimo o impacto da edificación, optouse por fragmentar o seu volume, “en tres ás diferenciadas”, unha aberta, e outras dúas consistentes nuns volumes pechados. O Consistorio tamén destaca o uso do castiñeiro e piñeiro como elementos construtivos ou a cuberta axardinada ou as cores que se empregarán.

Outro dos mecanismos de integración é a inclusión de parasois emparrados e que voan sobre a paisaxe, minimizando o impacto da solleira na área de comedor e de descanso.

Experience, feira sobre o videoxogo como produto cultural e de entretemento, que porá o foco na vertente educativa destes produtos (charlas e obradoiros) e tamén nos aspectos máis competitivos.

O programa tamén xirará arredor dos fenómenos Cosplay e PixelArt e completarase con postos de venda e gastronomía.

Haberá tamén espazo para a música en directo.

A hora do xantar

estará amenizada polos Funky Kongs con música de videoxogos, e a Banda da Escola de Música de Rianxo pechará a xornada cun concerto de bandas sonoras de videoxogos.

O evento está financiado polo Concello; a produción corre a cargo de Lua Gaming e conta coa participación da Fundación Museo do Videoxogo, Galicia Gamer e A Vella Escola, con talleres e actividades divulgativas, lúdicas e competitivas, que o equipo de Volvemos a Primera Producciones emitirá en streaming.

6 Maio 23 O Barbanza
ACTUALIDADE  Rianxo

OCruceiro recupera o esplendor

Opasado 19 de abril o alumnado do Certificado de Confección e Montaxe de Artes e Aparellos do Obradoiro de Emprego Tahume VIII (impulsado polos concellos de Porto do Son e Ribeira) comezou os traballos de protección ambiental incluídos no proxecto para a mellora da praia do Cruceiro de Porto do Son, en pleno centro urbano da vila, actuación que veu cun investimento de 210.000 euros achegados pola Consellería de Medio Ambiente e o Concello.

Os traballos incluíron entre outras cousas o acondicionamento do sistema dunar e dos accesos sobre táboas de madeira, espazos que se delimitan coas redes elaboradas polos participantes no

A XXI Xuntanza de Confraternidade reuniu preto de 800 maiores

Porto do Son comezou o mes de maio cunha importante celebración: a XXI Xuntanza de Confraternidade para persoas maiores, que se celebrou o luns día 1, organizada polo Concello e xuntando preto de 800 veciñas e veciños do concello, amais de comensais procedentes doutros concellos da contorna, como por exemplo o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, que compartiu mesa co

rexedor local, Luis Oujo. No transcurso do xantar rendeuse homenaxe a varios persoeiros destacados do concello, entre os que se atopaban María Isabel Lestón, responsábel da Asociación Loa, Manuela Santiago, presidenta do Club de Xubilados de Porto do Son, Juan Pérez, irmán maior da Confraría da Paixón do Noso Señor, Francisco Olveira, fundador da Banda de Música de Caamaño, Emilio Queiruga

e Isaac Gaciño, patróns maiores de Porto do Son e Portosín (respectivamente), e Carmen Conde, presidenta das Amas de Casa.

A Xuntanza de Confraternidade incluíu os seguintes actos principais: ás 12 horas, unha misa na igrexa de San Vicente de Noal cantada polo Coro Parroquial de Porto do Son e ás 14.00 horas o xantar na carpa situada no xardín da zona portuaria a vila sonense.

Obradoiro de Emprego. Por certo que os labores nas formacións dunares acompañáronse da plantación de especies vexetais a autóctonas para protexer a contorna portuaria do vento, principalmente da zona de xogos o parque infantil lindeiro, que viña recibindo importantes achegas de area en canto o vento sopraba do nordés ou do mar a terra. Tamén foron derrubados os muros que circundaban a praia e máis as contornas de asfalto que afeaban o conxunto ambiental.

A oitava edición do Obradoiro de Emprego Tahume comezou o pasado 3 de outubro, sendo a súa finalidade favorecer a inserción laboral das persoas desempregadas dos dous municipios (Ribeira e Porto do Son) a través de formación especializada, avanzada e dunha índole marcadamente práctica, poñendo o foco na mocidade local. Un total de vinte alumnos e alumnas participan nesta convocatoria, unha edición dual con dúas especialidades distintas: por unha banda operacións básicas de cociña e pastelería e, pola outra, confección e montaxe de artes e aparellos.

O Rompetiño Jump xa ten cartel

ORompetiño Jump, festival de música e cultura urbana de Porto do Son, xa ten un cartel completo para o escenario de Vibra Mahou 2023. O evento chegará a primeira fin de semana de xullo (días 1, 2 e 3) e porá a disposición dos asistentes unha zona deportiva e de exhibicións. O cartel inclúe sobranceiros artistas da escena xuvenil e urbana, como Soto Asa, KayDy Cain, Al Safir ou Hard GZ, alén de figuras emerxentes como a trapeira ar-

xentina Saramalacara.

Entre os artistas convidados están

MDA & Ambeats dentro do estilo hiperpop, ou Parkineos, que procede o ámbito techno, aos que suman novas promesas como Kike Varela, Mateo Abelleira ou Deva.

Un dos puntos fortes do cartel deste ano é Soto Asa, que vén de publicar novo disco con Israel B, que tamén acudirá ao festival sonense.

Hard Gz, Miranda, Albany, Kaydy Cain, Selecta e Dirty Suc

confirmaron igualmente a súa presenza, como tamén o fixo Saramalacara, artista arxentina con máis de 600.000 seareiros en Instagram.

A longo destes días a organización compartirá os nomes das bandas que se subirán ao Escenario Rompente, contorna gratuíta que pon o foco na música máis tradicional ou rock.

Organiza a Asociación Rompetiño co apoio do Concello e doutras entidades como a Deputación da Coruña.

7 Maio 23 O Barbanza Porto do Son  ACTUALIDADE 
O Concello acondiciona a céntrica praia da vila sonense (coa colaboración do Obradoiro de Emprego Tahume)

Noia humanízase

O Concello iniciou a mellora da rúa Anxo Senra

saneamento farase en polipropileno. O proxecto inclúe tamén unha nova imaxe para a rúa Anxo Senra, onde está previsto crear unha pequena praza que recollerá o magnolio, que estará acompañado por novas árbores nos alcorques que se implantarán a ambos lados da rúa. Así mesmo, reorganizaranse as prazas de aparcamento e renovaranse as beirarrúas

existentes, que se atopan en mal estado de conservación.

As obras rematarán co aglomerado en quente de 5 centímetros da rúa, previo tratamento de fochas e levantado dos pozos actuais de saneamento para así evitar calquera tipo de fochanca. A actuación inclúe tamén o pintado da sinalización en todo a vía.

OConcello de Noia vén de formalizar a adxudicación das obras de renovación e acondicionamento da rúa Anxo Senra á empresa Pavimentos Noia, Obras e Contratas SL por un importe de 204.949,8 euros. Estes traballos, engade o Concello, buscan “solucionar as graves deficiencias que ten na actualidade a rúa Anxo Senra, en especial en parte da súa rede saneamento de fecais, que data de hai máis de 30 anos e conta con colectores de formigón agretados debido a que

están a tan so 40 centímetros da actual estrada, o que supón un problema potencial para a veciñanza e para o medio ambiente do municipio en xeral”.

Neste sentido, o Concello de Noia contempla substituír eses colectores de formigón agretados e instalar un sistema de saneamento separativo, realizando tamén as acometidas as vivendas. Ese sistema separativo de recollida de augas pluviais conectará co saneamento de pluviais realizado no saneamento integral da Xunta de Galicia. Este novo

O 3 de xuño celébrase o I Descenso a Nado polo Tambre

Ovindeiro 3 de xuño, a partir das 16.00 horas, celebrarase na nosa

comarca a primeira edición do Descenso a Nado polo río Tambre. Unha proba organizada pola

Escola de Piragüismo de Outes, na que colaboran o Concello de Outes e o Concello de Noia.

A Central do Tambre será o punto de partida, onde os competidores percorrerán un total de 4,8 quilómetros, antes de chegar a Pontenafonso.

As inscricións xa están abertas e poderán formalizarse a través de Galitiming ata o 31 de maio.

8 Maio 23 O Barbanza
 ACTUALIDADE  Noia

Outes renace

O Concello avanza os detalles do plan de integración urbana do río Tins na Serra

OConcello de Outes presentou esta primavera tres proxectos cos que pretende mellorar a integración urbana do río Tins ao seu paso pola Serra. Estes proxectos, nos que o Concello leva traballando dende o inicio do actual mandato, intégranse tamén no Plan de Reordenación de Espazos e Integración Ambiental do Río Tins, no marco da iniciativa Renatur-Outes, que elabora a Universidade da Coruña e financia a Fundación Biodiversidade con fondos NextGenerationEU.

O primeiro dos proxectos, que xa conta co financiamento do Plan de Sustentabilidade Turística da Ría de Muros e Noia, é o de Humanización da praza do Concello e mellora da súa conexión co paseo fluvial. Con el preténdese recuperar esta histórica praza situada á beira do Consistorio, que, segundo fontes do Goberno local, “nestes momentos atópase moi degradada”. O orzamento do proxecto ascende a algo máis de 210.000 € que se financiarán integramente cos fondos sinalados. O

segundo proxecto é o da Bancada para conectar o paseo fluvial e a Casa da Cultura co centro urbano na Serra, co que se busca optimizar a conexión e percepción do paseo fluvial da Horta do Muíño coa trama urbana da vila. Neste caso o orzamento supera os 80.000 € e xa foi presentado para recibir financiamento do Programa Hurbe, da Consellería de Medio Ambiente. Segundo indicou o alcalde, Manolo González, o obxectivo é asinar un convenio coa Consellería este mesmo ano 2023.

Un terceiro proxecto será o dunha nova Pasarela sobre o río Tins, que servirá para conectar a praza do Concello coa rúa de Tins e dese xeito mellorar a conexión da Serra de Arriba e a Serra de Abaixo, a través da praza do Concello. Neste caso o orzamento ascende a preto de 125.000 € e segundo apuntou Manolo González, o proxecto xa foi presentado á convocatoria do GDR Deloa así como a de mellora de infraestruturas turísticas da Xunta de Galicia, para o seu financiamento.

No acto de presentación, no que tamén partici-

paron os arquitectos Óscar Fuertes e Carlos Campos, mostrouse un vídeo que recrea o resultado final dos proxectos. Óscar Fuertes é profesor da UDC e é o responsábel de elaborar o Plan de Reordenación de Espazos e Integración Ambiental do Río Tins, dentro de Renatur-Outes. Indicou que se traballa tamén para unha cuarta intervención nunha zona degradada do río, á que se accede dende a rúa do Tins, e que era usada como pequena praia fluvial.

9 Maio 23 O Barbanza
Outes  ACTUALIDADE 

ELECCIÓNS Especial O

Barbanza
M 28
Noia Rianxo Lousame Porto do Son A Pobra Boiro Dodro
MUNICIPAIS 2023 Ribeira Outes

M 28

AS CANDIDATURAS Ribeira

Sete partidos en Ribeira

O PP anuncia a gran transformación da cidade

O PBBI quere mellorar a calidade de vida dos ribeirenses

OPP Ribeira acode ás eleccións de maio cun equipo de 27 homes e mulleres. Á fronte da lista atópase o actual rexedor, Manuel Ruiz, que avanza que a gran transformación de Ribeira e das parroquias “consolidarase nestes seguintes catro anos”. Este proceso, comenta, xa hai tempo que comezou e deparounos iniciativas como a nova residencia da terceira idade, o arranxo das casas do mar e colexios do municipio, a nova comisaría, a rehabilitación da UAD e do Conservatorio, o novo pa-

seo do río Pedrín, as futuras sendas de Coroso, Ameixida e A Fonteseca, a Casa do Concello, a Biblioteca ou a sede do Club de Remo, entre outros grandes proxectos. A lista do PP comeza cos seguintes nomes: 1- Manuel Ruiz, 2- María Sampedro Fernández, 3- Ana Isabel Barreiro Rego, 4- Alejandro Vidal Álvarez, 5- Manuel Emilio Pérez Outeiral, 6- Manuel Vicente Reiríz Bretal, 7- Víctor Reiríz Lampón, 8- Ramón José Doval Sampedro, 9Carmen Pérez Gómez e 10- Estrella Franco Lijó.

O PSOE concorre cunha lista renovada e de xente nova

Adirección do PBBI achegou unha listaxe igualitaria de 28 integrantes, 15 homes e 13 mulleres, liderados por Vicente Mariño de Bricio. No programa atopamos (entre outros) os seguintes retos: reducir tramites e taxas na aperturas de negocios, mellorar a iluminación, crear unha Ribeira mais accesíbel, optimizar o trafico, fortalecer a rede de saneamento, elaborar plans para a soidade non desexada dos maiores, mellorar liñas de bus, promover o por-

telo único de atención cidadá, crear un punto de información catastral no Concello ou reducir o IBI a familias numerosas ou con dependentes. A lista está encabezada por 1.Vicente Mariño de Bricio, 2. María Herminia Pouso Maneiro, 3. Juan Luis Furones Ramos, 4. Tania Redondo Fernández, 5. Fernando Abraldes Pérez, 6. Ana Boo Pego, 7. Francisco Casal Castro, 8. María Concepción Martínez Martínez, 9. José Ángel Vilas Parada e 10. Sabela Pensado Parada.

Francisco Suárez-Puerta é o candidato socialista, encabezando unha lista de marcado cariz xuvenil e (case) cen por cen renovada. A respecto do programa da agrupación, Suárez-Puerta Colomer comenta que buscará reactivar o peso económico e social de Ribeira; mellorar a comunicación coa cidadanía, reivindicar o potencial das parroquias e impulsar o transporte, as infraestruturas, a mobilidade, o saneamento e o abastecemen-

a cidadanía. “Temos

Alista do BNG de Ribeira está composta polo número máximo de persoas que permite a lei (31) e encabezada por Luís Pérez Barral. O candidato di que contan con catro eixos de goberno para que “Ribeira volva medrar”, que son: impulsar o novo polígono industrial, avanzar en mantemento; zonas verdes e sustentabilidade; reducir “o tarifazo do saneamento aplicado polo PP”; promover os coidados ás per-

soas maiores; e poñer ás parroquias no centro garantindo a prestación de servizos como auga, saneamento, Internet de calidade ou promovendo a participación veciñal nos proxectos que se desenvolvan.

O grupo estaría liderado por Luís Pérez e por Cruz Rivadulla (2), Veva Betanzos (3), Antía Alberte (4), Xabier Vidal (5), José Sanmiguel (6), Rafael Pazos (7), Carmen Lampón (8), Isabel Sampedro (9) e Áurea Santiago (10).

12 Maio 23 O Barbanza
to. Tamén apostan por incrementar as políticas de benestar para ilusión por transformar Ribeira”, apuntan. A lista está encabezada por: 1. Francisco Suárez-Puerta Colomer, 2. Ana Alvite García, 3. Alberto Suárez Pazos, 4. Nuria Pérez Sampedro, 5. Francisco Regueira Campaña, 6. Nuria Mariño Corbelle; 7. Pablo Sarasquete Fariña; 8. Laura Guisamonde Sampedro; 9 Sergio Trillo Moure e 10. Desiré Rivas Sánchez.
O BNG quere que “Ribeira volva medrar”

AS CANDIDATURAS Ribeira

M 28

Iniciativa Progresista de Riveira volve estar liderada por Rosa García Pose. Entre as medidas propostas do grupo figuran incrementar o número de actividades desenvolvidas nas parroquias, fortalecer o pequeno comercio e primar o poderío do sector marítimo. Propoñen crear un concello local das pemes, xuntanzas periódicas da xunta local de seguridade, un servizo de respiro familiar e canguraxe, un consello local das parroquias, potenciar o parque natural e sacarlle máis rendibilidade e garantir a limpeza dos ríos. A lista está encabezada por 1. María Rosa García Pose, 2. Juan Manuel Reiriz Lampón, 3. María de Los Ángeles Fernández Olveira, 4. Daniel Martínez Chouza, 5. Elisabeth Pérez Lorenzo, 6. Tomás Antonio Muñiz, 7. Encarnación del Pilar García Suárez, 8. Antonio Ventoso Deán, 9. Tomás Barajas Montalvo e 10. Xeila Muñiz Abraldes.

Mirando por ti, por unha Ribeira mellor é o lema do PG que propón activar a capacidade de xestión municipal, crear máis espazos verdes, achegar unha estación de autobuses en condicións, optimizar o Centro de Saúde de Santa Uxía e que Corrubedo conte cun médico a tempo completo. A lista está encabezada por: 1. Moisés Domínguez Rodríguez, 2. Óscar David Casais Montemuíño, 3. José Manuel Martínez Muñiz, 4. Andrea Domínguez Arca, 5. Sandra Rodríguez Casais, 6. Nicolás Muñiz Brión, 7. Francisco Javier Fontenla Pouso, 8. Emilio Quintela Reino, 9. Pilar María Ribas Pérez, e 10. Ana Belén Bargiela Rego.

Juan José Doval será o candidato de Vox nestas eleccións, nas que concorre por vez primeira no concello. O seu programa fai fincapé en axudar ás familias, en reforzar os corpos policiais e en apoiar ao comercio local, a pesca e o marisqueo. Tamén reivindican o deporte base, unha rede de transporte público eficaz, mellor atención aos cidadáns, garantir a limpeza urbana e impulsar axudas sociais para as familias e traballadores españois. Nos dez primeiros postos da lista de Vox atópanse os seguintes cidadáns:

1. Juan José Doval Rivademar, 2. María Catalina Ces Casais, 3. Andrés Paz Pena, 4.Clara María Millares Sieira, 5. Luis Alberto Lṕez Ferraces, 6. Jesús de la Iglesia Barrientos, 7. Rafael Abia Sánchez, 8. Alberto Pazos Pérez, 9. Irene Varela Rodríguez e 10. María del Carmen Aliseda Ces.

13 Maio 23 O Barbanza
Vox aspira a obter representación por vez primeira
O PG aposta pola xestión, o transporte, o medio e a atención médica
IPR pon o foco nas parroquias, no pequeno comercio e no mar
Por ti, por Ribeira

M 28

AS CANDIDATURAS A Pobra do Caramiñal

Cinco candidaturas na Pobra

Nós Pobra acode cun programa participativo e de base veciñal

Nós Pobra presentarase ás eleccións cun equipo diverso, co actual alcalde, Xosé Lois Piñeiro, á fronte do grupo. O programa inclúe (entre outras cousas) seguir fomentando a participación veciñal, crear unha Concellería de Patrimonio e un plan director de deportes, ampliar o solo industrial, fomentar a conciliación, impulsar os servizos sociais e as vivendas de emerxencia social e habilitar unha bolsa de alugueiros de baixos comerciais. O programa ten os seguintes catro piares: responsabilidade, experiencia, imparcialidade e transparencia. A lista está encabezada por 1.Xosé Lois Piñeiro García, 2. Estefanía Ramos Olveira, 3. José Carlos Vidal Suárez, 4. Xosé Vicente Xesús Vázquez Arias, 5. Natalia Brión Lijó, 6. María del Carmen Senise-Rosales Paz, 7. Adrián Romero Rodríguez, 8. Isabel Soler Rivas, 9. José Andrés Lojo e 10. Sonia Pajuelo Rubio.

O BNG quere

cambiar A Pobra

VIP estréase nas eleccións locais

OBNG da Pobra postúlase como o partido do cambio, con Amparo Cerecedo, actual concelleira, na cabeza da lista. Apostan por incrementar o coidado dos espazos públicos e das instalacións (cunha brigada de obras para o rural), por unha administración áxil e próxima, por máis participación cidadá nos orzamentos, máis medidas por recuperar poboación, máis servizos públicos de calidade e máis actividade cultural, económica, lúdica, comercial, hostaleira e deportiva. A lista está liderada por 1.

APobra conta nestas eleccións cun novo partido político: Veciñxs Independentes da Pobra (VIP), liderado por Eloy Sobrido. No programa poñen o foco en “devolver a vida ao comercio e á hostalería”, dinamizar o turismo (non só no verán), mellorar o mantemento do rural e das infraestruturas, incrementar o apoio aos clubs deportivos, fortalecer os servizos sociais, etc. A lista está encabezada por 1. Eloy Sobrido García, 2. Myriam García Fontao, 3. Myriam Jessica Mariño Boo, 4. Jose Rios Rodas, 5. Francisco Damian Vázquez Vidal, 6. Marta Fontao Batalla, 7. Alberto Sobrido Mariño, 8. Maria del Carmen Mariño Boo, 9. Maria Encarnación Bouzón Romero e 10. Agustin Cebreiro Romero.

Aprioridade do PP da Pobra será “atenderas necesidades da veciñanza”. Con Manuel Durán liderando o grupo, o programa fai fincapé na mellora dos servizos (incluído o novo centro de saúde, unha oficina de atención ao cidadán, máis prazas na gardería, máis limpeza integral, unha brigada rural, máis subvencións para asociacións e clubs, estacionamentos alternativos, un novo polideportivo, a 2ª rexeneración das Xunqueiras), no impulso económico e na xeración do emprego, por exemplo ampliando o polígono). A lista conta con 1. Manuel Durán Guillán, 2. Encarnación González Montemuíño, 3. Jesús Dieste Buceta, 4. María González Santos, 5. Beatriz Martínez Outeiral, 6. Marta Fernández López, 7 María Elena Noche Moure, 8. Emma María Domínguez Pérez, 9. Alberto García Rodríguez, e 10. Miguel Rivas Domínguez.

Patricia Lojo repetirá como candidata. O seu programa fai fincapé na ampliación de servizos públicos de calidade e nunha xestión de proximidade para a cidadanía. Tamén porán o foco en afianzar a poboación e atraer veciñanza, ao tempo que se fortalecen as iniciativas para desenvolver economicamente o concello e crear emprego, por exemplo ampliando solo industrial, fomentando programas de turismo para todo o ano e con campañas de apoio ao comercio e a hostalería. Amais, traballarán para mellorar as comunicacións e o transporte. A lista está encabezada por

14 Maio 23 O Barbanza
1. Patrica Lojo Nine, 2. María Zaida Rey Lampón, 3. Laura Bautista Outeiral, 4. Marcos José Santos Fungueiriño, 5. Daniel Sobrido Moledo, 6. Marta Ojea Alonso, 7. Silvia Brión Pérez, 8. Lorena Hermo Martís, 9. Ramón Rego Mieites e 10. Jesús Román Laíño Briones-Arén. María Amparo Cerecedo Sánchez, 2. Rosana Pérez Fernández, 3 Javier Santos González, 4. Agustín Pérez Calvo, 5. Maria Vanesa Lago del Río, 6. Manuel Fernández Fernández, 7. Lorena Muñiz Sanisidro, 8. Lidia Pérez López, 9. Francisco Cordeiro Sampedro e 10. Alicia Miguéns Vila.
O PP avoga por ampliar o polígono e mellorar servizos
O PSOE quere fixar poboación e crear emprego

AS CANDIDATURAS Rianxo

Rianxo a catro bandas

O traballo e o compromiso, as claves do BNG rianxeiro

Adolfo Muíños, actual alcalde de Rianxo, non repetirá nestas eleccións como candidato á alcaldía. No seu lugar acode Xusto Ordóñez, á fronte dun equipo renovado, cunha mochila cargada de proxectos e cun lema que é tamén unha folla de ruta: traballo, honradez e compromiso. O programa dará continuidade a proxectos iniciados nesta lexislatura e abranguerá outros novos, como por exemplo a ampliación do Polígono

do Te, o impulso da economía e do emprego, a mellora do saneamento e do abastecemento de auga ou a optimización da recollida do lixo. O grupo está encabezado por 1. Xusto Xosé Ordóñez Figueira, 2. Sarela Betanzos Freire, 3. Francisco Rey Grille, 4. Rosa Fungueiriño Suárez, 5. Xosé Vázquez González, 6. Lourdes Tarrío Garrido, 7. Tobías Betanzos Rego, 8. Raquel García Abuín, 9. Alexandre García Yáñez (Sandro) e 10. Ana Belén Sieira Otero.

O PSOE aposta forte polo emprego, o turismo innovador e a cultura

Con José Luis Castiñeiras á cabeza, o Partido Popular rianxeiro preséntase como un equipo humano disposto a reactivar con medidas concretas (captación de recursos e fondos, mellorando instalacións deportivas e sanitarias, promovendo turismo e economía, etc) todas as parroquias e aldeas do concello, “dándolles o papel que se merecen”. Os tres piares fundamentais do seu programa son: persoas maiores (achegándolles mellores servizos e “convertendo en realidade o

Centro de Día”), nenos (optimizando os centros docentes locais) e xestión (dando unha viraxe á situación económica do Concello, que, sosteñen, “non é boa”). A lista está encabezada por 1. José Luis Castiñeiras Lesende, 2.Ramón Vicente Vicente, 3. Alicia Carou Romero, 4. María Elena Abuín Carou, 5. Antonio Isorna Vicente, 6. Ana Ferro Cid, 7. Ramón Javier Vázquez Romero, 8. Ana Belén Reboiras Bermúdez, 9. Antonio Blanco Magariños e 10. Brais Senín López.

Rianxo en Común quere recuperar o tecido comercial e a vitalidade do concello

Con Óscar Rial á fronte, o PSOE rianxeiro quere afrontar a creación de emprego e potenciar o tecido industrial e comercial cunha aposta forte polo sector mariñeiro. Queren facer unha aposta forte polo mantemento e a limpeza, o investimento en infraestruturas, a mellora da fachada litoral e o turismo (sustentábel e innovador). Porán o foco nos servizos municipais e sociais e prometen desenvolver un centro de ocupación integral e unha bolsa de vivendas para

os maiores, con espazos comúns e servizo de atención; e na docencia cun plan educativo municipal apoiado no deportivo, no social, no laboral e no cultural. A lista a encabeza 1.Óscar Rial

2.Miguel

Acandidatura de Rianxo en Común, encabezada novamente por Julián Bustelo, está formada por 23 homes e mulleres de diferentes puntos do municipio, persoas formadas, con experiencias diversas dende o punto de vista laboral e, sobre todo, con desexos de impulsar a transformación do territorio. O programa é unha folla de ruta feita “para defender os intereses dos rianxeiros e das rianxeiras” e, tamén, “para recuperar

tecido comercial e a vitalidade das rúas e aldeas de Rianxo, e para dotar ao municipio duns servizos públicos adecuados en cada recuncho do concello”. A lista está encabezada por 1. Julian Bustelo Abuín, 2. Julio Alcalde Hermo, 3. Ana Vidal Fungueiriño, 5. Olalla Figueira Castaño, 6. Alejandro Rey Resúa, 7. Cintia Collazo Mosquera, 8. Antonio Castro Castro, 9. Mar Fernández Piñeiro e 10. Adrián Rodríguez Tubío.

15 Maio 23 O Barbanza
M 28
Lago, Ángel Iglesias Romero, 3. María Elena Otero Otero, 4. Tamara García Muñiz, 5. Rosa Ana García Figueira, 6. María Dolores Piñeiro Vicente, 7. José Antonio Fernández Tembra, 8. Santiago Fernández Figueira, 9. Marta Figueira Rial e 10. Marcos Piñeiro Pérez.
O PP reivindica o potencial das parroquias e promete melloras na xestión

Seis maneiras de entender Boiro

O PSOE compaxina renovación con continuidade

O PP pon o foco no social e promete residencia e gardería

OPSOE de Boiro terá nos primeiros postos da candidatura aos concelleiros do goberno que acompañaron ao alcalde José Ramón Romero nestes catro anos de lexislatura: Luis Ruíz, María Outeiral, Marcos Fajardo e Raúl Treus. Ao mesmo tempo, as filas foron obxecto dunha importante renovación, como de desprende da lista resultante. O resultado é un equipo que colle impulso cos logros conseguidos (desbloqueo de licenzas urbanísticas, impulso integral da cultura, o deporte e a educación,

fortalecemento das políticas sociais e medio-ambientais, transformación económica, aposta polo coñecemento innovador) e fortalecese para, no caso de gañar as eleccións, incrementalos. A lista está encabezada por 1. José Ramón Romero, 2. José Luis Ruiz Laiño, 3. María Luisa Outeiral Campos, 4. Marcos Fajardo Outeiral, 5. Olga María González Blanco, 6. Raul Romero Treus, 7. Roberto Lojo García, 8. María del Carmen Silva Rodríguez, 9. Francisco Bermúdez Alonso e 10. María Gema Dieste López.

O programa do BNG pon á cidadanía no centro da política

OPP de Boiro, comandado por Fernando García Diéguez, envorcará esforzos en mellorar a calidade de vida da veciñanza. Neste capítulo “social” do programa encádranse proxectos como a residencia de maiores, a mellora do Servizo de Axuda no Fogar ou o incremento de novas prazas nas escolas infantís (cunha nova gardería). A agrupación promete poñerse preto da cidadanía, redobrando esforzos para resolver os seus problemas. Tamén

porán o foco nas empresas e no emprendemento, convertendo Boiro nun novo referente económico galego. A cabeza da lista está formada por Fernando Manuel García Diéguez, 2. Manuel Romero Vazquez, 3. María Macarena Blanco Sanisidro, 4. Alba Ferreiro Fernańdez, 5. Juan Antonio Moledo Eiras, 6. María Vanessa Somoza Santamaría, 7. Alba Sayáns Pazos, 8. David Reboiras Viturro, 9. Ana Belén Moares Vila e 10. José Navarro Antón.

Boiro Novo aposta polo deporte, a memoria, a lingua e a igualdade

Novamente o BNG de Boiro volve estar liderado por Raquel Suárez Regades. O programa pon á veciñanza no centro da política, incrementando a participación. É unha aposta polo rural (con máis servizos, máis limpeza e acondicionamento, máis conexión a Internet) e pola sustentabilidade (espazos humanizados, limpos e accesíbeis, saneamento integral, unha segunda depuradora, un servizo de compostaxe comunitaria e formación sobre residuos). Tamén

avogan pola xestión directa dos servizos (como a municipalización do SAF), por máis vivendas sociais, o reforzo do CIM e a residencia da terceira idade. A lista está encabezada por 1. Raquel Suárez Regades, 2. Carlos Blanco Ansoar, 3. Patricia Silva Fajardo, 4. María

Caamaño Gómez, 5. Jacobo Patiño Simil, 6. Ricardo Vázquez Regueiro, 7. María Teresa Silva Fajardo, 8. Francisco Xavier Santamaría Branco, 9. Néstor Viega Blanco e 10. Emma Chao Blanco.

Áfronte de Boiro Novo está novamente Dores Torrado. A proposta do grupo pasa por manter as liñas de traballo da actual lexislatura de co-goberno (impulsando o deporte, a memoria histórica, a lingua e a igualdade en Boiro) e impulsalas e fortalecelas. Traballarán a prol do sector bateeiro e marisqueiro, por crear mellores oportunidades educativas (por exemplo abrindo unha sección da Escola de Idiomas) e polo

desenvolvemento das parroquias (mellora de servizos, telecomunicacións e impulso agrogandeiro). A lista está encabezada por 1. Dores Torrado Ares, 2. Xurxo Triñanes Hermo, 3. Elena García Blanco, 4. Javier Míguez Mato, 5. Cristina Abeijón Sobrado, 6. Óscar Rodríguez Ageitos, 7. Milagros Torrado Cespón, 8. Manuel Núñez Nieto, 9. Raquel Sevares Lozano e 10. Francisco Javier Otero García.

16 Maio 23 O Barbanza
M 28 Boiro AS CANDIDATURAS
José

Boiro M 28 AS CANDIDATURAS

Ogrupo de Esquerda Unida de Boiro concorre nestas eleccións encabezado por Juan Néstor Sieira. A participación cidadá é o punto central da súa proposta, con ferramentas como os orzamentos participativos. Tamén poñen o foco no fomento da vivenda pública, na creación dunha bolsa con vivenda para o alugueiro social, nunha mellor atención aos maiores (atención no fogar, cursos de introdución ás novas tecnoloxías, construción dunha residencia pública) e

nunha aposta clara pola cultura e a investigación. Tamén queren mellorar os servizos básicos no rural e a calidade de vida das e dos boirenses que viven nas aldeas. A lista está encabezada por 1.Juan Néstor Sieira Fernández, 2. María Duro Martínez, 3. Javier Alonso Lojo, 4. Rita Vicente Pérez, 5. Javier Triñanes López, 6. Vanessa Iglesias González, 7. José Luis Alonso Romero, 8. María del Carmen Patiño Carou, 9. David Tubío González e 10. María Teresa Batalla Ordóñez.

IC de Boiro (Iniciativa Cívica de Boiro) concorre nos comicios con José Antonio García Castro á cabeza. O seu programa político inclúe propostas como a construción dun circuíto de velocidade e a habilitación dun parque acuático na Cachada (inclusivo). Tamén poñen o foco na construción da residencia-xeriátrico, no impulso dunha cidade deportiva e na creación dun cemiterio municipal de

mascotas pioneiro na zona de Barbanza. A listaxe ten os seguintes nomes nos seus dez primeiros postos: 1. José Antonio García Castro, 2. Rebeca Mayán Piñeiro, 3. Miguel Ángel Piqueras Abeijón, 4. María Raquel García Romero, 5. Juan Domingo Bugallo Otero, 6. Patricia María Davila Hermo, 7. Iván López Vilachán, 8. Sara Martínez Lorenzo, 9. Carlos Manuel García Vázquez e 10. Alejandra Triñanes García.

17 Maio 23 O Barbanza
EU reivindica vivendas públicas e máis cultura e investigación
Síguenos en: Visita a nosa web obarbanza.gal Diario dixital O Barbanza obarbanza @obarbanzagal @o_barbanza 608 240 160 Toda a actualidade da comarca nas túas mans
IC quere facer de Boiro un referente comarcal e galego

M 28

AS CANDIDATURAS Porto do Son

Catro formas de entender a política

No programa do equipo de Luis Oujo figura, entre outras propostas, prolongar o capítulo de melloras dos portos de Porto do Son e de Portosín. Por exemplo a través da construción dunha nova nave de redeiras no primeiro ou incrementando os atraques no caso do segundo porto, amais de mellorar o abrigo do dique ou poñer a punto a lonxa. Tamén porán o foco no parque empresarial e

en poñer en funcionamento o Colexio de Porsosín, entre outros grandes proxectos. A listaxe está liderada por 1. Luis Oujo Pouso, 2. María José Maroñas Soñora, 3. Carlos José Lorenzo Blanco, 4. Juan José Calo Miranda, 5. Alicia María Martínez Maneiro, 6. José Luis Lijó Parada, 7. José Manuel Deán Pouso, 8. María Magdalena Pérez Millares e 10. María José Maneiro Quintáns.

O BNG avoga por rendibilizar as renovábeis en beneficio das familias

Apadriñado polo ex presidente Rodríguez Zapatero, fortemente vencellado a Porto do Son, o PSOE local aposta firme polo despegue económico e o emprego, poñendo o foco no mar e no turismo e a través de medidas como o polígono industrial. Tamén empregarán esforzos en construír unha residencia para maiores e favorecer a conciliación

(con servizos de comedor e madrugadores en todos os centros). A listaxe está encabezada por 1.Jorge Romero Pérez, 2. Rubén Martínez Ayaso, 3. Joaquín Pérez Cernadas, 4. Veda García Bandín, 5. Cristina Quintáns Varela, 6. Roberto Vila Lema, 7. Sheila Santiago García, 8. Alexandra Lijó Santos, 9. Isabel Fernández Rey e 10. José Manuel Cameán Vila.

Compromiso x Galicia ponse do lado da cidadanía

OBNG quere fomentar o aforro das familias e mellorar a xestión municipal. Isto, din, conseguirase con medidas como un mellor aproveitamento do Parque Eólico Singular, un aero-xerador propiedade do Concello que, segundo apuntan, produce entre un e dous millóns de euros anuais co subministro de electricidade. Apostan por crear comunidades enerxéticas (instalación de placas solares nos edificios públicos para que as familias poidan beneficiarse da súa produción). Poñen

o foco ademais no impulso ao parque empresarial, aos comedores escolares, ao transporte público entre parroquias, á futura concellería de montes e ás instalacións deportivas. A lista está encabezada por 1. José Balbino González Montemuíño, 2. Xosé Manuel Alonso Carballo, 3. María Agustina Cortes Romero, 4 Carmen Varela Donoso, 5. David Barrio Alonso, 6. Diana García Lixó, 7. Juan Patiño Glez., 8. Rubén Maneiro Dios, 9. Lourdes García Romero e 10. Mariña Castelao Ouzande.

PORTO DO SON

Aformación sonense de Compromiso x Galicia vén liderada por Víctor Manuel León Queiro, encabezando un equipo que quere estar en contacto directo coa cidadanía, coas súas demandas. Apostará forte pola participación veciñal e pola cultura, dando continuidade á longa experiencia de Víctor Manuel neste ámbito. Tamén porán o foco en asentar poboación achegando novas

e interesantes oportunidades sociais e empresariais. O cumio da lista está formado por 1. Víctor Manuel León Queiro, 2. José Antonio Toucedo Rebollido, 3. Ignacio Rey Lojo, 4. María de la Paz Fernández Sotelo, 4. Ainhoa Foix Emboirik, 6. Ernesto Fojo Fuentes, 7. Estefanía León Lago, 8. Serafín Emilio Bordallo Torrado, 9. Almudena Piñeiro Docampo e 10. Xiomara Torres Quinteiro.

18 Maio 23 O Barbanza
O PP di que seguirá mellorando os portos e loitando polo solo empresarial
O PSOE porá o foco no despegue económico sonense

AS CANDIDATURAS Outes

Outes é cousa de catro (partidos)

Compromiso incrementará a pegada dos éxitos xa logrados

Liderado polo actual rexedor Manuel González, Compromiso presentou unha candidatura moi semellante nos primeiros postos á dos anteriores comicios. Haberá continuidade e unha vontade de prolongar os froitos xa acadados, que pasaron, din, por unha mellora da xestión, da situación do Concello e da calidade de vida. No programa inclúense medidas para seguir apoiando a creación de emprego e de empresas e fixar poboación. Porase o foco na materialización do polígono e en medidas que

axuden ao día a día das familias (campamentos, actividades de conciliación, servizos madruga, melloras nos colexios, etc). Tamén na reivindicación da cultura local e o turismo. A lista está encabezada por 1. Manuel González López, 2. Alba Quintela Vilariño, 3. José Manuel Ramos Caamaño, 4. Raquel García Barreiro, 5. Daniel Rodríguez Gándara, 6. Alfonso Martelo Sendón, 7. Mónica González Torea, 8. Pedro Traba Caamaño, 9. María Soledad Lago Núñez e 10. Ángela Suárez del Río.

Fran Calo, o líder dos populares de Outes, avoga por establecer máis e mellores comunicacións con outras administracións, captando fondos e apostando forte por proxectos ambiciosos para o concello, proxectos que melloren a calidade de vida da cidadanía e axuden a asentar poboación e crear riqueza (e viceversa). O PP local tamén fai fincapé na necesidade de garantir o diálogo coa veciñanza, “que ten que ser escoitada”,

din. Amais, avogan por optimizar a xestión económica (garantindo o pago áxil das facturas ou o acceso a subvencións). A agrupación ten esta cabeza de lista: 1. Francisco Calo Abelleira, 2. Andrés Castro Abelleira, 2 Domingo Antonio Troncoso Martelo, 4. Ana Belén del Río González, 5. María Beatriz Molinos Vidal, 6 Carlos Leis Pedrosa, 7. Manuel García Fernández, 8. Rita María Núñez Conde, 9. Carolina Martínez Lago e 10. María del Carmen Leis Buján.

Acandidatura do BNG de Outes aposta por harmonizar dous ingredientes a priori contrapostos: a experiencia e as ideas novas. A aposta do grupo pasa por incrementar a participación veciñal, fomentar o emprego, crear vivenda pública, un plan de mantemento de estradas e espazos públicos, dotación de novos servizos (como o transporte municipal que conecte os lugares coa vila), reforzar servizos públicos como o SAF ou a escola infantil, arranxar a piscina,

dotar a Outes dun plan de saneamento integral das residuais, revitalizar o panorama cultural ou poñer en valor os produtos e o patrimonio locais. A lista está liderada por 1.

Aproposta dos socialistas de Outes, en palabras do seu candidato (José Antonio Caamaño), é “contar cos veciños e veciñas para gobernar xuntos, e sobre todo mirar polo rural”. No programa tamén se inclúen os seguintes puntos: elaborar unha ordenanza da man do propio sector que regule a tala da madeira no noso concello, instar á Xunta a resolver “os problemas de pediatría no concello” e no caso de non logralo “estudar a contratación dun facultativo para as tardes”,

habilitar transporte de balde no rural (facilitando o desprazamento dos nenos e as persoas maiores) e “traballar por e para as persoas”. O grupo está encabezado por 1. José Antonio Caamaño Lestón, 2. María Teresa da Silva Romero, 3. Luis Miguel Mariño Nieto, 4. Emma María Vidal Campos, 5. José Manuel Rodríguez Leis, 6. María Dolores Rodríguez Miranda, 7. Amado Enrique Martínez Pedrosa, 8. Aurora Mayán Romero, 9. José Nieto Aragoneses e 10. María José García Rodríguez.

19 Maio 23 O Barbanza
M 28
Anxo Núñez Fernández, 2. María Soledad Agra Tuñas, 3. Saúl Suárez del Río, 4. Bibiana Lestón Suárez, 5. Elvira Martínez Castro, 6. Modesto Molinos Romero, 7. Francisco Andújar Lois, 8. María Fátima Romay Caamaño, 9. Manuel Mella Banco e 10. María Dolores Pena Pena.
O PP aposta por mellorar a xestión e escoitar á veciñanza
O BNG renovará servizos, infraestruturas e canles de diálogo
Os socialistas queren gobernar para as persoas... e coas persoas

Cinco propostas para Noia

O PP acode co lema "seguimos adiante"

Seguimos adiante é o lema do PP de Noia, liderado novamente polo actual alcalde Santiago Freire e con seis caras novas na lista. No seu programa atópase a construción do novo centro de saúde de San Lázaro e do centro de día na Chaínza, amais da posta a punto integral da depuradora. A lista está encabezada por 1. Santiago Freire Abeijón, 2. Laura Salgado García, 3. Iván Lorenzo Redondo, 4. María Beatriz Rosende Paz, 5. Luis Alamancos Pampón, 6. Santiago Rodríguez Núñez, 7. Ana Isabel García Álvarez, 8. María Teresa Méndez Martínez, 9. David Manuel Neira Sieira e 10. Eva María Varela Insua.

O PSOE quere unha Noia accesíbel e dinamizadora

O BNG promete un concello para

as persoas

OBNG aposta por “deseñar e desenvolver unha Noia para as persoas”. No seu programa fan fincapé en fixar poboación, crear emprego, culminar o saneamento, fortalecer servizos básicos, reivindicar o marisqueo e a pesca, afrontar os retos enerxéticos actuais e xerar máis zonas de lecer. A

AMarea Cidadá de Noia, con Manuel Seijas á fronte, presenta un programa de transformación integral que recupere servizos e que active a economía con máis solo empresarial e máis apoios para as empresas (asesoramento, coworking, turismo os 365 días do ano). Inclúen tamén a creación dunha axencia de desenvolvemento local, un centro día, unha escola infantil e un plan de conciliación. No cumio da lista atopamos a 1.

Con Francisco Pérez á cabeza, o PSOE noiés aposta por un concello accesíbel e dinamizador, que promova e facilite o emprendemento. Porán o foco “nun turismo de calidade e ben planificado”, que é o ámbito, din, que “pode dar un crecemento económico máis inmediato”. Tamén ampliarán o solo industrial e intensificarán as políticas sociais. A lista está encabezada por 1. Francisco Pérez Caamaño, 2. Sandra González Castro, 3. Abel Pan Hermo, 4. Ana Blanco Mayán, 6. Alfredo Blanco Ríos, 6 Noela Cierto Vázquez, 7. Manuel Bernabé Piñeiro Santos, 8. Ana Rosa Rosende Paz, 9. José Ángel Caamaño Martínez e 10. María del Mar Iglesias Graíño.

N.O.I.A vai a por todas

Noieses Independentes Agrupados (N.O.I.A) volve presentarse (por cuarta vez) con Marisol Villar como líder e co lema Imos a por todas. A agrupación destaca o seu carácter independente e entre as liñas básicas do seu programa figuran a creación de emprego e de empresas, o impulso do turismo, o coidado da ría e os bancos marisqueiros e a mellora do saneamento. O grupo está liderado por 1.

20 Maio 23 O Barbanza
M 28 AS CANDIDATURAS Noia
Marisol Villar Ageitos, 2. José Pérez Martínez, 3. Liliana Gómez García, 4. José Luis Botana González, 5. Yohan Sanluis Martínez, 6. Fernando Docampo Dosil, 7. Paula Insua Vázquez, 8. Vanessa Bello Alfonsín, 9. Damián Güeto Hermo e 10. María Dolores Piñeiro Vázquez. Manuel Seijas Caamaño, 2. María Consuelo Martínez Pérez, 3. Paula Enríquez Calo, 4. Jesús Manuel Romarís Cercos, 5. Elena Abeijón González, 6. María Josefa López Pérez, 7. José Luis Romero León, 8. María Dolores Pestonit Maceiras, 9. Ramón Díaz Ageitos e 10. Lorena Pais Abeijón.
A Marea Cidadá avoga por unha transformación integral
lista está liderada por 1. Ricardo Suárez García, 2. María del Carmen Insua Varela, 3. Lois Denís Agrelo Arxóns, 4. Miryan Miguéns Filgueira, 5. Pascual Fernández Martínez (Kalin), 6. Tamara Vidal Calvo, 7. Abram Romo Tauroni, 8. María Cristina Fernández Núñez, 9. Miguel González Álvarez e 10. Andrea Puy Gómez Lasheras.

Cinco alternativas para Dodro

O PP reivindica un Dodro ben comunicado, atendido e igualitario

No programa do PP de Dodro, abandeirado por Marisol Boga, atopamos as seguintes liñas mestras: mantemento integral de vías de comunicación; atención ás necesidades da veciñanza; asegurar o bo estado de infraestruturas e mobiliario, parques e espazos naturais; mellorar e incrementar os servizos para incrementar a calidade de vida da veciñanza; fomentar a igualdade e a educación; achegar unha atención de calidade a persoas dependentes; e tamén impulsar a actividade empresarial para evitar a perda demográfica. A lista nos seus primeiros postos está formada por 1. Marisol Boga Grela, 2. Adriana Soñora Bustelo, 3. Anxo Jamardo Rey, 4. M. Carmen Ares Cristobo, 5. José Luis Pérez Calvo, 6. Andrea Castaño Cristobo, 7. M. Yolanda Silva Ares, 8. José Rodríguez Abuín, 9. Ramona García Romero e 10. Juan José Barreiro Gómez.

UVD

AUnidade Veciñal de Dodro preséntase por terceira vez as eleccións municipais coa experiencia de catro anos na oposición e as catro últimas no goberno, xestionando as areas de Cultura e Patrimonio e a de Educación Deportes e Emprego. Priorizarán “a recuperación das instalacións do Pavillón

Xente de Dodro ponse do lado da veciñanza e das súas necesidades

OPSOE de Dodro quere prolongar o acadado nestes 4 anos de goberno, co actual rexedor Francisco Xabier Castro á fronte. Será “un goberno para todas e todos, sen distincións e sen discriminacións”. O programa pon o foco na senda do crecemento: no crecemento de servizos e benestar “fronte ao abandono e o desleixo no que estaba instalado o anterior goberno”. En definitiva, buscan gañarse a confianza da cidadanía de Dodro para completar as liñas de traballo abertas na anterior lexislatura. A lista está encabezada por 1. Francisco Xabier Castro Tourís, 2. Ramón Abuín Gómez, 3. Teresa Batalla Romero, 4. Alicia Otero Reboiras, 5. Daniel Cardama Calvo, 6. Ana Muñiz Abuín, 7. María del Rocío Rial Romero, 8. Jesús Gil Rouco, 9. Ana Bel Oliveira Rey e 10. Álvaro Mosquera Rial.

Oprograma de Xente de Dodro, proxecto impulsado por Valentín Alfonsín, poderíase resumir nunha vontade de evitar o despoboamento e crear un ambiente propicio para as empresas, presentes e futuras. “Queremos recuperar para nós, para os dodrenses, o goberno que nos merecemos, un goberno próximo á xente e que coide das familias, cunha Casa de Concello de portas abertas”, indican, reafirmando o seu firme compromiso coa cidadanía, máis alá dos intereses dos partidos. A lista está formada por 1.Valentín Alfonsín Somoza, 2.Lucia Yésika Vecino Rodríguez, 3.

Polideportivo ou a Casa do Regadío e o incremento de servizos para a nenez e as persoas maiores”, sen esquecerse “do río Ulla, a mellora do PXOM e a total colaboración co tecido asociativo e veciñal como medio para logralo”. A lista está

Ideas e forza son os ingredientes do BNG. “Queremos converter o concello nun lugar con futuro, un lugar para vivir e traballar”, sinalan, subliñando a súa intención de tirar proveito do rico potencial do concello. Prometen melloras sociais, de ensino, de saúde e de desenvolvemento nas parroquias. Porán o foco nas crianzas, nos maiores e no emprendemento. Tamén na extensión integral da Internet (fibra óptica) e da 5G, para fogares e empresas, e nun mellor transporte público para estudantes, traballadores e persoas maiores. A lista conta con 1.Xoán Bautista Mariño Abuín, 2. Rosa Mar Blanco

21 Maio 23 O Barbanza
M 28 AS CANDIDATURAS Dodro
Castaño, 3. Cecilia Caamaño Vázquez, 4. Guillermo González Baleirón, 5. Rebeca Mariño Silva, 6. Alfonso Touceda Abelleira, 7. Julián Blanco Soñora e 8. Tamara Pequeno Pérez. liderada por 1. Xoán Xosé Vicente Franco, 2. Rebeca Rial Diz, 3. Abel Tarrío Abuín, 4. Amparo Angueira Viturro, 5. José Carlos Rey Gómez, 6. María Isabel Soñora Gómez, 7. Álvaro Calvo Cardama, 8. Ana Mariño Lens, 9. Jorge Abuín Rey e 10. María Ángeles Méndez Cristobo.
O PSOE quere un Concello sen distincións e sen discriminacións
O BNG postúlase para liderar o Dodro do futuro
aposta pola “total colaboración veciñal e asociativa”
Sergio José Boga Gómez, 4. Natalia Romero Ferreirós, 5. José Pablo Carbajal Iglesias, 6. María Salomé Garrido Soto, 7. Rebeca Rodríguez Vigo, 8 Mónica Pérez Bustelo, 9. José Manuel Vigo Villaverde e 10. Benigno Cerqueiras Rodríguez.

M 28

AS CANDIDATURAS Lousame

Tres xeitos de entender Lousame

O

Encabezado pola actual alcaldesa

Teresa Villaverde Pais, o grupo do Partido Popular en Lousame aposta por repetir fórmula e amplificala: trátase, din, de traballar outros catro anos para procurar o benestar da xente. Respecto da lexislatura que conclúe, Villaverde indica que foron “catro anos nos que estivemos centrados nas persoas, na atención aos nosos maiores e ás familias, duplicando as horas de Servizo de Axuda no Fogar e á Dependencia, e

fomentando a conciliación da vida familiar e laboral”. Tamén lembra o traballo en infraestruturas, “mellorando as principais estradas que conectan as nosas parroquias e acondicionando os interiores das aldeas, pero tamén en materia de medio ambiente e aforro enerxético”. Para a vindeira lexislatura porán o foco, entre outros retos, no seguinte obxectivo: facilitar, co apoio da Xunta, que Lousame poida contar con solo industrial. A lista está formada por 1. Teresa Villaverde

Pais, 2. Esteban Ares García, 3. Silvia Agrafojo Filgueira, 4 Ramón Manuel Martínez Rial, 5. Mariel Agrafojo Nieto, 6. José Antonio Ces Barreiro, 7. Tomás Pedrosa Brenlla, 8. Yesica Fernández Miguéns, 9. Ramón Figueroa Pérez e 10. Katia Collazo Queiruga.

Transformar Lousame para facer máis rendíbeis os seus recursos, crear empresas e emprego e fixar poboación. Estas son algunhas das metas do grupo socialista en Lousame. O PSOE promete mellorar servizos (descentralizándoos, para non concentrar a poboación en Portobravo), as redes de comunicación (físicas e dixitais) e o transporte, e tamén, escoitar de preto a veciñanza e atender as súas necesidades e problemas, cubrindo cada parroquia e cada núcleo. No seu programa tamén figura converter Lousame nun concello turístico e nun referente na atención social e

aos maiores, e tamén en conciliación das familias con menores ou maiores ao seu cargo. Amais, farán fincapé en mellorar o transporte público, en rehabilitar os núcleos rurais e as vivendas e en potenciar a escolas deportivas, de música e as asociacións veciñais. A lista está formada por 1. Ana María Domínguez Laíño, 2. Juan José Prego Ces, 3. Iria Insua González, 4. Cristian González Rodríguez, 5. Ana Vanesa Martínez Figueroa, 6. Begoña Maroñas Maroñas, 7 José Manuel Siso Calvo, 8. Mercedes del Socorro Cambeiro Cambeiro, 9. Ángel Pouso Soñora e 10. Elena María Abeijón Villaverde.

Anxo Moledo concorre cun equipo de traballo que cualifica de “renovado e transformador” e cuxo programa fai fincapé en iniciativas que garantan a calidade de vida da veciñanza e que aposten polo potencial económico e cultural de Lousame. Queren que a veciñanza teña “un papel activo na xestión” e que as súas demandas sexan escoitadas mediante un consello. Impul-

sarán o polígono de Fontefría, a creación de emprego e o solo industrial accesíbel economicamente. Tamén apoiarán o mantemento e a mellora da planta de Servia e crearán un plan de arranxo real de pistas, instalacións e telecomunicacións dignas. Apostarán tamén por un mellor transporte público, solicitando a inclusión de Lousame na Area Metropolitana de Santiago. Respecto das persoas maiores, prometen

incrementar a atención, aumentar as prazas no centro de día e facer medrar o SAF. A lista está encabezada por 1. Anxo Moledo Carreño, 2. Iria Hernández Pérez, 3. José Manuel Ponte Barreiro, 4. Raquel Piso Carnota, 5. Sergio Abeijón González, 6. Isabel Simil Romero, 7. Alexandre Blanco Roo, 8. Teresa Pérez Lousame, 9. Secundino García Forján e 10. Laura Pérez Sabugueiro.

22 Maio 23 O Barbanza
PP quere seguir traballando, ante todo, polo benestar da xente
O BNG promete máis calidade de vida, máis participación e máis emprego
O PSOE aposta polo cambio e por evitar o despoboamento

De cultura e comercio Éxito de participación e implicación da Campaña

do Día da Nai da ABE

O11 de maio o local da Asociación de Empresarios de Ribeira acolleu a entrega de premios da Campaña do Día da Nai. Contouse coa presenza do presidente da patronal, Francisco Martínez

Gude, e do concelleiro de Promoción Económica, Ramón Doval. No acto entregouse o galardón de 1.000 euros en compras a Mariola Mandrágora (co asesoramento dunha personal shopper). As persoas agraciadas

XXI Festa do Galego en Lousame

OConcello de Lousame organiza este domingo 14 de maio dúas actividades encadradas na programación da XXI Festa do Galego e que terán lugar na Praza Teodomiro Hidalgo de Portobravo. A partir das 12:00 horas, poderase desfrutar dun Concerto das Letras Galegas ofrecido pola Banda de Música de Lousame.

A segunda actividade terá de protagonista a Diego Antonio Zernadas de Castro, o “cura

de Fruíme” para quen o Concello de Lousame vén anos reclamando que se lle dedique un Día das Letras Galegas. Por iso, a partir do mediodía ofrecerase unha exposición itinerante sobre a súa vida e obra. A mostra leva por título Diego Antonio Zernadas de Castro. O primeiro precursor do galeguismo e poderase ver o domingo na praza do Concello de Lousame. Despois trasladarase á sala de exposicións da Casa de Cultura.

cunha cesta de compra de 50 euros foron Carolina (Regalos O Capricho), Ángeles (Oasis Cafetería), Fernanda Cores (Gena’s) e Mariana (Ribalá).

A campaña activouse o 25 de abril. Incluíu un sorteo dirixido a

tódolos clientes que mercasen ou consumisen durante eses días (até o 7 de maio) nos establecementos asociados participantes. O obxectivo fundamental foi incrementar as vendas e incentivar o consumo no pequeno comercio retallista e hostalería de Ribeira, segundo explicou a patronal. O premio grande desta campaña foi un vale de compra por importe de 1.000€ e o asesoramento dunha personal shopper. Os outros premios da campaña foron 20 entradas para unha sesión de masterclass de estilismo e cestas da compra valoradas en 50€ cada unha.

Aalcaldesa da A Campaña do Día da Nai da patronal boirense (a ABE) saldouse con máis de 2.000 puntos agasallados aos clientes para seren trocados por vales de compra ou regalos. A campaña, que foi “todo un éxito de participación e implicación” en palabras da ABE, incluíu o sorteo de dous bonos ABE de 40 euros e co rexistro de 608 tíckets en pouco máis dunha semana.

Na mañá do luns 8 de maio realizouse o sorteo dos premios da campaña. As persoas premiadas con cadanseus bonos ABE de 50€ foron Valeria Ruiz Outeiral por unha compra realiza en Carnicería o Jalo e

para Sara Lojo Sánchez por unha compra realizada en Mi Frutería. Ambas poderán usar os seus bonos ABE en calquera dos 196 negocios asociados e sen caducidade.

Ademais todos os clientes que realizaron as súas compras entre o 28 de abril e o 7 de maio e rexistraron os seus tíckets e/ ou facturas en www. abe.gal acumularon o dobre de puntos para cambiar polos premios do catálogo que inclúen tamén bonos ABE para mercar nos negocios asociados.

Como dixemos, foron en total 608 rexistros, case 100 mais que os recibidos na campaña do Día do Pai, e regaláronse mais de 2.000 puntos extra.

Presentación en Dodro de Neve, de Brenda Mondelo (Letras Galegas)

OConcello de Dodro celebrará o Día das Letras Galegas coa presentación do libro Neve, da escritora Brenda Mondelo, gañadora do XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. O acto terá lugar ás 17.30 horas no Pazo de Lestrobe. Acompañarán á autora representantes da editorial Chan de Pólvora, encargada do deseño e impresión da obra, a poeta Elvira Ribeiro Tobío, coordinadora do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Xoán Xosé Vicente Franco e o alcalde do Concello de

Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís. O público asistente recibirá como agasallo un exemplar do libro premiado. No marco deste acto tamén haberá espazo para unha homenaxe ao intelectual Francisco Fernández del Riego, neste caso, coa actividade Música e palabras do escritor Xurxo Martínez, da

soprano Anna Mélikhova e da pianista Paula Gago.

O Concello de Dodro aproveitará esta celebración para amosar o seu compromiso coa lingua e cultura galega e lembrar que o municipio é un lugar destacado na cartografía das nosas letras grazas a grandes poetas como Eusebio Lorenzo Baleirón.

A semana das Letras Galegas rematará o venres 19 de maio, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura coa actuación de Inventi Teatro e a presentación da súa obra As palabras perdidas; unha proposta teatral para público familiar subvencionada pola Rede Cultural 2023, da Deputación Provincial da Coruña.

24 Maio 23 O Barbanza
Os empresarios de Ribeira entregan os premios da Campaña do Día da Nai
ACTUALIDADE  Novas

Os peixes e mariscos galegos "peregrinan" por toda España

A campaña Galicia sabe amar iniciou en febreiro un percorrido que a levará a 260 municipios españois ligados ao Camiño de Santiago

A intención da Consellería é dar novos pasos na divulgación da calidade dos produtos do mar galegos por todo o territorio español, tanto a veciños como a visitantes.

Outra das novidades que inclúe este ano a campaña Galicia sabe amar é a celebración de cinco foros de debate nas catro provincias galegas. Neles, distintos chefs e expertos na materia analizarán múltiples cuestións relacionadas co consumo dos produtos pesqueiros e coa cociña do mar como fío condutor. Entre eles, abordarán a sustentabilidade da actividade, a formación e investigación, o territorio, a saúde e o benestar ou a presenza nas redes sociais.

Estes encontros contarán coa participación de perfís moi diferentes, desde profesionais do mar ata cociñeiros, investigadores, operadores turísticos, docentes e alumnos, profesionais da saúde, xornalistas gastronómicos, blogueiros e representantes doutros entes do sector marítimo-pesqueiro.

Tendo en conta o amplo abano de beneficios (saudables, nutricionais, económicos, sociais, ecolóxicos, sustentables) que xera consumir produtos do mar, Galicia mergullouse na súa promoción coa campaña Galicia sabe amar. O obxectivo é impulsar tanto o seu consumo como os seus prezos e este ano deu un paso máis levando a calidade e versatilidade dos seus peixes e mariscos por toda España mediante catro rutas itinerantes de degustacións.

A campaña Galicia sabe amar (posta en marcha pola Xunta en 2021) está a percorrer desde febreiro distintos municipios españois vinculados co Camiño de Santiago para mostrar a veciños e visitantes as bondades dos manxares das rías galegas. Esta peregrinación promovida pola Consellería do Mar materialízase en catro foodtrucks rotuladas coa imaxe da campaña que están a realizar catro traxectos diferentes pola xeografía española ofrecendo degustacións de produtos do mar da comunidade. En total está previsto que as catro furgonetas cheguen a uns 260 municipios que suman unha poboación próxima aos 13 millóns de persoas.

O itinerario deseñado polo Executivo galego prevé a permanencia das foodtrucks entre un e tres días en cada localidade (tanto en horario de mañá como de tarde) ata sumar preto de 1.000 degustacións e a repartición duns 250.000 petiscos.

A campaña ofrece un total de 10 tapiñas diferentes elaboradas a base de produtos certificados do mar (como os amparados polos selos pescadeRías, Berberecho de Noia, Bonito do Norte ou Mexillón de Galicia) e outros produtos da terra con Indicación Xeográfica Protexida (IXP) ou Denominación de Orixe Protexida (DOP) como fabas, mel, pementos, queixos, pan ou patacas.

Estas catro foodtrucks iniciaron o seu percorrido o pasado 15 de febreiro na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela e, logo de pasar por numerosas localidades do país, poñerán fin ao seu percorrido en Irún, Pamplona, Sevilla e Valencia, respectivamente.

Toda a información sobre os roteiros de Galicia sabe amar pode consultarse na súa páxina web (https://galiciasabeamar.xunta.gal), onde se actualizan os datos sobre os distintos percorridos, horarios e posibles cambios de última hora.

Estas accións da campaña Galicia saber amar engádense á participación da Xunta todos os anos en distintas feiras e eventos nacionais e internacionais para poñer en valor o traballo da cadea mar-industria galega. O calendario de actividades da Consellería do Mar para este ano inclúe a presenza no primeiro semestre en distintos encontros, algúns xa celebrados. Entre eles están as feiras Gulfood Dubai, Foodex Japan ou Seafood Expo North America e as nacionais Aquafuture Spain de Silleda, o Salón Gourmets de Madrid ou a Seafood Expo Global de Barcelona.

A mediados de ano están previstas as feiras Tutto Food Milán, Expomar Burela, Salimat Abanca en Silleda ou o Summer Fancy Food Show de Nova York. Mentres, no último terzo do exercicio a Consellería do Mar estará presente, acompañando ás empresas galegas, na Seafood Expo Asia, en Expomar Cabo Verde, en Conxemar Vigo, en Anuga Colonia, en San Sebastián Gastronómika, en Xantar Ourense e en Gastrónoma Valencia.

A estratexia deseñada por Galicia para promover estes produtos e elevar tanto o seu consumo como os seus prezos xa deu resultados. De feito, as cotizacións nas lonxas galegas encadearon varios máximos históricos nos últimos anos. En 2022 o prezo medio alcanzou os 3,26 euros o quilo, unha cifra un 30% superior á media da serie histórica, que se remonta ao ano 2002.

25 Maio 23 O Barbanza
GALICIA SABE AMAR 
 A campaña ofrece un total de 10 tapiñas diferentes elaboradas a base de produtos certificados do mar (como os amparados polos selos pescadeRías, Berberecho de Noia, Bonito do Norte ou Mexillón de Galicia).

Galego oral, en papel... e dixital

Política Lingüística reforza o Portal da Lingua de cara a festa do 17 de maio

Oprograma autonómico das Letras Galegas 2023 chega á súa 60 edición homenaxeando a figura do tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego. O programa inclúe máis dun centenar de accións arredor do homenaxeado. Todo o relacionado coa axenda estará dispoñíbel no Portal da Lingua Galega (o portal lingua.gal da Secretaría Xeral de Política Lingüística) e na web de Cultura de Galicia (www.cultura.gal).

O programa, que inclúe máis dun centenar de propostas de ámbito literario, deportivo, musical, escénico, académico e escolar, está impulsado pola Xunta, a Real Academia Galega (RAG), o Consello da Cultura Galega e a CRTVG en colaboración co Concello de Lourenzá e coa Mesa Coordinadora D. Paco, así como coa de numerosas editoriais galegas (Xerais, Bolanda, Ir indo e Galaxia),

e entidades e empresas de diversos sectores como Renfe Viajeros, Gadis, Vegalsa-Eroski, Feiraco e Xurdir, entre outras.

As accións desenvolveranse ao longo de todo o ano, con especial atención Día das Letras Galegas, o 17 de maio. A axenda ten proxectos expositivos como a mostra itinerante Cos ollos do espírito, promovida pola Xun-

Promovendo o galego en TikTok

AXunta e Gadis veñen de ratificar un acordo para promover a lingua galega entre a mocidade nas plataformas dixitais por medio dun convenio que se desenvolverá a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e que foi asinado na mañá deste martes 9 de maio polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román

Rodríguez, e a directora de Marketing e Responsabilidade Social Corporativa de GADISA Retail, Melisa Pagliaro. Tamén participou o secretario xeral Valentín Garcia.

O obxectivo deste convenio é potenciar e recoñecer o talento dos mozos e mozas que utilizan a lingua galega para crear contidos innovadores nas redes sociais,

ta e a Editorial Galaxia e a Fundación Penzol, o Concurso-exposición Letras Galegas 2023, que tamén poderán verse a través do Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal), ou as mostras que acollerán os centros da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Amais, impulsaranse accións que buscan a implicación da sociedade como lecturas públicas, o concurso de

mensaxes de amor Lingua de Namorar ou a tradicional Carreira Camiño das Letras.

Ademais, os centros da Xunta albergarán actividades como a obra de teatro A viaxe feliz de Ramón Sanfiz, da compañía Fantoches Baj; contacontos como Un día para as Letras: Pequena biografía ilustrada de Francisco Fernández del Riego, a cargo de Polo Correo do Vento; actuacións musicais, como a 41º edición do festival Festiletras, en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal; obradoiros na Cidade da Cultura e nas bibliotecas públicas ou especiais na CRTVG que, entre outras accións, emitirá os programas de radio Galicia por diante e Diario cultural desde a vila de Lourenzá o vindeiro 17 de maio.

No eido das publicacións, cabe destacar a colaboración da Xunta con editoriais como Galaxia ou Xerais, entre outras, na reedición de títulos do autor de Lourenzá ou na publicación de volumes que analizan a súa vida e obra, así como na súa adaptación para os máis pequenos dentro da colección Letras Galegas dos Bolechas.

así como amosar o valor da colaboración público-privada no eido cultural e creativo. Para iso, ambas institucións lanzarán un concurso de vídeos de TikTok que se desenvolverá este verán, entre os meses de xuño e setembro, e no que se premiarán as mellores pezas compartidas en diferentes disciplinas: arte, música, audiovisual e poesía.

A

Fundación

Castelao terá sede propia na Cidade da Cultura

AConsellería de Cultura e Educación e a Fundación Castelao veñen de ratificar un acordo polo que se cede a esta institución un espazo na Cidade da Cultura para a instalación dunha sede e, tamén, para a realización de actividades culturais e de divulgación ao redor da figura do creador e escritor

de Rianxo. O convenio foi asinado en abril no Gaiás polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez González, e o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane. Na cita tamén participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

27 Maio 23 O Barbanza CULTURA 

 AXENDA DAS LETRAS

Letras Galegas 2023, a festa máis agardada

Achégase o Día

das Letras

Galegas, este 17 de maio, e a nosa comarca prepárase para unha das grandes celebracións culturais do ano, unha xornada festiva de múltiples ramifica-

cións e variantes pero cun denominador común: conmemorar a cultural galega e, nomedamente, as contribucións de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado nas Letras Galegas deste ano, tal e como finalmente acordou

Carreira das Letras

ACarreira Camiño das Letras celebra este ano a súa novena edición co obxectivo reforzado de reivindicar a nosa cultura (e o Camiño de Santiago) a través do deporte e o lecer. Este ano a proba estará apadriñada polo popular

presentador da CRTVG

Roberto Vilar. A iniciativa deportivo-cultural, que se celebra o 17 de maio, vén de man de Xurdir e conta coa colaboración dunha manchea de entidades, entre as que se atopa a Consellería de Cultura, Educación, FP e

En Ribeira, mostra sobre Fernández del Riego e Concerto das Letras

a Real Academia Galega (RAG). Respecto do Barbanza, haberá actividades en todos concellos e nestas páxinas, ante a imposibilidade física de recollelas todas, presentamos unha axenda resumida que nos pode servir de axuda.

Universidades (a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Cultura, ou a Fundación Cidade da Cultura). As inscricións poderán realizarse ata o domingo 14 de maio ás 23,59 horas na web www. carreirasgalegas.com.

Dentro das actividades do Maio Cultural de Ribeira e das celebracións do vindeiro 17 de maio, a Biblioteca Municipal de Ribeira está a albergar unha exposición bibliográfica dedicada a Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Está formada por unha trintena de obras de ou en torno a este autor e intelectual, que foi presidente da Real Academia Galega entre 1997 e 2001. A mostra estará aberta ata o 31 de maio.

llo, coa xornada das letras galegas que impulsa a Asociación Francisco Lorenzo en Aguiño dende fai xa 17 anos con actividades para a cativada como inchábeis, xornada de debuxo con agasallos, espectáculo infantil familiar, e o broche de ouro para esa xornada será ás nove da noite de novo na praza do Concello coa presentación de Moi Noso, o novo disco de Xandre Millet.

Boiro acolle o festival de cine audiovisual Olloboi (olloboi.com), impulsado polo profesorado local co apoio do Concello, que

se celebrará entre o 22 e o 26 de maio e no que está previsto que participen uns 150 escolares Presentará unha programación moi completa con

presentacións de libros, proxeccións e encontros coa xuventude. O venres 26 será o propio día do festival, cun formato moi semellante ao do ano pasado, coa muchachada e a visualización das curtas. A organización contará cuns 25 cómplices este ano, profesionais do cinema que están a desenvolver proxectos e colaboran no desenvolvemento do festival. Entre os cómplices hai xente do equipo de As Neves, como Lucía Catoira e Silvia Fuentes; xente de Honey Moon, como Lorena Vilas e Quique Otero; xente do Quipo de Cuñados; Lucía Estévez; Leticia T. Blanco…

A axenda de Ribeira tamén incluíu o Concerto das Letras Galegas, o sábado 6 de maio ás 20 horas no auditorio, e que estivo protagonizado polas corais Voces Amiga de Moraña, San Xoán de Serres de Muros e a Coral Municipal de Ribeira. Ao seguinte sábado, o 13, celebrarase o concerto do Orfeón Terra A Nosa; o venres 19 un concerto de presentación do novo disco do grupo Boroa; o 20 de maio o Concerto da Laudars Orquestra de Barcelona e tamén as actuacións da Noite Nova coa Orquestra Platinum e DJ Mateo Abelleira; e o 27 o concerto de Aranjuez da Orquestra Sons.

En canto ao propio día 17 de maio, conmemorarase cun espectáculo musical titulado Picadiscos de María Faltri a mediodía na praza do Conce-

O venres 26 ás once no Auditorio Municipal entregaranse os premios da XXXI edición do Concurso Escolar das Letras Galegas do Concello de Ribeira; tres décadas celebrando este certame que naceu en 1992 e que promove entre os cativos a lingua e literatura galegas en diversas modalidades; un concurso que xa está en marcha e que está dirixido a escolares do municipio con idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos. Para complementar e animar este acto de entrega aos premiados contaremos co espectáculo titulado O Espantallo Amigo dos Quinquilláns, que adapta o coñecido libro de Xosé Neira Vilas, un dos grandes da literatura galega.

Así mesmo, a finais do mes de maio desenvolverase tamén a vixésimo terceira edición da Mostra de Teatro Infantil de Ribeira Daniel Gómez Ramil cuxos detalles serán presentados máis adiante.

28 Maio 23 O Barbanza
Olloboi celebrarase en Boiro
entre o 22 e o 26 de maio
A axenda do Barbanza inclúe múltiples actividades arredor da nosa cultura e da figura de Francisco Fernández del Riego

AXENDA DAS LETRAS

Máis Letras Galegas

Na Pobra

horas en diante, a acción Xogando a reciclar, da man de Fanny Medio Ambiente.

Oprograma da Pobra arrincou o día 11 con dúas propostas: a exposición Que grandes as nosas cadrechiñas e cadrechiños! Homenaxe ós/as ilustradores/as de contos infantís, realizada na Casa da Cultura por alumnado do CEP Pilar Maestú Sierra e a presentación do libro Entre nós, de Emilio Castro e Carmen Fernández. Proseguiu o 12 coa entrega do V

No Son

No concello de Porto do Son a Área de Cultura municipal vai celebrar o Dia das Letras Galegas na xornada mesma do 17 de maio con dúas

En Noia

Noia vai festexar ao grande a festividade do 17 de maio, as Letras Galegas. Farao durante a terceira semana do mes, cunha nova edición da Semana das Artes e das Letras que dá comezo o luns

Premio de Literatura

Infantil Carlos Mosteiro e a presentación da obra gañadora: Teño un volcán dentro, de María Canosa. No día 16 será a quenda do concurso Na procura das Letras Galegas, a cargo de Barafunda Animación e destinada ós colexios da Primaria, a partir das 10.00 horas, polas prazas e rúas. E a Biblioteca Municipal acollerá nesa mesma xornada, das 18.00

O 17 será a quenda da feira Ronsel de verbena. Dende as 11.00 deica as 14.00 horas, as prazas da Pobra acollerán percorridos guiados, música, bailes, cantos e desfile de traxes tradicionais. Todo isto grazas á implicación de Caramiñas, Eiradela, Arrancadeira, Xiada, Ruadiña e Museo Valle-Inclán. Arrancadeira impartirá uns obradoiros de maios no día 19, a vertente teórica de 18.30 a 19.30 horas na aula de estudo da Biblioteca, e a práctica no Cantón da Leña, de 19.30 a 21.30 horas.

O 20 celebrarase o festival Bailando ás flores, de Arrancadeira, nas rúas da Pobra a partir das 19.30.

actuacións musicais en dous enclaves diferentes do termo municipal. Trátase, por unha banda, dunha sesión vermú da Asociación Folclórica Chorimas (agrupación sonense

de música e baile tradicional galegos) en Porto do Son, e, pola outra, dunha nova sesión vermú de Os Jaitas Blue (agrupación folclórica de Outes) en Portosín.

15, no andar baixo do Casino de Noia estendéndose até o 10, impulsada pola Área de Cultura do Concello. O programa inclúe un obradoiro de cianotipia (procedemento fotográfico), o día 15 ás 19h; o taller de banda deseña-

da Debuxemos o noso mundo, o martes 16 ás 20h; o obradoiro Isto vai de contos, o día 17, mércores ás 20:30h; un taller de teatro o xoves 18 ás 20:30 h; e o obradoiro Tiktokeando, o venres 19 ás 20.30 horas.

En Rianxo a celebración das Letras colleu impulso o 13 de maio, co festival Vai de Bares da Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda, coa colaboración do Concello.

Vai de Roda volve á palestra o sábado 20, no Auditorio, co festival infantil TR3S PRA 3 de música e baile tradicional galegos, organizado (tamén) en colaboración co Concello. Será ás 6 da tarde. Contarase coa participación de Cantigas e Agarimos de Santiago e O Fiadeiro de Vigo, que compartirán escenario cos artistas locais.

En Rianxo Romería das Letras en Boiro (no Pazo de Goiáns)

O17 chega a doceava edición da Romaría das Letras no Barbanza, no Pazo de Goiáns en Boiro. O evento, organizado por Barbantia, o Concello e a Deputación, comezará ás 11h coa apertura de portas, a feira e a exposición, para coller impulso ás 12h coas actuacións de Xilbarbeira e o Grupo de Baile de Abanqueiro.

Ás 13.30 horas haberá unha sesión vermú nos xardíns con Habelas Hainas e ás 14.30 celebrarase un xantar popular cos Pequenos do Barbanza. Ás 16h, haberá presentacións literarias con Os Quinquilláns:

O día 19 o pianista rianxeiro Iago Hermo ofrecerá un concerto de piano e música electrónica, baixo o nome de Brutaal. O concerto será ás 21.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio. Un dos puntos álxidos da celebración rianxeira das Letras será o dia 17 de maio, no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro, que organizará unha serie de actos para conmemorar a nosa cultura. Haberá rutas pola zona, un xantar popular, xogos populares e unha pequena homenaxe a Francisco Fernández del Riego; para todas estas propostas conta coa colaboración do Concello.

Cantigas quero eu lembrar de Xulio Gutiérrez (con actuación musical de Os Menestreis) e Francisco Fernández del Riego. Galeguista de acción e cultura, de Xosé L. Franco Grande e Anxo X. Rajó Pazo. Pola tarde, ás 17h, haberá café-concerto con Caamaño e Ameixeiras, e ás 17.30 unha

zona infantil con Rudy Dudy Clown. Ás 18h volve o baile galego con Aroña e Abelousa, e ás 18.30 está previsto un espectáculo teatralizado do Grupo Airiños, de Asados (Rianxo), que celebra o seu 90 aniversario. A romaría remata ás 20h cun concerto de peche a cargo de A Banda de Loba.

29 Maio 23 O Barbanza
Iago Hermo Habelas Hairas

Vida e obra do autor homenaxeado

Fernández del Riego (Lourenzá, Lugo, 1917) foi un escritor, intelectual e político galego que desenvolveu desde a década de 1930 un traballo constante e recoñecido a favor da cultura galega, o que fixo del unha das personalidades máis destacadas da nosa terra.

Ingresou como membro de número da RAG no ano 1960. Tres anos despois, a institución dedicáballe a Rosalía de Castro, no centenario de Cantares Gallegos, o primeiro Día das Letras Galegas, unha proposta que, co apoio das firmas dos académicos Ferro Couselo e Gómez Román, presentase ao pleno aquel novo académico “cheo de desexos renovadores” que contaba xa cunha “sólida historia de compromiso coa lingua e a cultura galegas e a modernidade”.

A Academia sinalou nun comunicado que Fernández del Riego demostrou o seu compromiso desde os seus anos de estudante en Santiago de Compostela durante a II República. Con 20 anos os seus compañeiros elixírono para pronunciar o discurso de representación do alumnado na inauguración oficial do curso 19331934, o que demandaba unha universidade foco de modernización e galeguización da sociedade.

Máis aló das aulas, foi membro do Partido Galeguista, secretario xeral da Federación de Mocidades Galeguista e, posteriormente, parte do Seminario de Estudos Galegos.

Na súa etapa en Compostela comezou tamén a escribir nos xornais como articulista, redactou manifestos, pronunciou discursos e conferencias, participou na constitución de Galeuzca e integrouse desde o primeiro momento na comisión encargada de redactar o proxecto do Estatuto de Galicia.

Posteriormente, como moitos outros compañeiros, Fernández del Riego foi represaliado polos golpistas e destituído como profesor de Dereito Civil

EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L.

Rúa das Hedras nº 4, 1º G

15895 Ames (Milladoiro)

Tel.: 981 530 268 - 608 240 160

da USC, polo que tivo que abandonar Santiago de Compostela e instalarse en Vigo, “onde era menos coñecido e sobreviviu dando clases particulares”.

DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal

WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com

REDACCIÓN:

Fernando Sarasketa

Sonia Pena

Despois da posguerra volveu de novo a escribir co pseudónimo de Salvador Lorenzana no xornal composte-

redaccion@obarbanza.gal

MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán

FOTOGRAFÍA:

Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa

Antonio Parada

Abelardo Soler - Abso

lán La Noche. Xunto a Ramón Otero Pedrayo, conseguiu que os temas sobre Galicia e a súa cultura alcanzasen cada vez “unha maior presenza e proxección”, atraendo cara a eles plumas ata o momento caladas como as de Florentino López Cuevillas, Valentín Paz Andrade, Vicente Risco, Ricardo Carvalho Calero, Álvaro Cunqueiro e os irmán Álvarez Blázquez.

En América foi onde publicou o seu primeiro libro, Cos ollos do noso esprito (Buenos Aires, 1949).

Na década dos 50, Fernández del Riego participou “moi activamente nos diferentes proxectos que buscaban a recuperación do proceso cultural de Galicia”, en concreto, na creación da Editorial Galaxia. Ademais, foi tamén co-fundador de revístaa Graal (1951) e da Fundación Penzol (1964), da que acabou sendo director ata o seu falecemento.

No ámbito do ensaio, asinou, entre outros títulos, Galicia non espello (Buenos Aires, 1954), Historia da literatura Galega (Vigo, 1951), Escolma de poesía galega. Os contemporáneos (Vigo, 1955), Escolma de poesía galega. O século XIX (Vigo, 1957), Letras do noso tempo (Vigo, 1974), Dicionario de escritores galegos (Sada, 1990) ou Sinais dunha cultura (Pontevedra, 2003). Fernández del Riego tamén cultivou a literatura de viaxes, con volumes como As peregrinacións xacobeas (A Coruña, 1983), A pegada das viaxes (Vigo, 2000), Portugal norteño (Vigo, 2000), a serie Vigo, Pontevedra, Ourense e A Coruña, sentimental (Vigo, 2001-2003) e Lourenzá (2004). Ademais, escribiu monografías sobre diversos autores da cultura galega, como A xeración Galaxia (Vigo, 1996), O señor da Casa Grande de Cima de Vila (Ourense, 1988), Antolín Faraldo, o gran soñador (Vigo, 1998), Con Pondal en Bergantiños (Sada, 2001) ou O Padre Sarmiento e Galicia (Vigo, 2002), e a novela O cego de Pumardedón (Vigo, 1992).

PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal

CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal

A NOSA WEB www.obarbanza.gal

IMPRIME: TAMEIGA, S.L.

Número 47 (Maio 2023) Publicación periódica.

Depósito Legal: C 668-2019

I.S.S.N.: 2659-8256

30 Maio 23 O Barbanza  AXENDA DAS LETRAS
O
Barbanza
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.