Código Cero 118

Page 21

tencias en Comercio Electrónico), do software libre (Mancomún) ou da innovación empresarial (Vindeira). No acto estiveron presentes moitos dos artífices e responsábeis da creación e posta en marcha do CESGA, amais de representantes de institucións e entidades relacionadas coa súa actividade como por exemplo Fernando Suárez (presidente do CPEIG), Mar Pereira (directora de AMTEGA) ou Juan Casares Long (reitor da Universidade de Santiago). Tamén se contou coa presenza do director do espazo de radio EfervesCiencia e xornalista da Radio Galega, Manuel Vicente, que ofreceu un percorrido complementario polos fitos da creación do CESGA, contando para isto coa axuda das persoas que o fixeron posíbel. Para rematar, o director de Desenvolvemento de Negocio de Fujitsu España, Adriano Galano, explicou a achega de Fujitsu á sociedade mediante a incorporación de tecnoloxías innovadoras.

Listaxe de persoeiros que interviñeron

 Usuarios: Vicente Pérez Muñuzuri (Meteogalicia), Saulo Vázquez (Químico, USC), Daniel Baldomir (Físico, USC), Francisco Fernández Rivera (Computación, USC)  Técnicos: Luís Aceituno (ArcadeInforhouse), Manuel Millares (Fujitsu), Ignacio López Cabido (CESGA), Juan Buján (Retegal), José Manuel Posse (UDC).  Outros: Alfredo Bermúdez de Castro (Matemáticas, USC), Miguel Angel Ríos (Químico USC e ex responsable I+D+I Xunta), José Manuel Gallardo (IIM-CSIC), Manuel Balseiro (Ex-FEUGA), Juan Casares Long (Enxeñería Química, USC) e Kunio Suzuki (FUJITSU).

Número 118

Presentación dun acelerador da innovación para PEME galegas e

portuguesas O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) acolleu recentemente a presentación dun novo proxecto galego-portugués para impulsar a innovación dos diferentes sectores ligados ao metal a través dos recursos de computación do CESGA. No proxecto, amais do CESGA, participan a Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (AIMEN), a Associaçao de Industriais Metalúrxicos e Metalomecánicos de Portugal (AIMMAP) e máis o Centro de Apoio Tecnolóxico á Industria Metalomecánica. Máis polo miúdo, a iniciativa conxunta consiste nun acelerador da innovación para pequenas e medianas empresas manufactureiras de ámbalas beiras da raia e na posta en marcha de servizos e infraestruturas avanzados para acelerar a innovación en procesos de deseño industrial. A idea é permitir que as PEME teñen ao seu alcance, de xeito accesíbel e inmediato,

os maiores recursos de modelización, simulación e computación. A través deste acordo, as firmas galego-portuguesas dos ditos sectores poderán tirar partido do software de simulación de código libre e capacidade adicional de computación que subministra o CESGA. Isto será posíbel a través do Proxecto CloudPEME, unha iniciativa posta en marcha hai dous anos e que xa beneficiou, ao longo dese tempo, a trece empresas galegas e do Norte Portugal permitíndolles o acceso directo a ferramentas que impulsan a innovación nos seus procesos e produtos. En concreto, foron as firmas Esypro, Industrias Abalde, Industrias Ferri, Ronautica, Texas Controls (todas elas galegas) e (de Portugal) Prova, Incomef, Marques & Cruz, Weproductise, Carpintaria Domingos Fernandes Ralha e Herdeiros, Tufama, Vale & Quintão e Amob. Como dixemos o proxecto CloudPEME consiste en achegar as vantaxes da supercomputación e da simulación ao sector produtivo industrial galego-portugués, concretamente ao metalmecánico e ao metalúrxico, que son os que se integran na Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (AIMEN) e a Associaçao de Industriais Metalúrxicos e Metalomecánicos de Portugal, AIMMAP. As devanditas plataformas, xunto co Centro de Apoio Tecnolóxico á Industria Metalomecánica, CATIM, e grazas á tecnoloxía do Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, teñen pois, ao seu alcance, tecnoloxías libres e avanzadas de deseño, enxeñaría e simulación por computador.  Código Cero | 21


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.