Codigo Cero 117

Page 10

| Intermax | ACHEGA A CONECTIVIDADE AO PAZO DE FEIRAS E CONGRESOS DE LUGO |

Intermax:

conectividade de primeira O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo ábrese ao mundo a través dunha xanela de 10 Xbps

O

Pazo de Feiras e Congresos de Lugo está a celebrar estes días os seus 3 quinquenios de actividade e, en palabras do seu director, Rubén López Fernández, “este 15º aniversario non podía ter mellor agasallo que entrar neste Pazo Dixital Europeo”, en referencia a que as instalacións luguesas estrearon en abril unha conexión de acceso á rede Internet de 10 Xbps, o que incrementará as posibilidades do recinto tal e como explicaron nun evento que se desenvolveu o venres día 12, e no que participaron Javier Mouriño, director xeral de Intermax Techonology, compañía melidense encargada de achegar esta conectividade; Marcos Martínez Carreira, representante de Copcisa, compañía encargada da adecuación das instalacións do Pazo; e Pablo Rivera, responsable de Novas Tecnoloxías da Deputación de Lugo. O director do Pazo asegurou que “os servizos novidosos van estar baseados en dúas liñas: as videoconferencias a nivel empresarial, que antes intentabámolas ofertar, pero non tiñamos a potencia tecnolóxica para que as empresas tivesen unha resposta correcta; e o servizo a feiras e congresos. Hoxe en día, no ámbito congresual, se non tes unha capacidade de baixada e subida importante a nivel Internet non podes dar ese respaldo” e como exemplo das novas posibilidades do recinto lugués, López Fernández adiantou que no mes de novembro pretenden acoller alí a celebración dunha Campus Party “na que as sinerxías que podemos crear, e que temos capacidade para crear nesta provincia e neste comunidade, vanse amosar dun xeito claro, sendo a Campus Party con maior potencia celebrada ata o día de hoxe en España”, o que permitiría que máis de 5.000 participantes poidan estar conectados simultaneamente á Rede e entre si, o que tamén servirá para dar visibilidade ao potencial deste novo escenario dixital. A xuízo de López Fernández “esas

10 | Código Cero

novidades non van repercutir só nas feiras, senón que tamén van ter un beneficio socio-económico importante na provincia, pois perdéronse unha serie de eventos que reportan unha cantidade importante á nosa cidade e á nosa provincia que agora mesmo si poderiamos recoller”. Sobre as posibilidades tecnolóxicas da nova infraestrutura de telecomunicacións, o director xeral de Intermax Technology, Javier Mouriño, non só destacou que grazas a unha conexión de Nexus Fiber Optics “imos dar 10.000 Mbps de velocidade” confiando en que o Pazo “vai ser un Javier Mouriño referente a nivel europeo”, non só pola celebración da Campus Party, senón que “para calquera outro tipo de eventos porase en dispoñibilidade toda esta conectividade para prestar servizo cunha rede de transmisión en streaming multi-cámara. Isto permitiría ter ata aproximadamente unhas 50 cámaras emitindo en directo en HD a todo o mundo. Podiamos dicir que se abre unha xanela dende o Pazo de Congresos de Lugo a todo o mundo para que poidan ver que Rubén López eventos están a celebrarse aquí”. Mouriño tamén quixo salientar que “temos a sorte de que este Pazo vai ser un dos primeiros puntos nos que se probe a tecnoloxía Wi-Fi AC, que podería ofrecer a cada dispositivos ata 1.500 Mbps de velocidade (fronte aos 300 Mbps do Wi-Fi N que temos nos fogares) o que permítenos estar vendo calquera tipo de contido a tempo real”. Pola súa banda, Pablo Rivera, director provincial de Fondos Europeos e TIC, quixo deixar consPablo Rivera tancia do apoio da Deputación de Lugo a este tipo de proxectos, pois “todas estas iniciativas para estender as redes de banda ancha por toda a provincia son algo básico, algo fundamental” especialmente se van acompañadas por actividades que fomenten a utilización, pois considerou de suma importancia que a divulgación das posibilidades tecnolóxicas de Marcos Martínez cara a fomentar o seu uso. 

Número 117


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.