Page 1

Deseño de actividades TIC para o ensino de linguas estranxeiras

Comprensión e produción escritas con aplicacións 2.0. Análise e usos na aula.

Título da actividade

Notre carnet de voyage! Revista sobre as actividades desenvoltas durante o intercambio escolar.

Nivel educativo

3º / 4º ESO – A2

Recursos necesarios  Ordinateur  Internet  EDI  Isuu Obxetivos  Recompilar os artigos preparados por grupos de alumnos participantes no intercambio escolar (elaborados en GoogleDrive ou nunha wiki).  Publicar e difundir o documento en Issuu con formato de revista dixital. Contidos a tratar  O texto expositivo: estrutura, características e conectores discursivos.  Vocabulario do turismo.  A expresión da opinión.  Contidos socioculturais. Descubrimento dunha rexión francesa: Bretagne.  Integrar diferentes tipos de soporte.  Fomentar a competencia dixital do alumnado.  Difusión dunha actividade. Procedemento a seguir para levala á práctica Esta actividade é unha continuación da actividade con Wiki e pode desenvolverse nun blog. Cos textos, artigos e imaxes preparados na actividade anterior, o docente xunta todo nun só documento que publica en Google Drive ou na mesma Wiki. Usando os mesmos grupos ou mesturándoos, o alumnado deberá ler os traballos presentados polos compañeiros e facer comentarios co galo de que o documento final sexa consensual. Podería ser unha lectura e comentario nunha posta en común no EDI e edición conxunta. O docente supervisa a edición do documento final. Unha vez estea a edición finalizada, o profesor xera un documento PDF común e o publica e difunde en Issuu. Esta tarefa tamén podería ser responsabilidade dalgún representante do alumnado (responsabilidade que irían rotando con outras actividades). Podería dárselle continuidade á actividade colgando a revista nalgún blog ou na páxina web do centro. Con Calaméo, tamén podería enriquecerse o documento con vídeos. Esta actividade, tamén podería ser individual coa elaboración do Carnet de Bord individual e publicación en Isuu por cada alumno que despois faría unha presentación oral na clase.

Sandra Rodríguez Nieto www.sandrillana.blogspot.com Janvier 2014

Activité "Notre carnet de bord!"  

Activité originale élaborée dans le cadre du cours sur Platega intitulé "Deseño de actividades TIC para o ensino de linguas estranxeiras".