Para ler no verán (1)

Page 1

http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/ Bibliocouceiro “Xardín do Pasatempo”. Xuño 2017


EDUCACIÓN INFANTIL DE QUE COR É UN BICO? Rocío Bonilla. Edit. Algar. A Minimoni encántalle pintar mil cousas de cores: xoaniñas vermellas, ceos azuis, plátanos amarelos... pero nunca pintou un bico. De que cor será? …

RUFUS, O MORCEGO QUE ADORABA AS CORES Tomi Ungerer. Kalandraka Canso da noite e da súa escura vestimenta, este morcego decidiu pintarse de cores e voar de día, mais... non foi unha boa idea tan boa!

ZAPATOS, ZAPATITOS Y ZAPATONES Llorens e Artiola. Parramon Goza cos sons e as imaxes en movemento, acaba os debuxos ao teu gusto, crea a partir da proposta de actividades e converte cada páxina nunha experiencia única! Con realidade aumentada! Benito, o zapateiro, canso de que na súa terra non valoren o seu oficio, emprende unha viaxe que lle conduce a un país afastado, onde terá que remendar o calzado de personaxes que parecen saídos doutro mundo

TE QUIERO (CASI SIEMPRE) Anna Llenas. Espasa. Unha deliciosa historia de amor para todas as idades. Por que una mesma característica dunha persoa fai que ás veces nos guste e outras nos moleste? Lolo e Rita son moi distintos entre si. Aceptar a diversidade non é sempre fácil?Pero quen dixo que o ía a ser?

UNA CAJA CON MUCHOS LIBROS Y UN PUZZLE Eric Carle.Kokinos Unha caixa moi grande que garda nove libros moi pequenos sobre a naturaza .Perfectos para mans pequerrechas. bilingüe (inglés/castelán).


PRIMEIROS LECTORES SOBRE O TEMPO. Llewellyn, Claire. Baía Edicións.Pregunta á Dra. Peteiro sobre o Tempo é unha boa forma de descubrir como afectan aos animais as estacións, os distintos climas, os fenómenos atmosféricos... e moito máis.

CAER DE CU POLO UNIVERSO Espinosa e Lucía Cobo. Apiario. Caer de cu polo Universo é unha historia dunha astronauta viaxeira que nos descobre as galaxias, as estrelas e os planetas na procura dese "cu do mundo" que non sabemos onde cae pero que mentamos continuamente. Un álbum que mestura poesía con información .

GUÍA DE CAMPO Terry Jennings. Ediciones SM. Que insecto bate as ás 200 veces por segundo? Como distinguir un crocus dun narciso? Que pequeno mamífero vólvese de cor branca no inverno? Tanto as marismas como as rúas das cidades están cheas de seres vivos. Con esta guía, os lectores aprenderán a interpretar pegadas, identificar trazos e descubrir os segredos máis ocultos da natureza que nos rodea.

LAS JIRAFAS NO PUEDEN BAILAR Giles Andreae. Bruño Todos os anos, en África, celébrase o Baile da Selva e aos animais encántalles bailar e facer piruetas! Chufa quere participar nese famoso Baile, pero como todo o mundo sabe, as xirafas non poden bailar! Ou si?

FROM HEAD TO TOE Eric Carle. Kokinos. Podes mover os teus brazos coma fan os monos? Un libro para ler e moverse


LECTORES AUTÓNOMOS AS OUTRAS HISTORIAS Paula Carballeira. Galaxia Un libro que fala desas historias que non se ven, das que están agochadas e nin sequera se sabe que existen. Historias de había unha vez e de princesas e de pantasmas e de? Parecen as de sempre. Pero non. Xa verás que non. Neste libro atoparás páxinas absolutamente fascinantes.

SOBRE OS DINOSAUROS Llewellyn, Claire. Baía A Dra. Peteiro é unha ave femia moi sabia que é consultora sentimental dos animais. Un Diplodocus preocupado polo seu peso ou un Utahraptor que quere voar fan preguntas á Dra. Peteiro. Ela ten respostas a preguntas sobre a forma do corpo, a caza, a dieta e a extinción.

PEQUEÑOS GRANDES GESTOS POR EL PLANETA A.Bustelo e F. Llorca. Alba Edit. Pequenos Grandes Xestos é unha colección de libros ilustrados para que nenos e nenas familiarícense con valores como a tolerancia, a xustiza e a convivencia, animándolles mediante o exemplo para converterse tamén eles en protagonistas da súa propia historia.

¿QUÉ LE PASA A UMA? R. Díaz regueira. Nube ocho. Ninguén sabe que lle pasa a Uma. A súa mirada está perdida e os seus silencios son interminables. Será que se está facendo maior? pensa a súa nai.En realidade é que...

PIRATE PATCH AND THE FASTEST SHIP ON THE SEA Impey Rose. Edelvives Patch quere ser un pirata de verdade.navega coa aboa Peg, o loro Pierre e portside o can para vivir aventuras reais


LECTORES AVANZADOS FORMIGAS,MISIÓN TOKIO Pere Tobaruela e Andrés Meixide. Xerais FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 E FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.”Misión Tokyo” leva os FORMIG4S á capital do Xapón.

APRENDIZ DE DETECTIVE. UN ROUBO MOI CUSTOSO William Irish. Vicens Vives A intriga, a emoción e o suspense atrapan o lector desde a primeira á última liña destes dous magníficos relatos policiais. No primeiro deles viviremos a aventura dun verdadeiro «aprendiz de detective». O humor negro de Un roubo moi custoso, en troques, culmina nun arrepiante desenlace.

TOM GATES: PLANES GENIALES (O NO) Liz Pichon. Bruño. Serie gañadora dos premios Roal Dahl, Rede House, Waterstones e Blue Peter. O noso divertido antihéroe volve á carga coas súas «inspiradas» ocorrencias e os simpáticos debuxos que alagan todas as páxinas deste décimo e delirante libro-diario.

MI LIBRO DE AVENTURAS AL AIRE LIBRE NGV -NAUMANN & GOBEL VERLAG./ SCHWAGER & Vive aventuras emocionantes na natureza.Guía colorida e de fácil uso sobre todo o que necesitan saber os pequenos aventureiros. Numerosos consellos, listas e ilustracións que axudarán a planear e preparar aventúraSara Cano. Edit.:Alfaguara

VOICES OF THE FOREST Bilingüe (inglés/castelán). Edelvives Seis contos para descubrir o bosque e defender a súa supervivencia.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.