Nº 026 (2006)

Page 26

XXXVII Xogos Florais Curso 2005 - 2006

POEMAS SELECCIONADOS 4º ESO B autor: ANDREA VILLA FEIJÓO SEN MÁIS

Todo continúa… E parece ser que ninguén se preocupa, que a ninguén lle importa… Pero mentres a vida segue adiante eu atópome aquí, soa, entre as sombras, neste lugar do mundo ó que sempre podo acudir a respirar paz, a apreciar o valor do silencio, a gozar dunha noite estrelecida coma esta, a encontrarme a min mesma. Si, a min mesma. Ás veces dubido e non sei quen son, Quizais unha tola máis no mundo, quizais a miña peor inimiga; crítica, dura e inflexible. Sen ganas de volver a tecer cun fío de esperanza o que a amarga agulla da desconfianza xa coseu. Coma aquel paxaro de ás rotas, cansadas, que xa non ten ganas de volver a voar, nin esperanza, nin soños, nin forzas… Ó igual que aquel triste meniño que soamente agarda por un doce e cálido sorriso que por fin o poida consolar. Meniños, inocentes meniños, ¿por que o tempo segue adiante e xura non pasar en van? Constantemente vixiando, expectante…

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Xura marcarnos para sempre e xamais o podemos enganar. Ó fin e ó cabo forma parte da nosa existencia. Esa que nós enchemos, esa que nós creamos, esa que nós tecemos. Destapo sen temor o baúl dos meus recordos. Miro, observo, remexo dentro e alí atopo tódolos sucesos da miña vida: bos, malos momentos, alegrías, tristezas… En fin, o paso o tempo. Agora todo continúa de novo... E segue parecendo que ninguén se preocupa, que a ninguén lle importa… Pero mentres a vida segue eu atópome aquí, soa, entre as sombras, neste lugar do mundo ó que sempre podo acudir a respirar paz, a apreciar o valor do silencio, a gozar dunha cálida noite estrelecida coma esta, a encontrarme a min mesma. Si, a min mesma. Ás veces unha tola máis no mundo, ás veces a miña peor inimiga. Esperando que aínda teña xente ó meu lado, dubidando e sen saber se a hai. Temendo o paso do tempo, insegura, Así son eu, sen máis.

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

27


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.