FP BÁSICA

Page 1

GUÍA DA FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas Departamento de Orientación http://orientateenperillo.blogspot.com.es/


GUIÁ DE INFORMAICÓN SOBRE A FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

QUE É A FORMACIÓN BÁSICA? A formación profesional básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

CANTO DURAN OS CICLOS DE FP BÁSICA?

Os ciclos formativos de formación profesional básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos.

QUE REQUISITOS TEÑO QUE CUMPRIR PARA ACCEDER A UNHA FP BÁSICA? Requisitos que debe cumprir o alumnado de forma simultánea: 

Ser proposto/a polo equipo docente

Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais

Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo

Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso

A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria. De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos: 

Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo

Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de existir maior número delas que de postos escolares dispoñibles, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade:   

Alumnado que cursase 2º de ESO. Alumnado que cursase 3º de ESO. Alumnado que cursase 4º de ESO. Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade.

2


En caso de empate entre varias persoas solicitantes por un mesmo posto escolar e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza de formación. Se logo de aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o procedemento e o resultado do sorteo que anualmente realiza a consellería con competencias en educación para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos

QUE TEÑO QUE ESTUDAR NA FP BÁSICA? Módulos asociados a unidadesde competencia do Catálogo Nacional e Cualificacións Profesionais. Módulos asociados aos bloques comúns Módulo de Comunicación e Sociedade I e II

Lingua Galega, Lingua Castelá, Lingua Estranxeira e Ciencias Sociais Módulo de Ciencias aplicadas I e II Matemáticas e Ciencias aplicadas ao contexto persoal e de aprendizaxes dun campo profesional Módulo de Formación nun centro de traballo: prácticas en empresas Unha hora semanal de titoría

A AVALIACIÓN -Poderase permanecer cursando o ciclo durante catro anos - Poderase repetir unha soa vez cada un dos cursos. - Para promocionar haberá que superar todos os módulos ou cando os módulos profesionais asociados a unidades de competencia pendentes non superen o 20% do horario semanal, con todo, deberá matricularse dos módulos profesionais pendentes de primeiro curso. - A avaliación realizarase por módulos e haberá dúas convocatorias anuais para a superación dos módulos

O alumnado con necesidades educativas especiais ( NEE) poderá: -

 

Solicitar flexibilización modular: temporalización distinta ou cursar o ciclo de xeito fragmentado. Cursar programas específicos adaptados as súas necesidades. 3


PERFÍS PROFESIONAIS Administración e xestión:

Informática e comunicacións: CBIFC01 - Informática e comunicacións CBIFC02 - Informática de oficina

Agraria: CBAGA01 - Agroxardinaría e composicións florais CBAGA02 - Actividades agropecuarias CBAGA03 - Aproveitamentos forestais

Imaxe persoal: CBIMP01 - Peiteado e estética

Artes gráficas: CBARG01 - Artes gráficas

Industrias alimentarias: CBINA01 - Industrias alimentarias

Comercio e márketing: CBCOM01 - Servizos comerciais

Madeira, moble e cortiza: CBMAM01 - Carpintaría e moble

Electricidade e electrónica: CBELE01 - Electricidade e electrónica

Marítimo-pesqueiras: CBMAP01 - Actividades marítimo-pesqueiras

Edificación e obra civil: CBEOC01 - Reforma e mantemento de edificios

Téxtil, confección e pel: CBTCP01 - Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel CBTCP02 - Tapizaría e cortinaxe

Fabricación mecánica: CBFME01 - Fabricación e montaxe

Transporte e mantemento de vehículos: CBTMV01 - Mantemento de vehículos

Hostalaría e turismo: CBHOT01 - Cociña e restauración CBHOT02 - Aloxamento e lavandaría

Vidro e cerámica: CBVIC01 - Vidraría e olaría

CBADG01 - Servizos administrativos

CALENDARIO DE ACCESO E ADMISIÓN Estas foron as datas do curso pasado

Solicitude de admisión: 110 Setembro

Lista de admitidos: 11 de setembro

Matricula: 1118 de setembro

4


DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR -

Solicitude de admisión debidamente cuberta a entregar no centro no que se pretenda ser admitido Copia do DNI ou NIE Comunicación da incorporación á formación profesional básica Certificado de discapacidade se procede Consentimento asinado polo pai/nai ou titor legal

OFERTA DA FP BÁSICA NA ZONA EDUCATIVA

CONCELLO

CICLO DE FP BÁSICA

CENTRO EDUCATIVO

A Coruña

-Artes gráficas -Carpintaría e moble -Fabricación e montaxe -Electricidade e electrónica

IES Calvo Sotelo

-Informática e comunicacións

IES Fernando Wirtz

- Fabricación e montaxe - Mantemento de vehículos - Peiteado e estética - Carpintaría e moble - Reforma e mantemento de edificios -Aloxamento e lavandaría -Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel -Servizos comerciais

CIFP Someso

-Informática e comunicacións -Servizos administrativos -Servizos administrativos Cambre

-Informática de oficina

Culleredo

-Actividades marítimo-pesqueiras -Electricidade e electrónica -Fabricación e montaxe -Aloxamento e lavandaría -Electricidade e electrónica

Oleiros

IES Urbano Lugrís

CIFP Paseo das pontes

CPR Fogar de Santa Margarida CPR Nebrija Torre de Hércules CPR Plurilingüe La Grande de Atocha IES Alfonos X O Sabio IES Universidade Laboral

IES María Casares

5


QUE TÍTULO SE OBTÉN? Superando un ciclo de FP Básica obtense o título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas. Permite o acceso ós ciclos formativos de grao medio. ANEXO I ( SOLICITUDE DE ADMISIÓN

6


7


Para ampliar información: -

http://www.edu.xunta.es/fp/fp-basica http://orientateenperillo.blogspot.com.es/search/label/FP%20B%C3%A1sica

Normativa de Referencia:  

- Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas. - Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regula a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de formación profesional inicial.

8


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.