MEDIACIÓN
Estimados pais e nais: O noso centro, IES “Isidro Parga Pondal,leva desenvolvendo dende o ano 2007 un proxecto de “Mediación e resolución de conflitos no ámbito escolar. O traballo de mediación vai encamiñado á solución de conflitos “entre iguais”. Este boletín quere servir para informar aos pais e nais do traballo que se leva a cabo por parte do departamento de Mediación, cales son as súas características e cal é a súa finalidade.
Que é a mediación? Un método de resolución de conflitos no que mediante o diálogo se chega a un acordo satisfactorio por ambas partes, axudados por unha persoa imparcial chamada mediadora.
A quen se pode recorrer? Calquera profesor/a do Centro pode facilitar o contacto co departamento de mediación para iniciar o proceso.