Proposta as clases

Page 1

DIA DA 21 DE MARZO Dende a Biblioteca avelaiona Luíña propoñémosvos estas actividades: - Realizar CALIGRAMAS con formas de animais (Proxecto Biblioteca). A cada clase adxudicaránselle tres animais, coa finalidade de haxa gran variedade. O formato será cartolina A-4 en sentido horizontal.

- Na semana do 19 ao 23 propoñémosvos que saquedes os caligramas ao patio, para que poidamos gozar lendo e vendo as vosas estupendas ideas. - Este día aproveitaredes para levar a cabo outra actividade: atoparedes poemas nos que un dos versos está incompleto. Deberedes buscar, entre as etiquetas que se vos dan, aquelas que correspondan ao verso incompleto, tendo en conta que rimen.

A decisión de proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía foi aprobada pola UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura)

en 1999. Este día ten como propósito promover o ensino da poesía,

fomentar a tradición oral dos recitais poéticos, crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación, fomentar a relación entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura. Esta data coincide coa chegada da primavera.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.