Presentacion dunas

Page 1

"Sobre os animais imos falar, e Luíña váinolos presentar" Tal como fixemos o curso pasado, e coa finalidade de ampliar o proxecto da biblioteca, dispomos no centro dunha exposición cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) titulada: “ OS ECOSISTEMAS DUNARES DO LITORAL GALEGO”. Tendo en conta que as dunas posúen unhas características moi fráxiles e específicas, pretendemos por medio desta exposición acadar os seguintes obxectivos: Coñecer a orixe das dunas. Facilitar o coñecemento da contorna próxima. Analizar as consecuencias das accións humanas no medio. Fomentar a participación do alumnado na conservación da natureza. Para isto, recomendámosvos visitar a exposición que se atopa no corredor da primeira planta antes do 27 de abril. En breve poderedes realizar tamén unha serie de actividades que vos axudarán a entender mellor a información presentada.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.