Proxecto voz natura 2015 2016

Page 1

ENCHENDO DE VIDA O COLE XIX EDICIÓN PROGRAMA VOZ NATURA PROXECTO DO C.E.I.P. SERRA VINCIOS CURSO 2015/2016


Xustificación Dende xa hai xa moitos cursos, o noso é un Centro moi preocupado polo coidado do entorno. Son moitas as accións encamiñadas á concienciación ambiental que forman parte do noso día a día, como a reciclaxe de papel, envases e pilas; a limpeza de zonas comúns; a plantación e apadriñamento dunha árbore cada ano; as visitas do SEPRONA; a reutilización de materiais para as creacións plásticas... O curso pasado, por primeira vez, formamos parte da Comunidade Educativa Voz Natura. A experiencia foi moi positiva, tanto para o alumnado como para o profesorado e as familias. Implicámonos todos ao máximo na creación dun horto ecolóxico no Centro e na realización das actividades propostas no proxecto, e gustounos tanto a experiencia que queremos continuar nesta liña de traballo.


Ao longo do curso botamos en falta un invernadoiro, pero o orzamento non alcanzou para todo. Con el, ademais de traballar no horto cando a climatoloxía non é favorable, os alumnos poden ver o ciclo completo dalgúns cultivos durante o curso escolar (pois hai moitos que dan o froito durante o verán, cando eles están de vacacións).


Por outra banda, démonos conta de que sería moi bo completar/ampliar o traballo sobre as plantas con especies non comestibles, é dicir, con plantas ornamentais, pois tamén están presentes no noso día a día e enchen de vida e de cor moitos espacios nos que pasamos gran parte do tempo. Gustaríanos que os corredores do noso Centro tivesen plantas de interior e que os alumnos fosen responsables de coidalas. As que hai neste momento non lucen como deberían.


Os nosos obxectivos ●

Sensibilizar a toda a Comunidade Educativa, especialmente ao alumnado, da importancia que ten o coidado do medio que nos rodea como primeiro paso cara a unha conciencia ambiental a escala global. Continuar co traballo do horto ecolóxico, de xeito que o alumnado se implique responsable e directamente no seu coidado. Ampliar os coñecementos adquiridos este curso sobre as plantas, completándoos co uso ornamental das mesmas (especies, coidados, características...). Concienciar a toda a Comunidade Educativa da necesidade de reducir, reutilizar e reciclar e colaborar con ela na consecución dos obxectivos. Promover hábitos saudables para mellorar a nosa calidade de vida.


Algúns contidos que imos traballar ●

As plantas: características, necesidades, clasificación (plantas ornamentais), usos...

O clima: influencia nos cultivos, cultivos estacionais.

Asociacións no cultivo ecolóxico.

A reciclaxe e o aforro de auga.

A deforestación e os incendios forestais.

Hábitos saudables e consumo responsable.

A compostaxe.

A contaminación dos solos.


Principais actividades Todo o Claustro participa no deseño, desenvolvemento e avaliación das actividades; e todo o alumnado é parte activa das propostas (co titor e cos especialistas). Ademais, contamos coa claboración da ANPA e do Concello para a realización de moitas actividades. - O horto ecolóxico continuará sendo unha das actividades esenciais do día a día dos alumnos de todos os niveis, adicando un tempo semanal a preparar a terra, facer sementeiros, regar, protexer os cultivos... A instalación do invernadoiro (dentro da parcela de 11x11m do horto actual) permitirá que no inverno tamén poidamos realizar todas estas actividades. Tentaremos instalar unha toma de auga máis preto do horto, co obxectivo de facilitar as labores de rego durante o verán (tarefa que fan voluntariamente algunhas familias).


- O traballo coas plantas ornamentais no interior do Centro se fará a medida que as aulas o demanden. Cada clase seleccionará, estudiará, plantará e coidará unha ou varias especies que adornarán os corredores e o patio interior do noso Centro. Esta proposta inclúe a creación de espacios que den cabida a este tipo de plantas: xardíns verticais, maceteiros de creación propia, pequenas fontes...


Calendario de actividades propostas polo Claustro ●

Setembro: –

recolleita de productos no horto cos que se elaborarán receitas, marmeladas, conservas... na cociña do Centro.

planificación de actividades complementarias relacionadas co proxecto (SEPRONA, SOGAMA, reforestacións...).

realización das labores do horto correspondentes ao mes (ao aire libre)

Outubro: –

elaboración de cartaces para unha reciclaxe axeitada e para o uso do composteiro.

estudo e selección das especies ornamentais de interior que se van mercar (cada aula).

realización das labores do horto correspondentes ao mes (ao aire libre).


Novembro: –

instalación do invernadoiro.

deseño de espazos para as plantas elixidas nos corredores.

realización das labores do horto correspondentes ao mes (ao aire libre e no invernadoiro).

Decembro: –

elaboración dunha ficha de cada unha das plantas de interior.

realización das labores do horto correspondentes ao mes (ao aire libre e no invernadoiro).

De xaneiro a xuño: –

creación de espazos interiores: pintar macetas, estructuras, sementar ou plantar especies elixidas...

colocar

realización das labores do horto correspondentes ao mes (ao aire libre e no invernadoiro).


Ao longo do curso: –

Reciclar (levámolo facendo máis de 7 cursos).

Limpar o patio do Centro e as zonas máis próximas a el.

Invitar aos membros da Comunidade Educativa a participar nas actividades e axudarnos.

Colaborar coa Comunidade de Montes na reforestación dalgunha zona cercana.

Uso da cociña para a elaboración de marmeladas, conservas, receitas... cos productos do horto.

Actividades sobre o comercio xusto e o consumo responsable.


Propostas do Equipo de Biblioteca ●

Contacontos: no noso ciclo anual de contacontos teñen sempre cabida historias relacionadas co coidado do entorno, o respecto polos seres vivos, o ciclo vital... Mochilas vixeiras: dentro das mochilas haberá ao menos un libro relacionado coa creación dun horto na casa, co obxectivo de motivar as familias a cultivar os seus propios vexetais. Concurso de receitas: no segundo trimestre haberá un concurso de receitas con productos do horto. Adquisición de fondos: dentro do orzamento da biblioteca imos adquirir fondos relacionados coas plantas de interior e ornamentais. Elaboración de materiais: a idea é elaborar libros, vídeos, folletos...coa información que cada aula aporte sobre o traballo feito de xeito que queden como material de consulta na nosa biblioteca.


Propostas do Equipo de Normalización Lingüística ●

Glosario: os membros do Equipo seleccionan os termos dun glosario elaborado entre todos ao longo do curso, pois cada aula define e ilustra unha parte das palabras incluídas nel. Charlas: como cada ano, o Equipo proporá ás familias, a entidades colaboradoras, a expertos... que veñan falar sobre o coidado do entorno, os incendios forestais, as especies autóctonas...


Propostas do Equipo de ACE ●

Magosto: celebraremos o Magosto, como ven sendo habitual, no monte Galiñeiro e faremos unha batida ao chegar e ao marchar para deixar todo limpo. Día do Medio ambiente: apadriñamento por parte dos alumnos de 3 anos dunha árbore que plantan eles no patio (actividade que leva facéndose varios anos). Ademais, neste día tan especial, todos os alumnos gozan da proxección dunha película relacionada co coidado do entorno, da que se elabora unha proposta de actividades de motivación e de actividades de desarrollo do filme.

Saída ao Parque forestal de Beade: na que, ademais de disfrutar dun entorno natural e de coñecer especies autóctonas, aproveitamos para limpar a zona.


Propostas do Equipo de TICs ●

Elaboración de recursos: –

Actividades na aula virtual sobre a compostaxe.

Guías de recursos Web sobre o horto escolar, as plantas de interior e ornamentais, ideas de reutilización de materiais...

Actualización do blog onosohorto.blogspot.com coas montaxes de fotos e vídeos das actividades que se van realizando.

Actividades para o Encerado Dixital Interactivo.

Busca de aplicacións para as tablets.


Orzamento

Macetas, estructuras para xardíns interiores, pintura para...

300є

Plantas ornamentais de interior e flores

280є

Sementes, plántulas, frutais...

150є

Invernadoiro:

700є

TOTAL:

1430є


Visión de futuro Dende o Centro consideramos que a conciencia ecolóxica é un modo de vida que se transmite cada día, máis aló das accións puntuais. Por iso, como xa fixemos co resto de actividades relacionadas co coidado do noso planeta, pretendemos manter o horto funcionando nos cursos vindeiros, así coma o coidado das plantas que coloquemos no interior do Centro. Gústanos que o noso alumnado teña un contacto directo coa natureza, que aprenda a valorala, a gozar dela, a coidala. Se está nas nosas mans poder ofrecelle un achegamento directo a ela, por que non íamos facelo?


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.