Batalla de rande galego

Page 1

O 23 Outubro de 1702 a ría de Vigo viviu un suceso bélico que tivo unha gran repercusión en Europa, a famosa batalla do estreito de Rande. Neste estreito refuxiouse unha flota hispano-francesa da que formaban parte dezanove galeóns cargados de ouro e prata procedentes das posesións españolas en América. Aqueles galeóns e os barcos de guerra franceses que os protexían foron atacados e case todos afundidos por unha gran escuadra anglo holandesa. Boa parte dos tesouros foron ao fondo da Ría, onde se supón que aínda permanecen tralos moitos intentos de rescate que tiveron lugar ao longo dos Séculos XVIII e XIX. Parte do ouro e a prata púidose salvar, outra afundiuse e unha terceira foi o botín dos vencedores.

HISTORIA DA BATALLA O 22 de setembro entran na ría de Vigo os 19 galeones e os 23 navíos de guerra franceses ao mando do almirante Château Renault e o xeneral Manuel Velasco Tejada que transportan o tesouro máis grande que xamais atravesase o Atlántico, e enfilan cara ao estreito de Rande, buscando refuxio. Durante un mes, descárgase a prata e metais preciosos, que son transportados a Madrid en carros de bois. Inténtase montar unha defensa, restáuranse os fortes de Rande e Corbeiro con canóns dos barcos e se cavan trincheiras. No estreito, fórmase unha barreira con cadeas, mástiles... Todo ía ben ata que o 22 de outubro entra pola boca sur da ría de Vigo a armada inimiga, a flota anglo-holandesa, composta por 150 navíos e capitaneada polo almirante Rooke que atraca en Cangas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.