SAQUIÑO DOS BICOS…. Nestes días de confinamento seguro que botamos moito en falta darlle bicos e abrazos a amigos e familiares que levamos tempo sen ver... E como aínda non está claro cómo será o tempo que nos espera despois deste confinamento podemos ter preparado para ese momento un “saquiño ou caixiña dos bicos”para repartir bicos con aqueles que máis desexemos se, chegado o caso, non puideramos facer efecti-
Con esta actividade pasaremos un momento divertido cos peques xa que, á inmensa mayoría, lles encanta pintarse os beizos!. Podemos aproveitar o momento para pintarnos todos os da casa os beizos e normalizar este feito, traballando ao tempo a igualdade de xénero que, aínda nestes tempos, continuamos a ter nesta sociedade.