Libro da Festa Folc 2013

Page 13

festa_folc_2013:festa_folc_2013

5/8/13

23:50

Página13

Anxo Lorenzo é un artista que posúe todas as calidades para chegar á esencia da propia música para facela súa, moldeala ao seu antollo e construír novas formas. Así noo amosa no seu novo disco "Tirán", inspirado nunha longa viaxe musical que o levou a coñecer mil lugares e melodías que compartir con músicos de diferentes nacións. Unha viaxe que sempre empeza e remata en Galicia. Na súa ampla experiencia como gaiteiro colaborou en numerosos proxectos musicais fusionando os sons tradicionais da gaita con unha gran variedade de estilos, desde a mú-

sica electrónica ao jazz, pasando polo pop, rock ou flamenco. Deste xeito conseguiu converter a gaita nun instrumento sen fronteiras que parece non ter límites ante a súa mestría. Agora, Anxo preséntase con unha banda formada por experimentados músicos de recoñecida traxectoria na música tradicional e no folk. Desta maneira, acompáñano Xose Liz ao bouzouki, Álvaro Iglesias ao Contrabaixo, Luis Peixoto ao cavaquiño, mandolina e percusións, e o receentemente incorporado violinista Irlandés Eoghan Neff.

11


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.