Skip to main content

V Festival Furtivo

Page 1

Nesta nova edición do Festival Furtivo, Deskarga Furtiva e Agais, conscientes do estremadamente difícil momento polo que estamos pasando, queremos brindarlle o noso apoio a ADICAM. Tamén queremos agardecerlle o seu esforzo aos locais colaboradores así como a axuda prestada por Brezo Álvarez, Xabi Castro, Carla Carracedas, Ana Villegas, Dani Lavesedo e Paula Fernández. Convidamos a todo o mundo a achegarse pola festa, sen dúbida non vos defraudará e ademais será por unha causa importante.


Sen dúbida, a oferta de música en directo do Morrazo é das mellores do país. Malia desaparecer nos últimos anos 2 referentes festivaleiros como A Noite do Trasno e o Festichan, o certo é que aos xa consolidados Canjazz ou Festa Folc de Vilariño se van sumando outras propostas como o A Chorar a Cangas. Ademais, -e a pesar das dificultades-, diversos locais seguen a programar música ao vivo con periodicidade.


Grazas ao esforzo dun grupo de mulleres afectadas de cancro de mama, ADICAM nace en Cangas no ano 2001 coa finalidade de fomentar o desenvolvemento do apoio social e a axuda mutua, para conseguir que a muller teña unha mellor calidade de vida e benestar e darlle a coñecer esta enfermidade á sociedade coa finalidade de eliminar tabús e enviar unha mensaxe de esperanza. Desde o 2011, buscando un maior achegamento ás mulleres e familias da provincia de

Pontevedra que están a pasar por esta situación, empezamos a prestar atención, ademais do local situado en Cangas de Morrazo, tamén noutro local en Vilagarcía de Arousa (C/ Alejandro Cerecedo nº 8, baixo), o que permite unha maior cercanía na zona do Salnés.


SERVIZOS Apoio emocional. Atención psicolóxica e social. Información e asesoramiento. Charlas de educación para a saúde. Charlas sobre aspectos médicos e emocionais do cancro de mama. Cursos de relaxación. Cursos de prevención do linfedema. Actividades lúdicas e de lecer.


FINS DA ASOCIACiÓN Dar apoio emocional e asesoramento ás mulleres que recibiron un diagnóstico de tumor mamario ou se atopan en proceso de tratamento médico p enfermidade tumoral mamaria. Favorecer unha estreita solidariedade entre as mulleres mastectomizadas ou en tratamento médico por este tipo de enfermidade. Actuar ante calquera órgano administrativo ou xurisdiccional na defensa dos dereitos sanitarios e persoais lexítimos das súas asociadas, en relación a canto atañe a este tipo de enfermidade e aos seus efectos. Promover ante instancias públicas ou privadas, a adopción dos sistemas e recursos precisos para a rehabilitación dirixida a potenciar a súa capacidade de adaptación ás novas situacións persoais e a alcanzar a mellor calidade de vida e de saúde. Fomentar o desenvolvemento e crecemento persoal das súas asociadas en aspectos culturais, sanitarios, de auto-organización, etc. Crear un grupo de voluntariado, auto-axuda e atención a mulleres recentemente diagnosticadas de tumor mamario. Fomentar o coñecemento social deste tipo de enfermidade mediante actuacións no ámbito da educación para a saúde para paliar o efecto que os tabúes ten sobre a persoa afectada.


ADICAM

É unha asociación sen ánimo de lucro. É unha asociación non gobernamental. Realiza apoio social. Promove novos servizos, complementarios aos realizados polas institucións públicas.


Ska, reggae, punk, latín, balkan... A fusión de estilos e ritmos é unha das marcas da casa de Skarallaos, unha banda orixinal, enérxica e, sobre todo, festeira. Xa levan realizado ducias de concertos, en Galiza e fóra, tanto “enchufados” como no formato acústico que veremos no Furtivo.


Baixo Cé orquestra pantasma agóchase César Freiría Prado, que naceu no Barrio Vigués do Freixo alá polo ano 1975 no seo dunha familia ben coñecida na parroquia de Valladares pola sua vinculación á música: Os Cipriáns. A sua andaina musical comezou con oito anos como alumno do mestre “Moxenas” dentro do campo da Musica tradicional. Nesas clases ademais de aprender a tocar a gaita e percusións galegas, espertou a inquedanza e curiosidade por experimentar con canto instrumento pasase perto del. Ao longo da sua vida musical trebellou con instrumentos diversos aprendidos a tocar a maioria de xeito autodidacta, pasaron polas suas mans: o clarinete, o baixo, acordeón diatónico e cromático, guitarra, mandolina, armónica.… e gran variedade de instrumentos de percusión. A sua curiosidade foi ampliándose cando se propuxo inventar algún instrumento para chegar a tocar en solitario como home orquestra: o batepés, a kalímba baixo e a guitarra de acordes fixos foron os instrumentos inventados naquel momento.


Ludovaina somos un cuarteto tradicional de música do país. Alá en decembro do ano 2003 escomezamos a ensaiar para ir tocar ós Carnavales do Hío, concretamente a Pinténs, e foi aquí onde decidimos seguir adiante co grupo e onde nos fixemos realmente gaiteiros. O noso estilo é o tradicional, chamámonos Ludovaina Esencia de Música Tradicional porque a pesar de que tocamos temas propios compostos actualmente, procuramos manter o estilo, o sabor,... ou como nós dicimos, a esencia dos vellos gaiteiros. Temos pasado por moitos festivais do país, como a Festa do Muíño de Coiro no 2005, A Noite do Trasno 2006, Pardiñas 2007, Verbena e Son 2011 ou Festa Folc de Vilariño 2012.


MEMBROS Serafín Santos – Bombo Rodri Martínez - Tambor e percusión menor Roberto Sotelo – Gaita Pablo Rial - Gaita +INFO ludovaina.blogspot.com


3 Trebóns é un grupo de intervención rápida composto por 3 músicos de campaña da escea musical galega. Entre as suas incursións máis sonadas temos a das festas da Dorna de Ribeira, onde remataron con todo o licor café que quedaba no Barbanza, asaltaron o mesmo vrao o castelo de Vimianzo irmandiñamente non deixando pedra sobre pedra, recibiron o trunfo da selección galega sen pasar control antidoping, na festa da prehistoria de Mos quedaron como da casa, tamén en Castro Caldelas, Bueu, Goián, Monfero… en fin os vellos roqueiros son como certas ervas… MEMBROS Xurxo Souto: Acordeón e voz. Antón Díaz: Baixo, contrabaixo e voz. Fran Amil: Batería e voz


As consignas do grupo son: 1. Que ben se vive sen guitarristas. 2. As notas que poidas meter en medio compás non as metas en dous. 3. E máis importante: o viño do Rosal é medicinal.


A Terbutalina é unha banda de Muros nada no 2010, cando ex-membros de THE, Metralla, Süiss ou Skaiola Borrokal se xuntan para elaborar un feixiño de temas a medio camiño entre o garaxe e o punk. A comezos de 2011 lanzan Live in Catoira e meses despois o seu primeiro LP, Broncodilatador, gravado en L.A. Aí atopamos unha pequena mostra do variado da súa proposta, que mestura, velocidade, diversión e empanada. Somos a Terbutalina. Facemos gastropunk. O punk morreu e comémolo nós.


MEMBROS Migui: Guitarra e voz. Mon: Guitarra e coros. Samuel L. Parテュs: baixo e coros. Brais: teclado e coros Carlos: baterテュa

+INFO terbutalina.blogaliza.org facebook.com/terbutalina

CONTACTO aterbutalina@hotmail.com ESCテ的TAOS EN terburtalina.bandcamp.com


Informática ECOGA Venta de cartuchos de impresoras. Manuel Graña 11

986 304 574

The Skarnivals é unha banda ska / punk / folk galega nada en 2009 baixo o nome de Skakeo. Un potente e eléctrico directo xunto cun estilo persoal e reivindicativo deron forma a esta nova banda e outorgáronlle o pulo necesario nos últimos aos para abrirse un pequeno camiño no grande océano musical. Editando en 2010 o seu primeiro traballo, xa conseguiron callar entre a xente e formar parte, entre outras cousas, dun recompilatorio internacional editado en Alemaña entre máis de 40 bandas do panorama ska, punk, reggae e cumbia do momento. Todo isto fomentou as súas ganas de seguir loitando e na actualidade, a banda acaba de publicar o seu novo traballo.


MEMBROS Come – Voz Tuiky – Guitarra e voz Adri – Guitarra Solista Pope – Baixo Byktor – Teclados e voz Abraham – Trombón Kabra – Trompeta Chelas – Gaita Sampe – Batería

+INFO theskarnivals.com facebook.com/theskarnivals CONTACTO theskarnivals@facebook.com ESCÓITAOS EN myspace.com/theskarnivals


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook