VIII
FARO DE VIGO
MÚSICA
XOVES, 13 DE SETEMBRO DE 2012
Escuros, roncos e acompasados Aproximadamente na metade da década de 1980 nacía un novo subxénero do Heavy Metal -máis acelerado aínda que o Thrash Metal e co engadido das voces guturais, que serían o seu selo inconfundíbel,de estética satánica e cunhas letras centradas no canibalismo, na morte, etc, que o diferenciaban abondo do seu antecesor, o thrash. Era o Death Metal. Possessed, Death e, para os menos iniciados, os primeiros tempos de Sepultura son algúns dos nomes senlleiros daquel alborexar do estilo, seguido despois por formacións como Obituary, Cannibal Corpse ou Morbid Angel. No noso país o estilo tivo numerosos seguidores entre a mocidade urbana e rururbana, o que propiciu a aparición dun bo número de bandas -algunha delas con certo nome na escena europea- na última década do século XX. E precisamente o pasado 29 de xuño estreouse en Compostela un documental que repasa a escena death metal galega desta década dos 90. Escuros, roncos e acompasados,codirixido por Luís E.Froiz (Santiago,1985) e Carlos Pensado (Camariñas, 1977), dous apaixonados do death galego que teñen tocado nalgunha banda do estilo, dá a palabra a membros das formacións que encetaron con este xénero musical no país, moitos deles aínda en activo 20 anos despois. A sala Mozart do Auditorio de Galiza foi o lugar escolleito para a estrea da obra, que fai un percorrido polas bandas pioneiras do Death Metal galego, contra finais de década dos 80 e comezo da dos 90 do pasado século. Falan moitos dos protagonistas daquel movemento e cóntannos as relacións que existiron entre eles e as dificultades que pasaron para sacar adiante unha escena musical que se move por definición no underground e que practicamente era amateur en todo o mundo, agás algunha banda americana e escandinava. Absorbed, The Dismal, S.O.K., Detestor,Wisdom-estes practicamente os únicos en cantar en galego e non en inglés-, Unnatural, etc. deixaron a súa pegada no death galego, estatal e,
Nas orixes do Death Metal galego DANIEL LAVESEDO no caso de Absorbed, tamén europeo; agora son os protagonistas deste filme que pretende botar luz sobre un movemento no que incluso os máis seareiros tiñan complicado atopar información sobre bandas ou discos. De feito, todos aqueles que temos memoria da prehistoria dixital -isto é, de cando non había nin Internet nin computadores,nin máis redes sociais que as que artellabamos no barrio e/ou aldea- lembramos de certo,a pouco que tivésemos interese na música, o complexo que era facerse cun disco do noso grupo preferido. Isto acontecía practicamente para todos os estilos musicais -punk, rap, as distintas vertentes do metal, e até o folk, o rock ou o popse os nosos gustos diferían do mainstream que, a golpe de talonario e bombardeo radiofónico, construían as grandes produtoras. Loxicamente, as bandas e seguidores do Death Metal non eran alleos a estas dificultades. Deste xeito, como contan no documental, o traballo desinteresado da xente que argallaba fanzines -Innard’s Decay Zine,More Beer Zine ou Bloody Zine-,o contacto directo por correo postal entre fans e bandas, o envío de cassettes, a “reciclaxe” de selos para poder manter envíos constantes a recantos do mundo tan afastados como Lituania ou Madagáscar,..., foron as ferramentas empregadas para tentar sacar adiante unha escena musical que engadía ao habitual desinterese das institucións por fomentar a cultura -agás no caso da cidade de Ourense, polo que os propios protagonistas contan-, o absoluto descoñecemento do seu xénero musical por parte de estudios de gravación,empresas de son,etc. As dúas horas de entrevistas avanzan,entón,entre anécdotas curiosas e saudade para nos deixar a impresión -agora que botan a vista atrás,20 anos despoisde que naqueles duros vellos tempos Galiza foi un dos lugares do planeta onde mellor prendeu a semente do Death Metal.
Despois da súa estrea no Auditorio de Galiza, diante de 250 persoas convidadas polos directores do filme entre as que se contaban moitos dos protagonistas daquela época, a distribución que se vai facer do traballo vai ser contando con medios moi precarios, xa que o financiamento corre a cargo dos propios directores do documental, que contaron para o proxecto tan só coa colaboración de amigos e coñecidos da escena metaleira galega. De feito, o documental comezou unha xira neste mes de se-
tembro, despois da súa presentación oficial, que xa o ten levado por diferentes locais e salas do país, mais sempre da man de amizades e contactos dentro do mundo
en Vigo, o sábado 29 de setembro, ás 22h,no Frenopátiko; en Cangas, o sábado 6 de outubro, tamén ás 22h, no pub Templo e finalmente o sábado 20 de outubro, ás 21h no pub San Rock de Lugo. Ademais, os directores contan con que o documental sexa distribuído tamén nunha tirada exclusiva de DVDs, e ademais teñen a intención de o mover a través de festivais de cine. Posteriormente,con probabilidade xa o vindeiro ano, será colgado en Internet con licenza libre “Creative Commons”.
Distribución “underground” do metal. Con todo, aínda hai ocasións para velo. Nas vindeiras semanas hai programadas proxeccións na Coruña,o domingo 23 de setembro na cervaxaría A Franxa;