Historia de la Bodeguilla

Page 100

tramos, pensamos que era un lugar curioso, distinto, nada que ver coas xamonerías que ata o de agora coñeciamos. Xa dixen que era un seis de xaneiro ¿verdade? Día máxico sin duda. Naquel local curioso, distinto, había un rapaz coa man en cabestrillo, tamén eu a el o encontrei distinto, sentín eso que se chama flechazo, pensei que o lugar valía a pena para unha segunda visita máis calmada, e tamén pensei que aquel mozo da man en cabestrillo que dixo traballar alí era digno de ser coñecido con mais coidado. O resto da historia é fácil saber como continúa. Decidín que o que algo quere debe loitalo, e eu non escatimei en armas. Fíxenme asidua do local, clienta devota, comecei a probar viños (era un bo tema de conversación se quería ligar co xefe).

Desta historia hai vintecinco anos, pedíronme que contara algún conto, anécdota que me ocurrira na Bodeguilla, pois ben , este é o meu 100

conto e como todolos contos termina así: e foron felices e comeron perdices. Levo casi vintecinco anos comendo perdices con Javi.

Mariña Pérez Rei Eu sentei na mesa da esquina da dereita, aínda non había cristais protexendo os xamóns. Agardaba por Ana, a ilustradora do meu primeiro poemario. Estabamos contentas. Fomos pedindo pan tumaca e algunha tixola para picar. Un viño decente. El ocupaba a mesa oposta, na esquina da esquerda. Estaba ao quite, coma todos os fotógrafos. Tirounos un par de fotos con certo desleixo mentres nós falabamos e riamos das nosas cousas. Ana volvía estar namorada. Entón, nun intre que corre polo aire coa velocidade do roubo, desapareceu co noso recordo en forma de píxeles. Sen pronunciar unha palabra na súa lingua. Así coma quen marcha sen pagar dunha taberna. Alfonso Mato Siempre en La Bodeguilla. Yo estaba allí. Cuando despertó La Bodeguilla en la Praziña das Penas, todavía estaba allí, como el famoso dinosaurio de Monterroso. Uno tiene a veces la sensación de que llegó a Santiago en el Mesozoico,


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.