Memoria lar a mercé 2014

Page 6

Superiora Máximo representante da Provincial e da Comunidade Relixiosa. Levará a cabo tarefas de dirección do persoal de servizio e de coordinación das irrmans educadoras (auxiliares) xunto ó Equipo Directivo. Administradora Levará a cabo tarefas de administración e tesourería do Centro. Xestionar, en representación do titular do Centro, os recursos económicos. Director Dirixirá, xestionará e coordinará os servizos do Centro, as actuacións do equipo educativo e supervisará, como membro do equipo directivo, as tarefas de todo o persoal do Centro. Terá capacidade de relación e xestión externa con clientes e terceros. EQUIPO EDUCATIVO: Actuarán de acordo á planificación estratéxica da dirección e a táctica da coordinación de programas. En base a sau aportación técnica, poderán decidir de xeito autónomo acerca dos procesos, métodos e validez de resultados dentro dos objectivos fixados e da función. Todo baixo á supervisión e coordinación do director. Educadores: Velarán pola adecuada cobertura das necesidades básicas dos menores, necesidades tanto físicas, emocionais, educativas como de ocio e tempo libre. Elaborarán e levarán a cabo plans de traballo cos menores e a suas familias, segundo as pautas do equipo técnico de la Delegación Provincial. Manterán relacións e fomentarán relacións cos axentes sociais e resto dos profesionais relacionados co menor atendido. Traballarán de forma personalizada e individualizada con cada residente, cando a situación o requiera. Exercerán cometidos de atención e asistencia en actos e programas formativos e/ou culturais. Dependen directamente do DIRECTOR e/ou Equipo Directivo Voluntarios (auxiliares) Realizan tarefas e traballos de apoio técnico e/ou loxístico de xeito puntual. Dependen directamente do DIRECTOR e/ou Equipo Educativo


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.