Page 1

Memoria 2014

CENTRO CON FOGARES “LAR A MERCÉ


1. TABLA DE CONTENIDO 1.

Tabla de contenido ........................................................................................................... 1

2.

Presentación ..................................................................................................................... 2

3.

Datos Xerais da entidade.................................................................................................. 2 Visión, misión e valores ....................................................................................................... 2 Programas ............................................................................................................................ 3 organigrama ......................................................................................................................... 3

4.

Menoria estadística .......................................................................................................... 7 Características xerais da poboación atendida no ano 2014 .................................................. 7 Menores atendidos ........................................................................................................... 7 Tipoloxía das familias atendidas .................................................................................... 10 Escolarización e iniciación laboral ................................................................................ 11 recursos humans ............................................................................................................. 13 Recursos materiais ......................................................................................................... 17 recursos técnicos ............................................................................................................ 17 recursos externos ............................................................................................................ 18 resumen da memoria económica .................................................................................... 18

5.

Avaliación das actividades realizadas ............................................................................ 20

6.

Relacións externas da entidade/Centro .......................................................................... 55 Relacións Institucionais ..................................................................................................... 55 Inspeccions realizadas .................................................................................................... 55 Implantación sistema de calidade ...................................................................................... 55

7.

conclusións..................................................................................................................... 68


2. PRESENTACIÓN Esta memoria fai referencia ó Centro con Fogres “Lar a Mercé”, que pertence a Entidade Congregación Hermanas Mercedarias de la Caridad (Provincia de Madrid). 3. DATOS XERAIS DA ENTIDADE Este centro pertence á Congregación de Hermanas Mercedarias de la Caridad, provincia Mª Inmaculada (Madrid). Sostense economicamente con fondos propios e públicos provenientes de acordos ca Consellería correspondente Centro de Menores para a atención integral de rapaces, rapazes en situación administrativa de desamparo ou risco, que estean tutelados ou en situación de garda pola Xunta de Galicia. Atención integral baseada nas seguintes prestacións: aloxamento, manutención e vestiario, apoio psicosocial e educativo, seguimento escolar, promoción da saúde, animación planificada do tempo libre, formación nas habilidades sociais básicas e/ou autonomía e independencia e colaboración en apoio e orientación ás familias dos menores. “Lar a Mercé” oferta dous tipos de estadías. Unha estadía en Réxime Residencial e outra en réxime de Atención de Día. Podendo así asegurar unha resposta mais axeitada as necesidades da poboación atendida. VISIÓN, MISIÓN E VALORES

Falamos de acollemento residencial e atención de día, nun Centro de Menores, en réxime de atención integral de menores, entre 3 e 18 años, en situación administrativa de desamparo ou risco, que estean tutelados ou en situación de garda pola Xunta de Galicia. Proporcionamos unha educación integral baseada nos Dereitos do Neno e promovendo o carácter propio Mercedario a través da educación evanxelizadora liberadora. Partimos dos valores que a congregación nos transmite, compartimos e difundimos: Amor: entendemos que hai que amar tanto o noso traballo como as persoas coas que interaccionamos. Xustiza: dotar ás menores e os menores das mesmas oportunidades que se de un seno familiar “normalizado” se tratase. Liberdade: fomentando a autonomía das/os menores, para que poidan chegar a ser unhas persoas libres. Compromiso: cos nosos obxectivos e a nosa labor educativa.


Respecto: en relación á diversidade, entendéndoa como un punto a favor para compartir e para enriquecernos; e como punto de partida de cada menor. Comunicación: partindo de que o diálogo é moi importante nunha labor educativa, tanto cas menores e os menores, como dentro do propio equipo educativo. Clave para un bo funcionamento do último. Comprensión: cos demais, con nos mesmas/os e con as nosas limitacións. Colaboración: traballo cooperativo con outros axentes implicadas no proceso de integración e educación da/do menor PROGRAMAS

Na actualidade no Centro desenrolanse dous programas: Programa de Atención de Día e Programa Reidencial, dirixido a menores entre 3 e 18 anos. A metodoloxía de traballo é unha metodoloxía baseada nos procesos e procedementos que forman parte do noso Sistema de Xestión de Calidade. Unha metodoloxía activa, dinámica, participativa. Sendo os responsables do seu desenvolvemento o equipo educativo do Centro, en coordinación con tódolos axentes de intervención implicados no proceso educativo de cada un dos menores, en cada un dos ámbitos de intervención. ORGANIGRAMA

A continuación podemos ver a organización do Centro a través do organigrama de cargos e función de cada un. Esta xerarquización caracterízase por:  Presentar unha xerarquización flexíbel e tendente á horizontalidade gracias á capacidade de decisión en cada nivel  Asegurar unha distribución e delimitación clara dos roles e funcións dos diferentes profesionais.  Delimitar tarefas no contexto das funcións asignadas.  Fomentar a participación do persoal na toma de decisións sobre cuestións directamente relacionadas co seu traballo.  Facilitar o traballo en equipo e establecer canles de comunicación abertos e fluídos entre os profesionais.  Garantir o coñecemento por parte do persoal das metas e obxectivos do Centro.  Facilitar a creación dun ambiente de traballo favorábel para todo o persoal.  Poñer en marcha os programas que se determinen na Programación Anual e que respondan as necesidades e problemáticas que presentan os/as menores


 Informar cada educador e educadora o resto do equipo educativo do desenrolo do menor, para así poder detectar novas necesidades.  Programar anualmente actividades socioculturales, lúdicas e/ou de tempo libre

Provincial

Equipo directivo

Responsable de Calidade

Administradora

Director

Superiora

Equipo Educativo

Educadores

Voluntarios

Así mesmo as funcióms se definen do seguiente modo: PROVINCIAL Máximo representante do órgano director da Entidade EQUIPO DIRECTIVO Posee á capacidade de toma de decisións sobre todos os aspectos relacionados cá actividade nun plano estratéxico: xestión económica, recursos humans e decisións técnicas de calado estratéxico.


Superiora Máximo representante da Provincial e da Comunidade Relixiosa. Levará a cabo tarefas de dirección do persoal de servizio e de coordinación das irrmans educadoras (auxiliares) xunto ó Equipo Directivo. Administradora Levará a cabo tarefas de administración e tesourería do Centro. Xestionar, en representación do titular do Centro, os recursos económicos. Director Dirixirá, xestionará e coordinará os servizos do Centro, as actuacións do equipo educativo e supervisará, como membro do equipo directivo, as tarefas de todo o persoal do Centro. Terá capacidade de relación e xestión externa con clientes e terceros. EQUIPO EDUCATIVO: Actuarán de acordo á planificación estratéxica da dirección e a táctica da coordinación de programas. En base a sau aportación técnica, poderán decidir de xeito autónomo acerca dos procesos, métodos e validez de resultados dentro dos objectivos fixados e da función. Todo baixo á supervisión e coordinación do director. Educadores: Velarán pola adecuada cobertura das necesidades básicas dos menores, necesidades tanto físicas, emocionais, educativas como de ocio e tempo libre. Elaborarán e levarán a cabo plans de traballo cos menores e a suas familias, segundo as pautas do equipo técnico de la Delegación Provincial. Manterán relacións e fomentarán relacións cos axentes sociais e resto dos profesionais relacionados co menor atendido. Traballarán de forma personalizada e individualizada con cada residente, cando a situación o requiera. Exercerán cometidos de atención e asistencia en actos e programas formativos e/ou culturais. Dependen directamente do DIRECTOR e/ou Equipo Directivo Voluntarios (auxiliares) Realizan tarefas e traballos de apoio técnico e/ou loxístico de xeito puntual. Dependen directamente do DIRECTOR e/ou Equipo Educativo


PERSONAL DE SERVICIO Reseñar neste campo, que na actualidade está subrogado a unha empresa de servizo EURESTS COLECTIVIDADES. Sen embargo, para poder ter un mellor control seguen dependiendo directamente do Director. É o persoal dedicado a tarefas da cocina, limpeza e lavandería.


4. MENORIA ESTADÍSTICA CARACTERÍSTICAS XERAIS DA POBOACIÓN ATENDIDA NO ANO 2014

MENORES ATENDIDOS Altas Durante o período comprendido entre xaneiro e decembro de 2014, houbo no centro trece novos ingresos, coas seguintes características: MES DE INGRESO

SEXO

LUGAR DE PROCEDENCIA

SITUACIÓN ADMINISTRATIVA

PROGRAMA DE ATENCIÓN

Febreiro

V

Concello de Arteixo

Garda

Residencial

Abril

V

Concello A Coruña

Apoio Técnico

Atención de Día

Abril

M

Concello A Coruña

Apoio Técnico

Atención de Día

Abril

M

Concello A Coruña

Apoio Técnico

Atención de Día

Abril

M

Concello A Coruña

Garda

Residencial

Xuño

M

Concello de Ferrol

Tutela

Residencial

Setembro

M

Concello A Coruña

Garda

Residencial

Setembro

V

Concello A Coruña

Garda

Residencial

Outubro

V

Concello de Oleiros

Tutela

Residencial

Outubro

V

Concello de Oleiros

Tutela

Residencial

Novembro

V

Concello de Carballo

Garda

Residencial

Novembro

V

Concello de Oleiros

Apoio Técnico

Atención de Día

Novembro

M

Concello de Oleiros

Apoio Técnico

Atención de Día


Ingresos ano 2014 3 2 1 ingreso nenos

0

ingreso nenas ingreso totales

Baixas Durante o período

comprendido entre xaneiro e decembro de 2014, houbo no centro once baixas, coas seguintes características

SEXO SITUACIÓN ADMINISTRATIVA V V V V V M V V V V V

Tutela Garda Tutela Tutela Tutela Tutela Grada Garda Tutela Tutela Garda

Tempo no centro (meses) Traslado a piso Mentor 42 Traslado de Centro 31 Incorporación familiar 24 Incorporación familiar 24 Traslado de Centro 14 Traslado de centro 10 Incorporación familiar 10 Incorporación familiar 10 Incorporación familiar 9 Traslado de Centro 0,5 Incorporacion familiar 5 Motivo da baixa


Baixas ano 2014 3 2 1 baixa nenos

0

baixa nenas

baixa totales

Ocupación O nivel de ocupación foi variando a o longo do ano, se ven podemos dicir que esta se mantivo constante tanto no recurso de Atención de día, coma no Residencial. Nas gráficas de mais abaixo pódese apreciar perfectamente a evolución de ocupación en ambos programas. Podemos apreciar un alto grado de ocupación, estando en algún momento ó 100% de ocupación en algún dos dous recursos.


Durante as fins de semana do curso e os períodos vacacionais, producírense variacións na ocupación, así tivemos rapaces que ó carecer doutra alternativa, ou que no seu plan de traballo implica a non saida do cenro en periodos vacacionais e/ou fins de semana, se quedaron sempre no centro. E outros rapaces alternaron a estadía no centro con saídas coas familias. Durante o verán os rapaces alternaron a permanencia no centro e diversas saídas lúdicas con pernocta e sen pernocta no Centro TIPOLOXÍA DAS FAMILIAS ATENDIDAS A tipoloxía das familias atendidas varia moi pouco dentro do mesmo recurso (Atención de Día / Residencial), e incluso entre os dous recurso podemos apreciar que o perfil se manten homoxéneo. As familias que se atenden a Atención de Día, son familias nucleares amplas, e dicir, existen os proxenitores e un gran número de irmáns. O nivel económico e moi baixo, pois todos se dedican á recollida de chatarra e refugallos, de modo mais ou menos legal. Todos teñen solicitada a RISGA. Se nos centramos nas familias de Residencial, o prefil non varia moito, así temos unha maioría de familias nucleares con varios fillos. Todos os proxenitores con traballo precario ou non regularizado, e con RISGA ou en trámite para conquerila. Se ben a maioría responde a este perfil, temos unha familia que se diferencia por separacións de proxenitores e duas por


viudedade con problemas de saude mental e unha por monoparental. Sen esquencer o MENA (menor extranxeiro non acompañado)

O Equipo Educativo do centro ten no seu plan de traballo, marcado polos plans de caso de cada menore e os proyectos educativos individualizados, unha metodoloxía de traballo acorde con cada menor/familia. Así se pauta cas familias as chamadas telefónicas,polo memos unha vez á semana, tanto para falar cos menores coma co educador, e ás saídas dos menores do centro. Como se dí mais arriba, ás saidas son pautadas polos Equipo Técnico do Menor e ás familias. A normalidade e que a maioría dos rapaces realice saídas de fin de semana e vacacións escolares, pero un número constante de entre cinco e dez rápaces que non poden sair por problemas da familia. O Equipo Educativo do centro, manten entrevistas cas distintas familias polo menos unha vez a semana, aproveitase a recollida, ou reincorporación, dos rapaces de saídas, para manter unhas pequenas entrevistas, entrevistas onde se intercambia información do rapaz e da situación na casa, se asesora e pautan accións conxuntas.

ESCOLARIZACIÓN E INICIACIÓN LABORAL

Os rapaces acudiron ós diferentes centros educativos, no Concello de Oleiros que corresponden por proximidade ou área de influencia, e propiciando na medida do posible a integración, polo cal non van todos os centros de referencia que lles tocaría por zona, se non que se usan todos os centros educativos públicos do Concello, salientar que como temos ingresos na metade do curso, na medida do posible se intenta que manteñan o centro educativo ata rematar o curso, ademais dependendo dos da oferta de estudos tamén se pode dar o caso de cursar noutros concellos. Salientar que os menores do programa de Atención de Día manteñen o seu centro educativo próximo a sua casa Así os centro educativos onde estivereron este ano académico foron:  CEIP Isidro Parga Pondal  CEIP Luís Seoane  CEIP A Ravadeira


 IES Mª Casares  IES Miraflores  IES Neira Vilas  CEIP Sagrada Familia (A Coruña)  Academia Cersforem (A Coruña)  IES Calvo Sotelo (A Coruña)  IES Urbano Lugrís (A Coruña) No momento de chegada dun neno, rapaz ó centro, o equipo educativo valora cal dos centros educativos é o máis apropiado en base a curso, número de rapaces do centro no mesmo curso ou centro educativo, profesorado que o vai atender, grupos de irmáns. Independentemente do momento de incorporación, os nenos foron escolarizados, atendendo a normativa específica de Educación, no momento inmediato que Inspección Educativa deu o seu consentimento.

Os resultados académicos, son moi desiguais, tendo algúns rapaces resultados moi bos e outros moi baixos, pero hai que ter en conta que case todos sufriron falta de escolarización, escaso interese por parte das súas familias, grandes doses de desmotivación, desinterese dalgún centro escolar, etc.

Á hora de favorecerlles unha formación prelaboral vémonos con algunhas limitacións, pois as actividades dos cursos FIP no comezan ata abril/maio, a necesidade de ter superadas as probas de capacitación para cursos do INEM, ademais os ata de agora PCPI, que servian de inicio ou formación prelaboral desaparecen, nos leva ater unha oferta moi limitada,pois os que sustitue ós PCPI son as FP básica, e no concello de Oleiros só temos unha posibilidade e e de Electicidade (formación nada demandada polos nosos menores) Cave salientar neste apartado, que os menores que tiñan a idade apropiada e requisitos necesarios, participaron nas probas para a obtención das Competencias Clave, requisito futuro para a formación laboral no INEM.


RECURSOS HUMANS Personal Na actualidade o Centro “Lar a Mercé” conta cunha ampla plantilla de traballadores que atenden directamente ós rapaces, así dispoñemos de:  Personal de Residencial:  2 educadores  1 educador de fins de semana  1 educador de noite  1 integrador social (1/2 xornada)  1 psicopedagogo (1/2 xornada: reducción por coidado de fillo)  Personal de Atención de día  1 educador  1 integrador social (1/2 xornada) Ademias de un Director, e tres voluntarios que fan o papel de AUXILLIARES, para apoios puntuais do traballo dos educadores. No referente ó persoal de servizos (cociña, limpeza e lavandería), está subcontratado ca empresa EUREST Colectividades.


Formación No referente á formación este ano levouse a cabo a seguinte:

Ano: 2014

Necesidade detectada

Adaptación a posibles cambios na lexislación referente á titulación necesaria para a dirección de centros

Denominació n do Curso

Máster en dependencia e xestión de SS.SS

Data prevista

Dic 13Sept. 14

H Asistentes

O.Xosé Piñón Rodríguez

Formador

1600

Universidad e da Coruña

Data Realizad o

Obxectivo do curso

Sept 2014

Capacitar para asumir responsabilidades na xestión e dirección de Centros Integrales de Servicios Sociales Manexar técnicas e ferramentas para a atención de persoas en situación de dependencia. Acceder a unha formación homologable.

O.Xosé Piñón Rodríguez

Detéctanse dificultades á hora de realizar as programacións que se precisan para levar a cabo a intervención educativa

Curso de experto en acollemento residencial: sistema de protección y atención socio educativa en centros de menores

17 Febrero31 Outubro

Deseñar, desenrolar e avaliar experiencias de intervención socio educativa

500

UNED

Mónica Fernández Lemos

A formación resulta correcta, aínda que abrangue campos diferentes os propios de Centros de Menores. Cumpre cos obxectivos propostos, á espera de nova normativa de dirección de centros de menores

Moi positivo, permite valorar e coñecer formas de intervención aplicables e que serven de guía no Centro Curso ben aproveitado no referente a adquisición de novas perspectivas e novos enfoques que facilitan programar dende outro punto de vista. Ademais de retomar a parte máis técnica e estrutural da programación e poder comprobar a súa eficacia nos exercicios prácticos realizados.

Novembro 2014

Moita información, e moi xeral, altamente mellorable

O. Xosé Piñón Rodríguez Necesidade de coñecer outros modos de intervención centrados na familia. Intercambio de formación e desenvolvement o de boas prácticas

Avaliación da formación

Patricia Varela Muñiz

Programa integración familiar

de

Marzo Xuño 2014

Beatriz Carro Suárez 100 Marta Uzal Manteiga

Camiña Social Programa europeo de formación

Xuño 2014

Acceder a formación na utilización de prácticas efectivas centradas na familia

Marcos Veiga Crecente Luís Salgado Gómez Pilar Caeiro Porto

Mónica Fernández Lemos

Non se propoñen modos de intervención cas familias novedosos, que non os manexáramos dunha ou doutra maneira con anterioridade.


Luís Salgado Gómez

Necesidade de formarnos no carisma mercedario

VI Encontro Mercedario dos colexios mercedarios de España “Escola Mercedaria e paixón pola liberdade”.

Pilar Caeiro Porto 3/4/5 Xullo 2014

Conferencia de Centros Mercedarios de España

Marta Uzal Manteiga

Xullo 2014

Ampliar a formación nos valores do carisma mercedario para poder respétalos e poténcialos

A nivel formación, moi escaso. Serve de punto de encontro dende o punto de vista do Carisma Mercedario

O. Xosé Piñón Rodríguez

Provincial Equipo Directivo Superiora

Administradora

Director

Responsable de Calidade

Equipo educativo

Educadores

Voluntarios

Organigrama: órganos colexiados

O Equipo Directivo (Director do Centro, Administradora da Institución, Superiora Relixiosa) ten a responsabilidade de toma de decisións sobre todos os aspectos relacionados coa actividade nun plano estratéxico: xestión económica, recursos humanos e decisións técnicas de calado estratéxico. Salientar aquí a figura do Responsable de Calidade, que ten un papel asesor e supervisor do Sistema de Calidade. O Equipo Educativo reunímonos ó longo deste período, tanto en encontros programados, como mínimo unha vez o mes todo o equipo, como nos contactos diarios, educador e director. Nestes encontros, os educadores explicamos, primeiramente, a situación de tódolos rapaces dos tres fogares (a nivel familiar, escolar, de comportamento...), o día a día de cada piso, buscamos alternativas formativas e educativas para os cativos, expoñemos dúbidas tentando atopar entre todos solución ós problemas e situacións que teñen xurdido dende a reunión anterior,


organizamos saídas e excursións dos nenos, intercambiamos ideas e materiais educativos, organizamos o horario laboral en datas non cotiás (Nadal, Semana Santa e verán), revisamos documentación, avaliamos o noso traballo.


Propostas de mellora

RECURSOS MATERIAIS Instalacións No referente ás instalación, realizaron se obras de mantemento:      

repaso de pintura da fachada arranxo de grietas da fachada pintura dos pisos destinados ó programa residencial Pintura e mobles novos na sala de recepción das familias Pintura nasala de usos múltiples Estanterias e alfombras para zonas de xogios nos pisos

Ademais da aplicación do programa de mantemento e reparacións, o que nos permite ter o centro en moi boas condicións.

RECURSOS TÉCNICOS Documentos Os documentos existentes son a esencia do noso Sistema de Calidade, polo que se están a usar de modo correcto. Consideranse moi importantes para unificación do traballo tanto no noso centro como nos outros, pois cando se produce ó intercambio de información entre distintos centros, esta faixe dun xeito apropiado e coherente. Propostas de mellora Ó igual que o ano anterior seguense a detectar a necesidade de realizar un seguemento de implantación de protocolos, e todo o que eso conleva, non só de forma se non de fondo e prazos de entrega.Vese a necesidade que os Plans de Caso, non sexan tan repetitivos e sen información relevante, ademias da necesidade que sexa un documento “vivo” que teña un periodo de validez e que se renove, o igual que a necesidade de que chegue ó centro en tempo.


RECURSOS EXTERNOS

A relación cos axentes externos realizase baixo un crietrio de trazabillidade e planificación. Os axentes externos cos que se realiona o centro sempre teñen que ver ca intervención dos menores. Así estamo pactado tacitamente cos titores, orientadores e directores dos centros educativos ter unha reunión cada trimestre como mínimo, a parte de outras que se podan necesitar entre os titores e educadores. Co Equipo Técnico da Delegación mantense unha fluida comunicación, que se reforza con reunións na Delegación ou visitas de estes ETM ó centro. Os principais axentes externos cos que temos relación son.     

Equipos Técnicos do Menor (Delegación A Coruña) Servizos Sociais que interveña cas familias Programa de Unidade de Terapia Familiar (Universidade da Coruña) Mentor Meniños

RESUMEN DA MEMORIA ECONÓMICA Presuposto e fontes de financiación Ca filosofía de Entidade sin ánimo de lucro, todo os ingresos que se reciben no centro se reinvirten no centro. A única fonte de financiación con que se dispón na actualidade e a través do Contrato por prestacións de servizo ca Xunta de Galicia. Contrato en vigor e que se renova anualmente (co ingremento do IPC anual Galego) salvo denuncia de algunha das partes. No ano 2014 conseguironse unha subvención por parte da Diputación da Coruña. A o mantemento das instalación (pintura dos pisos do programa residencial e sala de espera das familias, así coma mobiliario para esta, estanterías e alfombras para zona de xogos dos pisos) A finalidade á renovación e adquisición de movos materiais para a realización de actividades cos menores e adecuación dos espazos ludico/formativos do centro.


Ademias opttivose unha donación a través do programa de cooperación do Circulo de Lectores, o cal donou material de lectura e xogos Seguese na xestión de convenios de colaboración con distintas entidades, co obxectivo de favorecer sinerxias que posibiliten mais e novas activides para os rapaces. A busqueda de estas fontes de financiación teñen por obxecto a mellora dos recursos materias e humans que xa posue o centro. Más a baixo podemos o presupusto cara ó ano 2015, onde aparecen reflexados tanto los ingresos como os gasto previstos.


5. AVALIACIÓN DAS ACTIVIDADES REALIZADAS Para realizar avaliación coherente, partir da do noso de avaliación abrangue

poder unha correcta e debemos avaliación Sistema Calidade, que todo o


relacionado con centro e os menores. Nesta avaliación poderemos ver dende os resultados ata a fonte de información (indicadores, enquisas…) INFORME DE REVISIÓN POLA DIRECCIÓN

CONTEXTUALIZACIÓN DA REVISIÓN Tal e como sinalamos no noso Manual de Calidade (MC), coincidindo co fin do ciclo PDCA, realizamos a revisión do estado da situación do noso sistema ca finalidade de tomar as medidas de mellora oportunas de cara o novo ciclo. En definitiva, tratamos de analizar en qué medida o sistema está funcionando de acordo cos criterios de adecuación ás necesidades dos nosos usuarios, de tal forma que poidan introducirse cambios e melloras de cara o seguinte período. Unha vez analizados os rexistros e a información necesaria recopiados durante todo este período; o responsable de calidade elabora o informe de revisión pola dirección. Ademais, a dirección, realiza unha revisión da lexislación que afecta o sistema. O programa de xestión de datos (XeCeMe) facilita o rexistro directo de datos e favorece a elaboración de toda a documentación relacionada co traballo que desempeñamos no lar, adaptada os protocolos de actuación establecidos pola Xunta de Galicia e, polo tanto, o reflectido no noso sistema de xestión de calidade. Seguimos sinalando a experiencia adquirida nas revisións anteriores, o seguimento dos protocolos establecidos pola Xunta e a utilización de XeCeMe, como ferramenta fundamental do noso sistema de xestión, como os tres elementos fundamentais que nos aseguran a calidade do noso sistema, nos permiten satisfacer as necesidades e expectativas dos nosos usuarios e nos axudan a cumprir cos requisitos establecidos pola Norma. ANÁLISIS DO SISTEMA Nesta revisión pola dirección levaremos a cabo a revisión da política e o obxectivo de calidade, a revisión da auditoría de Re-certificación da nosa certificadora realizada neste ciclo, a retroalimentación do cliente (en base os resultados obtidos nos cuestionarios aplicados os menores, nos meses de xuño e decembro, os centros educativos no mes de xuño e o ETM e os


traballadores no mes de decembro), o desempeño dos procesos e os cambios que puideran afectar o sistema e a revisión pola dirección previa. Revisión da Política e Obxectivo de Calidade. 

Estado da situación: mantivemos unha Política de Calidade alineada co noso obxectivo de calidade, principalmente en canto os compromisos adquiridos cos nosos usuarios. Intentando desenrolar o noso traballo con flexibilidade e capacidade de adaptación ás novas necesidades que poidan ir xurdindo e favorecendo a implementación de procesos de mellora continua nos servizos. Dende o mes de xaneiro de 2014 estamos traballando co obxectivo de calidade “Elaborar un protocolo de non incorporacións e ausencias sen permiso” ca intención de unificar criterios de actuación no modo de proceder ante as non incorporacións e as ausencias dalgún dos nosos menores. No primeiro seguimento constátase que se realizaron no tempo previsto o 100% das accións planificadas no seu despregue e que, tamén, se realizaron as primeiras xestións previstas ca administración autonómica. Aínda así, os resultados obtidos non resultan os esperados xa que determinamos que non existe ningún protocolo oficial de actuación ante dita situación. Feitas as xestións do primeiro seguimento, chega un e-mail dende a Dirección Xeral da Xunta referente as notificacións das fugas, no que se marca necesidade de enviar e-amil os xefes territoriais de cada zona (a nosa é Xefa Territorial da Coruña Mª PILAR CARIDAD ALONSO pilar.caridad.alonso@xunta.es)

Análises: no primeiro seguimento constátase que se realizaron no tempo previsto o 100% das accións planificadas no seu despregue. Nembargante comprobamos que ditas accións non aportaron ningún tipo de información que nos permita iniciar un protocolo baseado en actuacións previamente establecidas e adaptadas o noso ámbito de intervención.

Conclusións e análises de mellora: Tendo en conta os resultados obtidos, unha vez recopiada e revisada toda a información, concluímos a necesidade de elaborar un protocolo adaptado a nosa situación actual e que de resposta a aqueles puntos nos que atopamos mais dificultades á hora de afrontar unha non incorporación/ausencia, alineado co noso PEC e o noso RRI.


Axúntase a Política e o Obxectivo de Calidade como anexo o final do informe da revisión do sistema (Anexo I e Anexo II, respectivamente).

Revisión de Auditorías Internas 

Estado da situación: No referente as auditorías internas previstas para este ano tiñamos programadas unha auditoría cruzada e unha auditoría de Re - certificación. Para levar a cabo a auditoría cruzada se inicia a busca de presupostos que, finalmente, non resultan viables por cuestións meramente económicas. Como consecuencia deste imprevisto e co fin de facer un seguimentos mais exhaustivo do noso sistema establecemos novos puntos de seguimento, no apartado “informe de calidade”, na acta de reunión do equipo educativo. Sobre todo no referente a avaliación das saídas, o control e seguimento da documentación relacionada directamente ca intervención, o control e seguimento de incidencias, melloras e non conformidades e o seguimento do planning de reunións do equipo educativo. O día 31 de Outubro realízase unha auditoría de Re – certificación. O auditor confirma o cumprimento de tódalas actividades previstas no plan de auditoría. Considera que o sistema de xestión: é conforme os criterios de auditoría, entre os que se encontran os requisitos da norma de referencia e da documentación do sistema, e que a organización implantou eficazmente as disposicións planificadas; ten capacidade para cumprir os requisitos legais, reglamentarios e contractuais aplicables; proporciona as ferramentas necesarias para lograr o cumprimento dos propios obxectivos da organización e hasta o momento amosou a súa eficacia no logro dos mesmos. Detéctanse dous puntos fortes, tres oportunidades de mellora e cinco observacións. Trala revisión da visita de seguimento decidimos: seguir levando a cabo aquelas accións destacadas como puntos fortes á hora de desempeñar o noso traballo e ter en conta as propostas de mellora plantexadas como oportunidades. En relación as observacións establecemos as accións reparadoras necesarias para subsanar os seus efectos e impedir así a aparición de non conformidades.


Axúntase o informe da Auditoría de Re - certificación e a Planificación das auditorías a realizar no 2015 (Anexos III e IV respectivamente) como anexos o final do informe da revisión do sistema.

Análises: unha vez mais, detectamos que os nosos puntos fortes se identifican cos piares fundamentais á hora de desempeñar o noso traballo diario, tanto a nivel de intervención como a nivel de coordinación e organización xeral do sistema: Auditoría de Re - certificación:  Filtrado en rexistro/diario moi áxil.  Destaca a información de seguimento reflectida nas actas de reunión mensual do equipo educativo.

Conclusións e análises de mellora: a realización das auditorías axúdannos a: ter identificados os nosos puntos fortes como os piares onde seguir apoiándonos á hora de realizar o noso traballo diario, levar a cabo accións reparadoras para subsanar os efectos das observacións e as accións que despregamos fronte as propostas de mellora, a actualizar a nosa documentación, a revisar a nosa estrutura organizativa e a avaliar a relación que mantemos cas familias, con outras institucións e/ou outros profesionais. O mesmo tempo que clarificamos obxectivos, recursos, localizacións, temporalizacións, asignación de responsabilidades nas distintas actividades que desenrolamos na nosa entidade; e a establecer un sistema de avaliación periódico que nos facilita as actuacións e/ou correccións necesarias para cada situación. Unha vez mais, temos que sinalar a importancia do programa XeCeMe como ferramenta que facilita a nosa actividade diaria, a todos os niveis.

Retroalimentación do cliente 

Estado da situación: aos menores, aos ETM, aos centros educativos e aos traballadores lles pasamos uns cuestionarios de satisfacción co fin de valorar a súa percepción e o seu grado de satisfacción en relación o servizo que prestamos. No referente aos menores sinalar que temos tres tipos de cuestionarios adaptados a tres franxas de idade (de tres a dez anos, de once a catorce e de quince a dezaoito). Pasámoslles os cuestionarios, os nenos que residen no lar nese momento, no mes de xuño e no mes de decembro; tendo en conta que as expectativas e a satisfacción das mesmas adoitan a variar en función da época do ano.


En canto aos cuestionarios dirixidos ao ETM, resaltar que nesta ocasión se decidiu pasar cuestionario ao Coordinador dos ETM e os tres equipos que conforman a Delegación e que son responsables de menores do centro: Equipo Norte, Equipo Coruña, Equipo Sur. Estamos a falar de tres equipos de seis persoas, ademais do coordinador, e dicir, 19 enquisas. Iso con respecto ao tamaño, con respecto ao modo de recollida de datos, decídese en man a cada equipo, onde se explica o motivo e a necesidade da enquisa, acompañado pola enquisa a realizar. A resposta foi nula por parte de todos os membros dos Equipos e Coordinador, a día de cerrar esta análise, ninguén dos arriba indicados contestara a enquisa. Polo que debemos cambiar o método de entrega/recollida e incluso o momento de pasalas enquisas Os cuestionarios os centros educativos pásanse no mes de Xuño, van dirixidos aos titores dos menores en cada un dos centros nos que están escolarizados. Os cuestionarios de clima laboral, dirixido os traballadores, pásanse no mes de decembro. Trátase dunha enquisa de clima laboral que se realiza a través de internet, na paxina de www.e-encuesta.com Os nosos usurarios non fixeron uso das follas de reclamacións nin do buzón de suxestións postos a súa disposición.

Análises: os datos que se reflectirán están tomados de modo porcentual, para poder facer unha comparativa mais real. O número de rapaces internos, como xa dixemos, pode variar; pero tamén pode variar o número de rapaces de cada franxa de idade. Ademais de outras moitas posibilidades tales como situacións de incorporacións recentes, baixas que impiden facer unha correlación de lectura de gráficas sucesivas, trocos de andar, trocos de educadores, cambios nos ritmos de vida,… que poden afectar directamente ás respostas que se dan en cada momento.

Gráficas enquisa menores 3-10 anos – Xuño 2014


Gråficas enquisa menores 3-10 anos – Decembro 2014


Comparativa % de satisfacción ano 2014

Conclusións: Pódese apreciar un alto grado de satisfacción dos menores o longo de todo o ano, apreciándose una alta cota de puntuación nos ítems respondidos con “moito”, aínda que se aprecian pequenas variacións nos outros dous, tanto de subida como de baixada de puntuación. Debemos salientar que as variacións que se perciben son sobre todo a ítems relacionados con temas mais persoais (gusto pola roupa, gusto pola comida) creemos que isto é debido as falta de hábitos e costumes que leva un certo tempo acostumarse a elo.


Gráficas enquisa anos – Xuño 2014

menores

11-14


Gråficas 14 anos –

enquisa menores 11Decembro 2014


Comparativa % de satisfacci贸n ano 2014


Conclusións: Facendo a comparación xeral dos ítems o longo do ano, podemos apreciar, que o número de rapaces de esta franxa de idade se reduce en catro, pasando de 9 no mes de xuño, a 5 no mes de decembro. Pódese ver unha evolución positiva en case todas as respostas, onde podemos ver unhas respostas mais críticas e reflexivas, porque non todo é bo e malo, pódese apreciar os distintos grados de satisfación Debemos ter en conta, que nunha mostra tan pequena e con esa variación do número de enquisados, os resultados varían moi facilmente.

Gráficas enquisa menores 15-18 anos – Xuño 2014


Gråficas enquisa menores 15-18 anos – Decembro 2014


Comparativa % de satisfacción ano 2014

Conclusións: Pódese apreciar uns bos resultados. Este resumen de enquisa amosa unha boa evolución, de cara á máxima puntuación, equilibrando/arrastrando os datos de menor valor cara arriba (os de mais valor). Debemos fixarnos, no alto incremento no valor da serie 1, este dato ven dado por respostas totalmente negativas, onde os menores buscaban “o castigo” do centro a través da súas respostas, e así amosar tamén o seu descontento ca situación que estaban a vivir.


CONCLUSIÓNS XERAIS: Podemos resumir dicindo que as enquisas amosan unha situación de conformidade con respecto ós ítems enquisados, na maioría dos casos a tendencia e as respostas foron nas puntuacións mais altas. Agora ben, se temos presenten o número de enquisados por franxa de idade, e a época do ano na que se realizan, podemos estar a realizar unhas comparativas que nos poden levar a erros, ou certas desviación nas respostas, por iso pensamos que a partires do ano 2015 en diante, as enquisas, aínda que se seguirán pasando no primeiro e segundo semestre do ano, á hora de facer as comparativas, realizaranse entre semestres iguais, e dicir, a partires do 2015 compararanse primeiro semestre 2015 con primeiro semestre 2014, e segundo semestre 2015 con segundo semestre de 2014. Pois con isto o que buscamos e comparar momento do ano iguais e número de enquisados case sempre moi semellantes na mesma franxa de idade.

Desempeño dos procesos 

Estado da situación: para controlar o desempeño dos procesos realizamos a medición e seguimento dos indicadores vinculados a cada un deles. Decidimos identificar un indicador por cada un dos procesos do noso sistema. Para cada indicador fixamos a fonte ou fontes das que se van a extraer os datos, un valor esperado en termos cuantitativos e un período de seguimento (Xuño e Decembro). En cada período de seguimento, unha vez que extraemos o dato do indicador, segundo o grado de cumprimento ou non do valor esperado establecido, se analiza a situación co fin de tomar as medidas de mellora que consideremos oportunas. Subliñar que no mes de Decembro realizamos cambios nalgúns dos indicadores respecto o mes de Xuño, algúns como consecuencia da auditoría de re – certificación e outros como consecuencia das dificultades que atopamos na medición e análise dos indicadores durante o primeiro semestre do ano.


Análises: Análises de indicadores Xuño 2014

INDICADOR

ANÁLISE E MEDIDAS A TOMAR

Un dos menores que foron baixa o longo deste semestre non aparece reflectido en XeCeMe para poder medir o indicador referente a súa valoración e admisión. % de casos nos que ten lugar unha entrevista previa o ingreso co menor e os seus familiares de referencia

Necesidade de establecer unha mellora que permita medir datos referentes os menores que son baixa antes de rematar un semestre, co fin de non desvirtuar as medicións e non perder datos significativos para o noso sistema de calidade.

Hai que volver a subliñar que un dos menores que foron baixa o longo deste semestre non aparece reflectido en XeCeMe para poder medir o indicador referente o seu ingreso e acollida.

A pesar de que o indicador está recentemente reformulado. Detéctanse erros e contradicións. Se temos en conta o desenvolvemento de cómo ten que ser o procedemento enténdese que ten que estar tanto o director coma o educador de referencia porque no momento do ingreso atribúelle tarefas diferenciadas e específicas a cada un deles. Necesidade de reformular de novo o indicador: “% de ocasións nas que o menor e recibido pola educadora de referencia e polo director”. % de ocasións nas que o menor e recibido pola educadora de referencia ou polo director

% de PEIS con evolución positiva en, a lo menos, o 50% dos obxectivos planificados.

Apreciamos que os nenos van alcanzando os obxectivos propostos no seu PEI. Séguese observando un incremento de éxito respecto ás medicións anteriores, A reformulación do indicador permítenos valorar os obxectivos dun xeito mais positivo, independentemente da súa consecución final. Sempre en clave de mellora.


Os resultados desta medición seguen a ser moi negativos. Unha vez mais, en ningunha das saídas que tiveron lugar neste semestre fixemos unha valoración positiva, ou ben pola súa premura que non permitiu facer unha planificación da saída ou ben por non responder as valoracións feitas dende o Lar. Seguimos valorando a necesidade de manter este indicador con fin de observar en que condicións se % de casos cerrados con éxito producen as saídas dos menores do centro e mellorar á hora de acordar co ETM a mellor saída dun menor nun momento dado.

Cumprimos cas reunións sinaladas para o trimestre en practicamente tódolos casos.

% de casos nos que se mantén, a lo menos, unha reunión trimestral con algún dos membros que conforman os equipos educativos dos centros escolares

Seguimos valorando a necesidade de manter o indicador xa que nos axuda a manter unha comunicación continuada, constante e recíproca. Establecendo, así, unha relación coordinada cos distintos axentes que interveñen na formación académica dos menores, potenciando e incrementando a súa implicación. Aclaramos que as reunións trimestrais teñen que responder ás avaliacións establecidas por cada centro educativo cada curso escolar.

Houbo unha incidencia neste período de análise relacionada con este proceso. Valoramos a necesidade de manter o indicador co fin de seguir controlando o estado da nosa documentación.

% de incidencias vinculadas o proceso de Documentación

Detectamos que a meta está mal expresada matematicamente, deberíase empregar o símbolo < e non o – . Levamos a cabo un cambio na expresión da meta.

Ningún dos nosos provedores supera mais de dúas incidencias anuais. Valoramos a necesidade de manter o indicador con fin de seguir controlando de maneira continuada a actividade dos nosos provedores. Sen embargo, consideramos importante que as medicións sexan


% de provedores con mais de dúas incidencias anuais

semestrais, o mesmo tempo que decidimos reducir as incidencias a mais de unha. Polo tanto decidimos redefinir o indicador: “% de provedores con mais dunha incidencia semestral” Detectamos que a meta está mal expresada matematicamente, deberíase empregar o símbolo < e non o – . Levamos a cabo un cambio na expresión da meta.

% de avarías reparadas antes dos 10 días seguintes a súa detección Valoramos a necesidade de manter o indicador xa que nos axuda a estar pendentes do mantemento das instalacións e equipamentos e a solucionar en tempos as avarías.

% de obxectivos de calidade nos que se realizaron en tempo previsto o 100% das accións planificadas no seu despregue

Se levaron a cabo tódalas accións planificadas no seu despregue, seguiremos mantendo o indicador co fin de facer un seguimento semestral do estado das accións que planifiquemos para cada obxectivo.

Unha posible proposta de mellora deste indicador sería analizalo soamente no mes de decembro e ir medindo toda a formación planificada e realizada do ano, desta maneira quedaría máis “real” a medición xa que se trata dunha planificación anual e non corresponden os meses de inicio e finalización nos cursos que analizamos. Seguemos tendo dificultades á hora de realizar unha planificación da formación segundo as necesidades detectadas previo análise da nosa situación e das dificultades cas que nos atopamos no momento da planificación.

% de formación planificada e realizada

Ante as dúbidas que se nos plantexan decidimos reformular o obxectivo de cara á próxima medición no mes de Decembro.

% de propostas de mellora cerradas con éxito e en tempo

A reformulación do indicador e o seguimento do mesmo a partir dunha nova fonte do dato facilitounos a medida do indicador e, polo tanto,a valoración do mesmo.

Análises indicadores Decembro 2014


INDICADOR

ANÁLISE E MEDIDAS A TOMAR

Kawtar, Ismael, Sergio, Alberto, Mauro, Antonio y Ana: hai entrevista previa nos casos de Antonio e Ana, no resto non.

% de casos nos que ten lugar unha entrevista previa o ingreso co menor e os seus familiares de referencia

No caso de Mauro a entrevista non se deu por problemas económicos da familia. No caso de Kawtar e Ismael estiveron acompañados pola directora e as educadoras responsables do menor do Fogar Infantil, o pai non puido por problemas laborais. Este novo indicador permítenos traballar sobre algo que depende de nos, tal e como pretendíamos, sen que veña dado por un axente externo. Pretendemos seguir traballando na mesma linea co fin de asentar as entrevistas previas o ingreso tanto cos menores como cos seus familiares de referencia.

Kawtar, Ismael, Sergio, Alberto, Mauro, Antonio y Ana: os menores recibidos pola educadora de referencia (ou polo educador de piso responsable no momento do ingreso) e polo director foron Sergio, Alberto e Mauro. No caso de Kawtar, Ismael e Ana non recibe o director e no caso de Antonio non recibe nin a educadora de referencia nin o director. % de ocasións nas que o menor e recibido pola educadora de referencia e polo director

% de PEIS con evolución positiva en, a lo menos, o 50% dos obxectivos planificados.

% de casos nos que o desinternamento se produce acorde coa proposta educativa do último informe de seguimento

Podemos observar que as acollidas non están a producirse tal e como o temos reflectido na nosa documentación. Quizais debemos ser menos precipitados á hora de levar a cabo os ingresos e esperar a que podan realizarse tal e como nos mesmos queremos que se produzan.

Sinalar o Informe de seguimento (XeCeMe) como fonte do dato, así xa non hai dubidas. Nos casos de ingresos recentes que aínda non haxa informe de seguimento xa queda claro que non se pode medir

Sergio, Alberto, Fernando, Maikel, Martín, Raquel, Salah, Israel, Lidia y Ana: solo se produce acorde coa proposta educativa a saída de Salah Seguimos valorando a necesidade de manter este indicador con fin de observar en que condicións se producen as saídas dos menores do centro e mellorar á hora de acordar co ETM a mellor saída dun menor nun momento dado.


% de casos nos que se mantén, a lo menos, unha reunión trimestral con algún dos membros que conforman os equipos educativos dos centros escolares

No caso de Elena non hai titorías por motivos xustificados e no caso de Salah non manexamos o dato (o darse de baixa en XeCeMe perdemos a información).

Tal e como se reflicte na medición do indicador, cumprimos cas reunións sinaladas para o trimestre. Valoramos a necesidade de manter o indicador xa que nos axuda a manter unha comunicación continuada, constante e recíproca. Establecendo, así, unha relación coordinada cos distintos axentes que interveñen na formación académica dos menores, potenciando e incrementando a súa implicación.

% de incidencias vinculadas o proceso de Documentación

Abriuse unha única incidencia de Recursos Humanos Non houbo incidencias neste período de análise relacionadas con este proceso. Valoramos a necesidade de manter o indicador co fin de seguir controlando o estado da nosa documentación.

No caso de Infonet, non se marca ningunha incidencia, e hai que contemplar que este curso houbo quen estivo cerca de tres semas sen ordenador.

% de provedores con mais dunha incidencia semestral

En canto a óptica Americana, hai meses que xa non actúa como provedor....polo tanto non e moi obxectivo. Valoramos a necesidade de manter o indicador con fin de seguir controlando de maneira continuada a actividade dos nosos provedores.

% de avarías reparadas antes dos 10 días seguintes a súa detección Valoramos a necesidade de manter o indicador xa que nos axuda a estar pendentes do mantemento das instalacións e equipamentos e a solucionar en tempos as avarías.

% de obxectivos de calidade nos que se realizaron en tempo previsto o 100% das accións planificadas no seu despregue

Se levaron a cabo tódalas accións planificadas no seu despregue, seguiremos mantendo o indicador co fin de facer un seguimento semestral do estado das accións que planifiquemos para cada obxectivo.


Este indicador non aporta información realmente válida. A denominación de persoal laboral, fai referencia a un grupo de traballadores da administración pública e nós non o somos. O indicador debe ir dirixido a que os traballadores se formen en cuestións relacionadas directamente co seu posto de traballo, polo que a temática dos cursos debería ser diferente tendo en conta o posto de cada un. Necesidade de reformular os perfís profesionais (¿isto sería unha proposta de mellora?), hai postos claramente diferenciados dentro dos educadores (de referencia, de noite, fin de semana) que non solo se diferencian polo horario, senón claramente polas responsabilidades de cada un deles e funcións. Ben, pois se hai diferenza nas funcións e responsabilidades que teñen cada un deles a formación que precisan debe ser diferente. A formación ademais de ser unha obriga tamén é un dereito do traballador polo que debe haber un número de horas mínimo para garantir a constante formación e renovación dos traballadores. % de persoal laboral que realizou, a lo menos, 15 horas de formación anual

O indicador debería ir por: % de persoal educativo contratado que realizou alomenos 20 h de formación anual. Se por formación non entendemos solo os cursos, deberíamos cambiar o formato do plan anual de formación que está solo pensado para cursos.

% de propostas de mellora cerradas con éxito e en tempo

Non se pode medir, segundo o noso panel de indicadores, porque non está a fonte do dato completa. A 58 e a 59 xa están pechadas e con éxito, a 57 non.

Conclusións e análises de mellora: unha vez analizados os indicadores, no mes de xuño e no mes de decembro, detectamos a necesidade de, tal e como expoñemos no panel adxunto, facer todas aquelas modificacións que nos podan axudar a medir, analizar e concluír cal e a situación real do noso sistema co fin de poder traballar baixo unha perspectiva de mellora continua. Tamén valoramos a necesidade de levar o día a nosa documentación, de tal modo que cando vaiamos a medir os nosos indicadores sexa posible dita medición e non se vexa afectada pola falta de rexistro dos datos que precisamos.


Non conformidades. Propostas ou recomendacións de mellora. 

Estado da situación: neste período de avaliación non temos reflectida na nosa documentación ningunha Non Conformidade.

NON CONFORMIDADES FP-VAD FP-AC FP-IE FP-SAL FP-COO FP-GD FP-GPC FP-MNT FP-PLA FP-GRH FP-MEJ

-

Análises: respecto a revisión pola dirección do 2013, podemos sinalar un importante progreso no que se refire á planificación e á xestión da documentación. Sinalamos o establecemento de novos espazos e tempos, a redistribución dos recursos humanos, o calendario de revisións de informes e o seguimento do mesmo, nas reunións do equipo educativo, como os facilitadores deste progreso.

Conclusións e análises de mellora: seguir tendo en conta as non conformidades sobre as que traballamos e afrontando as non conformidades que xurdan como vimos facendo ata o momento, levando a cabo as accións reparadoras pertinentes e cerrando as non conformidades detectadas en prazo e con éxito; asegurándonos, así, un bo funcionamento do noso sistema o eliminando as causas que as xeraron.

Accións preventivas e correctivas. Accións de mellora


Estado da situación: Neste período de revisión procedemos á apertura de 6 propostas de mellora cas súas respectivas accións, para poder introducilas. As novas propostas de mellora ábrense como consecuencia das auditorías de seguimento, da nosa propia práctica diaria e do análise de indicadores. Ademais, o longo deste ano, se cerraron propostas de mellora que estaban sen cerrar.

PROPOSTAS DE MELLORA

DESCRIPCIÓN

ACCIÓNS DE MELLORA

SITUACIÓN ACTUAL

Aclarar con benestar o mecanismo de cumprimentación da escala de observación, non está documentada nos

Comprobar o estado actual da consulta realizada con Benestar

Cerrada sen éxito

Comprobar o estado da subvención

Cerrada con éxito

protocolos.

Petición de unha subvención á Deputación da Coruña para a rehabilitación da sala de recepción para as familias dos menores, rehabilitación dos fogares e rehabilitación da sala de usos múltiples.

Entendemos que é necesario deixar de imprimir a documentación en formato papel, sempre e cando sexa viable, co fin de optimizar recursos

Comprobación que a documentación en formato papel non vai en aumento, quedando reflectidos tódolos cambios en soporte informático

Ante a imposibilidade de aclarar con benestar os mecanismos de cumprimentación da escala de observación, incorporar no procedemento de acollida o mecanismo de cumprimentación da escala de observación a nivel interno.

Definir no procedemento de acollida como procedemos no momento de cumprimentar a escala de observación

Necesidade de posibilitar a medición e análise dos datos de aqueles menores que son baixa antes do remate do semestre no que temos que medir indicadores.

Ante as novas baixas recopiar os datos dos menores, respecto os procesos esenciais, que van a ser necesarios para a medida de cada un dos indicadores correspondentes

Cerrada con éxito

Sen cerrar

Cerrada con éxito


A vez que na acta de reunión se valora a saída do menor, reflectir dita información

Necesidade de deseñar unha ficha de administración de medicación común para todos.

Deseño dunha plantilla única na que consten os datos necesarios para asegurar a administración, polo educador correspondente, da medicación recitada a un menor determinado

Cerrada con éxito

Análises: tal e como se reflexa na táboa, das seis propostas de mellora abertas neste ano: 4 están cerradas con éxito, 1 cerrada sen éxito e 1 está sen cerrar. O resto de melloras foron cerradas no 2014 pero non foron abertas neste ano, simplemente estaban pendentes de ser cerradas.

Conclusións e análises de mellora: Confirmamos que unha vez detectada a proposta de mellora, si se fai un bo análise da orixe que a provoca e un bo despregue de accións, ca temporalización que corresponde, en cada caso, e un responsable do seu seguimento, favorecemos que se cerren en prazo e con éxito. Asegurándonos así, o bo funcionamento do noso sistema.

Revisión pola dirección previa 

Estado da situación: o uso da Aplicación informática de Xestión de Centros de menores (XeCeMe), segue a facilitar todo o proceso de intervención cos menores derivados pola administración, supón unha importante fonte de datos para moitos dos nosos indicadores e, ademais, constitúe un importante canal de comunicación para os membros do equipo educativo. A nosa organización ten interiorizados os protocolos establecidos pola Xunta e adaptados a nosa documentación e a nosa realidade.

Análises: a planificación como o piar que debe establecer un modo de traballo determinado dentro da nosa organización e o sistema documental da nosa identidade como a guía de desenvolvemento de tódalas tarefas que temos que realizar no traballo diario con tódolos axentes de intervención. O bo manexo destas dúas ferramentas básicas de traballo nos permiten satisfacer as necesidades dos nosos clientes e mellorar, a calidade do noso servizo.

Conclusións e análises de mellora: valoramos a importancia de: poñer en práctica a experiencia adquirida nas revisións anteriores, respectar os protocolos establecidos pola Xunta e utilizar XeCeMe como ferramenta básica de traballo. Consideramos que deste modo lograremos satisfacer as necesidades e expectativas dos nosos usuarios.


Cambios que poden afectar o sistema

Estado da situación:

Na actualidade non se esperan cambios salientables, se ben debemos estar preparados para posibles concursos de prazas por parte da Xunta, ademais de buscar fontes de financiación novas e inexploradas pola Centro.

Análises:

Con respecto ás prazas que temos concedidas non hai variación, mantendo oito prazas de atención de día e vinte prazas de residencial. A plantilla de traballadores séguese mantendo estable no número de traballadores (un total de oito). Acaba de prorrogarse o contrato de prestación de servizo ca Xunta de Galicia, durante o ano 2015. Existen noticias fundadas de que convocarase, por parte da Xunta de Galicia, un concurso xeral en toda a autonomía, onde se ofertarán todas as prazas dispoñibles. As datas de este concurso virán dadas pola elaboración da Carteira de Servizos que está a realizar a Xunta. Se analizamos as fontes de ingresos, vemos que so dispoñemos dunha,o contrato de servizo que temos ca Xunta de Galicia, debido á característica do servizo e a nosa capacidade, non podemos ter outro financiador. Se ben estase a traballar na procura de subvencións de entidades, tanto públicas coma privadas, que nos permitan afrontar melloras en todos os ámbitos do noso servizo

Conclusións e análises de mellora:

Podemos dicir que a situación do Centro é estable e que non se prevé que existan variacións destacables durante o ano 2015. Coma mellora mais destacable a preparación do posible Concurso de Prazas dos centros de menores, por parte da Xunta de Galicia.


A procura de novas fontes de ingresos, independentes do contrato firmado cá Xunta de Galicia, ingresos tanto monetarios coma de recursos materiais e humanos para unha mellora no noso traballo.

RESULTADOS DO ANÁLISES. CONCLUSIÓN GLOBAL

En relación os resultados: tras comprobar cal é o estado da nosa realidade interna, centrándonos no noso obxectivo de calidade, a información que nos aportan os clientes, os resultados da Auditoría de re - certificación, o análises de indicadores e as propostas de mellora; comprobamos, que para mellorar o noso servizo temos que seguir traballando na mesma línea. Adaptando tódalas nosas ferramentas de traballo a nosa realidade, respectando os protocolos de actuación establecidos pola Xunta e tódolos procesos que guían o noso proceder diario.

En relación á necesidade de introducir melloras: a necesidade de introducir as melloras vai xurdindo da nosa práctica diaria, dos análises de indicadores, informes de satisfacción, retroalimentación do cliente,…

Necesidade de recursos: tódolos recursos necesarios para desempeñar a nosa actividade diaria.  Materiais:  Programa XeCeMe.  Equipos informáticos conectados a internet.  Protocolos implantados pola Xunta.  Humanos:  Equipo educativo.  Equipo directivo.  Formación:  A que vaia derivando da acción.

Observación final Toda a información recollida suporá a entrada o proceso de planificación ca


identificación de novos e mais ambiciosos obxectivos de calidade mellor planificados.

ANEXO I – POLÍTICA DE CALIDADE POLÍTICA DE CALIDADE LAR A MERCÉ comprometese a mellorar continuamente na xestión e prestación dos seus servizos así como ao cumprimento dos requisitos da norma ISO 9001:2008 e os legais e regulamentarios que lle afecten, procurando en todo momento a satisfacción dos seus grupos de interese. A calidade é un compromiso da entidade así como unha responsabilidade individual de cada un dos membros da mesma que terán que manifestarse a través das accións que cada un emprenda, configurándose como un estilo de proceder e saber facer inseparable do Carisma Mercedario. Ademais, deberá ser revisada para a súa continua adecuación e actualización, co fin de mellorar continuamente a eficacia do Sistema de Xestión de Calidade. A Política de Calidade do LAR A MERCÉ determina os seguintes compromisos: Cos usuarios 

Atender as súas necesidades e expectativas, co persoal adecuado, baixo unha perspectiva educativa integral, partindo sempre da súa realidade específica e individual.

Xerar un clima de fogar que facilite a estancia dos menores no centro. Baixo un trato respectuoso que atenda á diversidade.

Traballar con flexibilidade e capacidade de adaptación ás novas necesidades que poidan ir xurdindo.

Promover a formación e preparación do menor de cara a unha futura inserción socio laboral.

Implementar procesos de mellora continua nos servizos.


Garantir a súa confidencialidade.

Co persoal 

Favorecer a formación e actualización de competencias do persoal dende unha perspectiva técnica e humana para poder dar unha mellor e mais rápida resposta ante os cambios que se producen na sociedade actual.

Buscar as condicións mínimas que favorezan a calidade de vida laboral en canto a: autonomía, coordinación, flexibilidade, manexo de recursos, recoñecemento, clima e ambiente de traballo, satisfacción, conciliación ca vida familiar.

Traballar baixo o cumprimento da normativa legal establecida.

Ca administración 

Manter unha comunicación bidireccional a fin de establecer unha relación fluída e constante.

Colaborar nas propostas e plans de traballo plantexados de cara a conseguir un traballo en rede eficaz, conseguindo así unha labor efectiva que repercuta no benestar dos menores.

Involucrar no proxecto individualizado de intervención co menor aos diferentes axentes, tendo en conta o ámbito que lle compete a cada un e as limitacións correspondentes.

Facer cumprir a normativa legal establecida.

Cas familias 

Facilitar información e atención personalizada cando sexa posible e/ou conveniente tendo en conta os obxectivos marcados no proxecto educativo individualizado do menor.

Establecer unha linea de traballo conxunta para realizar unha atención personalizada o menor efectiva e satisfactoria.

Garantir a estabilidade do servizo para tranquilidade das familias.


Ca entidade 

Respectar e potenciar os principios mercedarios a congregación.

Asdo:

A dirección


ANEXO II – OBXECTIVO DE CALIDADE

IDENTIFICACIÓN Nº OBXECTIVO MEDIBLE

1

ALINEACIÓN COA POLÍTICA

Elaborar un protocolo de non incorporacións e ausencias Traballar con flexibilidade e sen permiso capacidade de adaptación ás novas necesidades que poidan Indicador: a realización ir xurdindo. Fonte do dato: o documento

PRAZO DE EXECUCIÓN

Implementar procesos de mellora continua nos servizos

PERIODO SEGUIMENTO/DATA

Xuño 2015

DE RESPONSABLE

Semestral (Xuño - Decembro)

Director APROBACIÓN

Data: /01/14

07

DIRECCIÓN

DESPRIEGUE ACCIÓN

RESPONSABLE

DATA REALIZACIÓN

RECURSOS

Recopilación de documentación vixente 1ª na administración autonómica relativa a non incorporación e ausencias

Dirección

Xuño 2014

Lexislación, equipos informáticos

REALIZADO


sen permiso

SEGUIMENTO E AVALIACIÓN

1º SEGUIMENTO Observacións e medidas a tomar: Realízanse as primeiras xestións coa Administración. 2ª A Administración informa que protocolo oficial para dita Revisión danon existe Dirección Decembro 2014situación. Material de documentación recopiada oficina 2º SEGUIMENTO Observacións e medidas a tomar: Feitas as xestións do 1º seguimento, chega un e-mail dende a Dirección xeral da Xunta referente as notificacións Elaboracióndas fugas (copia dun en carpeta de dirección) protocolo alienado cos AVALIACIÓN FINAL Dirección Xuño 2015 da 3ª protocolos administración, o PEC e o RRI Observacións e medidas a tomar:

Data:

Dirección


6. RELACIÓNS EXTERNAS DA ENTIDADE/CENTRO RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

As reunións mantidas cos distintos axentes dependen dos obxectivos das mesmas e a periocidade. Así pois:  Delegación Territorial: reuniones periodicas cos responsables de centros de dos tres equipo, e reunión baixo de demanda de algunhas das partes  Fiscalía de menores: inspeccionos anuais INSPECCIONS REALIZADAS Durante o ano 2014, se fixeron no centro as seguintes inspeccións.  Fiscalía de Menores  Inspección de centros  Sanidade

IMPLANTACIÓN SISTEMA DE CALIDADE

Se pasou a revisión de calidade, de dous xeitos, a través de unha auditoría interna e a través de auditoria da empresa certificadora (Bureau Veritas), podemos ver este último informe mas abaixo.


7. CONCLUSIÓNS

En relación os resultados: tras comprobar cal é o estado da nosa realidade interna, centrándonos no noso obxectivo de calidade, a información que nos aportan os clientes, os resultados da Auditoría de certificación, o análises de indicadores e as non conformidades e propostas de mellora; comprobamos, que para mellorar o noso servizo temos que seguir traballando na mesma línea. Adaptando tódalas nosas ferramentas de traballo a nosa realidade, respectando os protocolos de actuación establecidos pola Xunta e tódolos procesos que guían o noso proceder diario. En relación á necesidade de introducir melloras: a necesidade de introducir as melloras vai xurdindo da nosa práctica diaria, dos análises de indicadores, informes de satisfacción, retroalimentación do cliente.

Memoria finalizada en Oleiros a 31 de Decembro de 2014

Asinado director del Centro: Otilio José Piñón Rodríguez

Memoria lar a mercé 2014  
Memoria lar a mercé 2014  
Advertisement