
Antes de marchar, a súa nai díxolle:

–Lembra, non lle abras a porta a ninguén!
Deulle unha aperta e saíu.
A raposiña quedou soa na cova. Fóra anoitecía, pero aínda se podía ouvir o grallar dos corvos e o rechouchío dos pardais.


De súpeto, chamaron á porta. Toc, toc, toc.
–Quen é? –preguntou a raposa.
–Son o Silencio –contestou unha voz.
–Lisca! Mamá díxome que non lle abra a ninguén.

–Mais eu non son ninguén. Eu son o Silencio.
A raposa quedou pensando un anaquiño e, ao final, con curiosidade, abriu a porta.
