As pegadas de Rosalía

Page 25

Neste percorrido que fixemos seguindo as pegadas de Rosalía

por

Padrón quedan algúns lugares por nomear e visitar. Tal é o caso do Pazo de Arretén, tamén chamado por ela a “Casa Grande” onde pasou algunhas tempadas coa familia. Xa no concello de Dodro, a un quilómetro escaso de Padrón, está Lestrove, onde pasou así mesmo longas tempadas no Pazo das Torres de Hermida. Alí, debaixo dun madroño, e coas fermosas vistas que dende o alto daquela atalaia lle permitían albiscar toda a veiga do Sar e do Ulla, compuxo moitos dos seus fermosos poemas. Como chove miudiño, como miudiño chove; como chove miudiño pola banda de Laíño, pola banda de Lestrove. … Vexo o Souto en parda sombra envolvendo o seu ramaxe, que por bon do Rei se nombra, donde fero o vento asombra, roxe e estala de coraxe … E tamén vexo enloitada da Arretén a casa nobre, donde a miña nai foi nada, cal viudiña abandonada que cai triste ó pé dun robre.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.