Page 1

I a Padrón, ponliña verde, fada branca ó pé dun río, froita en frol da que eu quixerde, lonxe miro que se perde baixo un manto de resío.


XARDÍN BOTÁNICO O Xardín Botánico Artístico de Padrón é un dos máis antigos de España (1869) e está catalogado como

Ben de Interese Cultural.

Segundo se conta, Rosalía de Castro gozaba paseando por este xardín e

adoitaba

sentarse

nun

banco

a

carón

das

secuoias

vermellas

a

escribir. Elas puideron inspirar algúns dos versos da ilustre poeta, motivo polo cal, a secuoia maior foi bautizada co seu nome.

A outra

secuoia tamén leva o nome doutro ilustre padronés, o trobador Macías o Namorado. 1.- Bota man do plano do Xardín e localiza nel as seguintes árbores: ✔ Secuoias vermellas ✔ Palmeira do Senegal ✔ Castiñeiro de Indias ✔ Carballo fastixiado ✔ Coroa de Cristo (Árbore do amor/Árbore de Xudas) ✔ Xenebreiro chorón ✔ Carpe ✔ Árbore do Coral 2.- Escribe o nome científico de cada unha das plantas anteriores.


3.- Cal delas che chamou máis a atención? Por qué?

4.- A secuoia de Rosalía é a árbore máis alta do Xardín con 35,40 m, unha circunferencia de 6,20 m, ten unha idade aproximada de 150 anos e pertence ao grupo das coníferas. Investiga: ➔ Canto mide a secuoia máis grande que se coñece? ➔ Cal é a medida da súa circunferencia? ➔ Cantos anos pode vivir unha secuoia? ➔ De onde vén a denominación de “conífera”?

5.- Aos pés da secuoia de Macías está a estatua do trobador e poeta. ➔ Copia a inscrición que figura na mesma.

➔ Busca e copia a cantiga que leva por título o que figura na citada inscrición.


6.- Investiga sobre Macías: ➔ Escribe os datos máis relevantes da súa biografía.

➔ Redacta de forma resumida a lenda de Macías e dona Elvira, da que lle vén o calificativo de “Namorado”

7.- Á árbore do amor tamén se lle chama “coroa de Cristo”. A que cres que se debe este nome?

8.- Este Xardín ten dúas árbores (secuoia, carballo fastixiado) e unha formación vexetal (palmeira do Senegal) que figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia. Padrón conta, ademais, con outros seis elementos

naturais

inscritos

neste

catálogo.

cando falamos de especies senlleiras?

A

que

nos

referimos


9.- Ademais de Rosalía e Macias, o Xardín Botánico alberga o busto doutro ilustre galego, nado en Rianxo e cuxos restos descansan ao carón dos da escritora padronesa no Panteón de Galegos Ilustres de Santiago. A quen nos estamos a referir?

10.- Bota man do plano de novo e fíxate nas catro partes en que está distribuído o Xardín. ➔ Que figura xeométrica forma cada unha delas?

➔ Como se denomina a máis grande das catro?

➔ Busca e copia o significado desta palabra.

➔ De que idioma procede? Que significa “literalmente” neste idioma?

➔ Como se chaman as palabras procedentes doutras linguas?

11.- Estas son as medidas en metros de cada unha das catro zonas do Xardín: - Alameda: 85 x 27 - Parterre: 100 x 68


- Xardín do Apóstolo Santiago e Zona de Servizos: 20 (base maior), 9 (base menor), 64 (altura) ➔ Tendo en conta as medidas anteriores, calcula a superficie total que ocupa o Xardín Botánico.

➔ Dixemos que a secuoia de Rosalía ten unha altura de 35,40 m. Se cada planta dun edificio mide 2,95 m, cantas plantas tería un edificio da mesma altura que a secuoia?

12.- De todas as árbores que viches, elixe a túa, a que máis che gustou. ➔ Cal é a túa preferida? ➔ Por que elixiches esa? ➔ Agora debúxaa.


CASA MUSEO DE ROSALÍA DE CASTRO (A MATANZA) A Casa da Matanza foi declarada Monumento Histórico Artístico no ano 1946 e é Casa

Museo dende 1972. Nas súas dependencias faise un

completo percorrido pola vida e obra da “Cantora do Sar” 1.- Pescuda nos datos máis relevantes da vida de Rosalía de Castro e elabora unha liña de tempo na que sinales os feitos acontecidos nas datas que se propoñen. Serache de moita axuda a páxina web oficial da Casa. 1837 – 1842 – 1850 – 1857 – 1858 – 1859 – 1863 – 1867 – 1868 – 1869/70 – 1871 – 1880 – 1883 – 1884 – 1885 – 1891


2.- Rosalía foi a precursora dun movemento literario do século XIX. ➔ A que movemento nos estamos a referir?

➔ Cales eran as características principais deste movemento?

➔ Cita

dous

autores

máis

que

formaran

parte

desta

corrente

literaria.

3.- Rosalía adicouse fundamentalmente á poesía pero tamén cultivou a narrativa. Fai unha clasificación da súa obra, distinguindo poesía e prosa e tamén obra en galego e castelán.

4.- Casa da Matanza: ➔ Fai unha descrición breve da casa na súa parte exterior.


➔ Como se denomina a planta baixa da casa?

➔ A que se adica?

➔ Nomea cinco cousas que che chamaran a atención.

➔ Como se denomina a primeira planta?

➔ A que se adica?

➔ Nomea cinco cousas que che chamaran a atención.

5.- Rosalía plantou unha figueira na horta da casa familiar á que lle adicou uns versos nun dos poemas que aparecen no seu libro “Cantares Gallegos”. ➔ Cal é o título dese poema?

➔ Copia a estrofa na que fai referencia á figueira.

➔ Cal cres que era o estado de ánimo de Rosalía cando escribiu eses versos?


➔ Analiza a métrica e a rima da estrofa: a) Teñen tódolos versos o mesmo número de sílabas? b) Son de arte maior ou menor? c) Que versos riman entre si? d) Que clase de rima é?


PADRÓN Para seguir as pegadas de Rosalía de Castro faremos un pequeño percorrido por Padrón, vila que se considera berce do Xacobeo. A tradición xacobea

di que este é o lugar ao que chegou a barca que

trouxo o corpo do Apóstolo Santiago dende Haffa (Palestina), onde foi amarrada a unha ara romana que estaba situada á beira do río Sar, o “Pedrón”, do que se di que procede o nome da vila e que na actualidade se atopa baixo o altar maior da igrexa parroquial. 1.- Comezamos o percorrido pola rúa onde viviu de nena Rosalía, feito que se lembra nunha placa situada na fachada da casa. ➔ Explica coas túas palabras o que di a placa.

➔ Como se chama actualmente esa rúa?

➔ Investiga quen era a persoa que lle dá nome á rúa e en que época viviu.


2.- A segunda parada vai ser no “Paseo do Espolón” ➔ Como se chama o río que corre paralelo a este paseo?

➔ Este río é afluente doutro máis grande no que desemboca, moi preto de Padrón. De que outro río estamos a falar?

➔ Despois de que ámbolos dous ríos xunten as súas augas, fan un percorrido

de

varios

quilómetros

ata

desembocar

no

mar

formando a ría máis grande de Galicia. De que ría falamos?

➔ Segundo a tradición, dende esta ría ata Padrón remontou o río a barca que traía o corpo do Apóstolo Santiago. Este feito está reflexado Padrón.

no

escudo

da

vila.

Fai

un

debuxo

do

escudo

de


3.- O Paseo do Espolón está presidido en cada unha das cabeceiras por senllas estatuas. ➔ A quen representan?

➔ Describe cada unha delas. Podes falar do material do que están feitas, dos elementos que se ven en cada unha, de como están representados, do ano no que se colocaron, dos méritos que se lles atribúen… Non esquezas o uso de adxectivos.


4.- Completa estes versos coas palabras que faltan: - Te

… ¿Por qué me odias?

- Te

… ¿Por qúe me amas?

Secreto es éste el más triste y misterioso del

.

Mas ello es

… ¡Verdad

dura y atormentadora! - Me odias porque te amo; te amo porque me odias. En las orillas del Sar - Rosalía de Castro

5.- Dende o Paseo do Espolón podemos observar outros elementos arquitectónicos interesantes. Cales?

6.- O Paseo está bordeado de árbores polos dous lados. ➔ Sabes como se chaman?

➔ Estas árbores en conxunto están consideradas como formación senlleira dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia. A que cres que se debe esta distinción?


7.- O Paseo ten a forma dun rectángulo de 240 m de longo e 25 m de ancho. ➔ Imaxina que dás un paseo polo Espolón no que o percorres catro veces de arriba abaixo nos dous sentidos. Cantos metros terías andado?

➔ Se cada paso que dás mide 70 cm, cantos pasos terías dado nese paseo?

➔ Cal é a diferenza de superficie en metros cadrados entre o Paseo do Espolón e o Xardín Botánico?


IRIA FLAVIA Rematamos esta ruta rosaliana padronesa en Iria Flavia, que dende a máis remota antigüidade foi un foco irradiador de cultura e que era un núcleo prerromano colonizado no século I d.C. polos romanos. Aquí tamén podemos atopar as pegadas de Rosalía, pero antes imos indagar un chisco na historia de Iria, á que o emperador Vespasiano lle concedeu o dereito de cidadanía romana, adquirindo a categoría de municipio, momento dende o que se lle engadiu o nome de Flavia.

1.- Busca información en internet ou utiliza a que che proporcione o mestre e fai unha redacción sobre Iria Flavia na que expliques as orixes da vila, a importancia que tivo ao longo dos séculos no aspecto relixioso e as características arquitectónicas da igrexa parroquial e a súa contorna.


2.- O cemiterio de Adina foi nomeado por Rosalía de Castro moitas veces na súa obra. Localiza dúas ou tres estrofas da autora nas que faga referencia a el e cópiaas.

3.- Ademais de estar presente na súa obra, o cemiterio de Iria (Adina) ten unha relevancia grande cando falamos de Rosalía. Por que?

4.- Pegada a un dos muros do camposanto de Iria hai unha placa de pedra que fai referencia a Rosalía. Copia o que reza nela e poderás contestar con acerto á pregunta anterior. (Se non es quen de ler con

claridade

referencias).

o

que

di

a

placa,

búscao

na

rede

que

hai

moitas


5.- Fronte á Igrexa de Iria, ao outro lado da estrada hai un longo edificio de pedra que ten un grande escudo na parte central. ➔ Sabes que nome se lle dá a este edificio?

➔ Unha

parte

dese

edificio

alberga

un

museo

adicado

a

outro

escritor padronés. Sabes quen?

➔ Este

escritor

foi

galardoado

co

premio

máis

importante

de

Literatura que existe. Cal?

➔ En que ano lle foi concedido?

➔ Quen outorga este premio?

➔ Investiga e nomea tódolos escritores españois aos que se lle ten concedido este mesmo premio.

➔ A tumba na que repousan os seus restos está no cemiterio de Adina, debaixo dunha das catro oliveiras que alí hai. Localízaa e fíxate

nela.

Observas

algunha

respecto ás lápidas próximas?

diferenza

na

súa

ubicación

con


Neste percorrido que fixemos seguindo as pegadas de Rosalía

por

Padrón quedan algúns lugares por nomear e visitar. Tal é o caso do Pazo de Arretén, tamén chamado por ela a “Casa Grande” onde pasou algunhas tempadas coa familia. Xa no concello de Dodro, a un quilómetro escaso de Padrón, está Lestrove, onde pasou así mesmo longas tempadas no Pazo das Torres de Hermida. Alí, debaixo dun madroño, e coas fermosas vistas que dende o alto daquela atalaia lle permitían albiscar toda a veiga do Sar e do Ulla, compuxo moitos dos seus fermosos poemas. Como chove miudiño, como miudiño chove; como chove miudiño pola banda de Laíño, pola banda de Lestrove. … Vexo o Souto en parda sombra envolvendo o seu ramaxe, que por bon do Rei se nombra, donde fero o vento asombra, roxe e estala de coraxe … E tamén vexo enloitada da Arretén a casa nobre, donde a miña nai foi nada, cal viudiña abandonada que cai triste ó pé dun robre.


As pegadas de Rosalía en Padrón CPPI dos Dices - Rois Curso 2017-18

Autor: José G. Citoula

As pegadas de Rosalía  

Padrón: As pegadas de Rosalía

As pegadas de Rosalía  

Padrón: As pegadas de Rosalía

Advertisement